O Incio-Lugo
 

Vilasouto, un pueblo da freguesía de San Mamede de Vilasouto, no Incio, en Lugo. Galicia (España).

 
 
 
 

San Mamede de Vilasouto é unha  feligrexía ou parroquia de O Incio, que a súa vez está en Lugo, Galicia, España. Pertence á comarca de Sarria.

Coordenadas de Vilasouto, tomadas na porta de fora da igrexa nova:
 
Dou lat. e long. para poder facer un copia e pega en Google Earth.
 
42.667051º  ,  -7.424956º
 

Neste mapa vese de amarelo  a freguesía ou parroquia de San Mamede de Vilasouto.

No ano 2020 a parroquia tiña  tiña 46 habitantes e o pueblo de Vilasouto  28.

Por certo freguesía a que pertence actualmente os lugares de Calvos, O Barreal, Belesar, A Illeira e Outeiro. Desapareceron asolagados polo encoro de Vilasouto outros lugares, como Vilanova e Ferrería.

O Incio ten vinteoito freguesías ou parroquias. San Mamede é unha delas.

 

 

 

 

 

 

 
Coordenadas de Vilasouto, tomada na porta de fora da igrexa nova:
 
Dou lat. e long. para poder facer un copia e pega en Google Earth.
 
42.667051º  ,  -7.424956º
 
475 m.s.n.m.
 
Situación da Freguesía de Vilasouto en Google Earth.
Aquí vense os lugares que comprende a Freguesía de Vilasouto :  Calvos, A Illeira, O Barreal, Outeiro e Belesar.
En Calvos puxen os barrios que comprende.
Fotografía de Google Earth.
 
Mapa de San Mamede de Vilasouto tomada do Instituto Xeográfico Nacional de España.
 
 
 

Vou poñer un mapa que para min é unha auténtica ledicia que me axuda a entender como era Vilasouto sin o encoro. O mapa é  1947, que remato de conseguir  no Servicio Regional de Galicia-La Casa del Mapa-A Coruña.

Unha mágoa que o ser de Monforte de Lemos , Vilasouto quedou nun extremo, pero vouno poñer xa que nos axuda a entender como era o lugar onde hoxe está o encoro e poder así comparar con outros mapas, sobre todo o do voó americano de 1957. Este é anterior:

O mapa é de escala 1/50000. e por suposto ten un peso grande para internet, por eso poño un trociño.

O mapa é, de tódolos xeitos,  unha xoia xa que permite ver como era o río Mao na zona de Vilasouto, onde estaba Vilanova; detalles como que en 1947 había un batán moi preto de onde hoxe está a igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto e tamén aparece Belesar.

Por certo aquí tamén aparece a escola de Vilasouto e entender por que quedou asolagada.

En fin. para mín unha xoia de mapa. é unha pena xa que o ser de Monforte de Lemos trae  a nosa zona no extremo de arriba. Unha mágoa.

Sinto que non  aparece Calvos, sería o mapa 124 xa que este é o de abaixo da serie o 156.

Sigo con mapas:

 
 
 
 
 
Tendes un video extraordinario de Andoni Carreira, sobre Vilasouto, neste link:

Aquí hai un video extraordinario, de Andoni Carrera,  dende dron,  de Vilasouto, tamén aparece Calvos e moitas fotografías da zona.

Outro video único de Vilasouto nevado. Outra marabilla de Andoni Carreira, o que lle dou as gracias e o felicito polo seo traballo.

Andoni mandoume unhas fotografías de Vilasouto que poño a continuación:

Fonte de Vilasouto. Andoni Carrera.

Encoro de Vilasouto e casas de Outeiro en Vilasouto. Andoni Carrera.

 

 

Mapas especiais de 1943

 

Finalmente conseguín na Coruña, no centro de Mapas, un mapa da nosa zona que é unha auténtica xoia. Trátase dun mapa da Dirección Xeral do Instituto Geográfico e Catastral nada menos que do ano 1943-44, sencillamente marabilloso, porei un trociño do mapa, xa que ocupa moitísimo:

 Trociño dun mapa de 1943-1945  da "Dirección general Instituto Geográfico y Catastral  Trabajos topográficos de la provincia de Lugo". Escala 1:25000 . Zona 3º firmado en Madrid o 19 de marzo de 1944.  O mapa está firmado por un topógrafo e varios inxeneiros. A superficie está calculada con planímetro "Reiss". O mapa é un trociño. Realmente ten unha dimensión en pixeles de 6176x4547 e ocupa dicxitalmente 7,47 Mb. Moito mapa para poñelo nunha web, pero que sepades que existe.

