Escudo de O Incio (Lugo), son dúas espigas de ouro, postas en aspas e acompañadas da Cruz da orde de San Xoan, ou cruz dos templarios, de plata. Por debaixo o lobo. Arriba leva a coroa real.

No mapa, sacado de Google Earth vese perfectamente O Incio, xusto onde está o seu escudo. No apartado de mapas quedará perfectamente situado. Para os inquietos esta é a referencia en coordenadas da Cruz do Incio:

lat   42.656365º              long.  -7.363912º

740  m.s.n.m. (metros sobre nivel do mar)

 

O Incio é un municipio da provincia de Lugo, en Galicia (España); está situado na comarca de Sarria. Ten unha superficie de 146,09 km2, con 28 parroquias e un total de cento ochenta e nove pueblos.  En total no ano 2022 tiña 1536 habitantes o que da unha densidade de 10,51 hab/km2.

 

A Cruz do Incio é a capital do municipio do Incio

 

A capital do municipio é a Cruz de O Incio, tamén Cruz do Incio,  que no 2017 tiña 211 habitantes.  Os mismos habitantes no 2020.

 

Mapas do Incio

Onde está O Incio.

 

Especial  mapa de Sta Cruz do Incio 1947.

 

Especial voó americano Sta Cruz do Incio 1956.

 

Freguesías ou parroquias de O Incio.

 

O topónimo O Incio.

 

  O sustrato xeolóxico.

 

O Relieve e os ríos, O clima.

 

A fauna e a flora do Incio.

 

A Demografía do Incio e outras estadísticas.

 

A Historia do Incio dende a Prehistoria ata hoxe.

 

  A política destos anos 1979-2023,  estadística.

 

O patrimonio románico e edificios civís.

O camiño de San Eufrasio. A súa importancia para O Incio.

 

A igrexa de Sta. Cruz do Incio. BIC. Unha xoia.

 

O patrimonio arqueolóxico.

 

Curiosidades do Incio:  dúas lendas simpáticas.

 

Os nomes, de muller,  das aulas no C.E.I.P. Ricardo Gasset de 10.

 

As festas e feiras de O Incio.

 

Festas relixiosas de O Incio.

 

Festival Terra Brava do Incio.

 

Non te vaias do Incio sin ver esto.

 

Dous videos básicos sobre O Incio.

 

Nados no Incio.

 

O Incio Terra Brava Club de Fútbol. 

 

Links do Incio.

 

Información. Servicios públicos. Infraestructuras. Taxis.

 

Bibliografía da web.

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.

 

 

---o---

 

Mapas do Incio.

 

O Incio dixen que estaba en Galicia, na provincia de Lugo. Está polo tanto en España e onde se ve no mapa, en Galicia.

E

Aquí temos a situación do Concello do Incio, por suposto en Lugo, ver no mapa, en Galicia e España.

O Incio pertence a  comarca de Sarria.

 
 
Neste mapa están todas as feligrexías de O Incio. Nada menos que vinteoito.. 

 Este mapa e o anterioir  está sacado do Dicionario Xeografico que poño na bibliografía como (3), unha pasada que publicou fai uns anos a Voz de Galicia.

 
O Incio ten cento ochenta e nove pueblos.
Estas son as parroquias ou freguesías:
 
 
Moito millor neste dibuxo, sacado da Revista LVCUS, é o suplemento da nº 42
O dibuxo está feito por M.R. Pombo.
 
 
Mapa sacado da revista LVCUS, do suplemento nº 42.
 
 
 

Desa revista LVCUS, o nº 42 tamén poño este mapa que ten cousas curiosas. Está firmado M.R.Pombo.

Soio me permitín cambiar na parroquia de Vilasouto un doble nome que puña Vilasouto, nun lugar que debera poñer Calvos. Coido que ben mo poderá permitir. Polo demais darlle as gracias polo seu traballo marabilloso.

 
 
A Cruz do Incio é onde está o Concello  do Incio, o pueblo máis importante.
Por certo a 741 m.s.n.m. Fotografía do google Earth de 11/08/2018
 
 
 
 
Placa de Stas Cruz do Incio. Cos metros sobre o nivel do mar e as coordenadas
Tamén o sistema de referencia
 
 
Comprobación da placa e de onde tomaron os datos: foi no edificio do concello
 

 
 
 
 

Neste mapa podedes movervos por todo O Incio, en moitos lugares por exemplo en A Cruz do Incio si cambiades de capa, podedes ver mellor o pueblo e moverse polas súas rúas.

 
Por exemplo podedes ver o Concello de Sta Cruz do Incio
 (por fora de momento).
 
Fotografía sacada de Google Maps. Febreiro de 2023.
 
ou
 
Igrexa de Santa Cruz do Incio.
 
Fotografía sacada de Google Maps. Febreiro de 2023.
Ollo, merece moito a pena. É unha xoia. Toda feita con material da zona.
Actualmente é BIC, ou sexa "Ben de interés cultural".
 
