Fotos do río Miño: o estuario e a súa foz.

Fotos dende o Monte do Faro.

Mirador de Sta. Ana. Valença do Miño.

 

Decía Otero Pedrayo sobre esta paisaxe que era "...un dos máis solenes e saudosos paisaxes da Europa Atlántica".

Canta  razón tiña...

Descoñecía este mirador marabilloso e dende aquí dou as gracias o meu amigo Javier López, que foi o que me puxo en camiño. Gracias Javier e non perdas as mañas e informa desta cousas marabillosas.

Fotografía Secundino Lorenzo.

Nada mais chegar a este mirador xa queda un sorprendido, moito antes de achegarse a paisaxe increible que hai na beira. A paisaxe é maxestuosa.

 

Non falta nada: dúas fontes, un cruceiro e unha pequena capela, neste caso adicada a Sta. Ana. Así se chama este mirador. Mirador de Santa Ana, situado no monte do Faro en Valença.

 

 

Achegándose un pouco mais. Por certo na zona hai todo tipo de árbores, algúns frutais. Chama a atención a cantidade que hai de Loureiro de Portugal, en galego acereiro ou loro.

Esta é parte da paisaxe que se pode ver dende o mirador, dende o Monte Aloia en Tui a dereita ata ben pasado o Monte Tegra na Guarda. No centro Valença de Miño e Tui.

 

Achegándose un pouco vese a foz do río Minho. Espectacular.

 

 A miña cámara non daba máis vese a foz do río Minho e por suposto o Tegra. Espectacular.

 

Enfrente vese Tui, concretamente a súa Ponte famosa.

 

Detalle da Ponte de Tui.Ponte internacional de Tui feita en 1884. Por ela pasan o ferrocarril, vehiculos e peóns.

 

Tui: a catedral a esquerda e a dereita a comandancia de Marina. O miño cando se desmadra ou sexa, nas cheas a auga chega a comandancia, ver a dereita abaixo. Na súa parede están marcadas as enchentas do río. Ver na miña páxina o tema das cheas, onde aparece a fotografía.

 

 

 Detalle dun mural situado no centro do mirador, a frase é tan impresionante como a paisaxe. Aparece no libro "O Minho Pintoresco" de Augusto Vieira.

Ata aquí as miñas fotos deste lugar marabilloso ao que hai que volver.

Repito as grazas a Javier.

 

-o-

Para rematar poño un link a un video de Vimeo que xa me gustaría que foxe meu, pero non é. O video está sacado de internet e mostra como pode verse o longo do día esta marabilla.

Que o disfrutedes.

Paisagem Minho 01 from Link on Vimeo.

 

 

  Volver.