Algunhas delas situadas, tamén, no concello de Sarria e Samos.
No que sigue vou a
escribir sobre mámoas ou túmulos dun lugar
único en Galicia; único pola cantidade de túmulos ou mámoas
que hai na zona, nun pequeno lugar. Necrópolis
(auténticos cimenterios, ´cidades dos mortos´, de gran
extensión e onde abundan os monumentos fúnebres). Eso é a
Necrópolis de Sta Mariña. Pero eu penso que é
interesante poñer uns pequenos apuntes e explicar un pouco ó
que son.
Notas sobre ó que son as mámoas, como se facían , en que
lugares, etc. En qué consistía a cultura castrexa e outras
cousas.
---o---
Primeiras necrópolis de Santa Mariña,
descoñezo de quen é a fotografía e o dibuxo posterior.

Mamoa en Sta. Mariña. O Incio
Decir, ven alto que O Incio e zonas
limítrofes ten unhas posibilidades turísticas fora de serie, realmente
ten todo, paisaxe, prehistoria (castros, petroglifos, mámoas, etc.) ,
historia, románico fora de serie e moitas máis cousas sin explotar. Vexo
que os concellos tellen que poñerse as pilas e traballar por dar a
coñecer estas e máis cousas. Dende esta páxina web é ó que pido e
solicito. Compre facer moitas cousas, porse de acordo e potenciar
ó que hai, que hai moito.
Esta necrópole é das máis importantes
de Galicia e está media esquecida. Non hai máis que leer a prensa e ver
como dende tódolos os lugares pídese colaboración, posta en valor, etc.
O dito.
--o--

Posición aproximada da necrópolis de Sta Mariña. Colle
tres concellos O Incio, Sarria e Samos.
Da revista LVCUS, o nº 42
tamén poño este mapa que ten cousas curiosas. Está firmado
M.R.Pombo.
Trae ata unha mámoa
dibuxada, todo un detalle, tamén nos permite ver que as
mámoas de sta. Mariña están en tres concellos: Sarria, Samos
e O Incio. Observar o detalle xusto no medio do dibuxo.


Este mapa é o que aparece no BOE, que relaciono máis abaixo.
Coa
Coa flecha bermella quero indicar o lugar onde debemos ir para ver esta
Necrópolis.
Neste mapa vese unha chegada a zona de Bermún dende vilasouto e
Calvos pola LU-P-0909. Tamén se ve outra chegada dende Oural pola
Lu-642, por Negral. Tamén dende Sarria pódese coller a estrada de Samos
e logo a Lu-641 que ven a esta.
Dende logo en Calvos e Vilasouto estamos nunha posición ideal para
achegarnos a esta zona. Basta coller no cruce da serra para Bermún. e xa
estamos.
Necrópole de Santa Mariña, que ten
unha gran parte no Incio, e outra en Samos e Sarria.
Necrópole formada por máis de corenta túmulos e algúns petróglifos.
Estos túmulos están en tres
concellos: O Incio, Samos e Sarria.
Foi declarado ben de interés cultural
no ano 2006, como veremos despois.
Como se pode chegar?:
Pódese ir dende Sarria; dende
O Incio
e por suposto dende Vilasouto ou Calvos. Ver mapa anterior.
Dende Sarria:
De Sarria a Samos a man dereita verás un indicador Castrón, o Incio. Vai
por aí ata atopar á esquerda unha caseta de ladrillo que comunica cunha
pista de terra, pois polo lado contrario a pista tamén vai pola dereita,
continúa pola pista ata atopar unha explanada, e pola dereita. atoparás
o monte cheo.
Dende O Incio:
Bastaría ir ata Buxán.
Dende Calvos ou Vilasouto:
Podemos ir pola estrada que vai a Goó
e despois acercarse a Bermún.
Unha vez en Bermún poño un mapa da
zona en escala 1/25000. O Mapa de 0 124-III (15-16) O Oural de 2015.

Neste mapa vese perfectamente a zona, con moitísimo detalle sobre
todo Bermún e a estrada que sube as Medorras e a Serra de Santa
Mariña donde hai os túmulos e por certo 3 castros. Unha zona a explorar.
Berdún está a 647 m.s.n.m. e onde pón necrópolis de Sta Mariña está a
700 m.s.n.m.
Este mapa é do Instituto Xeográfico Nacional. 2015.

