Fotografías do río Miño:

Castrelo de Miño - Vilanova de Cerveira.

Fotógrafo:  Secundino Lorenzo.

Fotografía da presa de Castrelo de Miño. Enfrente Ventosela.

Unha presa de moi pouca capacidade, 60 Hm3 e 127 MW de potencia. Feita en 1963-69. Nesta misma páxina tendes, no partado de encoros do Miño máis datos deste encoro.

Foi moi contestada e realmente fixo moito daño no viñedo sensacional da zona, que desapareceu asolagado. Penso que hoxe non se hubera feito. Nesta misma páxina tendes toda esta historia da presa de Castrelo de Miño..

Ponte de Castrelo de Miño.

Ponte histórico, tristemente histórico,  que está a pouco mais de medio km. por debaixo da Presa de Castrelo de Miño.

A súa historia e mais fotografías podedes velas noutro apartado de fotografías do río Miño.

Fotografía do río Miño en Francelos, preto de Ribadavia. A esquerda desemboca o río Avia e enfrente o río Arnoia.

Ata aquí chega actualmente a cola do encoro de Frieira.

Desembocadura do río Arnoia no río Miño. Hoxe este lugar está anegado polo encoro de Frieira.

Neste lugar, a un km.,  está o Balneario de Arnoia.

Enfrente desembocan o río de Barcia, o río Outeiro,  e o río de Melón, o río  Cerves.

Panorámica dende un mirador que hai en Filgueira, mirador de Guillade. Na fotografía vense as dúas pontes que atravesan o río Miño cara a Cortegada, tamén Filgueira e Cortegada. No meandro desemboca o río Deva (o de Quintela de Leirado). O fondo a dereita está o balneario de Cortegada e arriba na montaña Trado. Foto Secundino Lorenzo.

 

Fotografía do río Miño por debaixo de Filgueira. A ponte que leva a Cortegada vese a esquerda. Un pouco máis abaixo desemboca o río Deva que baixa  de Quintela de Leirado e tamén está o Balneario de Cortegada.

Esta fotografía está sacada dende o tren que leva de Ourense a Vigo e que vai ata Salvaterra de Miño a carón do canle do río. Unha mágoa que o tren non permita sacar fotografías directas, non hai ventanillas como fai anos,  o traxecto é marabilloso e ten unhas paisases fora de serie.

Seguindo o río Miño e antes de chegar a Frieira atopámonos co Balneario antiguo de Cortegada; remodelado no ano 1937 e hoxe xa dedicado a outros menesteres. Podedes ver a súa historia na miña ficha do río Miño.

Na fotografía o encoro de Frieira, de momento o último encoro do río Miño antes de chegar o mar. Un encoro pequeno 44 hm3 cunha potencia de 147 MW hoxe aumentada xa que se fixo ou deixaron facer unha minicentral na parte esquerda da fotografía.

Este encoro é unha auténtica desgracia para a subida de toda a fauna piscícola do río Miño, por si fora pouco as súas subidas e baixadas de nivel fan que os desoves sexan outra desgracia e algunhas especies como o sables e sabogas non suban polas carecterísticas das súas augas.

É de Gas Natural Fenosa, a dona do río Miño. Podedes ampliar os datos en varias fichas desta páxina web.

Esta fotografía foi sacada fai máis de quince anos, e nela vese un trociño da escala que tiña esta presa para subir as anguías. Simplemente esperpéntica...

A fotografía está feita a carón da presa de Frieira, na parte dereita, según o sentido do río. Non hai datos de subida de anguías...sería de risa...

Aquí tendes como polo ano 2000 se recollían anguías nesta presa, aproveitando esa saída de auga das comportas. Aproveito esta fotografía, de agosto de 2000,  para dar as gracias o grupo ecoloxista do Ribeiro Coto do Frade, hoxe desaparecido, pola súa labor e reivindicación da recuperación de centos de kg. de anguías que non podían pasar neste encoro por non estar previsto. Neste link un pouco de historia.

Esta foi unha das solucións que deu Fenosa a subida do salmón e a anguía en Frieira; outro engano máis...

O malo é que ó pagamos todos.

Nesta misma páxina tendes o proxecto  e fotografías, proxecto cofinanciado pola Unión Europea, seica era  "ex-cátedra". Foi un timo...

Esto é o que hai hoxe. Autorizaron na parte dereita unha minicentral e aproveitaron para facer unha escala de peixes que se ve na fotografía. Seica gracias a esta escala están a recollerse anguías e salmóns. Descoñezo o dato estadístico, seica se teñen recollido algún salmón e algúns kg. de anguías.

Estas fotografías figuran nesta web xa que son a historia pura e dura dunha ilegalidade feita no río Miño, xa que ilegalidade é que os salmóns, troitas, anguías, sabels, sábogas, e lampreas non poidan subir polo seu río e facer un desove como facían fai anos. Cando se fixeron estas presas a lei era clara, "tiñan que facilitar a subida das especies migratorias..." pero foi incumplida, era máis barato pagar a multa ou non pagala... O demais, ver as fotografías, son "paus de cegos" para tratar de xustificar o erro estudiado.

Esta fotografía onde se ve parte da presa de Frieira ten unha peculiaridade: no medio, xusto enfrente,  desemboca o río Barxas ou río Troncoso e marca a fronteira, a chamada "raia mollada" dende este lugar e a desembocadura do río Miño. En total 75,5 km. de río Miño que compartimos Galicia e Portugal. Parte dereita Galicia, parte esquerda Portugal.

A fotografía está sacada dende a Estación de tren de  Frieira.