 
 
 

Para rematar vou poñer, polo curioso,  un mapa do municipio do Incio do ano 1947, que me suministra o centro de Mapas de A Coruña, un traballo do Instituto Geográfico e Catastral. Ocupa 7.657 kb:

 

 

Soio poño un trociño coa Cruz do Incio e ata a Herrería do Incio. O mapa é 0 158 escala 1/50000 e abarca ata Monforte de Lemos. É da Dirección Xeral do Instituto Xeográfico e Catastral. 1ª edicción de 1947.

Teño tamén  o 124 de Sarria, tamén do mismo ano.

  Volver ao principio

 

--o--

 

Comparativa voó americano de 1956-57 con hoxe:

Intentei comparar o mapa de hoxe:

Co mapa do voó americano de 1956-57.

Vuelo americano. E logo comparar:

 

Esto podédelo ver mellor si o facedes no mapa que o fixen eu.

Axuda: ir a este link

Logo buscades outros voo, realmente na zona soio temos o voó americano. E buscar comparar.

O programa permite facelo tamén con referencias catastrais, é unha pasada.

 

 
 
 
 
--o--
 

 

O topónimo O Incio:

Sobre a toponimia do nome O Incio remito a un artigo que aparece en internet firmado por Francisco Albo e que moi resumido ben a decir que non se sabe de onde ven, houbo tamén dúbidas en como escribilo si Oincio ou separado, usando a O como artigo, o final ponse separado, O Incio, xa que se colleu ó que  usaba a xente, que é ó máis lóxico. Antiguamente usóuse Oincio. Seica en algúns documentos antigos aparece Onitio, pero en principio non se sabe nada. A esperar que se fagan estudios máis profundos.

Engado, posteriormente,  que o padre Sarmiento atopou en documentos xurídicos do mosteiro de Samos, do ano 1082, o topónimo Onicio, referidos as terras que hoxe se coñecen como O Incio. Outros investigadores cren que deriva de onix, onicis, pedras marmóreas que son abundantes na comarca. Este último punto saco do libro (4) que aparece na bibliografía. Realmente ten bastante sentido o que aparece en (4).

 

  Volver ao principio

 

 
 

  O sustrato xeolóxico.

Gustaríame señalar que na zona hai moito marmol,  o mármol do Incio, que como sabemos é unha rocha metamórfica composta de rochas de caliza, famoso é o seu uso no igrexa  de San Pedro Félix de Hospital, todo é boa sillería de pedra caliza e mármol da zona, famoso o dito: "que dende o Incio ata Roma outra igrexa de mármol non se atopará":

Mármol do Incio na igrexa de Hospital. Fotografía S. Lorenzo.

 

Hai tamén moita pizarra, de feito así son os tellados da zona.

Neste caso poño o pé da letra o que escribe Luis López no seu libro referenciado o final có número (1).

Simplemente me limito a facer unha copia exacta, do traballo de Luís López:

 

  Volver ao principio

 

O Relieve e os ríos.

 

 

Axuda moito este dibuxo sacado do suplemento da revista LVCUS, nº 42.

Trátase dun mapa topográfico onde podemos ver as concas dos ríos principais de O Incio.

O final o río principal é o Cabe. O río Noceda é afluente do Mao e o Mao é afluente do Cabe.

 

No mapa relieve, onde engadín varios datos básicos,  está no centro o río Mao que forma o encoro de Vilasouto e recibe pola dereita o río Noceda, entre outros.

A dereita o río Cabe que recibe pola esquerda o río Antiga.

O río Noceda desemboca no Mao, o Mao no Cabe e así os tres amigos van o río Sil onde desembocan a poucos kms. dos Peares, no pai Miño. Sabendo esto pode entenderse que nunha das lendas, todas as troitas de Galicia abermellaran. Ver no apartado das lendas.

Como punto bermellos de referencia puxen Calvos, Vilasouto, A Cruz do Incio, O Hospital, e en blanco a Ferrería xa no río Antigua.

 

O río Antigua é un afluente do río Cabe. Foto Secundino Lorenzo.

O incio nos seus 146,09 km2 ten un relieve hetereoxéneo en canto a disposición e estructura, a altitude media é de 800 m.sn.m, e ten tres partes que veñen marcadas claramente polos tres ríos que son os máis importantes do territorio: o Noceda, O Mao e o Cabe. Ver no mapa-relieve.

O norte supera os mil metros, a parte central o val do Mao van entre 400 m. os 1000 m.

 

O río Mao está encorado en Vilasouto. Na foto a presa. Hai unha ruta de árbores de ribeira o redor do encoro que merece a pena vela, todos co seu nome en castelán, en  galego e o seu nome científico.  A dereita un loureiro.  Unha gran idea. Na fotografía a esquerda un serbal dos cazadores ou capudre marabilloso. Foto Secundino Lorenzo.

 

Río Cabe. Fotografía de Arco da Vella.

