A fotografía é de Andoni
Carreira. Espectacular como outras moitas que ten na web Facebook
Vilasouto.
Vilasouto ten estas
vistas marabillosas e Calvos está no centro un pouco máis arriba.
Ollo as distancias á AG-2.2:
Dende Vilasouto 4.3 km.
Dende Calvos 3.4 km
Tanto Vilasouto como Calvos, pero hai máis lugares,
son pueblos moi ben situados de cara a saír a Ribeira Sacra
do Sil e do Miño.
Tamén moi ben situados para visitar O Courel, outra
xoia.
Ata aquí o primeiro texto.
---o---
2º Texto
Neste segundo ó de "ponte as pilas" vai dirixido tamén
ao
Concello de O Incio:
Texto escrito por Secundino Lorenzo.
Lugar Calvos (Vilasouto).
Data: Maio 2023.

Sería
importante facer un miradoiro no Alto da Santa en Calvos -Vilasouto
:

Mirador do Alto do Coto en Bóveda. Descoñezo o autor da fotografia.
Antecedentes:
Someto a análisis este pequeno texto que saco
deste link.
"...El municipio de Bóveda acaba
de inaugurar uno de los miradores más espectaculares de la Ribeira
Sacra. Con una forma que recuerda a una catapulta, se trata de
una plataforma elevada construida en madera de roble y que se levanta
diez metros sobre el suelo en uno de los promontorios de la Serra de
Penas. Desde lo alto del mirador se divisa un amplio territorio que
incluye las montañas de O Incio, el valle de Lemos o las estribaciones
montañosas que cierran el lado sur del cañón del Sil..."
Gustaríame que se pensara un pouco e sacaran conclusións
os nosos gobernantes do Incio e se puxeran as pilas a continuación.
O mirador do alto do Coto en Bóveda está nun bon lugar e
cunha vista espectacular, esta a 679,7 m.s.n.m., poñen que está na Ribeira Sacra e dende logo a
xente acude a velo. Ten uns accesos que houbo que facer, dous km. de
pista de terra (ata o lugar dende Bóveda hai tres km. que xa estaban
feitos) e un aparcadoiro e costou 30.000 €. Ten 10 m. de altura.

No aparcadoiro hai estos indicadores xa que pódese ir a
un ou outro miradoiro. A pista é mala e está pensada para ir camiñando.
Ata aquí os antecedentes.
É probable que non se saque ningunha conclusión
interesante deste texto...
Dende logo o mirador está metendo a Bóveda na Ribeira
Sacra, eso é evidente. O Coste do mirador eu vexo un pouco elevado,
pagouse o diseño e os accesos.
Vexamos o posible mirador da Santa en Vilasouto, que é a nosa
proposta, e fagamos unha
comparación:
En principio podería estar situados perfectamente nese
alto, podo dar as coordenadas exactas xa que o lugar está como si fora
preparado para ese menester.

Aquí tendes onde tería que estar o futuro Miradoiro do
Alto da Santa en Vilasouto. O Incio
Os accesos están feitos.
Simplemente limpar os 100 m. que hai dende a estrada
Lu-P-0909 e ampliar un pouquiño o aparcadoiro.
Cortar unhas xestas que hai no oeste do futuro mirador
para ver perfectamente O Incio e o Courel e pouco máis.
O alto marca exactamente 577 m. ten os accesos feitos
como se pode ver no seguinte mapa sacado de Google Earht.
As súas coordenadas son 42.669172 , -7.449835
As súas vistas son non espectaculares, un pouco máis.
Vese en 360º, de dereita a esquerda os altos da Ribeira
Sacra do río Miño, ata Monforte e máis lonxe sobre todo de noite chégase
as luces de Ourense, seguindo o Monte Meda, máis adiante a
Ribeira Sacra do Miño, con Sober e Doade, máis a esquerda O Rodicio e a
Serra de Queixa, pasando por Castro Caldelas e por suposto
nun día pouco nublado chegamos a ver Peña Trevinca, seguimos a esquerda
temos o Courel, por suposto o Incio por diante do Colurel, e podemos chegar os Ancares; pola
parte norte temos os altos do Oural e dependendo da altura podemos
chegar moi lonxe. Nas beiras deste miradoiro vemos todos os pueblos de Rubián de Cima,
Noceda, Remesar, Penacoba, Vilarbuxán, Teilán, Rubián, Bóveda,
etc.
Marabilloso e único.
Sería, ¡¡Ollo o dato!! un dos miradores máis
importantes da Ribeira Sacra e dende logo o mellor situado, de doado
acceso, e unha característica fora de serie: un mirador estelar
increible. Ten unha luminosidade moi pequena xa que os pueblos están
todos moi lonxe. A vista da vía láctea é marabillosa, como se pode ver
nesta fotografía de José Camilo López.
O miradoiro do Alto da Santa de O Incio, ou de
Vilasouto, ou de Calvos, que de momento non existe, como se queira
chamalo é un lugar doblemente especial: ten unha vista 360º espectacular
e de noite e do mellor da zona, anos luz, e nunca mellor dito...