Este mapa confirma moitas cousas das afirmadas anteriormente. Vexo que ten algúnha diferencia con "Villasoto" que o pon tres veces, Villasoto(1) que é a parroquia,  esta escrito no lugar onde está a igrexa antiga de San Mamede de Visouto;  chama Villasoto a unhas casas entre  Illeira e Barrial e finalmente pon Villasoto onde hoxe é un barrio de Calvos que se chama A Lama. Seguramente teña explicación estos nomes.

Agradecer ao servicio estatal de mapas da Coruña pola amabilidade e o trato que me deron solicitanto mapas antiguos do municipio de O Incio.

Déronme varios mapas pero este é o máis interesante, o que non trae é Santa Cruz do Incio, unha mágoa.

 

Mapa comnparativo de Vilasouto voó americano e hoxe

 

Ver que foi o voó americano nesta misma páxina web.

 

Volver a menú

 

 
--0--
 
 

 

 
 

A freguexía de San Mamede de Vilasouto está enclavada no Incio e ten unha extensión de 7.5 km/2 . Está formado como xa está dito por tres pueblos: Vilasouto, Calvos e Belesar.

O topónimo Vilasouto  está bastante claro, pero aportamos o dato de que nun documento do ano 982 recopilado no libro Becerro de Samos se denomina "villa sauto", derivado da voz latina villa e dos "saoutos" , soutos, ou castañais. O final o que queda é que Vilasouto equivale a villa de soutos ou villa de castañais. Unha gozada da natureza...

Efectivamente en Vilasouto hai uns soutos marabillosos, un pouco máis abaixo tendes unha fotografía e na páxina porei uns cantos. Os soutos de Vilasouto, aparte de dar unhas castañas incribles de boas,  son unha despensa tamén fora de serie de cogumelos, pero desto tratarei noutro apartado da páxina. A micoloxía é unha das miñas afecións dende fai moitos anos.

Volver a menú

 

 

 

 

Demografía:

Habitantes na parroquia. Datos da wikipedia.

 

Gráfica de evolución demográfica de Vilasouto (parroquia) entre 2000 y 2020

Datos según el nomenclátor publicado por el INE.

 

Nota importante:

No diccionario de Sebastián Miñano, ano 1820,  a Parroquia de Vilasouto tiña 100 veciños.

Según o Diccionario de Pascual Madoz, ano 1850, a Parroquia tiña 78 veciños.

Según o Catastro de Ensenada do ano 1750 deduzco que os veciños da Parroquia de Vilasouto pasaban de 100 toda vez que está recollido o dato  "Casas: hay en esta feligresía 74 casas habitables y 14 deshabitadas", ver os datos da entrevista feitos no catastro de Ensenada.

 

 

Habitantes do pueblo de Vilasouto

Aldea

Gráfica de evolución demográfica de Vilasouto (aldea) entre 2000 y 2020

 

Volver a menú

 

 

 

Xeografía e hidrografía:

 

En 1996 tiña 94 habitantes que pasaron a ser 79 no 2006 (por certo 33 homes e 46 mulleres). Os últimos datos que coñezo son do ano 2017 e son 48  habitantes.

Os seus límites figura no mapa anterior.

A súa formación xeolóxica resúmese en catro tipos diferenciados de formacións rocosas:

a/ Unha maior parte de esquistos con alternancias de pizarras, ou filitas e cuarcitas. Corresponden o silúrico.

b/ Outras aparecen cuarcitas e pizarras alternándose. Propias doutro período. Cámbrico medio.

c/ O mesmo pero doutro período neste caso o Cuaternario. Ordovícico inferior.

d/A menor de todas que son aluvióna e coluvións que son propias do Cuaternario.

 

Os montes son de escasa importancia e destacan  A Serra de Trasmonte (583 m.), A Medorra, Agro de Sta. Cruz, As Veigas (543 m), o monte Agudo (539 m) Pereiro e O Alto pero xa son cotas inferiores.

O río principal é o Mao que en Vilasouto figura embalsado e logo hai pequenos regatos. Co encoro quedaron asolagados os muíños da zona do encoro.

