Fotografías do río Miño.

Na fotografía a foz do río Miño dende os miradores de Vilanova de Cerveira. Espectaculares vistas das ínsuas Boega e Dos Amores e ao fondo a foz do río Miño co monte Tegra. Fotógrafo:  Secundino Lorenzo.

Fot. do nacemento do río Miño

Fot. do Miño en Portomarín-2002.

Fot. do río Miño nos Peares.

Fot. do Miño: de Ourense ata Castrelo.

Fot. da Ponte de Castrelo de Miño.

Fot. do Miño: Castrelo-Vilanova de C.

Fot.: Foz e estuario do Miño.

Fot. do Miño, Pai do Viño.

   Saír ao  río Miño     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotos do río Miño: o seu nacemento.

 

Este é o Pedregal de Irimia, unha gran fonte en forma de embudo,  onde nace o río Miño. Está na Serra de Meira en Lugo. Na fotografía, ó fondo, o pueblo de Meira.

Pedregal de Irimia, onde está demostrado nace o río Miño, na Serra de Meira. Aquí debaixo de cada pedra pode oirse o río Miño; a poucos metros, ver fotografía seguinte, o río Miño é un regatiño...

Este regatiño que se ve na fotografía é o nacemento do río Miño, na Serra de Meira en Lugo.

 

Outra vista do Pedregal de Irimia. Ó fondo o pueblo de Meira e máis aló Fonmiñá, onde se decía que nacía o río Miño.

 

O río Miño en Meira, os poucos kms, soio 2,5 km., do seu nacemento. Xa recibiu uns cantos regatiños e xa se vai formando como río. Fonmiñá está a 2,5 km. de Meira, máis abaixo.

Entre o Pedregal de Irimia e Fonmiña hai 230 m. de altitude de diferencia.

 

Remito a miña visita o Pedregal de Irimia e a Fonmiñá.

Ver estas fotografías.

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotos do río Miño: o estuario ou a súa Foz.

Decía Otero Pedrayo sobre esta paisaxe que era "...un dos máis solenes e saudosos paisaxes da Europa Atlántica".

Que razón tiña, digo eu...

Neste conxunto de fotografías sobre o estuario poño catro lugares; todos teñen a súa beleza e todos hai que velos...

A foz a pé de río, dende Camposancos.

A foz dende o Monte Tegra.

A foz dende o Niño do Corvo.

A foz dende o mirador de Vilanova de Cerveira.

  Volver.

-o-

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende Camposancos a pé de río

O estuario do río Miño dende Camposancos, coa marea baixa; nestes caso o río Miño entra claramente no oceáno atlántico e vese perfectamente. Resulta curioso ver como na marea alta non se ve como o río Miño penetra no mar.

Nesta fotografía vese claramente como vai a corrente do río Miño, esto soio pasa cando a marea está baixa. No outro caso, coa marea alta,  o río Miño parece como si non existira, pasa por baixo.

Outra fotografía do río Miño entrando no mar nesa franxa entre as rocas de Camposancos e a fortaleza portuguesa da Insua.

 

A misma fotografía cunha roca que semella unha dama mirando como o río Miño entra no mar. Todo un espectáculo.

 

O luscofusco ou posta do sol na zona é espectacular. Ó fondo a Fortaleza e o pobo portugués de Áncora.

 

O sol ponéndose na zona. As rocas da zona de Camposancos permiten estas fotografías...

A misma fotografía noutro día; semella un home que dorme ou polo menos descansa vendo o entorno... A fotografía está sacada no paseo que vai dende Camposancos ata A Guarda. Un lugar único e marabilloso que me gusta moito recorrer coa miña dona.

..."esa foz que ao solpor cruzan en V as bandadas dos patos e mazaricos, bico ás brumas misteriosas do alén...", dice Eliseo Alonso no libro Contos do Miño

Outra imaxen.

Un lugar fora de serie.

Todas as fotografías están sacadas dende Camposancos polo autor da web: Secundino Lorenzo.

Aquí o río Miño faise inmortal...

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A foz dende o monte Tegra.

Subir o Monte Tegra é unha ledicia, é pura historia e as vistas do estuario do río Miño son marabillosas. Esta é unha panorámica do que se pode ver.

Deste lado Camposancos, no medio o Pai Miño, enfrente Portugal con Caminha e Moledo e Áncora.

Outra vista do estuario do río Miño con Camposancos nesta beira do río Miño e Moledo e Áncora. O forte da Ínsua no medio. O Atlántico espera o río entre a Barbela e o forte.

Outra vista, dende o Mirador do Monte Tegra. No máis alto...

Río arriba no estuario do río Miño aparecen as ínsuas que formou o río e que están consolidadas A Canosa, Grilo, Varandas e outras. Por certo estas ínsuas que son de España e outras de Portugal están especificadas, cada unha delas, na miña web.

A esquerda vese o pueblo español de Pasaxe e enfrente o portugués de Seixas.

 

 

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Foz dende o  mirador Niño do Corvo.

 

Non coñecía este mirador marabilloso e distinto; dou as gracias o meu amigo Manuel Sánchez Aguirre (Manolo), un amante e coñecedor destas terras únicas. Faloume moi ben deste mirador, e a verdade ten toda a razón. É distinto e espectacular. Gracias Manolo.

A vista dende este mirador é distinta, permite ver o estuario do río Miño e todo o val de O Rosal e os  seus viñedos. Ver a parte dereita deste mirador.

 

Pola parte esquerda a vista vai dende Goián ata pasado Tui pola banda dereita do río e dende Vilanova de Cerveira ata Valença pola banda esquerda (o revés na fotografía). Impresionante.

 

Estuario do río Miño. San Miguel de Tabagón e a ínsua Canosa. Tamén o valle e estuario do río Tamuxe.

 

Outra vista.

Haberá que volver a este mirador. Merece a pena.

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A foz dende Vilanova de Cerveira.

 

Fotografía da Foz do río Miño subindo o mirador de Vilanova de Cerveira. Unhas vistas marabillosas da Foz do río Miño. En primeiro término Vilanova da Cerveira coas ínsuas Boega e Dos amores. Ó fondo o monte Tegra .

 

Aquí vense mellor as ínsuas Boega e Dos Amores.

 

Xa no mirador a vista é impresionante e marabillosa.

 

A Foz do río Miño dende o mirador en Vilanova de Cerveira.

 

  Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte de Castrelo no río Miño

 

A Ponte de Castrelo no Ribeiro unha triste historia...

Neste link tendes fotografías e un pouco de historia desta ponte importantísima no Ribeiro en Ourense.

  Volver.