Veremos algúns detalles que
poden axudar e sacar partido a esta andaina:
1º Tramo


Paisaxe dende o Hotel A Ermida.
Saída de A Ermida e a 300 m.
entramos nun bosque que foi souto en tempos xa que está cheo de
castiñeiros vellos, o bosque casi ten 1 km. de longo e en moitos
lugares 190 de ancho e noutro poucos metros. Vai paralelo a estrada de
Eirixalva e o encoro de Vilasouto.
Ver algúns dos castiñeiros deste
souto, algúns que chaman a atención:

Castiñeiro queimado e botando
os mans a cabeza...

Outro castiñeiro que ó colleu o encoro.
Parece unha catedral gótica feita nun outeiro...

Un castiñeiro que parece
lamentarse...O meu neto Aldán, ten cinco anos, é seguro que xa ve un
dinosaurio. Eu penso que é capaz de dar o seu nome...

Outro castiñeiro que parece
lamentarse e ensina as súas garras e unha calavera curiosa...Esto
seguro que para Aldán é un mostruo...

Este castiñeiro ó que tamén lle afectuo o encoro,
parece defenderse cós cornos...
Esto é unha cabeza de dinosaurio...

Raro, moi raro xa que do seu pé saen tres...Tres
fillos. Os tres floridos.

Está claro. Parece que nos fai a puñeta...
Pero non...

Visto este castiñeiro dende outro
ángulo, parece levantar os brazos e rendirse ou pedir axuda por tanta
falcatruada que estamos a facer cos bosques e en xeral coa natureza...
Despois de pasar este bosque, seguimos
pola estrada que vai de Eirexalva a Vilasouto e o pé do encoro.
A Seguinte parada é no observatorio de
aves que hai antes de pasar a presa.
Neste tramo temos o mirador de aves
que normalmente está pechado pero habería que habilitar xa que está ben
pensado. Podería ter un candado con clave e que se poidese abrir a
demanda. Sinón para que sirve. O mirador contempla varias Ha. do encoro.


Obsertatorio de aves típico
Non atopei en internet ningún dato de
observación de aves no encoro de Vilasouto, pola miña parte únicamente
teño visto lavancos ou parrulos, seguramente de paso, pero seguro
que se poden observar moitos máis.

Alavanco común ou Parrulo: femia e macho.

Unha vez pasada a presa de Vilasouto
entramos da senda dos árbores de Ribeira, unha senda onde cada pouco
atoparedes árbores que en tempo foprmaban parte das ribeiras do río Mao,
antes de facerse o encoro, a curiosidade debe mover o camiñante e pasear
o longo da orilla do encoro primeiro cara outeiro e dando a volta seguir
pola área recreativa e ir identificando as árbores.
Todas elas teñen o nome común da
árbore e o nome científico.
Cantos podedes reconocer?.
Haberá xente que todos e outros que se
quedarán cos mínimos. Algúns descubriredes árbores que nunca tuvestes
diante, en fin, tratarei de estudiar e porei unha chuleta do que vades
atopar.

As árbores están situadas o longo da beira do encoro, nesa cinta azul
que dibuxei.

Exemplo do que vades atopar. Unha árbore máis ou menos grande e unha
pedra onde poña o nome.
Este caso trátase dun Serbal dos cazadores ou capudre.

Outra imaxen do serbal.

Aquí tende outro exemplo.

Pouco a pouco iredes vendo todas
árbores plantadas. A idea é que todas sexan de bosques de Ribeira ou
aledaños.
Vexo tamén que hai algún arbusto
como por exemplo o que ve, que o poño como exemplo:

Cada árbore vai ter un letreiro en
pedra como o que vedes na fotografía. Os nomes van por orden,
primeiro o nome en galego , logo o nome científico e finalmente o
nome en castelán.
Ollo que algúns son arbustos e
polo tanto non están catalogados como árbores, máis ben como
planta e por exemplo este caso está na famosa xilbardeira ou rascacú
ou rusco a que lle teño unha ficha no apartado de plantas na miña
páxina dos ríos galegos.
Ver este link coa
miña ficha Volver coa flecha a esquerda.
Dende logo é moi curiosa e atópase
a carón de moitos ríos, na Labrada no río Lor hai moitas. Ten as
flores nas follas é incrible.

Este é o rusco, pero ollo é tan famoso en
Galicia que ten 33 nomes en galego:
Azoutacristos, baioba, brusca, carrasca, escobas,
escudeixo, esvarda, gilbarbeira, melquita, mesquita, mesquito,
picaceira, picanceira, picantel, rascacú, rusco, silbarda,
simalbeira, silvarbeira, silvarda. silvardo, simalboira, uvas do
can, xarda, xardeira, xardina, xibalveira, xibarda, xilbarba,
xilbarbeira, xilbarda, xilbardeira e ximalbeira.
Eu sempre lle
chamei xilbardeira ou rascacú (o folla é moi coriacea e non se
presta...), que sabia é a nosa xente pondo nomes...
O galego, ao
que lle están dando un pau dende fai uns anos é un idioma
inmensamente rico. Este exemplo que poño é moi corrente en Galicia e
ó incrible é que está todo recollido.
¡Que disfrutes do
recorrido!. Tomalo con calma.
Si o final queda
tempo queda por ver a Igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto e un
dos petroglifos importantes de Galicia o que está a 200 m. da
igrexa. O chamado petrogrifo do Agro do Pepe.
---o---
A continuación poño unha chuleta
con todos as árbores que podedes atopar; si tendes interés en
estudiar algúns deles remito a miña páxina
A vida nos ríos galegos,
o apartado de árbores, por certo moi estudiados nas escolas de
primaria de Galicia, e podedes ver a ficha completa de cada un
deles. Para regresar a este apartado utilizar o final a tecla de
retroceso ou volver entrar na páxina de
calvos-vilasouto.es,
tamén se entra dende google con calvos-vilasouto.es
Poreie na páxina un regreso a esta
o final. Por exemplo algo así como Salir a Vilasouto.
O único que tendes que facer é
pulsar por riba da chuleta:
O pulsar faise interactiva a chuleta, e podedes
ver como son todas estas árbores:
¡!Que disfrutes do meu traballo e da andaina!:

Felicitar os que fixeron esa plantación en
Vilasouto. Plantación que debemos coidar.
Aclarar que tendes un artículo
para saber de que vai a miña clasificación.
Sei que non hai en
Calvos os invasores, nin a robinia nin o ailanto, menos mal. Por
suposto hai mimosa, un mal arbusto queestropea o terreno e está
a ganar espacio tódolos días, sobre todo no río Miño. É unha plaga
enon vale pra nada. En calvos empeza a invadir algúns lugares. Mal
chollo.
Non teño visto acereiros, que é o
laurel de Portugal, moi común en Ourense e a carón do Miño por Arbo.
Tamén non teño visto teixos no
Incio, salvo no Courel, na Devesa da Escrita saquei fotografías a
varios. Concretamente por Paderne. O resto das árbores téndelas
todas. Teño tamén dúbidas co lodoeiro en castelán o almez en Ourense
é bastante común a carón do río Miño, pero en Vilasouto e O Incio en
xeral descoñezo, eu nunca o vín.
Os nomes das árbores son os máis
comúns pero en galego, quizás algún con nome tirando a Ourense, inda
que casei en Calvos eu son galego de Ourense. Por exemplo o pradairo
que é unha árbore que abonda moito na zona a carón dos ríos no Incio
chámanlle pedraio, polo menos é o nome que utiliza
Luís
López Pombo, un home que escribe moitas cousas do Incio e que eu
utilizo neste traballo.