en Calvos (Vilasouto - O Incio- Lugo)
No que sigue vou a
escribir sobre mámoas ou túmulos que están
ubicadas nun lugar de Vilasouto, concretamente en Calvos, no
concello de O Incio (Lugo-Galicia-España) un lugar, onde hai
moito que ver e visitar e que esta páxina e outras están a
poñer en valor.
A noticia que tiña
recollida era a seguinte:
"...En Vilasouto hai unhas mámoas que se
chaman Mámoas da Seara de Arriba,
que están situadas na Serra de Trasmonte. A Necrópole ten cinco
enterramentos e ao parecer, haberá que comprobalo, está moi
afectada polos labores forestais, e seica se perdeu toda a masa
tumular...".
O dato ten algúns erros
de ubicación que vou correxir a continuación.
Vou completar polo tanto
esta ficha con algúns cambios e datos máis concretos e
comprobados.
Xa que vamos falar de
Mámoas e polo tanto de Necrópolis
(auténticos cimenterios, ´cidades dos mortos´, de gran
extensión e onde abundan os monumentos fúnebres), en O Incio
está unha das máis importantes de Galicia a
Necrópolis de Sta Mariña, penso que é lóxico
que poña uns pequenos apuntes e explicar un pouco o que son.
Repito uns apuntes que puxen no caso das mámoas de Sta.
Mariña.
Notas sobre ó que son as mámoas, como se facían , en que
lugares, etc. En qué consistía a cultura castrexa e outras
cousas.
---o---
Mámoa da Serra Cereixiña ou Serra de Arriba
En principio, siguindo os datos
que me da José Antonio Corujo Rodríguez, amigo e
veciño de Vilasouto e con documentación e coñecemento da zona,
díceme que o nome de "Seara" é un erro de transcripción do autor
, neste caso dun blog xa mencionado.
Indica que as mámoas están
en Vilasouto, na Serra da Cereixiña e suministra
as seguintes coordenadas:
42,674802 ,
-7,434796

No mapa de Google Earth están señaladas as mámoas.
Distancia en liña recta dende a fonte da Bica: 411 m.
As mámoas están polo tanto en Calvos (Vilasouto)

Distancia por estrada indo pola serra, dede a Fonte da
Bica : 2 km.
Situación xeral das mámoas:

As mámoas da Serra de
Arriba, concretamente na Cereixiña, no lugar de Calvos e na feligresía de
San Mamede de Vilasouto, no Concello do Incio (En Lugo)

Efectivamente esta na Serra da
Cereixiña, ver este mapa de 1945.
Nuns días porei o
documento coa ubicación oficial.
Teño entendido que foron
expoliadas fai tempo e tamén que están afectadas pola
plantación forestal nesa zona, parece que perderon os
túmulos pola plantación. Por suposto comprobarei
persoalmente como están.
--o--
Pequena anécdota
nese lugar:
O lugar ao final é
moi coñecido por exemplo, curiosamente, pola miña esposa e
colaboradora desta páxina, Pilar Aira, toda vez que
está a carón da súa casa en Calvos, soio 411 m.. Un lugar do
que se lembra perfectamente, e dime que en tempos naquel
lugar había moita carqueixa, toxo baixo e xestas e que
levaba a facenda a pastar nesa zona precisamente, onde tiñan
unha finca na parte de abaixo. A finca era de secano e nela
plantaban centeo. Despois da sega era o momento no que iba
cos porquiños para que comeran as espigas que sempre
quedaban neses lugares e así aproveitábanse. Xusto un
día, nese lugar, levoulle un porquiño un lobo, menudo
xusto e disgusto. Cousas da vida. Dime que ese día berrou
como nunca e que en Calvos escoitou esos berros o seu
querido tío, o tío Antonio, que estaba nese momento no
Codesal, na súa casa, que veu a trote de burro, o seu burro
chamábase Quirós, a recollela, xa que estaba morta de medo.
Dime Pili que nono esquecerá nunca ese feito curioso.
Por certo esa anécdota
lémbrame que na miña páxina de mamíferos, teño unha ficha
para o burro fariñeiro e nelo dedícolle un pequeno anaco a
este gran burro, por certo un fenómenal coñecedor dos
camiños da zona, como demostro nesa páxina no que tamén poño
a súa fotografía; máis listo do que parecía.
Ver a dedicatoria.
--o--
Ver máis preto o mapa de
Google earth.

