Petroglifo: Pena da Ferradura
ou Penedo da  Ferradura
 
 
Este mapa-esquema é de Carlos Rueda Rguez. As coordenadas para mín máis axustadas son:
 
Das dúas referencias penso que é a primeira:
 
Long. 42.676154 ,    Lat.   -7.423864
 
Comprobarei nunha próxima visita.
 
Na seguinte imaxen do Google Earth vedes onde sae perfectamente

Decir que este Petroglifo está xa indicado na Historia do Incio no libro  de Luís López Pombo, escrito no 2003, ver bibliografía (1).  Pón exactamente:

"...Penedo de Ferradura (parroquia de Vilasouto) muy cerca del pueblo de Viloira, en el Agro Trasmonte, existen nueve rocas en las que se grabaron cazoletas y herraduras..."

Observar que onde se baixa é xustamente na estrada que vai a Viloira. O camiño en agosto de 2023 estaba impraticable, cheo de maleza, xestas e toxos. Unha mágoa. Volveremos outro días. Dende a estrada hai como  400 m. de baixada. Pero haberá que levar un "fouciño"...

Probei posteriormente a 180 m do anterior e baixei directamente ata o lugar. Logo trátase de baixar 530 m e xa se chega os petroglifos.

 
 

Este mapa de Google Earth indico como pode chegarse un ata ese petrogrifo indo pola estrada dende Calvos ao cruce  de Bermún e logo a 180 m de cruce de Viloira. Baixar polo camiño 530 m. como indica o mapa.

Esta a 574 m.s.n.m.

Realmente dende Calvos hai 1 km en liña recta e 2,5 km. polos camiños. Pola estrada dando un paseo son 3,350 km.
Tamén está preto de Viloira, a 1,2 km.
 
Dende Vilasouto indo polo camiño que sae no Barreal hai 2,86 km.
 
Estuven na zona e xustamente vendo os petroglifos. Precisamente o día 22/08/2023. Decir que a maleza é complementamente distinta estos días choveu algo e estaban malos de ver algunhos deles.
Irei pondo algunhas fotografías pero non descarto volver e facelas mellor,
De momento seguirei poñendo as de Carlos Rueda (xoio 4 fotos xa que inda non teño o seu permiso), que son moi boas,  e poñendo ao final as miñas.
 
Link con fotos. Carlos Rueda Rguez.
 
Fotografías sacadas do Facebook de internet de Carlos Rueda.
¡Moi boas por certo!
 
 

Fotografía de Carlos Rueda Rguez.  Doulle gracias a Carlos Rueda, polas fotografías e a David Mourelo, por poñerse a andar ó ver os petroglifos. Unha marabillosa información. As fotografías están tamén moi ben feitas, e nun momento de esplendor das carrascas, queiruas ou queiroas, Calluna vulgaris, en castelán brezos.

O seu link podedes ir pulsando neste texto: Link con fotos. Trátase do seu Facebook.

 
 
Outra das rochas con cazoletas, ferraduras, animais, punta de lanza e outros elementos.
 
As cazoletas chámanse en galego coviñas e así as llamarei dende agora.
 
 

Nesta rocha hai coviñas e un dibuxo como pode verse. O dibuxo non sei o que representa. Haberá que preguntarlle a Xabier Moure, que é un historiador especialista nestos temas, e ademais conoce seguramente o lugar. Deixolle o meu email por si me quere escribir e decir de que vai este dibuxo.

 
Claramente este dibuxo é unha ferradura.
 
 

Carlos Rueda ten máis fotografías pero gustaríame que me autorizara a poñelas neste lugar. De momento xa puxen catro. Eu tamén son fotógrafo afecionado dende fai moito e gústame que as cousas se referencien como debe ser. Así que xa sabe, estou as súas ordes.

Estas son algunhas das fotografías que sacamos ese día 22/08/2023 :

 

A baixada é por este camiño, non hai polo tanto problema. É unha baixa de 530 m. Eso si pronunciada. Foto de Secundino Lorenzo.

 

Este é o lugar sin dúbida. Xa digo as carqueixas e toxos estaban un pouco altas pero o lugar é correcto. Observar a dereita unha pedra con coviñas. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Coviñas e unha ferradura. Son os dibuxos que aparecen nestas rochas. Foto de Secundino Lorenzo.

 

Ferraduras,  coviñas, paletas, animais nestos petroglifos.

 Moita maleza por riba das rochas.

Faltounos limpar un pouco a rocha, este é o petroglifo principal polas coviñas, as ferraduras e unha das armas.

Volveremos sin dúbida.

Foto de Secundino Lorenzo.

 

 

Pensamos que esto podería ser unha mamoa, haberá que analizalo. O lugar está un pouco alterado pero por baixo desta rocha había espacio. Creemos que faltan ortostatos e que caeu o teito da mámoa. Moi curioso o lugar. Xusto onde están os petroglifos.

Seica neste lugar anduveron, non sei facendo que cousas, cunha excavadora. Haberá que saber máis sobre este feito.

 

 

Siguen as ferraduras.

 

Sin dúbida estos son os Petroglifos de A Ferradura en Calvos (Vilasouto).

Fotografías de  Secundino Lorenzo.

 

De volta poñéndose o sol nunha tarde tormentosa de agosto.

32º moita calor e pouco tempo.

