Santa María de Goó. Tamén visitei o pueblo de Goó.

 

 

 

Santa María do Mao. O Camiño de San Eufrasio.

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír a Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

---o---

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 

 

Con base en Calvos podedes achegarvos á a Igrexa de Goó ben pola serra no cruce coller á Bermún e os tres km. aproximadamente coller para  Lebaste e dende alí baixar a igrexa de Goó. Son cinco kms.

Tamén podedes ir por Vilasouto, pola antiga igrexa de San Mamede e por Mosteiró chegades pronto a Goó , todo a carón do río Mao. Tamén son sobre 5 km.

As coordenadas da igrexa de Goo son  42.679683  ,  -7.394297

A igrexa está a 540 m.s.n.m.

 

Igrexa de Goó vista dende fora. A igrexa é pequena e está situada a carón da estrada, despois de Lebaste. Fot. Secundino Lorenzo.

 

 

A igrexa por fora é de factura humilde, carece dunha arquitectura sobria, dentro dun románico moi simple. Está nun souto bastante aislado. Fotografía S.L.

 

Outra fotografía dende o exterior. Fotografía S.L.

 

Hai documentos desta igrexa que datan do ano 1200, están no Tumbo de Samos.

A nave é rectangular e os muros son de laxas de pizarra rematados cunha cornisa corrida sobre medallóns. Nos laterais hai ventás aspilleiras rematadas en arco de medio punto.

 

A igrexa vista dende a estrada. Por fora está un pouco deteriorada. Haberá que darlle unha volta. A igrexa ten o seu encanta e por dentro é unha pasada.

O campanario foi sustituido no século XVIII por outro máis moderno.

Fotografía dende o campanario.

 

Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

 

Por dentro o altar é impresionante. Fotografía de Secundino Lorenzo

 

 

 
 
 
Unha igrexa que sorprende por dentro. O altar é impresionante.
Fotografía de Xoan Arco da Vella.
 
 
Outra fotografía do altar. Neste caso de S. Lorenzo.
 
 

Os dóus retablos que ten son impresionantes pola súa riqueza artística e ornamental.

 

Retablos laterais. Fot. Secundino Lorenzo

 

O alta maior, que se ve na fotografía ocupa a parte posterior do ábside o que se adapta totalmente, ten cinco hornacinas separadas por columnas salomónicas, decoradas por racimos e follas de parra, pola parte de arriba hai de todo:  flores, cordóns de bolas e querubíns.

As tallas tamén son moi boas, parece que fai tempo perdeuse unha talla? ou vendérona a cambio dunha motosegadora, eso dice Luis López Pombo no libro que poño na bibliografía. Inda quedan as tallas de San Juan, San Sebastián, Sta. Bárbara e San Froilán.

O sagrario é impresionante e digno de ver con calma.

Estas notas están tomadas do libro de  Luis López Pombo do que falo na bibliografía.

 

Parte de atrás da igrexa coas pilas bautismales e a subida a tribuna.

 

Unha das pilas bautismales.

 

Visitas a esta Igrexa

De luns a venres pódese chamar ó tfno. 982427014  de 8 a 15 econcretar visita.

Este é o tfno. oficial.

 
 

Links de Santa María de Goó.

 

  Xoan Arco da Vella. Igrexa de Goo.

 

Nota importante: Agradecer ao meu amigo José Luis López Casas, "Olmo", por ensinarme e abrir a igrexa.

Ese mismo día visitei xunto con Olmo o Castro de Goó e tamén algúns lugares do pueblo como a fonte, a súa casa e uns canastros marabillosos que hai no pueblo.

Volverei e deixeramei levar por este amigo que coñezo dende fai tempo así como a súa muller Ana.

Goó ten moito que ver e Olmo brindouse a ensinarme máis cousas calquera día.

Gracias Olmo.

 

Porei algunha fotografías de Goó neste apartado, como este horreo, chamado en Galicia tamén canastro ou cabaceiro:

Hai varios no pueblo e ademais en perfecto estado e funcionando.