Vese que nese punto hai platación
forestal. Gppgle Earth

Mapa ano 2020 vuelo PNOA.
Inst.
Xeográfico Nacional
----0----
Agradezo a Toni Corujo que me enviou a
documentación en PDF das cinco mamoas:
Mamoa na Cereixiña nº 1

Para la localización exacta, poner por ejemplo en Google Earth en
Herramientas opciones
Universal Transversal de Mercator ou sexa UTM neste caso 29
Ou sexa directamente en buscar: 29 T 628247
4725687
Aperecerá o lugar exacto da mamoa:

Esta sería a posicion exacta.
---O---
Mamoa na cereixiña nº 2

Podedes localizala exactamente seguindo o método anterior.
---o---
Mamoa da Cereixiña nº 3

---o---
Mamoa na Cereixiña nº 4

Vou facer a búsqueda en Google Earth seguindo o métido explicado na
primeira.
Así busco 29 T 628250 4725948

Esta precisamente foi a que eu non busquei, eso si vín as outras
catro, logo direi como e en que estado.
--o--
Mamoa na Cereixiña nº 5

---o---
Poño as fotografías e os meus
comentarios na visita que fixen o 18/05/2023:
A verdade é que cos datos que tiña, soio
tiña as coordenadas de unha das mamoas, e para eso non tiña as UTM co
que eso significa, sabedes que hai ou pode haber moitas
diferencias entre unhas e outras. As UTM son exactas.
Con ese único dato metinme o monte da
Cereixiña, esa mañán por certo de bon sol pero un pouco de aire.
Deixei o coche no sitio xusto.

Dín facilmente con este
camiño, saindo de Calvos. Moi doado, camiño da serra,
estrada vilasouto-Noceda, no cruce coller a dereita
cara Vermún logo deixar o coche no segundo camiño que
atopades a esquerda. Hai xustamente 908 m. Enfrente de onde
deixades o coche sube este camiño que vedes na fotografía.
Está doado de verdade.

O camiño é moi agradable,
cheo de sextas a unha beira e pinos a outra. A 170 m.
pasades un camiño que atopades a dereita, ver mapa o
principio e a poucos metros tendes a primeira mamoa da
Cereixiña. Despois a 60 metros tendes as outras catro.
Eu o principio non tuven
tanta sorte xa que repito soio tiña un dato e ademais pensei
que me iba atopar realmente unhas mamoas que inda que sabía
que foron expoliadas algo quedaría. Tirei para adiante tanto
tanto que cheguei a un prado, por certo e unha vista
marabillosa que me demostraba o por que os nosos antepasados
fixeron nese lugar as mamoas, sempre escolleron lugares de
boas vistas e ventilados, eso está demostrado en algúns
traballos publicados.

Esta vista é a que hai
dende a Cereixiña, vese ata a Ribeira Sacra do Sil, máis
preto Calvos, no medio da fotografía, penso que é o lugar do
Codesal. Mismo por debaixo un gran prado que penso foi do
Escaleira...En fin unha vista marabillosa. Pois ben aquí
fixeron os nosos antepasados os Seurros as súas sepulturas
ou sexa as súas mámoas.
Mamoas que eran como a do dibuxo.

Por exemplo así, quizais un pouco máis
pequenas:

Quizais o mellor simplemente coa
cámara onde debera estar o morte e as súas
pertenencias máis queridas e un simple adro.

Seguín buscando esas pedras
pero practicamente non atopei ninguna, a expoliación non so
había sido das pertenencias, esas xa foron roubadas no ano
1606 precisamente por un crego o servicio de Felipe III:
"...Decir que dentro atopouse de todo dende figuras,
grabados típicos e todo tipo de enseres que foron expoliados
cando en 1606 o crego Pedro Vázquez de Orxas pasou revista a
todas as mámoas en Galicia, en tempos de Felipe III e sin
fins científicos nin nada que se lle parecera. Todo iba
engrosando as arcas reais e el cobrando os cartos do
traballo. Unha desfeita..."
Tamén se expoliaron as pedras. Eu dende logo atopei catro
mamoas, están no seu lugar e perfectamente dispostas pero os
penedos, que se chaman ortostatos non vin
ningún...
Dificil levar esas pedras o monte e facer as sepulturas fai
miles de anos, pero parece que foi moi doado quitalos dese
lugar, eu non vín ningún...
Poño fotografías de catro das mamoas, está o burato, está o
lugar pero nada máis...
Non chorei de casualidade, sinto de verdade polos nosos
antergos...

