Escudo de O Incio (Lugo), son dúas
espigas de ouro, postas en aspas e acompañadas da Cruz da orde de San
Xoan, ou cruz dos templarios, de plata. Por debaixo o lobo. Arriba leva
a coroa real.
Sair a web de O
Incio
O Incio: a súa historia

No mapa, sacado de Google Earth
vese perfectamente O Incio, xusto onde está o seu escudo.
O Incio é un municipio da provincia de
Lugo, en Galicia (España); está situado na comarca de Sarria. Ten unha
superficie de 146,09 km2, con 28 parroquias e un total de
cento ochenta e nove pueblos. En total no ano 2022 tiña
1536 habitantes o que da unha densidade de 10,51 hab/km2.

A Cruz do Incio é a capital do municipio do Incio
A capital do municipio é a
Cruz de O Incio, tamén Cruz do Incio, que no 2017 tiña 211
habitantes.
O Incio dixen que estaba en Galicia,
na provincia de Lugo. Está polo tanto en España e onde se ve no mapa.
E
Aquí temos a situación do
Concello do Incio, por suposto en Lugo, ver no mapa, en Galicia e
España.
O Incio pertence a comarca
de Sarria.
------o------

Nota: engado ao traballo os datos ata hoxe.
Pódense ampliar datos de demografía nesta misma web volvendo o
principio e indo a ficha de Oincio no apartado
Censo total |
1797 (2014) |
Menores de 15 anos |
82 (4,56 %) |
Entre 15 e 64 anos |
896 (49,86 %) |
Maiores de 65 anos |
819 (45,57 %) |

Nesta tabla xa temos datos ata o 2021
Evolución da poboación de O Incio Fontes: INE e IGE. |
1900 |
1930 |
1950 |
1981 |
2004 |
2009 |
2011 |
2012 |
2013 |
2014 |
2015 |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
8137 |
7010 |
6253 |
4155 |
2358 |
2.087 |
1.956 |
1.875 |
1.822 |
1.797 |
1.777 |
1.740} |
1.667 |
1.609 |
1.570 |
1.533 |
1.521 |
(Os criterios de rexistro
censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e
do IGE poden
non coincidir.) |
Decir que no ano 2022 teño os datos de 1536
Hai unha baixada de 34 do 2019 o 2022.
Tamén un resumo das eleccións ata hoxe:
Administración
e política
Resultados das eleccións municipais no Incio
|
Partido |
1979 |
1983 |
1987 |
1991 |
1995 |
1999 |
2003 |
2007 |
2011 |
2015 |
2019 |
CD / CP / AP / PPdeG |
2 |
3 |
5 |
7 |
9 |
8 |
8 |
6 |
5 |
3 |
5 |
PSdeG-PSOE |
2 |
4 |
3 |
1 |
1 |
1 |
1 |
2 |
3 |
5 |
4 |
BN-PG / BNG |
1 |
|
|
2 |
1 |
2 |
2 |
3 |
2 |
1 |
|
UCD / CDS / CDL |
6 |
|
1 |
|
|
|
|
|
1 |
|
|
CNG |
|
|
|
1 |
|
|
|
|
|
|
|
Independientes |
|
4 |
2 |
|
|
|
|
|
|
|
|
Total |
11 |
11 |
11 |
11 |
11 |
11 |
11 |
11 |
11 |
9 |
9 |
Alcaldes
Volver ao principio
Sair a web de O
Incio
As mamoas e os
castros. Explicacións.
Notas e ideas.
Vou poñer unhas ideas que
saco dun traballo que fixen para a web de Albergueria en A Veiga
Ourense, escribindo sobre a prehistoria daquela zona.
Simplemente é para ter
unhas ideas sobre este tema e poder comprender algúns datos.

Unha das mámoas de
Pedra Má que aparecía naquel traballo.

Mamoas de sta Mariña.

