
Contemplar a vía Láctea, o triángulo
de Verán, a estrela polar, algún cúmulos como o M13, estrelas dobles,
etc. pode ser unha experiencia fora de serie. Tamén a lúa ou o anelo de saturno en ocasións, pero esto último xa require instrumentos ópticos.
Non esquezamos as Perseidas ou restos
do cometa Swift-Tuttle, que entre o 10 de agosto e o 15 son unha festa.
Por certo saen a dereita de Casiopeda.
Saír a Calvos.
Buscando a vía
Láctea en Calvos.
Vilasouto-O Incio.

Mapa de Calvos e lugar do Alto da Santa (570 m.s.n.m) , 1,6 km de Calvos,
trátase dun lugar único para ver as estrelas e por suposto a via láctea.
Una vez alí hai que orientarse, suponse que a noite está estrelada e moi
doado basta ver o mapa de arriba e o da baixo. onde está o Norte e onde esta O
Incio, que é o Este.


Descoñezo ao autor da
fotografía, sacada na Veiga, o mellor lugar de Galicia
para ver a Via Láctea.
Contemplar a vía Láctea, o triángulo
de Verán, a estrella polar, cúmulos como a M13 de Hércules, estrelas dobles, etc.
pode ser unha experiencia fora de serie. Tamén a lúa ou saturno en ocasións pero esto último xa require instrumentos ópticos.
A partires de maio poden facerse estas
observacións da vía láctea perfectamente. Os meses de verán son
especiais.
Non esquezamos as Perseidas ou restos
do cometa Swift-Tuttle, que entre o 10 de agosto e o 15 son unha festa.
A fotografía non é miña, pero podía sela. En Calvos temos un lugar para ver a
Via láctea e outras cousas marabillosas como algunhas constelacións famosas,
algún cúmulo de estrelas, estrelas dobles e outras cousas. Explicarei onde e darei algunhas
normas.
Este lugar de Calvos é tamén único, realmente o ceo de Calvos e
de Vilasouto é especial e da moito xogo. Si non,
ver este video que fixo José Camilo López
Pérez, con dron e a técnica do TimeLapse en Vilasouto, onde a luminosidade
que hai non é a do alto da Santa.

Ramón María Aller Ulloa (1878-1966)
ten un cráter na Lúa co seu nome.
Son simplemente afeccionado inda que a miña especialidade son os estudios
de Ciencia Matemáticas, que fixen entre 1963-68 na USC, onde tiven a
matería de Astronomía nun dos cursos, precisamente cando inda vivía
Ramón María Aller, gran
astrónomo galego. De esos tempos ven esa afección. Lembro de facer prácticas en
Santiago e buscar estrelas dobles así como calcular a hora tendo en conta o paso
polo meriadiano dunha estrela.
A fotografía do 27/06/2017 , da noite vendo as estrelas, da que descoñezo ao autor, é de A Veiga en
Ourense onde hai o lugar apropiado e mellor de Galicia, a 1500 m. de altitude, e
que ten o certificado "Starlight" e está a ser unha pasada,
xa que na zona hai lugares onde se pode pernoctar e pola noite facer unhas activades
e polo día outras relacionadas coa natureza. O mismo pode facerse no Incio onde hai esas
posibilidades, inda que non se teña o certificado.
Pódovos asegurar que nunha noite estrelada, nese lugar que falo, o alto da
Santa, a 1,5 km. de Calvos, e que ben coñecemos os veciños de Calvos, pode verse
a vía láctea e todo o demais. A luminosidade é moi baixa e normalmente está sin nubes, sobre todo no
verán. Un bon lugar.
Na bibliografía
tendes unhas fotografías fantásticas sacadas na zona por José Camilo López
Pérez, fotos que farán que collades afección a estas observacións nocturnas.
Esta é unha
mostra:

Vía Láctea no Incio. Fotografía de José Camilo López
Pérez.
Fotografía sacada
deste link.
Deste mismo autor é este video sacado dende "O alto do Coto" en
Bóveda" e que mediante unha exposición especial permite ver como se moven as
estrelas nunha noite, secmsacional os traballos de José Camilo López:

Fotografía tomada da "circumpolar feita por José Camilo López"
Video da circunpolar.
feita o 03/09/2022
Por certo dende o noso mirador de Calvos,
"O alto da santa" vese o
mirador de Bóveda "O alto do Coto", o noso mirador "gardando as
disatancias e o decoro", non é nion ese pero para nós vale.