Outros túmulos.
As tres fotografías que puxen están sacada do Facebook
ver links o final.
Interés de Ben cultural
no 2006:




Nesta última imaxen xa
temos as coordenadas UTM e xa podemos acceder a cada un deles.
Así o primeiro que aparece
bastaría meter 29 T 631339.5792
4728779.3499 para ter onde está situado exactamente:
Ver o mapa seguinte:

Témolo a 8 km. de Calvos, simplemente indo a Bermún.

Queda a 1.5 km. de Bermún. Podemos chegar a 100 m.
Repito o sistema, con
estas coordeandas si queredes chegar a esa necrópolis basta
en Google Earth, poñer as coordenadas UTM e metelas desta
forma, por exemplo 29 T 631778.0350
4728043.3170

Estas necrópolis queda preto de Bermún 650 m.
E máis un pouco máis arriba tendes outras dúas. Ver o
mapa seguinte:

Bastaría coller a estrada que hai despois de Bermún a
dereita.
A 300 m. de Bermún a primeira, a 1,7 km a
segunda e a 2 km. a terceira.
Fareille unha visita.

Esta fotografía e dibuxo
permite entender a ubicación destas mámoas. Descoñezo o autor da
fotografía e do dibuxo.
Estos dibuxos, que non sei de
quen son, axudan moito a situar no horizonte os posibles túmulos
ou mámoas.
Hai unha teoría moi
fundamentada en canto a situación dos mismos. Así en internet
podedes atopar un traballo de Miguel Carrero e Antón A. Rguez no
senso de ver como se facían en lugares moi visibles uns dos
outros e chans que permiten verse entre eles. o traballo estudia
así os patróns de emplazamentos do megalitismo galego e utilizan
precisamente o Monte de Sta. Mariña.
Hai un comentario sobre as
mámoas de Sta. Mariña que falan de certo abandono:
"...Mámoas
de Santa Mariña (O Viso): Necrópole encravada nun planalto, composta
por arredor de 50 mámoas situadas no límite dos concellos do
Incio, Samos e Sarria, das cales a metade conservan restos de
cámara. Escavada por Rodríguez Casal. Declarada Ben de Interese
Cultural no ano 2006. No
mes de marzo de 2015, os comuneiros denunciaron que nos últimos
meses teñen observado os destrozos que están a producir os
xabaríns sobre os túmulos. Din que xa avisaron a Medio Rural e a
Patrimonio, quen polo de pronto nos lles deron solución ao
problema. Tamén queren que se limpe a maleza que cubre as mámoas
para que poidan ser admiradas, dada a importancia que teñen
estes restos. "
Así polo menos entendo eu este texto que esta tomado deste blog,
por certo moi documentado:
Blog. Mámoas de Galicia.
Algúns links sobre as mámoas de Sta.
Mariña:
Necrópolis de Sta. Mariña
Páxina en Facebook. Necrópolis Sta. Mariña.
Blog. Mámoas de Galicia.
Os lugares onde se puñan as mámoas.
A pedra do tempo
Salír a Calvos.
Algúns apuntes
sobre as mamoas e os castros en Galicia.
(Resumen adaptado
dun traballo que fixen para o estudioda prehistoria de Alberguería un pobo
de A Veiga en Ourense. Ver
historia da
páxina web de Alberguería)

Unha
mámoa ou túmulo, en moitos lugares de Galicia tamén
lle chaman medorras entre outros nomes. Este dolmen chámase
Pedra da Arca e está en Vimianzo (A Coruña).

Unha Necrópoli é un conxunto
de mámoas. Por exemplos estas de Sta. Mariña entre O Incio,
Samos e Sarria.

Neste dibuxo arriba é como quedaría unha
mámoa ó principio cando se fai. Abaixo é como están hoxe;
ver a fotografías das mamoas de Sta Mariña, así no horizonte
son como móntículos.
No que sigue usarei tamén o libro (2)
Nas Raíces de Brión: as mámoas de Rañalonga. De Federico
Silva Cobas. Este dibuxo é dese libro que
recomendo.

Dibuxo dunha
mámoa. De A. Ramil Rego.
Anta
é un término galego con que se designa popularmente os
dolmens. Trátase dunha construción megalítica
funeraria formada por varias pedras ortostáticas verticais,
cubertas por outra horizontal, que forma a cuberta.

Mamoa do Rei. Cotorredondo
(Vilaboa). Fotografía de Alexie Belikov.
Aparece no libro citado na bibliografía (2).
Como se fai unha
mámoa?
Aclaración :
Esquema dunha mámoa.
Nos dibuxos de
arriba hai unha mámoa (túmulo) que ten unha anta
(cámara mortuoria) no interior. Trátase dunha maqueta para
facernos unha idea. A
maioría é un casquete esférico e dentro ten o lugar de
enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas lugares de
enterramentos ou monumentos funerarios. Por supostos hai varios
tipos. A medida oscila entre os 15 a 20 metros de media,e uha
altura media en torno a 1 m.
observar o home que hai a dereita.
O lugar son as
partes chás e altas, xeralmente en outeiros e lugares onde sexa
vistas dende lonxe.