Sensacional lugar de castañas e outros árbores.

O terreno é moi productivo, e hai abondosos árbores frutais e bons soutos de castiñeiros e carballeiras con carballos de gran tamaño. Ver o Catastro do Marqués da Ensenada onde se demostra esta riqueza.

 

Volver a menú

 

 

 

Prehistoria e Historia:

 

Vilasouto xa se menciona no ano 982, no "Corpus medieval" de Samos. Durante a edade Media pertenceu ó Mosteiro de Samos.

Copio literalmente o traballo sencional de Luís López Pombo que cito na bibliografía:

"...Son estas terra sumamente ricas en yacimientos arqueológicos, algunos con más de cinco mil años de antiguedad, pues los primeros habitantes dejaron aquí su impronta cultural como es la estación de petroglifos de "Agro do Pepe", la cual por circunstancias de un mejor regadío en la comarca monfortina fue necesario hacer la presa de Vilasouto, y sus aguas mantienen anegadosd la mayor parte del año estas importantes muestras de Cultura Rupestre, no obstante no es la única manifestación cultural de aquellas lejanas centurias, sino que han llegado a nosostros otras muestras de la misma, en este caso en el lugar denominado  "trasmonte en O Penedo da Ferradura", quedan un nutrido grupo de grabados y cazoletas que obedecen al mismo período histórico.

Los habitantes de los castros no estuvieron ausentes en esta zona y de los mismos restan un buen número de yacimientos castrexos, algunos relativamente bien conservados, otros en peor estado y la mayoría de los mismos fueron romanizados, es este el caso de Belesar, cuya acrópolis mide 70x42 cm.

Con la caída del imperio romano en el año 476 surge aquí un largo período de más de quinientos años en que apenas sabemos nada de quienes habitaron la actual feligresía, quienes eran, de donde procedían, hasta que en el 982 aparece la primera referencia documental recogida en el libro Becerro de Samos y en el 1075 era dueño del lugar de Vilasouto, Dª Ermesenda que había heredado de sus padres los Condes Nuño Nuñezy Onega Peláez estas posesiones, dejadas en donación a los monjes de Samos, si bien treinta y dos años despues vuelven a ser tierras objeto de otra nueva donación a dicho cenobio, por parte de Ermesenda Rodríguez, cuyas posesiones llegaron a recaer en los condes de Lemos de quienes dependieron sus habitantes hasta bien entrado el siglo XIX, en que pasaron a formar parte del incipiente municipio de Rendar..."

Hasta aquí el resumen de la historia. Historia que es también la de Calvos y la de Belesar.

 

Volver a menú

 

 

 

---o---

 

Búsqueda de datos: Outras fontes.

 

Ata aquí o resume da historia, contada por Luís López Pombo . Historia que é tamén é a de Calvos e a de Belesar, así como os pueblos que quedaron debaixo do encoro de Vilasouto.

Si queredes profundizar tanto na historia de Calvos, como na de Belear ou Vilasouto, tendes unha historia moito máis completa na ficha de O Incio desta web, onde Luis López Pombo ten un estudio resumido pero moi ben feito e que escribín completo.

Para investigar máis tendes dúas xoias: en primeiro lugar o Catastro do Marqués de Ensenada, feito entre 1750 e 1754, moi interesante xa que fala de onde se vivía, cómo, qué se cultivaba e moitas máis cousas. Sabedes que o catastro físoxe con entrevistas baixo xuramento a membros dos pueblos principais.

En segundo lugar tendes outra xoia, probablemente en Lugo na Diócesis de Lugo onde se gardarán os Libros Parroquiais. Son básicos e digo esto  xa que eu os teño utilizado, doutro pueblo, e non é dificil a partir deles facer árbores xenealóxicos e un longo etc. Basta partit dun acta de bautizo para tirar para atrás o que se queira. Neste caso ata o século XVIII.

Poño unha referencia dos libros parroquiais de San Mamede de Vilasouto, unha auténtica xoia:

 

Nova igrexa de Vilasouto

 

Libros Parroquiais de San Mamede de Vilasouto

 

Estos son os libros parroquiais que existen actualmente. Nótese que hai libros dende 1714, polo tanto é moi doado facer investigacións, aparte hai libros de todo: nacementos, bautizos, matrimonios, defuncións e outros.

