Aulas C.E.I.P. Ricardo Gasset de O Incio
Sensacional idea cos nomes.
Os datos que siguen están sacados da
fonte posta na bibliografía número (2),
ou sexa de internet.
A noticia foi a seguinte:
"O CEIP Ricardo Gasset de O Incio
levou a cabo unha iniciativa singular con motivo da celebración do Día
Internacional da Muller: bautizar os espazos do centro cos nomes de
mulleres de referencia da zona.
Alumnado e profesorado elixiron a varias mulleres, todas nacidas no
Incio ou con algunha estreita relación co municipio, para dedicarlles
diferentes espazos do colexio, como as aulas, o salón de actos, o
pavillón ou a biblioteca.
As mulleres elixidas, e que agora dan nome aos locais do colexio, foron
a cantante Lucía Pérez, a directora de teatro Tareixa Campo, a
vicerreitora do Campus de Lugo, Montse Valcárcel -as tres nacidas no
municipio-, a investigadora. Susana Rodríguez, a xornalista Julia Otero,
a escritora Olga Novo e a deportista Saleta Fernández, que deron nome ao
pavillón polideportivo do centro.
Ademais de colocar carteles de nome en cada lugar, os estudosos do Incio
recibiron información sobre as súas vidas e logros.
Dende a dirección do CEIP Ricardo Gasset xa están a contactar cos novos
protagonistas do centro “por se queren dirixirse aos nenos e nenas e
trasladarlles unha mensaxe”..
Eso foi o que fuxeron no CEIP Ricardo
Gasset de O Incio. no día Internanacional da Muller" unha idea moi
bonita.
Está páxina web dedicada a Calvos, a
Vilasouto e polo tanto O Incio quere felicitar os profesores do centro e
darlle a máis cordial noraboa pola iniciativa.
Esto pasou en marzo do 2021.
Aproveito para indicar as mulleres
elexidas para nomear esas aulas do CEIP:
Lucía Pérez, cantante.
Tareixa Campo, directora de
teatro.
Montse Valcárcel, vicerreitora
do Campus de Lugo.
Susana Rodriguez,
investigadora.
Julia Otero xornalista
Olga novo, escritora.
e
Saleta Fernández, deportista
Creo que é lóxico que pasemos revista
e poña un resumen de quén son estas mulleres, e qué teñen que ver con O
Incio?
---o---

Lucia Pérez.
Lucia Pérez Vízcaino
naceu en Goó, O Incio (Lugo) o 05/06/1985, estudiou Maxisterio Musical
na Universidade de Oviedo. Cantante galega que representou a España no
Festival da canción de Eurovisión no ano 2011. A súa carreira está chea
de éxitos e actualmente ten publicados máis de sete albúms.
Ver o seu
historial neste link.
---o---
Tereixa Campo.
María Teresa Campo Dominguez,
máis coñecida como Tareixa Campo, nado o 24/08/1946 no Incio, en
Val do Campo, é unha actriz e directora de teatro galega. É diplomada en
maxisterio e exerceu a docencia na cidade de Lugo. Entre outras cousas
foi a cofundadora da asociación de Profesores de teatro "Barriga verde"
e é membro fundador do grupo teatral Achádego.
Ver o seu
historial neste link.
---o---
Montse Valcárcel
Montserrat Valcárcel Armesto,
nado no Incio, en 1971, doutora en Enxeñería Agrónoma
é profesora titular de Universidade no Departamento de Inxenería
Agroforestal. Actualmente é a Vicerrectora de Coordinación do Campos
de Lugo e Coordinadora do Campus Terra. A súa actividade está
centrada na xestión da auga, e investigadora dentro do grupo de
Hidráulica e Hidroloxía.
Ver outros
datos neste link.
---o---

Susana Rodriguez, investigadora.
Susana Rodriguez González,
nado en Sober, 25 marzo 1968, e doutora
neuróloga, especialista en Medicina Física e Rehabilitación
e investigadora abarcando campos como a rehabilitación do Ictus e o
uso das tecnoloxías e a realidade virtual tras os accidentes
cerebrovasculares. Tamén traballa como tutora de profesores e
profesora asociada de fisiopatoloxía neurolóxica do grado de
fisioterapia da Universidade de Barcelona.
Ver outros
datos neste link, que mostra onde traballa.
---o---

Julia Otero.
Julia María Otero Pérez,
máis coñecida como Julia Otero, , nado en
Penela (Monforte de Lemos), o 6 de maio de 1959, periodista española
en onda cero. Presentadora de radio e televisión española. Cando
tiña tres anos trasladouse a vivir a Barcelona coa súa familia,
donde estudiou Filoloxía Hispánica. Xa dendo o primeiro ano de
carreira comenzou a traballar en Radio Sabadell, logo pasou a Radio
Miramar, onde dirixiu un informativo matinal. Despois da súa
licenciatura acumula un dilatadísimo curriculo cheo de éxitos
e premios de recoñecemento, ata hoxe, onde sigue triunfando en todo
ó que fai.
Ver outros
datos neste link.
---o---

Olga novo, escritora.
Olga novo, nado
en Vilarmao, Puebla de Brollón (Lugo), o 29 de xaneiro de
1975, é unha poeta ensaista e doctora en filoloxía Galega pola
Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é pintora .
Galardonada co Premio da Critica de Poesía Galega 2011, así
como co premio Nacional de Poesía no ano 2020. Ten un dilatado
traballo que pasa por poemarios, traballos colectivos en distintas
revistas, distintos libros de análisis e ensaios e participacións en
congresos.
Ver outros
datos neste link.
---o---

Saleta Fernández
Saleta Fernández López,
nado en Monforte de Lemos, o 15 de xullo 1997, é unha
atleta española especializada en salto de altura. Na actualidade ten
o record galego de altura en 1,90 m. O 7 de xullo de 2018 ganou a
medalla de ouro no Campeonato de España de Atletismo Sub-23
celebrado en Soria. O 31 de agosto de 2019 ganou a medallka de Ouro
no Campeonato de España de Atletismo celebrado en La Nucia
(Alicante). Hoxe compite con club Valencia Esports. Actualmente esta
cursando na Universidade de Cantabria mercadotecnia, publicidade e
relacións públicas.
Ver outros
datos
neste link.
---o---
Fontes dos datos:
(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y
Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

Por certo esta é a
ficha de Luís
López Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.
(2) Internet. Wikipedia e datos conseguidos polo que
escribe preguntando a xente do lugar.

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado
por Xeogal baixo a dirección de Fco. Javier Río Barja. 2009.
O dicionario ten 28 tomos.
Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.
(4)Galicia: terma bimilenaria. De Maria G. Souto
Figueroa

(5)
Estudio Cultural. Bóveda, Pobre de Brollón,
Quiroga, Ribas do Sil, Samos, O Incio e Folgoso do Caurel

Leader II
Asociación grupo local de desenvolvemento río Lor.
Autores: Mª Jesús Blanco Glez.
Ramón Vila Anca
Rosa Mª Vázquez Moscoso e
Miguel O ´Shea Buerba.
Ano 2000
Volver.
|