 

Podo dar fé do seu funcionamente. O millo está en perfectas condicións.

 

Otra vista

 

Outro cabaceiro de Goó en perfecto estado.

 

Sorprendeume tamén como mantuveron a fonte do pueblo e o mismo tempo implementaron outra fonte

Fixemos unha visita o Castro de Goó, que podedes ver noutro apartado desta web.

O pueblo é unha auténtica marabilla, co río Mao o seu carón, con muiños e as casas ven conservadas.

Por suposto teñen alcantarillado, algo que botamos de menos en Calvos (Vilasouto), pero todo chegará.

 

 

Repito ¡Gustoume moito Goó.

¡Gracias Olmo!.

¡Volverei a ver ese muíño do Mao!

É porei aquí unas fotografías.

 

 

Volver al principio.

 

----o----

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

----o----

 

Sta María do Mao

 

 

 

Con base en Calvos podedes achegarvos á a Igrexa de Goó ben pola serra no cruce coller á Bermún e os tres km. aproximadamente coller para  Lebaste e dende alí baixar a igrexa de Goó. Son cinco kms.

Dende Goo ata igrexa de Sta Maria do Mao  hai 9 kms.

Tamén podedes ir por Vilasouto, pola antiga igrexa de San Mamede e por Mosteiró chegades pronto a Goó , todo a carón do río Mao. Tamén son sobre 5 km.

As coordenadas da igrexa de Goo son  42.679683  ,  -7.394297

Dende Goo volvedes a Sta Cristina  e seguides pola Lu-642 por Cizán, no cruce seguides a esquerda , que  é a Lu-641  por O Porto, Lebón e no seguinte cruce colledes  a dereita a Lu-P-2507 e xa chegades a Igrexa a 1 km. do cruce.

As coordenadas da Igrexa de Sta Maria de Mao:

 

   42.704542  ,  -7. 330383
 
647 m.s.n.m.

Total dende Calvos 14 km.

 

Pola zona pasa o río Mao.

 

Poderíades ir tamén dende O  Incio.

 

De momento poño fotografías que non son miñas, xa que lle debo unha visita a esta igrexa, que penso facer en breve. Moitas gracias a Xoan Arco da Vella polo seu traballo e as súas fotografías.

 

Fotografía da Igrexa de Sta María do Mao. Fotografía de Xoan Arco da Vella.
 
 
 
A entrada foi non fai moito restaurada e puxeron catro columnas tipo dórico.
Fotografia tomada da web de Xoan Arco da Vella.

O cemiterio está dentro da igrexa, ou sexa dentro dos seus muros, algo que normalmente non se ve.

Fotografia tomada da web de Xoan Arco da Vella.

 

Imaxen de San Eufrasio.

Fotografía de Turismo de Galicia.

 

Tumba de San Eufrasio.

Fotografía de Turismo de Galicia.

 

No medio da nave seica está enterrado San Eufrasio, un dos sete varóns que acompañaron a Santiago a Galicia. San Eufrasio estuvo predicando, ao parecer, no Val de O Incio, por Sta María do Mao. Logo regresaron en datas confusas, polo ano 42 despois de Cristo ou así. Foron consagrados obispos de Roma polos apóstoles Pedro e Pablo e logo os novos prelados arribaron outra vez as costas de Iberia por un lugar incerto. seguramente por Cartagena ou Almería, para continuar a Guadix e Eufrasio a Illiturgi. Foi nesas terras onde predicou durante doce anos. Polo 57 Aloto legado do Emperador Nerón, ordenou prendelos e darlles tormento, coa finalidade de que abandonaran o Divino cometido, pero todo foi inútil e foron decapitados na cidade mencionada de Illiturgi,  actual Andújar, sendo os seus corpos rescatados e gardados en lugares seguros polos creentes.

Quinentos anos permaneceu escondido San Eufrasio polos cristianos.