Así que xa sabedes:  si queredes investigar de onde se ven, pedir certificados de bautismo e tirar para atrás que é moi fácil. No bautismo xa veñen os pais e os testigos. Logo pedir as dos pais e así sucesivamente. En Calvos pode resultar moi curioso dende logo…

O problema é onde están esos libros e como se ten acceso.

Investigarei: O lóxico é que estén en Lugo na Archidiócesis. Non creo que estén na igrexa en Vilasouto.

Ollo poño estos datos de onde chamar ou dirixirse, Diócesis de Lugo:

Tfno para enterarse: 982 231143

Email para llamar e ver que pasa: diocesisdelugo@diocesisdelugo.org

 

Sei que hai xente en Calvos que lle gustaría facer esa investigación, que sepa este camiño que ademais da resultado, eu fíxeno cun pobo Alberguería (A Veiga- Ourense), que quedou debaixo dun encoro en 1958 e conseguín cousas incribles. De feito teño unha web https://www.albergueria.es  coa historia dese pueblo. Lembro por exemplo que gracias o derradeiro bautismo conseguín a madriña de un amigo e fíxolle este amigo unha visita en Arxentina, incrible dato. Alí conocéronse e hoxe disfrutan deso. ¡Marabilloso entre outras cousas!.

Xa sei onde están os archivos de Vilasouto:

Aquí tendes o comenzo da investigación.

Pulsando no link de archivo da parroquia de San Mamede de Vilasouto:

Aqui teneis digitalizados los de Lugo.

Aquí teneis unha web dedicada a este tema. Aquí explican como debemos hacer.

En calquera caso podedes ir directamente e preguntar no teléfono 982231143 ou    982231143.

 

Volver a menú

 

 

 

 

O encoro de Vilasouto:

 

Encoro de Vilasouto. Presa.

 

 

Mapa dibuxo do encoro de Vilasouto

 

encoro de Vilasouto está situado no concello de O Incio, e afecta as parroquias de  Vilasouto, Eirexalva, Goó e Rendar, todos do concello de O Incio, comarca de Sarria, provincia de Lugo. O encoro está construido  sobre o leito do río Mao.

O encoro ten unha capacidade de 20,45 Hm3 e ocupa 113 Ha. Acada unha disposición de rego de 6000 m3/Ha.

As súas dimensións cheo é de 2,7  km. de longo por 1,7 km. de ancho máximo.

Ten unha lonxitude de coronación de 335,50 m.  e unha altura de 59 m. A presa está a poucos metros das casas do lugar de Outeiro en Vilasouto, 448 m.. Tamén queda  a 615 m. da igrexa nova de San Mamede de Vilasouto, e 589 m. da vella igrexa. Son datos curiosos.

As augas do encoro de Vilasouto están entre as parroquias de Vilasouto, Goó e Eirexalva. Forma parte da conca do río Mao.

Foi construído en 1969 e o seu labor era abastecer de auga de regadío ao Val de Lemos e abastecer de auga as poboacións. Os canais que foron construidos para regar Bóveda, Monforte e Sober tiñan 78500 m. así como 147000 m.  de  pequenos canais de rego.

 

Encoro de Vilasouto entrada na parroquia de Eirexalva.

 

O encoro anegou partes dos lugares de Vilasouto, como algo do Barrial e Outeiro,  lugares como Vilanova e Herrería, tamén as ruínas do Batán e anegou a escola do pueblo.

Mapa da presa do encoro de Vilasouto. Google Earth.

 

As súas coordenadas:  42.661171    ,   -7.423959

 

O encoro está a 464 m.s.n.m.

O redor do encoro pola parte de Vilasouto hai todo un recorrido de plantación de árbores e arbustos de ribeira, feito con moito gusto, entre a presa e a antiga igrexa de San Mamede. Nese lugar hai mesas, asentos e elementos para facer a brasa un bon churrasco, por exemplo.

 

Deixa,  cando está cheo,  anegado o Petroglifo do Agro do Pepe.

 

Nesta mapa de 1943 pode verse ou intuir ó que anegou. É curioso que no lugar de A Lama, en Calvos,  pón Villasoto. A presa fixéronna por riba da ponte do camiño que sae de Vilasouto, pasando por Outeiro e que cruza máis abaixo o río Mao, antes de chegar a central eléctrica (ver mapa).

 

 

Vista dende o cemiterio da igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto.