Vía Láctea dende O Oural. Fotografía de José Camilo López
Pérez.
Prácticamente a pouco kms. do futuro Miradoiro da
Santa.
Por certo xa era hora de que no Incio se falara dun
dato da Ribeira Sacra, o de poñerse as pilas...Si señores...poñerse as
pilas. Este miradoiro xa debera estar feita fai tempo...
Irei poñendo fotografías para demostrar
ó que estou a
decir.

Falo deste lugar, que levaría unha pequena plataforma ou
planchada de poucos metros de altura.
Haberá que poñer unha pequena escaleira nesa
planchada. O resto con poñer o redor pés de pedra e pedra por
riba xa chega e queda ben.
Dous ou tras asentos ben situados sería
suficiente. E listo.
Esta fotografía mira ao norte.

Esta mira ao sur. Aquí é donde habería que facer o
miradoiro.

Podería ser unha cousa así pero o asiento non me gusta.
Finalmente falaremos de
presupuesto, esto Sr. concelleiros do Incio, novos
concelleiros, vale catro duros e faise nun visto e non visto.
Ese diñeiro non pode ser moito, e merece a
pena.
Un
mirador na Ribeira Sacra, neste caso en Vilasouto é máis que
suficiente.
Que hai xente que non vé esta pequena inversión, é o
seu problema...
O futuro está a volta da esquina e cantas máis cousas se
teñan mellor. Esto pón en valor os pueblos...
Mellor un asento, ou varios, con respaldo polo tema de mirar as
estrelas ou descansar, pero o mirador pode ser moi simple e seguro. Pode
ser circular como os castros da zona e de pedra que é o que hai ó redor.
No fai falta utilizar materiais sofísticados e facer un macroproxecto
nin encargalo a un arquitecto de fama mundial....
Buscar seguridade, que as inclemencias do tempo non lle afecten e que
sexa seguro
Aquí queda esta idea. O presupuesto non chega a 10000 €,
a terceira parte do de Bóveda.
Ver algúns das paisaxes que se ven actualmente dende o
Alto da Santa:

A paisaxe é impresionante, como pode verse. Vamos
seguindo de esquerda a dereita.

Vamos seguindo de esquerda a dereita.

Vamos seguindo de esquerda a dereita. O fondo Bóveda. Por
detrás a Ribeira Sacra do río Miño.

Vamos seguindo de esquerda a dereita.

Parte este do lugar. Enfrente O Incio e o Courel. O lugar
do posible miradoiro está máis alto que a estrada, hai sete metros de
diferencia. Si se fai unha planchada por exemplo de 2 metros estamos a
falar de 9 m. máis. A paisaxe é marabillosa.

Esta é a parte do Courel. Hai que limpiar esta zona e xa
se ganan os 9 m.

Esta é a parte norte.
Mellor un asento con respaldo polo tema de mirar as
estrelas ou descansar, pero o mirador pode ser moi simple e seguro. Pode
ser circular como os castros da zona e de pedra que é o que hai o redor.
No fai falta utilizar materiais sofísticados e facer un macroproxecto.
Buscar seguridade, que as inclemencias do tempo non lle afecten e que
sexa seguro
O presupuesto pode ser espectacular de barato si o fan
canteiros e constructores da zona da zona que os hai e son moi bons.
Aquí queda esta idea.
Moitas veces as cousas sencillas son as máis bonitas.
Pensai que ese alto chámase "Alto da Santa" xa que nese lugar seica
apareceu a Santa Cruz, fai moitos anos, e que está hoxe na igrexa de
Vilasouto. Esta historia esta recollida por unha veciña de Calvos,
nun libro que publicou non fai moito e que referencio no apartado
"Calvos especial" o falar da "Búsqueda da vía láctea en Calvos".
Este detalle histórico podería referenciarse no
cartel que pode figurar a carón do miradoiro.