 

Describo o río Cabe o principal no municipio do Incio:

Nace no Incio, nace a 960 m. de altitude no monte de Loureira, na parroquia de Foilebar(Sta. María), concello do Incio. Pasa por a Pobra de Brollón e Monforte de Lemos. No curso alto, no Incio, vai encaixado, logo recorre, a depresión de Lemos, uns lugares sinuosos pero máis suaves, e vólvese encaixar nun canón rochoso antes de chegar O Sil. O lugar da desembocadura e a Barca entre os concellos de Sober e Pantón. É polo tanto un afluente pola esquerda do río Sil.

Río Cabe nos primeiros andares, basta con seguir os choupos. A fotografía está sacada do suplemento LVCUS da revista nº 42.

Os afluentes pola dereita son o Tornea, o Mao (co Noceda), o Cinsa (co Barbantes e Xunqueira),  e o Ferreira.

Pola esquerda o Antigua, Acebedo e Saa.

O caudal medio anual é duns 9,5 m3 por segundo, cun máximo en febreiro e un mínimo se setembro, o que fai que sexa un dos ríos máis pequenos da cunca do Miño-Sil.

 

O río Mao por Bóveda.

Describo o río Mao que nace no Concello do Incio, é o río por antononomasia:

Nace a 1000 m. de altitude na Serra de Oribio, na Parroquia de San Salvador do Mao, concello de O Incio, provincia de Lugo.

Pasa entre outros moitos lugares polo Viso, Rendar, Goó, Vilasouto, Eirexalba, Laiosa, tuimil, Rubián, Bóveda, Ver e Ribas Pequenas.

Sabemos que represa en Vilasouto, encoro que se fixo para regar o val de Lemos e que estropeu moito o río.

Os seus  principais afluentes son o río Noceda pola dereita  e o río Penalva pola esquerda. Logo ten moitísimos regatos como afluentes. Moitos deles secán no verán.

O seu principal afluente é o río Noceda.

---o---

 

Que decir do clima do Incio:

Fai uns anos, polo 2000:

O longo de todo o municipio temos variantes climáticas, dice  Luis López, mentras na feligrexía de Noceda, Cubela, os agricultores teñen avanzada a sembra, nas feligrexías de Trascastro, Vilarxoán, ou Foilebar inda non comenzaron. Tamén nas primeiras hai frutais  e viñas, e nas segundas o frutais son escasos e estos están nos vales e as parras non producen.

A constante altitude que a superficie de O Incio experimenta en dirección oeste cara o este fai que disminuan as temperaturas e aumenten as choivas. As primeiras oscilan entre 8 a 13º de media anual, mentras que as segundas varian entre os 800 e os 1400 mm.  de choiva o ano, e polo tanto traen en consecuencia que o número de meses nos que o chan ten carencia de choiva é maior en sentido inverso, dende 3 ou 4 nas zonas montañosas, chegando a 6 no límite occidental do concello, colindando có de Bóveda, onde o clima se encadra máis dentro do tipo Mediterraneo.

Nesta década 2013-2023:

De tódolos xeitos as temperaturas nesta última década cambiou bastante e oscilan entree 2 a 26º polo tanto a media subiu un pouco. Nestos anos non baixa de -3º e salvo moi raras excepcións no suben de 32º.

En canto as choivas: baixaron a media, o cual é bastante lóxico.

Tendes un link que fai estudios comparativos estos anos.

Finalmente si queredes profundizar no tempo que fai con seguridade para catro días aquí vos deixo o meu sistema:

 

Mirar ó tempo que fai dende Calvos. Axuda.

 

  Volver ao principio

 

 

  A política destos anos 1979-2019,  estadística.

Copio os datos que trae a Wikipedia o entrar no buscador: O Incio Wikipedia.

O día 28/05/2023 engadirei os datos correspondentes, de feito está aberta a columna nova.

Administración e política

Resultados das eleccións municipais no Incio
Partido 1979 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019 2023
CD / CP / AP / PPdeG 2 3 5 7 9 8 8 6 5 3 5 6
PSdeG-PSOE 2 4 3 1 1 1 1 2 3 5 4 3
BN-PG / BNG 1     2 1 2 2 3 2 1    
UCD / CDS / CDL 6   1           1      
CNG       1                
Independientes   4 2                  
Total 11 11 11 11 11 11 11 11 11 9 9 9

 

Alcaldes

Alcaldes dende as eleccións de 1979

 

Periodo Nome Partido
1979-1983 Hilario Fernández Cortiñas Union de Centro Democratico (logo).svg UCD
1983-1987 José García Diaz Logo PSdeG.svg PSdeG-PSOE
1987-1991 Ángel Camino Copa Alianza Popular (logo, 1983-89).svg AP
1991-1995 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
1995-1999 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
1999-2003 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
2003-2007 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
2007-2011 Ángel Camino Copa PP icono 2019.svg PPdeG
2011-2015 Laura Celeiro García Logo PSdeG.svg PSdeG-PSOE
2015-2019 Laura Celeiro García Logo PSdeG.svg PSdeG-PSOE
2019-2023 Héctor Manuel Corujo González PP icono 2019.svg PPdeG
2023-2026 Héctor Manuel Corujo González PP icono 2019.svg PPdeG
 

Resultados das eleccións do 28/05/23 no Incio:

 

 

 


  Volver ao principio

 

 

 

 
 
--o--
 
 

Curiosidades do Incio: lendas e outras.