No mapa tendes o "Mirador do Coto"
e por suposto "O alto da Santa" o noso mirador, entre os dous soio
hai 14 kms. O mirador do coto esta a 677 m.s.n.m. O alto da Santa a
566 m.s.n.m.
Por certo, tamén na
bibliografía utilizada neste traballo hai un libro curioso que fala sobre cousas
de Calvos e nese libro, no número 12, fala do "alto da Santa"; como é unha
curiosidade, e ven a conto, copio o texto:
"...12. A
sta. Cruz.
Hai moitos anos apareceu a imaxe da Santa Cruz na Serra Dabaixo, no que agora é
o Alto da Santa. Houbo unha grande discordia porque a querían os de Noceda e
tamén os de Vilasouto, pero os de eiquí poidemos máis e a Santa veo para
Vilasouto..."
Carme Aira , "Primavera de Outono".
Ver Bibliografía.
Este é o ceo que
hai en agosto:

Ceo de agosto: espectacular
Observar tamén a via láctea.
Pero que é a via láctea:
Ë esa cinta luminosa que hai por exemplo no dibuxo anterior que
se extende dende o nordeste ata o sudoeste. No dibuxo vese perfectamente as
constelacións que atravesa de norte a sur, tamén a división que fai en Cisne e
finalmente xuntase no sur outra vez.
Si a podéramos ver de lado sería como unglobo hinchado no medio;
vista de lado sería como unha roda de fogos artificiais con tres brazos.

A vía láctea vista de frente. Parece un globo hinchado no medio.

Vista de lado parecen fogos artificiais ou espirais. O Sol
estaría onde aparece a flecha.
A su edade estímase en 16 mil millóns de anos. O noso sol é unha
estrela da via Láctea ver a figura.
O mellor mes para vela son os de verán e dende logo en Calvos no
alto da Santa é espectacular.
A via Láctea é a galaxia onde está o sistema solar, e polo
tanto a terra.
Mira este video para poder entender o que é a vía Láctea.

Pequena broma miña co enderezo.
---o---
Aquí porei a busqueda da Osa maior que é moi doado e logo buscar
a estrela polar.
Axuda para ver a estrela polar;

Localizades o norte e dependendo da hora buscades o carro,
tendelo no mapa, é a OSA MAYOR.
Métodos para atopar a polar, e algunhas consideracións.
Método 1: o mellor.
O carro ou cazo sempre está o norte. Si contades cinco veces a
distancia entre Dubhe e Merak xa tendes a ESTRELA POLAR, QUE SEMPRE ESTÁ NO
MISMO LUGAR, É MARCA O NORTE. A polar sempre se atopa nese lugar, o que xira é o
carro en sentido contrario as agullas do reloxo. (Proba evidente de que a terra
é unha esfera, e nós soio vemos a Osa Maior, no Sur da terra non teñen ese
previlexio).
Neste mapa tendes a Osa Mayor, A Menor que é onde está a estrela
polar, tamén está dibuxada a Via Láctea e as constelacións Casiopeda e parte de
Perseo. Borrei o resto para centrarme na Polar. Non falo da Osa Menor xa que as
súas estreles teñen moi pouco brilo, o brilo mídese o revés. Exemplo: das sete
estrelas do carro a que máis brila é Alkaid e ten un brilo de 1,85, Dubhe
1,79, a polar varia pero por ai anda con 1,97, Alcor casi non se ve, magnitude
4. Na Osa Maior seis delas de 2ª magnitud en brilo. Ou sexa rondan o brilo
2.
Brilo das estrelas:
A medida é similar as temperaturas. O
Brilo é a cantidad de luz que recibimos o observala en certas
condicións. A súa medida débese a súa medida a unha muller
Henriettra Swan. Por certo que pouco están
consideradas as mulleres científicas e canto fixeron en investigación.
Hai moito ignorante solto...
A estrela máis brilante é sirio
brilo -1,47. Está na constelación Canis Menor no sur.O rei Arturo
é das máis brilantes no ceo de verán con -0.05 de brilo, magnitude 0.
logo enseñarei a atopala. Vega vese no verán, forma parte
do triángulo de verán e ten magnitude 0. Tamén enseñarei a atopala.
O brilo vai logo de -1,47 ata 6. A
escala é logarítmica. Eso quere decir que de brilo 1 a brilo 2 non
e o doble, depende da base.
Por certo Mizar é unha estrela
doble, a outra chámase Alcor.
Método 2: non tan bon.
Si localizades Casiopeda, ver no dibuxo,
é una W, e unides coa cola da osa Mayor, no medio tendes máis ou menos a
polar. Non está mal pero tendes que localizar as
dúas constelacións.
Sa sabedes onde está o norte.
---0---
Atopando o triangulo de verán ou "as tres
belezas do verán":

Aquí tendes o dibuxo do ceo en verán onde
borrei todas as constelacións para centrarnos no triangulo de verán e logo
un pouco en Hércules. Dúas constelacións doadas de atopar.