Estuvemos un rato para ver si se vía o raio verde,

pero esta vez tampouco foi...

Si non sabedes o que é o "raio verde" da posta de sol consultar este artigo do que escribe, nesta misma páxina web no apartado de Tempo atmosférico e efectos, merece a pena. Levamos anos buscando ese famoso raio, si o atopades mandai fotos.

A estrada que se ve a dereita é a que leva a Viloira. Dese lugar parte un camiño que tamén leva ata os petroglifos, pero está moio cuberto de maleza.

Os  días xa son máis cortos a finais de agosto. Foto de Secundino Lorenzo.

 

Volveremos para facer máis fotografías.

 

Comentario que recollo de Internet e outros traballos:

 

Hai un artigo en internet na web Historia de Galicia moi interesante, que firma Xabier Moure, ver (2), e  que investiga por exemplo o dibuxo das ferraduras que aparecen nos petroglifos tanto de Vilasoto, no Agro do Pepe, como neste que estamos tratando da Pena da Ferradura e outros.  Según este artigo opinan que as persoas maiores non asocian as ferraduras a límites de terreos, máis ben fanno asociando a manantiais. Parece que hai estudios onde é correcta esta asociación.

O artigo que leva o título "O Misterio das gravaduras de ferraduras descubertas no Incio e a lenda do cabalo de Santiago" podedes leelo completo neste link.

En canto o cabalo de Santiago, do que fala o artigo, do que logo quedou a ferradura na rocha, o saltar Santiago Apostol e destrozar a medio exercito mouro,   decir que ven sendo parecida a Lenda de San Mamede saltanto o río o escapar dos nobles, xa que San Mamede non cumplirá como debera, o encargo de coidar das súas mulleres...lenda que podedes ver nesta misma páxina web, no apartado dedicado a o Incio e no apartado lendas. Son eso... lendas...

O das coviñas ou cazolas ten moitos significados:

As  hipótesis existentes sobre a funcionalidade das coviñas son múltiples, entre elas​

  • colectores para ofrendas,

  • receptáculos de libacións ou de sacrificios,

  • símbolos de carácter sexual femenino,

  • cartografías, de constelacións e terrestres,

  • marcadores de espacios sagrados, de camiños migratorios, de locais  con alto valor máxico e propiciatorio,

  • ligadas a cultos litolátricos, acuáticos, destinados a promover ou a incrementar a fertilidade, particularmente a feminina,

  • tableiros para xogos,

  • marcadores de operacións pre-numéricas.

En xeral nos petroglifos en Galicia aparecen estas figuras que vou a poñer a continuación, é certo que por Calvos e Vilasouto os que máis aparecen son as ferraduras e as coviñas ou cazolas, pero resulta interesante poñer estas referencias:

Fonte bibliografía (3).

A última fila foi un engadido meu con tres figuras que aparecen nos petroglifos de Calvos e Vilasouto, a 16 unha especie de paleta ou parecido, vese na Pena da Ferradura, por riba de Calvos; a ferradura, a 17, está tamén en Vilasouto no Agro do Pepe e por último a figura antropomorfa, que pode ser unha divinidade feminina, ao parecer,  e que figura no petroglifo de Vilasouto.

Estou, por suposto aberto a moficacións e ampliacións deste catálogo de figuras.

Resumo moito o texto que dedica José Manuel Caamaño  Gesto no libro que indico na bibliografía como (3):

En canto o significado de moitas destas figuras hai opinións e moitas pero en xeral, están moi relacionados coa caza e tamén co enfrentamentos entre tribus, moitos puñais, espadas de todos os tamaños, escudos e todo tipo de armas que indican que non eran persoas vulgares, senón perxonases de alto prestixio social. A caza non é un acto cotián e os cazadores e xinetes que aparecen tamén están magnificados e sacralizados. Por suposto é unha hipótesis bastante extendida xa que tanta espada, algunhas enormes, puñais, alabardas e outras cousas non son do pueblo chan.

Outra cousa son o significados dos dibuxos xeométricos, laberintos, espirais, combinacións xeométricas, etc. seguramente sexan reflexo de rituais simbólicos e relixiosos de algunhas minorías.

Para este historiador José Manuel Caamaño "...os gravados rupestres galaicos non son unha simple representación estética, senón que neles latexa un forte compoñente ideolóxico..."

Moitas investigacións  consideran que estos gravados rupestres eran marcadores territoriais para as comunidades da idade do Bronce.

 

 
É de agradecer; o malo é que non fan nin caso...
O Concello de O Incio e outros concellos,
teñen que porse as pilas xa, nesto e noutras moitas cousas.
O do Agro do Pepe en Vilasouto está da man de Deus...
Tamén...
 
 
 
 

Fontes dos datos:

(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

 

(2) Por certo Xabier Moure é un historiador, especialista en arqueoloxía,  con moitísimos traballos as costas. Non atopei en internet unha ficha completa deste home pero si cantidade de cousas, investigacións, traballos, etc.

Topei esta bonita fotografía en internet. Seguro que tamén é un amante dos nosos ríos...

O río é probable que sexa o Antigua, sóname este cachón ou presa.

 

Pulsando tendes a súa páxina.

Por certo un gran descubrimento para mín...

 

(3) A Gran historia de Galicia. Tomos I a IV. José Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

 

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.