Vou poñer de momento dúas:

 

1.- A lenda das pintas bermellas das troitas:

As pintas vermellas das troitas.

As troitas galegas teñen pintas vermellas. Fotografía sacada no río Cenza en Vilariño de Conso..

Houbo nunha ocasión unha grande batalla entre homes da comarca e mouros. Os mouros vivían no Castro do Viso, no Incio. Por debaixo queda o río Mao. Tanto sangue se verteu, que foi dar o río, e deste ó Cabe, e do Cabe o Sil, e do Sil o Miño, e tódolos ríos avermellaron. As troitas teñen desde entón pintas vermellas e no Mao non hai máis peixes ca elas.

 

Nota: o texto anterior está sacado do libro "Cando os animais falaban"  de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Aparece contado como un conto. Por certo un libro sensacional publicado por Xerais no 2002. Tamén cunhas ilustracións de Andrés Meixede moi fermosas.

 

2.- O burro fariñeiro nas lendas galegas. Unha do Incio.

 

Entre as oito lendas máis coñecidas do municipio de O Incio, que figuran no libro "O Incio paisaje historia y patrimonio" de Luís López Pombo. Diputación provincial de Lugo 2003;  figura unha que é unha lenda popular que resulta moi curiosa. Farei unha copia íntegra da misma. (páxina 229 e seguinte.)

"...Nos cuenta la leyenda recibida de nuestros abuelos que el Santo Varón Mamed saltó a lomos de su pollino desde la famosa Pena de San Mamede, hasta la Pena de Coruxo, en el lado opuesto del monte, salvando la notable distancia que separan las montañas que forman el cauce de los ríos Antigua y Cabe.

   Acuciados por nuestra infantil curiosidad quisimos saber el motivo que tuvo el santo para "pegar esa espantada" en burro y por qué el venerado Mamed huía a "uña de burro" con tanta prisa.

     Los abuelos nos decían que escapaba de las insidiosas tentaciones de Satanás, pero no era de la misma opinión el abuelo Florencio que sabía muchas cosas de leyendas y milagros de los santos.

     Contaba el Abuelo que el santo era el guardián de todas las llaves de los cinturones de castidad depositadas a su custodia por aquellos condes y señores principales que marchaban a Tierra Santa a combatir a los infieles, mientras sus bellas damas esperaban el regreso de tan esforzados caballeros tan castas y tan puras..."

     "Queridiños nos decía el abuelo, lo que no puede el diablo, lo puede el dinero", y así llegó el Santo varón al delito de corrupción y de facilitar a sus amigos información privilegiada haciendo un pingüe negocio con el alquiler de llaves para cinturones de castidad en connivencia con un cerrajero que hacía magníficas copias. Regresaron los nobles al tener noticias de sus "testas coronadas" porque tenían más cuernos que un saco de caracoles, montaron en cólera, crucificaron al cerrajero y al "Santo Mamede" lo salvó su pollino con ese salto tan fenomenal de montaña a montaña.

     Como estas tierras de O Incio era de Encomienda y del Abad de Samos, quedaron excluídas de la horca y el cuchillo y en aquellos remotos tiempos no existía aún el derecho de extraditar a los pícaros.

     También fué lástima que san Mamed desconociera la técnica del "parapente", así le hubiera ahorrado a su pollino tan extraordinario esfuerzo"...

Ata aquí o texto escrito por Luis López Pombo no libro citado.

 

--------------------------------------------------------------------------------

 Nota engadida

 polo autor da www:

 

Está claro dos datos anteriores e do dibuxo do libro que non se trata dun "pollino", é claramente un burro fariñeiro, con todas as da lei, noutro caso sería imposible que saltase entre as dúas montañas; por outra banda, na zona non podía haber outros, xa que abondan os muíños; así eran famosos os muíños dos ríos Antigua e Cabe que algúns inda se conservan hoxe. Está claro que o santo non iba coller para fuxir un burro que non existira na zona, e que non fora de todas garantías...estaba a xogarse a vida...

Sin dúbida o burro fariñeiro salvou a San Mamede dunha morte segura. Outro burro, doutra raza, non sería capaz.

Na próxima edicción do libro citado,  gustaríame que Luís López Pombo, a quen felicito polo libro xa que ten unha cantidade de datos marabillosos sobre o Incio e a súa bisbarra,  fixera as correccións pertinentes. Gracias anticipadas.