Mámoa do Rei. Cotorredondo (Vilaboa). Fotografía de
Alexei Belikov.
Esta fotografía está
sacada do libro "As mámoas de Rañalonga", dentro dun
Proxecto Interdisciplinar no I.E.S. Castelao de Vigo. Libro
que recomendo. editado pola Deputación da Coruña.
Un libro que curiosamente
utiliza algunha das miñas fotografías, previo permiso,do cal
estou moi orgulloso.
No libro entre outras
moitas cousas escribe con detalle o valor arquitectónico das
mámos. O lector non ten máis que pensar como pudo facerse
esta mámoa, mover esas pedras e organizar o espacio.
Incrible cós medios que tiñan.

Dibuxo
dunha mámoa ou medoña.

Como se
fai unha mámoa?
Aclaración
: Esquema dunha mámoa ou medoña.
Nos
dibuxos de arriba hai unha mámoa (túmulo) que
ten unha anta (cámara mortuoria) no interior. Trátase
dunha maqueta para facernos unha idea. Tamén se chaman medorras. A
maioría é un casquete esférico e dentro ten o lugar de
enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas lugares de
enterramentos ou monumentos funerarios. Por supostos hai
varios tipos. A medida oscila entre os 15 a 30 metros de
media, observar o home que hai a dereita.
O dibuxo
é de E. Ramil Rego.
No
segundo dibuxo vese como se fai a construción dunha
mámoa, unha vez que se achegan as pedras e se poñen os
andamios para logo cubrilo todo. Lóxicamente debido a
falta de medios interviña moita xente. Primeiro facíase
unha gabia na cal vai espetada a lousa principal ou
rocha nai, logo póñense as outras lousas. A misma terra
que se extraía para facer a anta logo usase para cubrilo
todo. Finalmente cubríase todo de terra e pedras e
finalmente púñase a pedra protectora, ou tellado, da
anta.
Nas
mámoas enterraban os mortos, pero non se atopou nunca
restos humáns: xa se sabe, terreos ácidos que rematan
con todo, entre outras cousas.
|
A cultura Castrexa:
Para investigar un pouco
que pasou na zona antes de que viñeran os romanos, qué xente
había nestas bisbarras?, temos que acudir precisamente a
eles, Estrabón, Tolomeo e sobre todo Plinio, eles son os
que escriben sobre o que se atoparon cando chegaron a estas
terras. Estamos falando do ano 73-74 d.C.
Plinio fala de tres
grandes comarcas, que chama conventos xurídicos (ver
no mapa) e que son o Asturicense, o Lucense e o Bracarense,
cada un coa súa capital Asturica augusta(Astorga), Lucus
Augusti (Lugo) e Bracara Augusta (Braga).

Este é o mapa dos
conventos xurídicos

Este é
o mapa de algúns dos pobos que habitaban estos conventos en
total 61 pobos distintos dos que soio se conservan 48 nomes.
Fontes do mapa e das
ideas: "A Gran historia de Galicia". A Cultura
Castrexa. Tomos 3 e 4, escrito por Jose Manuel
Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.
¿Quenes
poboaban O Incio e a comarca ?
Os primeiros poboadores de O
Incio é probable que foran, según ese mapa os Seurros.
Pero ¿qué sabemos dos antepasados
?.
No dibuxo vese
unha reconstrución hipotética do sector norte do Castro de Santa
Tegra feita por J. Luaces e Dideas.
Castros
parecidos seguro que había na zona do Incio. onde aproveitarían de
forma marabillosa a calidade da pedra que hai na bisbarra...
O castro non
sería moi distinto do que aparece na fotografía de abaixo.

Na fotografía o Castro de
A Guarda.
Onde vivían?:
Pois a
maioría vivían en castros, que normalmente eran recintos
fortificados, con tendencia circular e asentados en lugares
elevados. Os castros son comúns en toda Galicia, pero hai menos
conforme se gaña en altitude.

Os
puntos negros son castros recoñecidos na fotografía
aérea en Galicia, observar que na zona de O Incio, hai
moitos.
A cultura
castrexa pódese situar na primeira mitade do século IV a.C. e
iría ata o século I d.C. Os interesados nesta cultura poden
consultar a bibliografía citada (A Gran historia de Galicia
nos voluméns 3 e 4, Ocupación do territorio e cultura material e
Economía, Sociedade, Relixión e Arte. que tratan de forma
moi extensa os temas dos castros e todo o que o rodea).
Os castros
anteriores cumplen dúas condicións típicas: unha a visibilidade
do entorno cara a defensa do territorio e dúas o estar situadas
preto de lugares con posibilidades de cultivos, pastoreo e caza.
En Alberguería, había que sumar as posibilidades anteriores
outra máis, xa que a zona tiña unha pesca importante no río...troitas
e anguías non faltaban dende logo, hai constancia posterior
delas...