Resumindo moito nos 711 coa entrada por Guadalete do exército árabe bereber, moitos cristianos escapan para non verse sometidos o xugo da media lúa e no 716 é cando os restos do mártir Eufrasio, as preciadas reliquias, son levadas ata Samos. Aquí pensan onde os poden levar a un sitio máis seguro e o final acaban na igrexa de Sta María do Mao, feito que comunican a curia de Samos e de Andújar. Así se explica a construcción desta igrexa consagrada a San Eufrasio.

Posteriormente polos anos 1596 abríuse o sepulcro e quitaron catro osos, un de maior tamaño para a cidade solicitante, Andújar, habian recibido unha carte do rei Felipe II, e outros tres máis pequenos que foron levados o Escorial. Dende aquel día non consta que se volverá abrir o sepulcro.

Toda a historia podedes vela no gran traballo de  Luís  López Pombo no libro que indico na bibliografía  en (1).  Páxinas dende a 149 a 152.

Poño aquí unha fotografía de  Luís  López Pombo onde se ve o interior do templo de Sta. María do Mao co sepulcro e imaxen de San Eufrasio.

Interior do templo de Sta. María do Mao co sepulcro e imaxen de San Eufrasio.

Fotografía de Luis López. Sobre o ano 2000

 

Moitos milagres parece que fixo o santo, tanto en Andújar como no valle do Mao, algúns seica relacionados coa guerra civil de 1936.

A festa solemne en honor do santo é o 15 de maio de cada ano, e nela os romeiros veñen de moitas partes, pero tamén é frecuente que veñan da Curia de Andújar e moitos habitantes de aquela ciudad veñen en peregrinación a rezar a tumba do patrón.

 

O Camiño de Santiago: dende Andújar ata Santiago.

Estase a promocionar.

 

É tal a devoción a San Eufrasio que estase a propoñer o Camiño de San Eufrasio dende Andujar ata Santiago de Compostela, por suposto pasando pola igrexa de Santa Maria do Mao, ver o proxecto deste camiño.

O camiño comenza en Andújar e na primeira etapa vai ata o Santuario de Nuestra Sra. de la Cabeza. Logo enlaza coa vía da Plata para chegar a Astorga e enlazar co camiño Francés.

O traxecto desviase no val de Santa María do Mao e logo en Samos retorna ao camiño Francés.

Hai moita ilusión e que este camiño se poña a andar, xa que será un revulsivo para todos.

 

O 29/09/2023 houbo una ruta, organizada pola Asociación As Cavarcas,  para potenciar este camiño. Fixeron unha andaina de Samos ata igrexa de Santa María do Val do Mao. Ver esta referencia:

Nota: mandada pola Secretaria da Asociación cultural As Cavarcas do Incio, Carme Aira, a que lle ou as grazas.

 

Importante paso para recoñecer que o camiño Eufrasiano pasa polo Courel e o Incio e forma parte do camiño de Santiago:

 

Moi importante:

 

Voz de Galicia: camino Eufrasiano, básico para O Incio   07/12/2023

 

 

Visitas a esta Igrexa

De luns a venres pódese chamar ó tfno. 982427014  de 8 a 15 econcretar visita.

Este é o tfno. oficial.

 

 

Links interesantes sobre esta Igrexa:

 

 

Para rematar propomos a seguinte ruta de visita:

Calvos (Vilasouto) -Sta María de Goó - Sta María do Mao- Volta por Airapadron - O Incio

 

Hai tamén a variante de en vez de ir por Airapadrón pasar polo Mamut do Incio.

 

 

Volver al principio.

 

o

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír a Calvos.

 

 

Fontes dos datos:

(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

--o--

 

(2) Sensacional libro Cuaderno del románico de la Ribeira Sacra. 

Autor Francisco José Ruíz Alderguía.

Ediciones La Rectoral Ver Sacrum 2011.

 

(3) Datos de Google relativos os temas tratados neste traballo

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.