Fotos do río Miño: o estuario e a súa foz.

Decía Otero Pedrayo sobre esta paisaxe que era "...un dos máis solenes e saudosos paisaxes da Europa Atlántica".

Canta  razón tiña...

Neste conxunto de fotografías sobre o estuario poño sete  lugares; todos teñen a súa beleza e todos hai que velos...

A foz a pé de río, dende Camposancos.

A foz dende o Monte Tegra.

A foz e estuario  dende o Niño do Corvo.

O estuario  dende o mirador de Vilanova de Cerveira.

A foz dende o mirador da Ermita de San Antâo (Caminha).

A foz dende Moledo, estrada a Vila Praia de Áncora.

A foz dende o Monte do Faro en Valença.

Ver dos videos propios, elaborado en decembro de 2020 e xuño de 2021 cós títulos:

O estuario do río Miño/Minho

Misterios do estuario do Miño/Minho

 

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende Camposancos a pé de río

Inicio as fotografías da foz do río Miño na praia de Camposancos, unha praia situada na misma foz e que tan gratas lembranzas trae ó que escribe. Dende esta praia e camiñando río arriba do Miño ou cara ó mar as sorpresas están a cada paso, fauna, flora, natureza, marabilloso paseo ata a Guarda...e un longo etc..

O estuario do río Miño dende Camposancos, coa marea baixa; nestes caso o río Miño entra claramente no oceáno atlántico e vese perfectamente. Resulta curioso ver como na marea alta non se ve como o río Miño penetra no mar, vai por debaixo...

Realmente esta fotografía mostra a foz do río Miño; os galegos a boca das rías ou dos ríos que desembocan no mar chamámoslle foz. A toda a zona da desembocadura, ou sexa onde o río queda cuberto pola preamar, nesta caso ata Tui decimos estuario ou esteiro.

Nesta fotografía vese claramente como vai a corrente do río Miño, esto soio pasa cando a marea está baixa. No outro caso, coa marea alta,  o río Miño parece como si non existira, pasa por baixo.

Outra fotografía da foz do río Miño entrando no mar nesa franxa entre as rocas de Camposancos e a fortaleza portuguesa da Insua.

 

A misma fotografía cunha rocha que semella unha dama mirando como o río Miño entra no mar. Todo un espectáculo. Pero ollo esto soio se ve dende unha posición, hai que buscala...a señora non se deixa ver facilmente...

A misma fotografía, dous anos despois,  2019,  coa nosa señora esta vez adornada cunha gaivota no moño...

 

Vista da foz do río Miño dende Camposancos, o fondo Moledo e por suposto a loita diaria entre o mar e o río.

 

O luscofusco ou posta do sol na zona é espectacular. Ó fondo a Fortaleza e o pobo portugués de Moledo.

 

O sol poñéndose na zona. As rocas da zona de Camposancos permiten estas fotografías... Quizais o río Miño, xa vello, descansando...

A misma fotografía noutro día; semella un home que dorme ou polo menos descansa vendo o entorno... A fotografía está sacada no paseo que vai dende Camposancos ata A Guarda. Un lugar único e marabilloso que me gusta moito recorrer coa miña dona.

..."esa foz que ao solpor cruzan en V as bandadas dos patos e mazaricos, bico ás brumas misteriosas do alén...", dice Eliseo Alonso no libro Contos do Miño

Outra imaxen.

Un lugar fora de serie. O solpor é único neste lugar.

Todas as fotografías están sacadas dende Camposancos polo autor da web: Secundino Lorenzo.

Aquí o río Miño faise inmortal...

O chegar paseando ata a Guarda é posible ver estas postas de sol que semellan acuarelas...¡que as disfrutes tanto coma min!...Agosto 2019.

 

Por certo na desembocadura do río Miño hai unha pequena ruta de 3.6 km chamada Senda Litoral da que estou namorado. Ver o que hai na ruta e veredes as miñas razóns.

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A foz dende o monte Tegra.

Subir o Monte Tegra é unha ledicia, é pura historia e as vistas do estuario do río Miño son marabillosas. Esta é unha panorámica do que se pode ver.

Deste lado Camposancos, no medio o Pai Miño, enfrente Portugal con Caminha,  Moledo e Áncora.

Outra vista da foz do río Miño con Camposancos nesta beira do río Miño e Moledo e Áncora. O forte da Ínsua no medio. O Atlántico espera o río entre a Barbela e o forte.

Outra vista, dende o Mirador do Monte Tegra. No máis alto...