Por certo San Mamede deu nome o pobo de San Mamede de Vilasouto; a esta parroquia perteñece un pobo que se chama Calvos, moi querido polo que escribe e no que teño parte da miña familia.

 

 

  Volver ao principio

 

--O--

 

 

Patrimonio románico do Incio

 

No municipio do Incio, temos oito monumentos románicos, a igrexa de Hospital do Incio, unha xoia aparte,  e sete pequenas igrexas rurais románicas, moitas delas antigos cenobios que están en lugares marabillosos:​

 

 

Fuente: Cuaderno del románico de la Ribeira Sacra. 

  Bibliografía (6).

Francisco José Ruíz Alderguía.

 

Algunhas auténticas xoias como á que sigue:

 

 

Igrexa San Pedro Fiz do Hospital. Foto Secundino Lorenzo.

 

 

Igrexa Sta. María de Goó. Fotografía de Adrián Estévez.

 

 

 

 

Igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto. Foto Secundino Lorenzo.

 

 

 

Igrexa de Sta. Maria do Mao. Foto de Antonio Porras.

 

Nesta igrexa atópase o  Sepulcro de San Eufrasio, un dos sete santos varóns apostólicos e primeiro Obispo de Andújar. É noi importante a iniciativa de prever un camiño dende Andújar ata Santiago con ramal a esta igrexa do val do Mao no Incio. Sería a ruta do Camiño de Santiago con base en San Eufrasio. A idea está moi avanzada e dende logo poría inda en máis valor O Incio, sin dúbida.

Tamén se chama Igrexa de San Eufrasio.

 

 

  • Igrexa de San Salvador do Mao.

Ten tamén o cimeterio a cuberto igual que a de Sta. María do Mao.

 

  • Igrexa de San Román do Mao.

Baixando o lugar de Cabude, dende aquí vese o suave val do Mao.

 

  • Igrexa de Santa Cristina do Viso.

Outra igrexa románica a súa maneira. Está sobe un antigo castro.

 

  • Igrexa de San Xulián de Santalla.

Tamén ten o cimeterio o redor porticado.

 

 

Non descarto visitas inmediatas á igrexa de Goó, na que xa estuven varias veces, pero sin cámara,  e por suposto a Sta María do Mao que non coñezo. Da gusto que no Incio teñamos tantas opcións de visita, realmente é espectacular.

Na miña modesta opinión non se lle saca o partido que realmente representan, hai que poñerse as pilas e empezar a traballar nestos campos da cultura e mostrar as marabillas que hai na zona dende moitos frentes.

Esta páxina pretende axudar a mostrar a potencia que pode ter e debera ter.

 

 

 

 

O Incio. Edificios civís.

 

 

Tendes a maiores no Incio 24 edificacións civís entre casas grandes e casas blasonadas, entre elas a casa Balneario da Ferrería.

Nestos links tendes todas as casas grandes e blasonadas de O Incio, traballo marabilloso de Luís López Pombo  e colaboradores:

 

Nesta web tendes varias casas señorais de O Incio (I). Un traballo de Luís López Pombo

 

Nesta web tendes varias casas señorais de O Incio (II). Un traballo de Luís López Pombo

 

Nesta web tendes varias casas señorais de O Incio (III). Un traballo de Luís López Pombo

 

Aparte tendes mapas de muíños, horreos, pombais na web do Concello de O Incio.

 
 
 
 
 
 

Patrimonio arqueolóxico:

De momento limítome a escribir ó que copio da Wikipedia. Nesta páxina de tódolos xeitos centrarei  máis no que temos en Vilasouto .

 

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

 

 

Mamoas Sta. Mariña. Fotografía de Carlos Rueda. Copiada de este link.

 

Por certo do máis importante de Galicia. É un conxunto de 40 mamoas, situado no monte de Santa Mariña entre as parroquias do Viso (O Incio), Formigueiros (Samos) e Loureiro (Sarria).

Podedes ver un pequeno traballo meu sobre estas mámoas, onde están, o BOE correspondente, mapas e outras cousas sobre as mámoas e os castros,  que tamén hai varios naquel lugar. Este é o link desta páxina: as mámoas de Sta Mariña.

 

Hai petroglifos e castros en GoóSanta Cristina do VisoA Cruz do IncioTrascastro e Vilasouto.

Tratarei de profundizar nestos dous  castros de Vilasouto.

Fotografía sacada deste link, que ten ademais moi boa información.

Xa tendes unha ficha dedicada especial nesta web, ao Agro do Pepe.

 

O mismo nestes petroglifos.

  • Castro de Santa Icía (Pacios)

Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica. Sobre esta igrexa tendes un ficha moi amplia nesta web.

 

 
 
 
 
 
 
 

As festas e feiras de O Incio.

Tomo nota destas festas, pero estou seguro que hai moitas máis:

 

  • San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.

  • Non teño máis iformación desta festa.