Nota: as fotografías nas que non figura o autor son do que escribe a web.

 

Tamén foi o motivo, cousa que non entendo, para facer unha igrexa nova en Vilasouto e non usar a de San Mamede de Vilasouto, que actualmente estase a repoñer xa que estaba media destruida.

Detrás da igrexa está actualmente o cimeterio da parroquia.

 

Atardecer no encoro do Mao.

 

Actualmente toman a auga deste encoro, entre outros,  os pueblos de Bóveda e Laiosa .

Así estaba o encoro de Vilasouto o 19/05/2023.

 

Vista xeral ese mismo día 19/05/2023.

 

Ver o embalse en tempo real.

 

 

Pulsando no link temos os datos actuais.

 

 

 

Recorrido con Dron do encoro. Firma Lemosdrone. P. Guitián

 

Si queredes podedes visitar este encoro gracias a  google maps.

 

Volver a menú

 

 

 

Arquitectura popular:

Copio do libro de Luís López:

"...A pesar de los avances en el campo de la construccion donde las viejas viviendas van siendo sustituidas por modernas casas tipo chalet, todavía es posible hallar aquí encantadoras cosas de labranza que conservan en buena medida su primitiva estructura y forma , donde la pizarra y el barro se conjugan en una perfecta simbiosis  y complementando todo ello con madera: uno puede admirar esas sencillas pero cómodas moradas donde no falta el "corral" o patio descubierto, o las "solanas! con salientes aleros, formando por techumbre de buenas piezas de pizarra, soportadas por las viejas vigas de castallo. Qué lastima tan grande el que poco a poco se vaya perdiendo ese patrimonio etnográfico verdadero legado de nuestros antepasados..."

Recén retocada a fachada, ano 2023,  segúindo a patrimonio: fachadas das de antes, ventás de madeira, pizarra no tellado, un exemplo do que di  Luis López no artigo anterior. Casa Bica en Calvos. Fot. Secundino Lorenzo.

 

Outra casa típica de Lugo. Fotografía de Sergio López.

 

 

Volver a menú

 

 

 

 

Patrimonio de Vilasouto:

 

Casa Palacio de Calvos.

Vilasouto ten moito que ver aparte das dúas igrexas, hai edificacións civis como a casa Palacio de Calvos,  ou a casa Grande  de Belesar.  Foto Luís López. Esta casa, o Palacio de Calvos,  ten unha amplia historia no apartado do pueblo de Calvos.

Casa grande de Belesar.

Sobre a casa Grande tendes un bon traballo de Luís López Pombo publicado en internet, este é o link.

Tamén moi preto, a carón da antigua igrexa está o petroglifo del Agro do Pepe. Foto Luís López.

Ten tamén dous petroglifos moi importantes, tanto que teñen unha ficha aparte nesta web:

Son os petroglifos de Agro do Pepe,  situado a 1 km. de Vilasouto e preto da igrexa antigua, a decir dos entendidos unha auténtica xoia, pero que está a ser maltratado doblemente, unha polo encoro cando sube que ó tapa e anega e outra os vándalos incívicos que se permiten burradas como escribir o nome e a data de visita. Hai xente analfabeta funcional solta, sin dúbida...

Tamén o petroglifo da Pena de Ferradura, situado en Calvos xa preto de Viloira, outra marabilla que non está nin indicado, nin protexido.

Hai tamén unhas mámoas que se chaman Mámoas da Seara de Arriba, que están situadas na Serra de Trasmonte. A Necrópole ten cinco enterramentos e ao parecer, haberá que comprobalo,  está moi afectada polos labores forestais, e seica se perdeu toda a masa tumular. Información sacada deste link.

Engado algúns datos aportados por Toni Corujo, José Antonio Corujo Rguez.,  un veciño e amigo de Vilasouto, que me consta que coñece ben todo ó que rodea a feligresía de San Mamede de Vilasouto. Abro polo tanto unha ficha aparte,  poñendo os datos que me suministrou Toni, que aportou a maiores os datos oficiais destas mámoas que o final llamarei da Cereixiña. Esta é a ficha destas mámoas.

 

 

 

No lugar de Belesar (parroquia Vilasouto),  hai tamén dous castros, un é o Castro da Casa Grande de Belesar,  do que hai referencias, bibliografía punto (4), onde dice "...no ano 1968 preto da casa grande de Belesar, onde se atopou unha escultura dun guerreiro galaico, posiblemente procedente  deste castro...".  Este castro visiteino en maio de 2023, ver esta ficha desta páxina web.