Nas catro que vín, hai uns
buratos feitos na terra de aproximadamente entre tres a
catro metros de longo e entre medio metro e un metro de
profundidade. Eu pensei que o plantar os pinos destruirían
eses lugares pero vexo que non que os lugares quedaron. O
que falta e as pedras, os ortostatos.

Eu vin as catro de abaixo. Primeiro esas
tres.

Esta era un pouco
máis longa, con moito adro seguramente. Hoxe están
cheas de maleza e dentro seguro que cuberto de terra
pero vense perfectamente. Faltan as pedras.
Saquei fotografías
de catro pero soio poño dúas xa que son parecidas e
ademais é dificil ver como eran xa que habería que
sacar a fotografía dende dentro e perderon moita
altura. Para darse unha idea chega.
Calquera día
volverei para buscar a primeira e tratarei de que
sexan mellores fotografías, inda que é moi dicil a
non ser que se limpen.
Contoume José
Antonio, o Lamiña, un veciño de Calvos moi querido,
que el lembra que cando era rapaz había unha pedras
na Cereixiña que estaban colocadas de tal xeito que
permitía cando chovía meterse dentro. Tamén me dixo
do nome de algunha pedra "a espetada". Está claro...
Decir que Pilar, a
miña dona, tamén se lembra dese nome; o mismo que
Capón, outro querido veciño, que tamén me falou
dela.
Unha mágoa.

Menudo traballiño que levaron para buscar
aspedras e para movelas e colocalas daquel xeito.
Salír a Calvos.
Algúns apuntes
sobre as mamoas e os castros en Galicia.

Unha
mámoa ou túmulo, en moitos lugares de Galicia tamén
lle chaman medorras entre outros nomes. Este dolmen chámase
Pedra da Arca e está en Vimianzo (A Coruña).

Mámoa en Sta. Mariña. O Incio.

Unha Necrópoli é un conxunto
de mámoas. Por exemplos estas de Sta. Mariña entre O Incio,
Samos e Sarria.

Outros exemplos estas de Sta. Mariña entre O Incio,
Samos e Sarria.

Neste dibuxo arriba é como quedaría unha
mámoa ó principio cando se fai. Abaixo é como están hoxe;
ver a fotografías das mamoas de Sta Mariña, así no horizonte
son como móntículos.
No que sigue usarei tamén o libro (2)
Nas Raíces de Brión: as mámoas de Rañalonga. De Federico
Silva Cobas. Este dibuxo é dese libro que
recomendo.

Dibuxo dunha
mámoa. De A. Ramil Rego.
Anta
é un término galego con que se designa popularmente os
dolmens. Trátase dunha construción megalítica
funeraria formada por varias pedras ortostáticas verticais,
cubertas por outra horizontal, que forma a cuberta.

Mamoa do Rei. Cotorredondo
(Vilaboa). Fotografía de Alexie Belikov.
Aparece no libro citado na bibliografía (2).
Como se fai unha
mámoa?
Aclaración :
Esquema dunha mámoa.
Nos dibuxos de
arriba hai unha mámoa (túmulo) que ten unha anta
(cámara mortuoria) no interior. Trátase dunha maqueta para
facernos unha idea. A
maioría é un casquete esférico e dentro ten o lugar de
enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas lugares de
enterramentos ou monumentos funerarios. Por supostos hai varios
tipos. A medida oscila entre os 15 a 20 metros de media,e uha
altura media en torno a 1 m.
observar o home que hai a dereita.
O lugar son as
partes chás e altas, xeralmente en outeiros e lugares onde sexa
vistas dende lonxe.