 

 

Pedra que hai na igrexa de Santalla de Boveda, na que dicen está dibuxado un danzante de Cervela. A fotografía é de José Antonio Gil.

 

  • Santa Lucía, na Cervela. Celébrase o día 13 de decembro e moi ben con moito rebundio, ver este link onde se fala dela.  Recollo este dato "Dise que esta procesión dos arcos ten máis de cincocentos anos e que facilmente estea relacionada con antigos ritos de agradecemento na recollida das colleitas. Tamén que é única no interior de Galicia". Ese día pódense ver os danzantes de Cervela.

 

 

 

Este foi o cartel da festa do ano 2022

  • Sta Cruz de Vilasouto, grandes festas que se celebran os días 2, 3 e 4 de agosto.

 

Ver todas as festas relixiosas de O Incio.

 

A feira en Sta Cruz do Incio faise os días 22 de cada mes.

Unha feira moi animada,  sobre todo no verán, ao longo da mañán abren e móntanse pequenas tiendas onde hai de todo, artesanía, aperos de labranza, árbores,  arbustos e plantas para plantar, libros,  e un longo etc. Por suposto varios lugares de pulpo e carne para comer moi ben. Do pan xa sabedes O Incio tenno moi bon, así como unhas empanadas de sete estralos...

Por exemplo unha tenda de artesanía da zona.

 

En algunhas atopas sorpresas importantes, ver unha mostra:

Unha sorpresa moi agradable, nada menos que a miña dona Pilar  e a miña neta Madi atoparon esta rapaza guapísima que eu penso que coñecedes dabondo. Nada menos que unha cantante de Goó, unha freguesía ben famosa de O Incio. Lucía Pérez, a cantante marabillosa de O Incio.

Penso que ven a conto poñer unha canción desta moza que precisamente dedica a O Incio "Terra Brava", unha marabilla:

 

Lucía Pérez neste temazo sobre O Incio

Noraboa Lucía e gracias por ser tan amable.

 

 

Importante feira especial na Cruz do Incio, a FEIRA DO LIÑO   o primeiro domingo de setembro. Nela pódense ver como se traballaba e se traballa o liño.

Penso que esta festa do Liño foi sustituida posteriormente pola Feira de Artesania e protos da Terra, polo menos no ano 2022, xa que non se celebraba dende o 2019 polo tema da pandemia.

No ano 2022 teño idea de que se celebro a XII Feira de Artesania e productos da terra de O Incio. Concretamente o 4 de setembro do ano 2022. Ver o cartel.

 

Este foi o cartel da festa e este o programa.

 

Este ano 2023 tamén se celebra esta feira de artesania, concretamente o día 3 de setembro.

Estos son parte dos datos desta celebración:

Domingo 3 de setembro de 2023.

XIII Feira Artesanía e productos da terra.

 

Este é o anuncio da feira:

 

Este ano haberá ata dez postos de Artesanía:

Los puestos de Artesanía de Galicia que van a participar son los siguientes:
1. LUCIÉRNAGA
2. MARÍA JUL
3. TONY ARTESANO
4. PÉNDULO
5. ARLEQUINA DISEÑO
6. ZELTIA Al AIRE
7. INGENYART
8. BISUTETOKA
9. RIOMAO ESTUDIO CREATIVO (NOEL PÉREZ)
10. ENTELAPIEL

 

Ver outros datos desta mostra:

  XIII Feira artesania no Concello de O Incio.

Na web do Concello tendes máis información.

¡¡Noraboa a O Incio por esta mostra.¡¡

 

  Volver ao principio

 
 
 
 
 
 
 
 
 

A Demografía do Incio e outras estadísticas.

 

Copio da Wikipedia, que a súa vez copia do INE e do IGE.

Estos datos son do ano 2014, pero son muy interesantes para ver a evolución dos habitantes do Incio dende 1900, implícito están as emigracións tanto a América como a Europa, as guerras e moitas máis cousas.

Demografía

Censo total 1797 (2014)
Menores de 15 anos 82 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 896 (49,86 %)
Maiores de 65 anos 819 (45,57 %)

 

 

Nesta tabla xa temos datos ata o 2021

 

Evolución da poboación de O Incio   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
8137 7010 6253 4155 2358 2.087 1.956 1.875 1.822 1.797 1.777 1.740} 1.667 1.609 1.570 1.533 1.521
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

 

Decir que no ano 2022 teño os datos de 1536

Hai unha baixada de 34 do 2019 o 2022.

--0--

 

Estadística de galegos falantes: soio teño o dato de 2015: 80,85%

Xa me gustaría que non baixase este dato pero témome o peor despois do pau que lle están dando o galego actualmente. Escribo esto en febreiro de 2023.

Pedirei este dato un día destos.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 

Non te vaias do Incio sin ver esto.

Hai moitas cousas no Incio para ver, para admirar e para disfrutar. O Incio hai que ir con calma, non vale a típica excursión rápida, a típica pregunta ¿qué hai que ver aquí?...!vamos xa, que hai presa!.