O outro é o Castro de Belesar que está na estrada que vai de Vilasouto a Laiosa, xusto o pasar a ponte, a 350 m,  despois de dar a curva a esquerda.

 

O chamado Castro de Belesar  é moi interesante: "...formado por un só recinto, rodeado por un terraplén que chega a acada-los 5 m. de altura. Na zona SE onde se atopa a entrada, érguese algo de parapeto, aínda que con pouca potencia...". É de forma elíptica e a súa acrópolis ten 70x42 metros.

Indo pola estrada que vai de Vilasouto a Laiosa o pasar a ponte do Rego do Polvoreiro, ven unha recta a curva a esquerda, a 20 metros das señais de Tráfico de 50,  parar e a man esquerda subir o castro, en total 1 km e 150 m, dende a presa.

As súas coordenas aproximadas son  42.653314,  -7.424242

Está 5 m.  a 7 m. máis alto que a estrada, aproximadamente a 462 m.s.n.m. , a estrada está a 457 m.s.n.m.

 

Deixades o coche a man esquerda subindo, e buscades a forma de subir ata o castro que se ve a certa altura. Pasades entre carballos de forma fácil. Nesta fotografía arriba a dereita hai un camiño de entrada ao castro.

Hai unha entrada no SE fácil de ver, subides en perpendicular a estrada e chegades fácil.

 

Unha vez no castro é doado reconocelo xa que é chan e está situado a certa altura con respeto os bordes, en algúns lugares cinco metros.

 

Nesta fotografía vese que a estrada está moito máis baixa. Sobre 5 m. menos.

 

Na zona non hai rastro de casas do castro, pero o lugar está claro.

Outra fotografía do Castro de Belesar.

As fotografías están sacadas en xuño de 07/06/2023

Dar as grazas a Toño de Capón  e a Cristián, de Calvos,  por acompañarme e indicarme o lugar.

 

Penso que o Castro da Casa Grande de Belesar está indicado no  mapa que sigue. Poño o interrogante xa que  non estou seguro.

Posteriormente atopei este mapa que trae situado un Castro, entendo que é o Castro da Casa Grande de Belesar. Podía aparecer dibuxado o Castro de Belesar pero non indica nada.

Xa sabedes: si pensas e sabes que non é correcto escribe o meu email.

Xa fixen a visita aos dous castros, o Castro da Casa Grande de Belesar en maio de 2023.

Un día destos visitarei o Castro de Belesar do que fala tamén o libro da bibliografía (4) no partado dedicado a O Incio e en concreto a Belesar en Vilasouto. Efectivamente visiteino o 07/06/2023.

 

Non moi lonxe temos tamén as  Necrópolis megalíticas, algunha como a de Santa Mariña (declarada BIC) dicen é a mellor de Galicia.

 

 

 

O novo templo parroquial e o vello:

O novo templo de San Mamede de Vilasouto:

Copio do libro de Luís López:

"...Amplia y moderna construcción levantada a consecuencia de haberse hecho la presa que embalsa aguas del río Mao y de un buen número de arroyos que al mismo confluyen.

...Guardando la forma y el estilo más tradicional de los templos rurales que hay en la zona; de nave rectangular... muros en buenas piezas de granito, todo sellado con cemento. El porche abierto en la frontal. La techumbre de pizarra... Del primitivo templo fueron traídas de nuevo algunas tallas realizadas en 1937 por el escultor Lastres y otras se realizaron en 1975..."

 

Esta fotografía, sacada dun cuadro que temos en Calvos, é histórica. Presenta ao cura Párroco de San Mamede de Vilasouto, D. Francisco Corujo Corujo,  1912-1988, tocando as campás. Tratarei de buscar o orixinal. A fotografía é dos anos oitenta, 1982, do século pasado. Non é que sexa gran cousa, pero sei o valor que ten para moita xente de Vilasouto.

Nota: o encoro non afectou para nada a igrexa de San mamede de Vilasouto antiga, o feito de facela  nova non foi consecuencia do encoro. As razóns seguro que foron outras...