Este é oun esquema xeral dunha
mámoa. O dibuxo é de Marcos Suárez Martínez e está
sacado do libro referenciado en (2).
Básicamente componse, copio do
libro (2):
1.- Cámara. Parete
central onde están as grandes pedras de lousa que as
veces pesaban 20 toneladas. Está disposta en
Dolmen, algunhas soio levaban unha foxa. As
pedras verticais chámanse ortostatos.
ver os dolmen do Rei, a vista están 7 orotostatos
pero leva máis. E tres pedras de tellado.

O Dolmen é o lugar sagrado da
mámoa onde se deixaba o morto xunto cos seus
pertrechos: frechas, machados, cerámica, bifaces, etc.
2.- Masa tumularia. Terra
que se sacaba do redor.
3.-Coirácea pétrea. A
veces púñase así para que non crecera a maleza.
4.-Pedras o redor. Marca
da mámoa.
5.- Adro. Entrada.
6.-Anel central. No está
claro para que servía.
Decir que dentro atopouse de todo dende
figuras, grabados típicos e todo tipo de enseres que foron
expoliados cando en 1606 o crego Pedro Vázquez de Orxas pasou
revista a todas as mámoas en Galicia, en tempos de Felipe
III e sin fins científicos nin nada que se lle parecera. Todo
iba engrosando as arcas reais e el cobrando os cartos do
traballo. Unha desfeita.

O dibuxo é de E.
Ramil Rego. No dibuxo vexe un pequeno esquemo do gran
traballo que que era facer unha mámoa, dende os andamios
a traída das pedras e a súa colocación. Por suposto que
tiña que actuar moitísima xente no traballo. Pensai como
se pode poñer por riba unha pedra de tantas toneladas.
Un traballo incrible.
No libro
(2) ven tamén unha explicación con dibuxos
Como se fai
unha mámoa?
No segundo dibuxo
vese como se fai a construción dunha mámoa, unha vez que se
achegan as pedras e se poñen os andamios para logo cubrilo todo.
Lóxicamente debido a falta de medios interviña moita xente.
Primeiro facíase unha gabia na cal vai espetada a lousa
principal ou rocha nai, logo póñense as outras lousas. A misma
terra que se extraía para facer a anta logo usase para cubrilo
todo. Finalmente cubríase todo de terra e pedras e finalmente
púñase a pedra protectora, ou tellado, da anta.
Nas mámoas
enterraban os mortos, pero non se atopou nunca restos humáns: xa
se sabe, terreos ácidos que rematan con todo, entre outras
cousas.
En canto as datos
poño este esquema do megalitismo (construccións con grandes
pedras) e outra cultura da que hai grandes mostras en Galicia e
dende logo dentro desta en O Incio que é do que estou a
escribir:

A cultura Castrexa:
Outra cuestión que
atoparemos moito en O Incio.
Para investigar un pouco que
pasou na zona antes de que viñeran os romanos, qué xente había
nestas bisbarras?, temos que acudir precisamente a eles,
Estrabón, Tolomeo e sobre todo Plinio, eles son os que escriben
sobre o que se atoparon cando chegaron a estas terras. Estamos
falando do ano 73-74 d.C.
Plinio fala de tres grandes
comarcas, que chama conventos xurídicos (ver no
mapa) e que son o Asturicense, o Lucense e o Bracarense, cada un
coa súa capital Asturica augusta(Astorga), Lucus Augusti (Lugo)
e Bracara Augusta (Braga).