¡Ven ao Incio con calma!

Busca unha casa rural o un hotel onde poidas estar un par de días como mínimo. Na zona tés varias opcións para quedarte.

 

 

O pulpo a feira é a base dun bon xantar en calqueira das feiras de Galicia.

 

En Santa Cruz do Incio si che coincide cun día 22, de calquera mes,  sodes afortunados: teredes unha feira das de agora, pasear ver o que se vende; si fai bon tempo terás moitas máis cousas. Logo a comer, non esquezas o pulpo, si xa xei que algúns galegos dicín polbo pero gústame máis a outra palabra pulpo, que é tamén moi usada e correcta, sinon que llo  digan as "pulpeiras". Bon pan, no Incio hai unha panadería, polo menos,  que fai un pan exquisito e unhas empanadas de iscos de chupar os dedos.

Pois ben a comer: o pulpo e poñen carne si queres, o churrasco non falta,  ou un bon trozo de bacallao, depende do teu estómago. De postre nin se che ocurra pedir queixo, farán chegar a túa mesa un queixo enteiro e poderás cortar o que queiras; é a costume. Incrible. O viño ¡ollo! que o tés de sete estralos,  ben sexa da Ribeira Sacra do Miño (Chantada por exemplo) , do Sil (todo o Amandi por exemplo) , de Poboa de Brollón  ou do Barco (os mencias ou godellos son de primeira), increible variedade.

Esto foi pensando un día do ano 2019. Logo volvimos, pasada a pandemia, en xuño de 2023, concretamente o día 22, e porei unha fotografías do postre, as cousas cambiaron moito, pero bueno sigue a comerse ben e fame non pasamos.

Dixemos a miña dona e máis eu:: ¡traeran o queixo enteiro,  coma sempre!. E xa vedes, eso acabouse...tempos...

Dous trozos e carretera...

Xa porei cousas sobre estos apuntes.

Patrimonio moderno na Cruz do Incio. Unha igrexa especial.

 

En Sta. Cruz do Incio a Igrexa parroquial é unha xoia do patrimonio moderno. Non deixes de visitala. Levaredes unha sorpresa grandísima. Esta igrexa é unha auténtica xoia. Por certo neste momento xuño de 2023 xa é BIC, ou sexa, Ben de Interés cultural. Un premio ben merecido.

Pola nosa parte merece unha ficha especial e así a poñemos, despois da nosa visita do día 22 de xuño de 2023.

Ver este link coa nosa visita a esta igrexa

 

Igrexa de San Pedro Fiz de Hospital. Unha xoia.

A poucos kms. tendes a Igrexa de San Pedro Fiz do Hospital (Monumento nacional).

Outra xoia. Ver este link, cunha ficha especial.

 

A Ferrería do Incio. Un lugar marabilloso para visitar.

 

Un pouco máis lonxe seguindo a estrada camiño do Courel pero sin saír do Incio tendes a Ferrería

Ver este link sobre a ferrería do Incio, outra xoia.

Moita beleza nestes lugares.

 

Balneario de augas ferruginosas. A Ferrería. Foto Secundino Lorenzo

 

Por si fora pouco o anterior,  tendes no mismo lugar o tema do Balneario e a visita as augas ferruginosas, o antiguo balneario que está a 1 km. do pueblo. Unha cousa é o Balneario do Incio e outra son estas augas.

Sobre a Ferrería e o Balneario tamén tendes unha ficha especial nesta web.

 

As Cal da Ferrería para traer a auga os prados e demais. Os pasos son estas construccións incribles usando unicamente os materis da zona: pizarra e paus. Así cruzan o río ou o que sexa. Fot. Secundino Lorenzo. Unha auténtica xoia, inda non descuberta por moita xente.

 

Pero é que nese mismo lugar poderedes facer unha ruta corta de dous kims. aproximadamente para ver os artiluxios en plan de levar auga os prados que hai montados o subir río arriba polo río que se chama, o río o Antigua, afluente do Cabe. Os artiluxios que hai e que chámanse as Cal. No está nin nas guías turísticas. O gran descoñecido e sei do que falo. No meu dicionario fluvial dos ríos galegos explico esa palabra.

Finalmente fixen un pequeno traballo dedicado as Cal da Ferrería, xa que as considero, e non son o único que son unha xoia eytnográfica de O Incio, pero que non está posta en valor, dem omento.

 

Pero inda non salín do lugar case e quedan moitas máis cousas, xa seguirei...

No encoro de Vilasouto poden facerse varias rutas moi atractivas

 

  Inda queda facer unha ruta polo encoro de Vilasouto, visitar e ver ás árbores e arbustos de ribeira de ríos que hai o redor perfectamente clasificados. Toda unha lección vexetal. Para rematar cunha visita a igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto e os petroglifos que hai a carón do encoro. Dicen os entendidos que son dignos de ver. O malo son os salvaxes que se atreven a fastidiar, pondo burradas na pedra, non pensan nos demais. É unha autentica xoia que hai que ver.