 

A antiga Igrexa San Mamede de Vilasouto

Esta igrexa é do século XII, vese unha mezcla de románico e de barroco a parte dereita. Esta igrexa pasouno mal en 1936 onde quedou case en ruína por un incendio. Hoxe esta externamente en boas condicións, non así o interior onde faltan moitísimos elementos e está parte levantada. En 1970 o facer o encoro de Vilasouto aproveitouse e fíxose a anterior, a chamada nova.

Sobre as súas características escribirei noutro apartado, xa que considero a esta igrexa unha auténtica xoia. Na parte de atrás esta o cemiterio de freguesía ou parroquia de Vilasouto.

Esta igrexa. a antiga igrexa de San Mamede de Vilasouto,  ten unha ficha aparte, nesta web,  como corresponde a súa importancia. Tuvo un gran arranxo dos seus muros e do cabildo  e ó máis importante arranxar o tellado, e agora está a esperar un arranxo definitivo no interior. Esperemos que así sexa...

 

Volver a menú

 

 

 

Festas da Sta Cruz en Vilasouto.

Cartel da festa de agosto de 2022. Unha pasada de festa.

 

As festas de Vilasouto, as festas patronais pasaronse para os días 2, 3, e 4 de agosto e conmemórase a Sta. Cruz. Ver o apartado das festas xa que sigue a celebrarse  na igrexa a procesión solemne así como una misa que este ano 2022 foi espectacular, actuou o  grupo Sarricanta que nos deleitou cos seus cantos en moitos momentos da misa. Tendes dous videos nesta misma páxina web no apartado de festas. Non deixedes de ver o video da procesión do 03/08/2022,  e da misa coa actuación do grupo Sarricanta;  aproveito para felicitar a directora que por certo lle prometín que tería este video, si non o da baixado de internet  pois basta que me envie un email e mándollo onde queira. O outro video é un anaco da festa, coa sesión vermouth e pola noita coa actuación da orquesta GRAN PARADA.

¡A seguir facendo estas festas, noraboa!

Volver a menú

 

 

 

Especial parada de Taxis. Actualizado a maio de 2023.

Tamén outros datos útiles.

 

Farmacias da zona:

Farmacia en Rubián.

 

Farmacia do Incio e outros datos importantes, neste link.

 

 

Volver a menú

 

 

 

 

---0---
 

Bibliografía e fonte dos datos:

 

(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

Fotografía de Luís López Pombo.

 

(2) Internet. E datos conseguidos polo que escribe preguntando a xente do lugar.

 

 

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado por Xeogal baixo a dirección de  Fco. Javier Río Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.

Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.

 

(4) Estudio Cultural. Bóveda, Pobre de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, O Incio e Folgoso do Caurel.

Leader II

Asociación grupo local de desenvolvemento río Lor.

Autores: Mª Jesús Blanco Glez.

Ramón Vila Anca

Rosa Mª Vázquez Moscoso e

Miguel O ´Shea Buerba.

Ano 2000

 

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Sair a Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vilasouto dende o ceo.

Internet ten estas cousas, buscas e moitas veces atopas marabillosos traballos. Ese foi o meu caso, primeiro atopeime con Antoni Carreira que ten no Facebook de Vilasouto varios videos sensacionais. Posteriormete atopo a José Camilo López. Marabillosos os dous. ¡Noraboa e a seguir!Antoni ten tamén sensacionais fotografías como esta que copio do Facebook:

Fotografía de Vilasouto, sacada por Antoni Carrera. Marabillosa.

 

Estas son as xoias que hai en internet que o pasedes tan ben como nosoutros visualizando estos videos:

Fot. do video. Andoni Carrera.

 

Vilasouto. Autor Andoni Carreira. ¡Noraboa.

Andoni Carreira ten máis videos feitos con dron entre eles un no que se ve a feligresía de Vilasouto, no que aparece Calvos, entre outros lugares. Ver no apartado de links desta páxina. Gústame moito o teus traballos.

Poreime en contacto contigo Andoni.

 

Video Embalse de Vilasouto. Autor José Camilo López Pérez. ¡¡¡Noraboa!!!.

José Camilo López Pérez ten máis videos feitos con dron entre eles varios relativos ao encoro de Vilasouto e a Bóveda. O uso do timeLapse no video de Vilasouto faino único e dunha beleza fora de toda dúbida.

Porei en contacto contigo José Camilo.

 

Fot. do video. José Camilo López Pérez.

Volver a menú