Esta sensacional igrexa foi
inaugurada o 28/06/1963.
O arquitecto foi o madrileño José
Luís Fernández del Amo.
Seica a Igrexa do Incio foi a
primeira das catro igrexas proxectadas en Galicia, logo fixo San
Antonio de Padua en Lugo, Santa Mariña en Chantada e Santa María de
Baio. O parecer a que más lle gustaba a do Incio xa que exerceu
maior control no proceso de construción.
A igrexa foi promovida polo párroco
daquel tempo Argimiro López Ríos e un grupo de veciños que fixeron unha
comisión para recadar os cartos para facer a igrexa.
O gasto foi daquela de 600.000 pts.
ou o seu equivalente en euros 3.606 €
Esta comisión encargou o traballo ao arquitecto José Luís Fernández del
Almo, que había exercido como director durante anos do Museo de Arte
Contemporaneo (xerme do actual Reina Sofía), arquitecto que admiraba
moito o párroco da igrexa.
A superficie edificada foi de 250
m2.
Hoxe é unha igrexa BIC, ou sexa Un
Ben de Interese Cultural., polo tanto ten protección integral.

Visión da igrexa dende a parte de
atrás, por debaixo do coro. Observar os materiais tanto das paredes como
do chan, todos da zona, nas paredes as pedras típicas do Incio pizarrosas, neste caso
recebadas, típico da zona, o chan mármore en losetas. O Teito estructura
de ferro e moita madeira, repito todo da zona.
O edificio destaca por varios puntos que
iremos vendo:
1.-O material é todo da zona. Ademais
está en consonancia total co entorno, tanto pola forma como polos
materiais. Ou sexa manter a sintonía coa contorna.
2.- Foi feito por artesanos da zona, casi
todo ó que se ve.
3.- Procurouse que tuvera o menor coste
posible.
4.- O maís importante e que o remate
da obra que durou tres anos, resume os
tres anteriores, o proxecto do arquitecto foi axustándose a esas
premisas.

Así por exemplo: as vidreiras foron feitas
especificamente para este templo. Foron deseñadas polo artista José Luís
Gómez Perales e os irmáns Atienza.
Son espectaculares. Nesta fotografía vidrieiras
da parte dereita da fotografía.

As vidrieiras de enfrente, que representan un viacruces,
defeito por debaixo, veráse noutras fotografías hai ata 14 cruces, e na
vidrieira figuras representativas da misma. Unha auténtica
marabilla.

Aquí vense as catorce estacións do viacruces.

O arquitecto del Amo encargouse dalgunhas
cousas como por exemplo do diseño dos bancos, concretamente os 24 bancos
que hai na igrexa. Sencillos pero moi prácticos e cómodos. Tamén se
encargou dos confesionarios.
Os bancos e os confesionarios foron
construidos por un carpinteiro local.

Tamén se encargou dos confesionarios, que fixo un
carpinteiro local. Son taboas de castiñeiro.

Tamén diseñou o arquitecto a pila
bautismal que se ve na fotografía e que está no baptisterio. Para
bautizar non fai falta entrar na igrexa, ten este apartado propio ao
entrar na igrexa.

Pila bautismal, diseñada por José Luis Fernández del
Amo. Arquitecto que fixo a igrexa. Onde está a pileta fixo un cubo e a
pileta está tapada por un tronco de cono que remata nunha esfera e unha
cruz. o lugar onde está, o baptisterio resalta a peza con esa luz
especial. (Sobra o paquete branco, que logo foi retirado e non pertence
a ese lugar).

Escaleira de subida a torre da igrexa. Esta
escaleira foi incorporada posteriormente, no mismo paquete de arranxo do
tellado ou cuberta, da mellora da Sacristía e a renovación do
sistema eléctrico.
Por certo a Xunta gastou no anterior 130.000 €
Lembrar que a Igrexa e todo ó que tiña dentro,
traballos de todo tipo etc. costou en 1963, 3.606 €
Estos arranxos da Xunta costaron nada menos que
36 veces o que costou todo. Curioso datos.
Si o arquitecto vivira, actualmente,
penso que non permitiría este desfase, por non decir outra cousa.

As portas e os ferraxes son
outra marabilla feita polos artesanos da zona. Tamén se ve o coro
que ten un pasamán de tubos de aceiro se sección cadrada e que se
enroscan en 12 tablas.
Comentario sobre o BIC que xa está
aprobado. No DOG de 29/04/2021 está descrito o que comprende, e
aparecen referenciadas máis de 40 bens que hai neste momento na
igrexa de Santa Cruz do Incio.

Outra imaxen do coro.

A ara do altar está feito de
mármore do Incio, unha auténtica xoia. Son dúas pezas , dous
bloques, de mármore. Tamén as fixo José Luis Sánchez Fernández, "Papus"..
É espectacular.
En xeral o altar parece simple
pero ten moitísima calidade e unha luz especial, todo no seu lugar.

Peza especial do sagrario da
Igrexa de Santa Cruz do Incio. Esta peza foi feita polo escultor
Luís Sánchez Fernández "Pepus". que cobrou daquelas 20.000 pts. (Un
pouco máis de 120 €) Ten, como se pode ver, as portas
cubertas de mosaicos. Unha auténtica xoia.
Nas portas do sagrario aparecen
os peixes e os pans e dice "Ego sum lux Mundi". "Eu
son a luz do mundo", unha frase que aparece no Novo Testamento e en
algúns cadros famosos.

Atril de lecturas tamén en mármore pero con
distinto pulido. Na igrexa hai distintos pulidos de mármore. Sempre
mármore do Incio, unha marabilla que tamén se aplica noutras igrexas
famosas de O Incio como a de San Pedro Fiz de Hospital.

Observar os detalles, a ara,
os porta cirios, o sagrario e a cruz todo especial e feito por
artistas. O floreiro detalle e un adorno, por certo moi bonito
que puxo Alicia, a que nos foi ensinando a igrexa moi ben por
certo, con moito detalle e cariño. Estámoslle moi agradecidos
tanto Pilar como eu.