Tamén poño este fantástico dibuxo deste
triángulo, sacado de internet.
Realmente bello este triangulo, merece a pena
disfrutalo dende Calvos, en Vilasouto. O Incio. No alto da Santa.
O triángulo de verán está formado por
tres constelacións: Cisne, Lira e Águila
Método 1 para localizar o triangulo ou
tres belezas do verán:
Bastará mirar o centro celeste e atopar
calquera as grandes estrelas que tendes arriba. Por exemplo Vega na
constalación de Lira é a estrela máis brilante do ceo no centro,
ten un brilo de magnitude 0 espectacular. Lira é un rectángulo regular de
catro estrelas pouco brilantes o seu carón está Lira. Semella unha lira e
vega sería a manixa da lira.
As outras constelación Águila, semella
eso un águila coas ás abertas e na cabeza Altair.Altair ten un brilo
de 0.77 ou sexa moitísimo brilo, magnitude 0.
A outra constalación é a Cisne, realmente
parece un cisne, o unha cruz, e nesta constelación esta outra estrela
deneb, o seu brilo é 1,25 é polo tanto moi brilante. Sería a cabeza da cruz
.
Eu penso no hai problema lembrar: as tres
estrelas formando triangulo, pero tres estrelas de magnitude alta, brilan
moito, moitísimo no ceo.
Método 2 para localizar o triangulo:
Este método consiste en prolongar una
recta formada por dúas estrelas do carro ou cazo, concretamente as dús
paralelas as que teñen nome Merab e Dubhe. Ir observando e
chegar ao triángulo polo medio crúzase o dragon pero esta é unha
constalación para mín dificil, queda a esquerda a osa menor que tamén é
dificil xa que son pouco brilantes.

Aquí está a recta dibuxada e como se chega
o triángulo.
Nota: deixei Hercules a propósito:
En Hércules está a M13, que son
nada menos que 100.000 estrelas xuntas, o que se chama cúmulo globular,
seica a simple vista é como unha estrela de magnitude 5 nun ceo
perfecto. Habera xente que a vexa, eu nunca o logrei salvo cun anteollo
ecuatorial que teño dende fai moito.
O cúmulo M13 pode verse con
prismáticos o problema é a vibración. É espectacular. O normal é pasear
os prismáticos entre as dúas estrelas eta e dseta pouco a pouco.

Hai unha búsqueda da M13
unindo Vega e Arturo. Arturo é unha estrela de moi brillo que
que se atopa prolongando o rabo do carro como podedes ver no dibuxo. É
unha estrela moi doada de buscar.
É das primeiras que se localiza
despois do carro e a polar.
Vega tamén.
Pois ben si unides ao pasar por Hércules tendes a M13 que no dibuxo esta con un símbolo de moitas
estrelas.

Dende logo a M13 é espectacular. Hai
libros que contan que son máis dun millón de estrelas xuntas.
Esto pode verse dende Calvos-Vilasouto
O Incio.
¡Que disfrutedes que este pequeno
traballo.
---o---
Bibliografía deste apartado da web:
Libro "El cielo
a simple vista y con prismáticos" Pierre Bourge-Jean Lacroux
Libro "Guía de
las estrellas" W. Widmanin-K. Schüte
Os meus
coñecementos.
Tendes en internet, concretamente en
Facebook fotografías de José Camilo López Pérez marabillosas e feitas
dende moi preto de Calvos, concretamente dende O Oural e tamén lle gusta
moito o alto que hai por riba de Teilán. As fotos son extraordinarias.
José Camilo López Pérez ten
traballos na rede marabillosos.
Ver o seu Facebook.
Exposición de fotos nocturnas en Monforte. A Voz.
Exposición en Monforte o
02/02/2018.
Libro de consulta Calvos utilizado neste
apartado .
Libro "Primavera
de outono" No país de chove, non chove, chove. Carme Aira.