Este é oun esquema xeral dunha
mámoa. O dibuxo é de Marcos Suárez Martínez e está
sacado do libro referenciado en (2).
Básicamente componse, copio do
libro (2):
1.- Cámara. Parete
central onde están as grandes pedras de lousa que as
veces pesaban 20 toneladas. Está disposta en
Dolmen, algunhas soio levaban unha foxa. As
pedras verticais chámanse ortostatos.
ver os dolmen do Rei, a vista están 7 orotostatos
pero leva máis. E tres pedras de tellado.

O Dolmen é o lugar sagrado da
mámoa onde se deixaba o morto xunto cos seus
pertrechos: frechas, machados, cerámica, bifaces, etc.
2.- Masa tumularia. Terra
que se sacaba do redor.
3.-Coirácea pétrea. A
veces púñase así para que non crecera a maleza.
4.-Pedras o redor. Marca
da mámoa.
5.- Adro. Entrada.
6.-Anel central. No está
claro para que servía.
Decir que dentro atopouse de todo dende
figuras, grabados típicos e todo tipo de enseres que foron
expoliados cando en 1606 o crego Pedro Vázquez de Orxas pasou
revista a todas as mámoas en Galicia, en tempos de Felipe
III e sin fins científicos nin nada que se lle parecera. Todo
iba engrosando as arcas reais e el cobrando os cartos do
traballo. Unha desfeita.

O dibuxo é de E.
Ramil Rego. No dibuxo vexe un pequeno esquemo do gran
traballo que que era facer unha mámoa, dende os andamios
a traída das pedras e a súa colocación. Por suposto que
tiña que actuar moitísima xente no traballo. Pensai como
se pode poñer por riba unha pedra de tantas toneladas.
Un traballo incrible.
No libro
(2) ven tamén unha explicación con dibuxos
Como se fai
unha mámoa?
No segundo dibuxo
vese como se fai a construción dunha mámoa, unha vez que se
achegan as pedras e se poñen os andamios para logo cubrilo todo.
Lóxicamente debido a falta de medios interviña moita xente.
Primeiro facíase unha gabia na cal vai espetada a lousa
principal ou rocha nai, logo póñense as outras lousas. A misma
terra que se extraía para facer a anta logo usase para cubrilo
todo. Finalmente cubríase todo de terra e pedras e finalmente
púñase a pedra protectora, ou tellado, da anta.
Nas mámoas
enterraban os mortos, pero non se atopou nunca restos humáns: xa
se sabe, terreos ácidos que rematan con todo, entre outras
cousas.
En canto as datos
poño este esquema do megalitismo (construccións con grandes
pedras) e outra cultura da que hai grandes mostras en Galicia e
dende logo dentro desta en O Incio que é do que estou a
escribir:

A cultura Castrexa:
Outra cuestión que
atoparemos moito en O Incio.
Para investigar un pouco que
pasou na zona antes de que viñeran os romanos, qué xente había
nestas bisbarras?, temos que acudir precisamente a eles,
Estrabón, Tolomeo e sobre todo Plinio, eles son os que escriben
sobre o que se atoparon cando chegaron a estas terras. Estamos
falando do ano 73-74 d.C.
Plinio fala de tres grandes
comarcas, que chama conventos xurídicos (ver no
mapa) e que son o Asturicense, o Lucense e o Bracarense, cada un
coa súa capital Asturica augusta(Astorga), Lucus Augusti (Lugo)
e Bracara Augusta (Braga).

Este é o mapa dos
conventos xurídicos

Este é o mapa de algúns
dos pobos que habitaban estos conventos en total 61 pobos
distintos dos que soio se conservan 48 nomes.
Fontes do
mapa e das ideas: "A Gran historia de Galicia".
A Cultura Castrexa. Tomos 3 e 4, escrito por
Jose Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.
Neste mapa están unha tribu galaica, os SEURROS , por
suposto prerromana, e que pertencía o convento lucensis.
Ocupaban terras de Taboada, Sarria (por eso se
chamaban Seurros), e O Incio. Limitaban o norte cos
Cáporos e o sur cos Lemavos, sendo as cidades máis importantes
Talamina (que era por Baralla), Timalino (non sei onde estaba),
Ocelum e Turriga.
Estos pueblos foron ao parecer identificados por
Ptolomeo.
¿Quenes
poboaban O Incio e a comarca ?
Os primeiros poboadores de
O Incio, dedución miña por proximidade, foron os Seurros.
Pero ¿qué sabemos dos antepasados
dos veciños de O Incio?.
No
dibuxo vese unha reconstrución hipotética do sector norte do
Castro de Santa Tegra feita por J. Luaces e Dideas.
Castros
parecidos seguro que había na zona de O Incio. onde aproveitarían de forma marabillosa a calidade da pedra que
hai na bisbarra...
O
castro non sería moi distinto do que aparece na fotografía
de abaixo.