Nesta misma web xa tendes traballos sobre a ruta das árbores de Vilasouto e tamén a visita a igrexa de San Mamede de Vilasouto e unha pequena explicación sobre os petroglifos e por suposto o petroglifo da Agra do Pepe.

 

Casi nada, e decir que esto é unha pequena parte do que pode mostrar o Concello de O Incio: ten moitísimo románico, ten unhas paisaxes únicas, ten unha historia con mámoas e castros moi importante en Galicia entre outras cousas.

 

Entrades nela, dende un navegador como Google ou MSN,  poñendo con minúsculas,  guión intermedio e pulsando por riba:

calvos-vilasouto.es

Por suposto tamén na folla web, pulsando en calquera lugar.

 

 

Espero con esta páxina web contribuir un pouco a mostrar ó que estou a decir.

O meu obxetivo é simplemente poñer en valor esta terra, xa que así pomos en valor ó  que queremos e ó que temos e nos gusta.

  Volver ao principio

 

 

 

Dous videos básico sobre O Incio.

 

O mellor hai máis videos,  pero estos dous  que poño a continuación son dúas xoias auténticas:

O primeiro é unha canción de Lucía Pérez, unha cantante de O Incio, concretamente de Goó, unha muller que canta moi ben e inda por riba a canción é un auténtico temazo que pón a O Incio onde está, casi no ceo:

O Incio a Terra Brava. Lucía Pérez.

O segundo video tamén me gusta moito e pón en valor moitas cousas sobre O Incio.

 

Video de "Vivir aquí" dedicado O Incio.

 

 

  Volver ao principio

 

 

 

 

 

Nados no Incio

Páxinas na categoría «Nados no Incio»

As seguintes 21 páxinas están nesta categoría, dun total de 21

Vou poñer os que figuran nesta relación en febreiro de 2023.

 

Viñen a esta páxina por simple curiosidade; atópome 21 fichas de veciños do Incio;  os interesados en saber cousas  destos vinteún veciños do municipio do Incio,   tendes este link no que aparece unha semblanza de cada un deles.

Na lista hai: diputados, ex-alcaldes, artistas, políticos e profesionais represaliados no golpe de estado de 1936, científicas galegas,  membros da escuadra negra de Eiresalva que asesinaron a moitos veciños; na lista hai tamén  un sacerdote e un xuíz.

Chámame moito a atención os politicos, mestres , e o médico entre  outros represaliados no golpe de estado de 1936. En particular as torturas e logo asesinatos  que sufriron,  con  mortes horribles, todos os asasinatos son terribles,  por non decir outra palabra, veñan de onde veñan; por poñer un exemplo o médico Manuel Díaz González, "o médico dos pobres" , un home do que teño unhas referencias especiais, de bon home, bon profesional, e fora de serie con toda a xente, pois atárono a un cabalo que puxeron a trote...

Esta mención miña quere ser un berro por esta xente que mataron simplemente por ter unhas ideas distintas, sexan dun ou outro lado. O meu pesar como persoa.

Manuel Díaz González 1886-1936

Dedícolle unha frase de Albert Camus: " Hai cousas polas que vale a pena vivir, pero ningunha pola que vale a pena matar"

 

En 1929 foi nomeado médico municipal do Incio, continuando como tal ata 1936, e era coñecido como "O médico dos pobres" por non cobrar aos necesitados.

Na época da II República colaborou no periódico local Siembra, militou no Partido Republicano Gallego e máis tarde en Izquierda Republicana. Detido en agosto de 1936, foi asasinado o 11 de setembro no lugar de Casilla da Sierra, no km 11,1 da estrada de Laiosa á Cruz do Incio, na parroquia de Eirexalba.

Aproveito para poñer aquí que  Siembra, foi o semanario político, literario e informativo que saia do Incio en 1931. Unha curiosidade máis deste pobo.

Poño tamén un link que explica moitas cousas da súa vida.

 

  Volver ao principio

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Fontes dos datos:

(1)  O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

(2) Internet.  Wikipedia e datos conseguidos polo que escribe preguntando a xente do lugar.

 

 

 

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado por Xeogal baixo a dirección de  Fco. Javier Río Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.

Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.

 

(4)Galicia:  terma bimilenaria. De Maria G. Souto Figueroa

 

 

(5) Estudio Cultural. Bóveda, Pobre de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, O Incio e Folgoso do Caurel

Leader II

Asociación grupo local de desenvolvemento río Lor.

Autores: Mª Jesús Blanco Glez.

Ramón Vila Anca

Rosa Mª Vázquez Moscoso e

Miguel O ´Shea Buerba.

Ano 2000

 

(6) Sensacional libro Cuaderno del románico de la Ribeira Sacra. 

Autor Francisco José Ruíz Alderguía.

Ediciones La Rectoral Ver Sacrum 2011.

 

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.