Este é o mapa dos
conventos xurídicos

Este é o mapa de algúns
dos pobos que habitaban estos conventos en total 61 pobos
distintos dos que soio se conservan 48 nomes.
Fontes do
mapa e das ideas: "A Gran historia de Galicia".
A Cultura Castrexa. Tomos 3 e 4, escrito por
Jose Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.
Neste mapa están unha tribu galaica, os SEURROS , por
suposto prerromana, e que pertencía o convento lucensis.
Ocupaban terras de Taboada, Sarria (por eso se
chamaban Seurros), e O Incio. Limitaban o norte cos
Cáporos e o sur cos Lemavos, sendo as cidades máis importantes
Talamina (que era por Baralla), Timalino (non sei onde estaba),
Ocelum e Turriga.
Estos pueblos foron ao parecer identificados por
Ptolomeo.
¿Quenes
poboaban O Incio e a comarca ?
Os primeiros poboadores de
O Incio, dedución miña por proximidade, foron os Seurros.
Pero ¿qué sabemos dos antepasados
dos veciños de O Incio?.
No
dibuxo vese unha reconstrución hipotética do sector norte do
Castro de Santa Tegra feita por J. Luaces e Dideas.
Castros
parecidos seguro que había na zona de O Incio. onde aproveitarían de forma marabillosa a calidade da pedra que
hai na bisbarra...
O
castro non sería moi distinto do que aparece na fotografía
de abaixo.

Na fotografía o
Castro de A Guarda.
Decir
que os primeiros castros eran desta forma redondiños.
Logo chegaron os romanos e algúns pasaron a ser
rectangulares.

Esta recreación do interior vese bastante lóxica,
aproveitada ao máximo.
Onde
vivían?:
Pois a maioría vivían en castros, que normalmente
eran recintos fortificados, con tendencia circular e
asentados en lugares elevados. Os castros son comúns en
toda Galicia, pero hai menos conforme se gaña en
altitude.

Os puntos negros son
castros recoñecidos na fotografía aérea en
Galicia. Según A. Bouhier. Abel Bouhier foi un
xeógrafo francés, moi coñecido no mundo galego da
cultura pola súa obra de investigación sobre Galicia. En
1977 presentouna como tese de Estado no seu país, co
título "La Galice, essai geographique d´analyse
dínterpretation dún vieiux complexe agraire"´Era da
Universidade de Poitiers". (1921-1997).
Coas
frechas están indicados os castros que detectou o voó en
O Incio, nada menos que 15 son moitos, por eso digo que
no Incio non sabemos ó que temos. Unha auténtica
marabilla que hai que poñer en valor.
En O Incio temos moitos castros e por Vilasouto temos o
Castro de Belesar e algúns en Calvos entre outros. non digamos pola zona de
Bermún, concretamente no monte de Sta Mariña que cada
pouco hai un castro e dende logo unha chea de mámoas que
pon e evidencia clarísima a población da zona.

Poboado da idade do Bronce (museo de Pontevedra)
Os
poboados: (tomo un resumen do libro (2) da bibliografía)

Polo
que sabemos cada asentamento estaría formado por unhas
cantas cabanas de dimensións reducidas,, de planta
circular ou oval,sen sementacións. Dentro da vivenda
habería, lugar de traballo, cortes para o gando, vivenda
das persoas e celeiros ( graneiros).
A
actividade principal a agricultura de todo tipo.
Gandeiría, ovellas, cabras, vacas e porcos.
A caza
principalmente xabarín e lebres.
A
pesca principalmente troitas, coñecían os arpóns e tamén
trampas feitas de cestería.
A
recolleita de froitos, consumían sobre todo landras.
A
cerámica tuvo moito que ver para mellorar a vida sobre
todo para almacenar colleitas, auga, leite e permitía
ferver os líquidos.
A
industria textil seguro que tuvo os seus momentos, sobre
todo o liño e a lá.
A
industia da pedra foi básica para facer ferramentas e
utensilios
A
construción de mámoas.
Outras
actividades alimentación, limpeza, vestimenta e coidado
da prole. Mantenemento de edificacións, fabricación de
cestos, cordas e mobiliario, o comercio, etc.
En
canto a organización social destaca xa a existencia de
propiedade privada, o control dos excedentes e a
división social do traballo.
Comenza a relixiosidade. Seguro que tiñan preocupacións
e eso os levou a pensar noutro mundo. O culto aos mortos
xa o coñecemos, que pensaban que podería haber outra
vida é evidente xa que os mortos os deixaban con toda a
súa ferramenta e preparados.
Bibliografía.
(1) A Gran historia de Galicia. Tomos
I a IV.
José Manuel Caamaño Gesto.
La Voz de Galicia.

Tomos I a IV.
(2) Nas Raíces de
Brión: as Mámoas de Rañalonga.

Proxecto
interdisciplinar do I.E.S. Castelao-Vigo
Coordinador:
Federico Silva Cobas.
Un libro que que fixo
chegar Federico Silva en sinal de agradecemento pola
miña colaboración. A verdade é que cedín unhas
cantas fotografías, nada máis.
O libro é unha pasada,
marabilloso e moi ben explicado todo. Foi publicado
pola Deputación Provincial da Coruña no ano 2009.
Volver
a Sta. Mariña
|