Esta era unha casa
típica dunha casa dun castro.
Os castros
eran en realidade pequenas cidades e neste senso non faltaba de
nada. Chámame a atención os servicios colectivos como as fontes,
as canalizacións, as rúas e as prazas. Tamén os elementos
defensivos, os fornos e as saunas; de feito algúns lugares eran
auténticos balnearios.
¿Como se
organizaban e que cultivaban?.
Decir que non hai constancia escrita, polo tanto o que
sigue son suposicións do que deixaron escrito os que viñeron
despois, ou sexa os romanos. Do dito o feito hai un gran
treito...por eso o que sigue en moitos casos son suposicións
ou deducións máis ou menos fundamentadas...
Decir que na cultura castrexa prácticamente son
descoñecidas moitas cousas básicas como os modos de
producción, si as terras eran colectivas ou non, e o status
social das profesións; pero si se pode decir moito das
materias primas que usaban, da súa minería e das
actividades artesanais e de comercio. Neste senso, e sempre
a maneira de resume, decir que nos xacementos atopáronse
grandes cantidades de cereais como o trigo, leguminosas como
as fabas e os chícharos. Entre outros. Tamén nos cultivos
vese unha gran avance en canto o uso de especies según as
estacións.

Na
fotografía vense landras carbonizadas que foron atopadas no Castro
de Vixil en Vilalba Lugo. Actualmente no Museo de
Vilalba. A landra ocupaba un lugar destacado na
alimentación. Da landra facían, entre outras cousas, fariña
e un tipo de pan.
Gracias os
estudos de restos vexetais pódense, hoxe en día, saber
moitas cousas sobre a cultura castrexa.
Decir
que ocupaba un lugar moi destacado da alimentación as landras,
do xénero Quercus, ou sexa o froito do carballo, pero non
faltan as avelás, arandos e seguramente castañas.
Qué útiles
usaban?
Nos útiles xa
se vía un pouco de todo: muíños de pedra, machados,
podadeiras, picos, sachos, etc.

Nesta
escultura atopada no pobo de Bembibre preto de Viana do Bolo
vese un porco ou un xabaríl feito en pedra.
Preto
deste pobo hai o castro do Eirexario.
A
escultura recibe o nome de Berraco.
A súa
gandería?
Na
gandería vese, polos restos atopados, que xa tiñan un pouco
de todo: dende vacas, porcos, pasando por cabalos e ovellas
entre outros.
Descoñezo totalmente si se facía intercambio de comercio ou
non...
Organización sociopolítica?
A
organización sociopolítica tamén é a gran descoñecida inda
que hai algúns datos sobre aspectos da vida cotiá: por
exemplo dedúcese polo tipo de construcións a importancia que
xa tiña o grupo familiar, ou sexa a sociedade básica xa
era a familia, que por certo a xulgar polos distintos
tipos de casas as economías destas familias era xa
diferenciada según os traballos a que se dedicaba, agrícola,
metalúrxica, etc. Trataríase según a maioría dos autores
que estudiaron o tema de familias autosuficientes e
pechadas, que contan coa súa propia forza de traballo para
xerar os seus propios recursos.

