Una vez pasado o cruce
onde está a ponte de Rego das Cortiñas seguimos de frente, a
230 m. atopamos un camiño, poño no mapa ata onde vai a A Serra a dereita, non collelo seguir de
frente.

Polo camiño pasades por algunhas
carballeiras ben bonitas.
A 500 m. atopades dúas curvas unha curva a esquerda e outra a
dereita, ao saír da última parar e buscar a mao esquerda o
Castro de Belesar, en total dende o camiño 650 m.

Este é o lugar. A verdade e que na zona
que está situada nun altiño pola parte SE, non atopei moitos
rastros do Castro. Tomei algunha fotografía que poño a
continuación.
A referencias que teño
deste Castro son o mapa anterior onde o situa sin ningunha
duda nese lugar do camiño, e outra referencia que comento
máis adiante.

Restos de pedras, seguramente do Castro.

Construción de pedra na
zona e que penso podería pertencer ao castro. A planta é
rectangular cousa que me move a dudar; o normal é o circular
pero teño vista estas construcións en outros castros como o
de Arxeriz por exemplo no Saviñao (Lugo) ou o de
Santomé , na Lonia en Ourense.
Nesta misma zona fálase do "...Castro da Casa Grande de Belesar, dice a
bibliografía posta en (1) que hai referencias á existencia
dunha necrópoli. No ano 1968 preto da casa grande de Belesar,
onde se atopou unha escultura dun guerreiro galaico,
posiblemente procedente do castro...". Deixo constancia
deste texto e comprobarei no futuro estas cousas.
Entende que este castro é
o que se fala de Castro da Casa Grande de Belesar, onde
seica apareceu a escultura.
Una vez que visitades o
castro volver para atrás e no desvio onde está a ponte
coller para Vilasouto, ou sexa o camiño da dereita.
Si seguides de frente
vaixe a Toimil.

Insisto no dibuxo, ao
pasar a ponte do rego de Cortiñas chegades a un cruce,
coller a esquerda; logo despois de andar un poco máis
de 500 m hai unha curva a esquerda e outra a dereita, o sair
desa curva a 10 m. pararse e buscar os restos do Castro de Belesar.
As coordeanadas do
castro son: lat. 42.656242 long -7.431123
O único mapa que atopei
co Castro é este, entendo que este é o castro da Casa Grande
de Belesar:

Para volver, ir polo mismo camiño ata o
cruce do Rego de Cortinas, por onde pasamos denantes, pero
coller a dereita para Vilasouto que está a 500 m.
exactamente.
En Vilasouto podedes
repostar, hai unha fonte con unha auga espectacular.

Fotografía da fonte de Vilasouto. A foto é
de Andoni Carrera.
Moitas
cousas que ver no pueblo, o pueblo é moi bonito e está a
crecer, e máis que debera, xa que ten unha área recreativa,
un paseo digno de facelo, de feito poño outro apartado con
esa ruta, moi bonita e dúas igrexas.
Ollo que inda queda subir a
Calvos, pero son apenas 1,3 km. á Fonte de Bica, onde
comenzamos a andaina ou paseo.
Por suposto que se inda
quedan forzas, facer un recorrido a carón do encoro de
Vilasouto e a poucos metros da fonte tendes a
Igresa de San Mamede de Vilasouto a antiga, soio 520 m.
e a 200 m. máis podedes ver o
Petroglifo do Agro do Pepe, unha marabilla especial, ten
o problema que si o encoro de Vilasouto está cheo non se ve.
As visitas tanto a igrexa
como o petroglifo téndelas explicadas nesta páxina web.
O remate da excursión é
volver a Calvos:

De Vilasouto a Calvos son
escasamente 1,3 km. ten unha lixeira subida 41 metros máis
xa que se pasa de 479 m.s.n.m a 520 m.s.n.m. pero tamén é un
tramo bonito.
Espero que a estrada esté
arranxada, está presupuestada e pagada e o Concello do Incio
debera ordenar a súa execución, pero non se fixo nada polo
menos s principios do ano 2023.
Hoxe, agosto de 2023 a
estrada que estaba presupuesta fai dous anos e pagada pola
Diputación de Lugo fíxose pero soio ata a Fonte da Bica (1,2
km.), de onde saimos nesta andaina, deixando sin facer
o outro tramo que era o que realmente estaba de pena dende a
Fonte da Bica ata Noceda (total 2.5 km.). Hai cousas,
como esta, difíciles de entender.
Son as eleccións este ano
e
o mellor temos sorte todos e cumplen (esto escribían
antes, agora despois repasando o tema vese que fixeron
a terceira parte, por algo sería...).
Por certo os que entren
a gobernar pídolles que potencien máis a zona, temos uns
lugares increiblemente bonitos e con moito que ver, pero hai
que arranxar ó básico.
Por exemplo en Calvos, no
futuro podíase poñer algunha casa Rural, ou simplemente
casas para pasar unha noite con todos os servicios, como hai
noutros moitos lugares, peores que este: por exemplo
no alto de Cerdeira (San Xoán de Río-Ourense) teño un amigo
meu, Andrés, que alquila pequenas casas con habitacións con
todo, ou sexa habitación e baño, e unha cociña abaixo para
tomar o almorzo. Non da feito.
Esta é a súa web. Noraboa Andrés pola gran idea.
Xa leva moitos anos con
ese negocio, eu estuven un fin de semán vendo todo e
pareceume unha idea estupenda. A zona de por si ten moitas
posibilidades e está preto da Ribeira Sacra do Sil e de
Manzaneda sobre todo.
Si miran no mapa non ten moito que ver coas posibilidades que temos nós. A un paso O
Courel. A outro paso a Ribeira Sacra do Miño, a outro un
pouco A Ribeira Sacra do Sil e logo un Concello do
Incio de "sete estralos" en todo.
!Espabilen señores!
!Pois ben, como se pode
pensar nesto si non temos alcantarillado!
Como se pode pensar con
estas estradas e falo da que vai de Vilasouto a coller en
Bóveda na rotonda a via rápida. Non chega a 5 km. que
deberan estar fora de serie.
Non estamos falando de
tantos cartos, miren o presupuesto que presentamos os
veciños de Calvos, para poñer o alcantarillado, dímoslle o
Concello todo o plano, e un presupuesto axeitado que
non era caro... ¡Móvanse!
un día destos a Ribeira Sacra será patrimonio da
Humanidade e nós estamos sin telo en conta.
O incio, na miña
opinión debera entrar nos mapas da Ribeira Sacra, en algúns
aparece Bóveda e Poboa de Brollón...O Incio é a Porta de
todo, en particular do Courel.
Repito: !Espabilen señores!
IMPORTANTE
Nota: observo a día
06/08/2023 que a estrada está arranxada dende Vilasouto ata
xusto a Fonte da Bica en Calvos. Falta ó que peor está. O presupuesto
era de Vilasouto a Noceda, Hai cousas difíciles de entender
pero bueno...Confiemos que se vai a facer este ano ó que
quedou.
Non esquecerse de poñer
señais de baixa velocidade ao principio e o final do pueblo
de Calvos. Os coches e motos pasan como raios e calquera día
teremos un un grave accidente. Vale dous duros fácelo ...
Escoito que en
Vilasouto vanse facer este tipo de casas, para poder
alquilar a turistas, xente de paso ou veraneantes. Unha boa
noticia que porá en valor esta zona tan necesitada.
Repito
Repito: !Espabilen señores!
Bibliografía:
(1) Estudio Cultural.
Bóveda, Pobre de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, O
Incio e Folgoso do Caurel.

Leader II
Asociación grupo local de
desenvolvemento río Lor.
Autores: Mª Jesús Blanco
Glez.
Ramón Vila Anca
Rosa Mª Vázquez Moscoso e
Miguel O ´Shea Buerba.
Ano 2000