Río arriba,  no estuario do río Miño,  aparecen as ínsuas que formou o río e que están consolidadas A Canosa, Grilo, Varandas e outras. Por certo estas ínsuas que son de España e outras de Portugal están especificadas, cada unha delas, na miña web.

A esquerda vese o pueblo español de A Pasaxe e enfrente o portugués de Seixas.

 

 

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O estuario  dende o  mirador Niño do Corvo.

 

Non coñecía este mirador marabilloso e distinto; dou as gracias ó meu amigo Manuel Sánchez Aguirre (Manolo), un amante e coñecedor destas terras únicas. Faloume moi ben deste mirador, e a verdade tiña toda a razón. É distinto e espectacular. Gracias Manolo.

A vista dende este mirador é distinta, permite ver o estuario do río Miño e todo o val de O Rosal e os  seus viñedos. Ver a parte dereita deste mirador onde aparece o Monte Tegra.

 

Pola parte esquerda do mirador a vista vai dende Goián ata pasado Tui  pola banda dereita do río,  e dende Vilanova de Cerveira ata Valença pola banda esquerda (o revés na fotografía). Impresionante.

 

Estuario do río Miño. San Miguel de Tabagón e a ínsua Canosa. Tamén o valle e estuario do río Tamuxe.

 

Outra vista. Aquí vese a foz do río Miño.

Haberá que volver a este mirador. Merece a pena.

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O estuario de Miño dende Vilanova de Cerveira.

 

Fotografía do estuario do río Miño subindo ó mirador de Vilanova de Cerveira. Unhas vistas marabillosas do estuario do río Miño. En primeiro término Vilanova da Cerveira coas ínsuas Boega e Dos amores. Ó fondo o monte Tegra .

 

Aquí vense mellor as ínsuas Boega e Dos Amores, con Vilanova da Cerveira en primeiro término.

 

Xa no mirador a vista é impresionante e marabillosa. Está sacada dende a Ermida da Sra.da Encarnaçao. preto do Mirador do Cervo.

 

O estuario do río Miño dende o mirador en Vilanova de Cerveira.

O estuario do río Miño dende o mirador en Vilanova de Cerveira. Esta fotografía é de agosto do 2020. 30/08/2020

 

Outra fotografía deste mirador unha tarde do día 30/08/2020. Todas as fotografías son de Secundino Lorenzo.

Neste mirador puseron un columpio espectacular este ano 2020, ver fotografías míñas do columpio.

 

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A foz dende a Ermita de Santo Antâo en Caminha.

 

Fotografías sacadas dende a Ermita de San Antâo en Caminha. A ermita está a 373 m. s.n.m e as vistas da foz e do estuario do río Miño, río Minho en Portugal,  son marabillosas. Na fotografía vese dende Moledo ata Seixas en Portugal.

Enfrente Camposancos e o Monte Tegra, a dereita A Pasaxe e o Rosal.

Outra vista do estuario do río Miño dende a foz ata máis arriba de Seixas. Espectacular vista.

A foz do río Miño. A esquerda o Forte, enfrente o Monte Tegra. Vista dende a Ermita de San Antâo en Caminha.

 

Acercando a imaxen anterior.A foz do río Miño con Camposancos enfrente e por suposto o Monte Tegra. Nesa zona hai unha ruta espectacular que chega ata A Guarda.

En primeiro término Moledo e a dereita a foz do Miño.

Terei que volver a disfrutar destas vistas e si é posible ver o solpor dende esta pequena ermita. Prometo fotografías do evento.

Ó prometido é deuda, aquí tendes as fotografías:

Non tuven moita sorte este día xa que había moita nebla que impidiu ver un solpor limpo, pero a fotografía e o momento foi espectacular. A fotografía é dos primeiros días do mes de agosto de 2018.

Ese día a fotografía estaba uns kms. máis atrás observar as correntes e os efectos das mismas no río Miño. Caminha e enfrente a Canosa.

Aquí xa tuven máis sorte e a fotografía fai honor a ela. Momento incrible. Nove de agosto de 2018. Casi as 21:45.

Ver esta fotografía a toda pantalla e máis grande.

Solpor da Foz do Minho dende a Capela de San Antâo en Caminha.

 

Por baixo da capela de San Antâo hai este cruceiro e este lugar tamén marabilloso para ver o solpor na Foz do río Minho dende Caminha en Portugal.

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A foz dende Moledo, estrada a Vila Praia de Áncora

 

Fotografía da foz do río Miño, Minho en Portugal, dende Moledo. Ó fondo o Monte Tegra. Unha praia marabillosa...

A fotografía está sacada dende a estrada que leva a Vila Praia de Áncora.

 

 

  Volver.