Na fotografía o
Castro de A Guarda.
Decir
que os primeiros castros eran desta forma redondiños.
Logo chegaron os romanos e algúns pasaron a ser
rectangulares.

Esta recreación do interior vese bastante lóxica,
aproveitada ao máximo.
Onde
vivían?:
Pois a maioría vivían en castros, que normalmente
eran recintos fortificados, con tendencia circular e
asentados en lugares elevados. Os castros son comúns en
toda Galicia, pero hai menos conforme se gaña en
altitude.

Os puntos negros son
castros recoñecidos na fotografía aérea en
Galicia. Según A. Bouhier. Abel Bouhier foi un
xeógrafo francés, moi coñecido no mundo galego da
cultura pola súa obra de investigación sobre Galicia. En
1977 presentouna como tese de Estado no seu país, co
título "La Galice, essai geographique d´analyse
dínterpretation dún vieiux complexe agraire"´Era da
Universidade de Poitiers". (1921-1997).
Coas
frechas están indicados os castros que detectou o voó en
O Incio, nada menos que 15 son moitos, por eso digo que
no Incio non sabemos ó que temos. Unha auténtica
marabilla que hai que poñer en valor.
En O Incio temos moitos castros e por Vilasouto temos o
Castro de Belesar e algúns en Calvos entre outros. non digamos pola zona de
Bermún, concretamente no monte de Sta Mariña que cada
pouco hai un castro e dende logo unha chea de mámoas que
pon e evidencia clarísima a población da zona.

Poboado da idade do Bronce (museo de Pontevedra)
Os
poboados: (tomo un resumen do libro (2) da bibliografía)

Polo
que sabemos cada asentamento estaría formado por unhas
cantas cabanas de dimensións reducidas,, de planta
circular ou oval,sen sementacións. Dentro da vivenda
habería, lugar de traballo, cortes para o gando, vivenda
das persoas e celeiros ( graneiros).
A
actividade principal a agricultura de todo tipo.
Gandeiría, ovellas, cabras, vacas e porcos.
A caza
principalmente xabarín e lebres.
A
pesca principalmente troitas, coñecían os arpóns e tamén
trampas feitas de cestería.
A
recolleita de froitos, consumían sobre todo landras.
A
cerámica tuvo moito que ver para mellorar a vida sobre
todo para almacenar colleitas, auga, leite e permitía
ferver os líquidos.
A
industria textil seguro que tuvo os seus momentos, sobre
todo o liño e a lá.
A
industia da pedra foi básica para facer ferramentas e
utensilios
A
construción de mámoas.
Outras
actividades alimentación, limpeza, vestimenta e coidado
da prole. Mantenemento de edificacións, fabricación de
cestos, cordas e mobiliario, o comercio, etc.
En
canto a organización social destaca xa a existencia de
propiedade privada, o control dos excedentes e a
división social do traballo.
Comenza a relixiosidade. Seguro que tiñan preocupacións
e eso os levou a pensar noutro mundo. O culto aos mortos
xa o coñecemos, que pensaban que podería haber outra
vida é evidente xa que os mortos os deixaban con toda a
súa ferramenta e preparados.
Bibliografía.
(1) A Gran historia de Galicia. Tomos
I a IV.
José Manuel Caamaño Gesto.
La Voz de Galicia.

Tomos I a IV.
(2) Nas Raíces de
Brión: as Mámoas de Rañalonga.

Proxecto
interdisciplinar do I.E.S. Castelao-Vigo
Coordinador:
Federico Silva Cobas.
Un libro que que fixo
chegar Federico Silva en sinal de agradecemento pola
miña colaboración. A verdade é que cedín unhas
cantas fotografías, nada máis.
O libro é unha pasada,
marabilloso e moi ben explicado todo. Foi publicado
pola Deputación Provincial da Coruña no ano 2009.
Volver
a mámoas de Vilasouto
|