No dibuxo
sacado do libro A Gran Historia de Galicia editado
pola Voz de Galicia, no tomo dedicado a Cultura Castrexa aparece
este dibuxo que representa un castro, en vermello, e a área
potencial dos seus traballos.
O dibuxo está
referido o Castro de Torroso en Mos
(Pontevedra).
Do trazo
amarelo suponse que non se pasa nas labores xa que pasan
dunha hora de camiño dende o castro o que suporía dúas horas
camiñando dende o castro, o que é moito.
O trazo negro
sería a media hora de camiño.
As cores
indican os pastos válidos e non válidos así como o terreno
válido para cultivos.
O dibuxo é
de A. de la Peña Santos.
Cómo era a
propiedade?
A
propiedade da terra en principio é colectiva ou sexa
o castro onde se asenta colle as terras que están o redor do
mesmo, seica ata distancias de media a unha hora de camiño.
Logo dentro destas cada familia collía os terrenos según a
súa capacidade de traballo, manteñendo o ano seguinte.
Eran
belicosos, como dice Estrabón?
Cuidaban moito a súa defensa, polo tanto os romanos decían
que eran moi belicosos, fálase dunha belicosidade castrexa
pero os únicos fundamentos parecen ser, as construccións
tipo defensivas, as prácticas termais que seica tiñan
caracter sacro e as estatuas guerreiras. O feito é que se
defendían e que de algún xeito mostraban, en plan disuasorio
a súa forza; de eso o bandolerismo endémico do que fala Estrabón,
vai un largo camiño, penso eu...

Ara
adicada o deus da guerra Reve,
actualmente conservase no museo Arqueolóxico de Ourense.
Este é
unha das moitas aras atopadas e que se conservan.
Hai
outras dedicadas as Ninfas,
a deusa Nabia,
a Verore, a Berobreo, Ocaelaego e
outros deuses.
Eran ateos
como decía Estrabón?
Os romanos decían que eran ateos, pero
realmente tiñan deuses e de feito rendían culto nas noites
de plenilunio bailando en círculos . Tiñan varios deuses,
seguindo unhas funcións determinadas: primeiro os encargados
de velar polo mundo, logo os da guerra e o vigor físico e
por último os relacionados coa reprodución e a abundancia.
Así no primeiro grupo estaban os deuses da montaña como Ladico,
Larouco, Tilenus, tamén Nabia entre outros;
deuses da guerra como o deus Coso e Reve. Tamén os
deuses da auga como a deusa Nabia, que tamén era
protectora da comunidade, e quizais Veroca e Bandua. Tamén
os deuses dos camiños os Lares Viales.
Cómo
enterraban os mortos?
Non
enterraban os mortos, pero fálase dunha incineración dos
corpos. O certo é que da cultura castrexa non se coñecen
necrópoles nin enterramentos, nin tampoco siñalización das
tumbas. Suponse que o ritual era a incineración.
 |
 |
 |
 |
Triscel. Museo do
Castro de Sta. Tegra. |
Roseta de idem. |
Guerreiro atopado en
Rubiás (Ourense). |
Torque, Burela
(Lugo) |
Eran
artesanos só ou tamén artistas?
A
arte castrexa é moi rica: apareceron restos de vasixas, doas,
ánforas. vasos, todo tipo de decoracións, figuras
masculinas, femininas, guerreiros, aras, figuras sedentes,
triscels, rosetas, esvásticas e moitas xoias (tanto en ouro
como en prata) como diademas, arracadas, torques, e un longo
etc. que demostran que a cultura castrexa estaba xa a moita
altura. Tamén fan ver que dentro da sociedade castrexa,
dalgunha forma xa había determinadas clases sociais,
seguramente como hoxe según o seu poder adquisitivo.
------o------
Bibliografía deste
traballo:
A Gran historia de
Galicia. Tomos I a IV. José Manuel
Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.
Museo
Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Museo
Prehistorico de Vilalba.
Historia
de Galicia. Link de Julio Anta
Traballos de Juan Manuel González Carballo. (O
Castro de Cabeceiros).
Volver ao principio
Sair a web de O
Incio
Fontes dos datos:
(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y
Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

Por certo esta é a
ficha de Luís
López Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.
(2) Internet. Wikipedia e datos conseguidos polo que
escribe preguntando a xente do lugar.

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado
por Xeogal baixo a dirección de Fco. Javier Río Barja. 2009.
O dicionario ten 28 tomos.
Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.
(4) "As mámoas de Rañalonga", dentro dun Proxecto
Interdisciplinar no I.E.S. Castelao de Vigo. Libro que recomendo. editado pola
Deputación da Coruña.
(5)
A Gran historia de Galicia. Tomos I a IV. José Manuel Caamaño
Gesto. La Voz de Galicia.
Volver ao principio
|