Nesta fotografía, sacada en abril de 2019 por S. Lorenzo,  vese mellor a desembocadura do río Troncoso, xusto no medio enfrente. Este río marca,  a partir deste lugar,  a fronteira de España e Portugal.

 

Fotografía do río Miño sacada en agosto de 2000. É a paisaxe que hai por debaixo da presa de Frieira.

A misma fotografía que a anterior sacada en febreiro de 2018. A partir deste lugar o río Miño é un caixón de sorpresas e de marabillas.

Soio dous datos:o primeiro é que en 25 kms do río Miño hai nada menos que por riba das 400 pesqueiras que son muros construídos no leito do río, que se utilizaron e utilizan para pescar lampreas e salmóns e que non entendo como inda hoxe no ano 2018 non son patrimonio da humanidade. Son, sin lugar a dúbidas,  un patrimonio arquitectónico, paisaxístico e medioambiental único.

O segundo dato simplemente cito un texto de Cervera Valderrama no ano 1908 que decía no seu libro " LA PESCA EN EL RÍO MIÑO":

"...es sin duda alguna el Miño el vivero más rico y productivo de toda la península Ibérica. La situación geográfica, la tranquilidad de sus aguas, la carencia de navegación y los numerosos afluentes que sin régimen torrencial vierten las aguas en el río, son componentes de primera calidad para criar buena y abundante pesca. Y no solamente ha sido y es magnífico vivero, sino por razón natural de las condiciones del país en que está enclavado, cuya riqueza es exclusivamente agrícola, lo será por mucho tiempo; porque tardaremos de ver en él las obras de canalización y muelles, y el ruido de vapores y máquinas no ahuyentarán a los peces, como los han expulsado de los del mar Cantábrico, antes abundantes en las exquisitas especies..."

Nesta fotografía, sacada dende a Ponte Internacional Arbo-Melgaço vense tres pesqueiras, neste caso da parte de Portugal.

Si queredes profundizar no que son as pesqueiras, os tipos de pesqueiras e como se utilizan,  podedes ver este término no meu dicionario fluvial da páxina "Os ríos galegos".

Pesqueiras de Arbo, xusto debaixo da Ponte Internacional. Esta pesqueira ten catro poios e o rabo  e son pesqueiras de biturón. Como enfrente hai unha similar, neste caso  é Portugal, a pesqueira pode considerarse de rabo cruzado. (Esta fotografía é de María Lorenzo)

Non descarto facer un apartado das pesqueiras nesta ficha do río Miño.

Fala das pesqueiras o traballo "A lamprea do río Miño" de Alfonso Vázquez Martínez, que figura neste traballo sobre o río Miño.

Neste trociño do río Miño, sacada de Google Earth vese a estación de Sela e unha das pesqueiras mais famosa do Miño, a pesqueira de Raña de Almansa en Sela. Nótese que está enfrentada a outra pesqueira esta na parte de Portugal que se chama As Ranhas e fan así un conxunto que se chama "pesqueiras de rabo cruzado" de tal maneira que entre as duas obligan a pesca a non ir polo medio pola corriente e entrar desta forma os vituróns ou veiróns.

Existe un catálogo de Pesqueiras perfectamente estudiado que é de onde tomo os datos anteriores e a fotografía. Este catálogo está realizado pola "Consultora galega s.l.".

O título do traballo é: " Bases de actuación para o establecemento de protección e posta en valor do sistema de pesqueiras do tramo transfronteirizo do río Miño"

 

Pesqueira " Raña de Almansa" de Sela (Arbo). Río Miño, fotografía sacada na estiaxe do río.

Esquema da pesqueira. Os textos son do autor da web.

Pesqueira de Raña de Sela (descoñezo o autor da fotografías. Realmente está sacada dun  sensacional traballo feito  por Consultora Galega S.L. sobre as Pesqueiras do río Miño).

" É unha pesqueira das máis sofisticadas a chamada de "rabo cruzado" e compose de 5 poios, cada un máis baixo que o anterior e cruza o río obligando a pesca a meterse nesa parte e ser pescada cando sube. Cada poio ten dez metros de largo e unha anchura entre eles de 1 a 1,5 m, cunha altura de 2 metros, vai baixando en altura ata o rabo"

Nesta fotografía, sacada o día 17/02/2018, vese esta pesqueira. O río iba moi alto. En primeiro término un pequeno cobertizo onde se gardan as redes, etc. logo vese parte da pesqueira e tamén o efecto que fai no río en V,  o que se chama pesqueira de rabo cruzado.

Outra fotografía desta pesqueira.

O río Miño ese día iba moi alto o que impide ver a pesqueira ó completo,  quedan poios e o rabo ocultos.

Esta pesqueira é das máis completas do río Miño.

A zona, a praia de Sela, o entorno, os paneis informativos tanto da pesqueira como da ruta das pesqueiras deixoume impresionado. A miña enhoraboa os responsables; merece a pena facerlle unha visita.

Outra fotografía desta pesqueira sacada os dous días, 20/02/2018,  e co río un pouco máis normal.

Praia de Sela perfectamente cuidada e cuns accesos con moito gusto e ben estudiados, permiten acceder en silla de rodas. En frente un estanque piscina de augas termais e a dereita a pesqueira. En cada rincón unha explicación sobre os tipos de pesqueiras, a pesca no río Miño, as especies pescables e datos da ruta das pesqueiras; tamén as características das augas termais da piscina. ¡Así se fan as cousas!...

De volta de Sela subín o alto de San Fins, 670 m., dende onde podemos ver todo o val do Miño dende Filgueira ata Tui. Espectacular. Costa chegar a capella dedicada o santo e o mirador pero merece a pena. As montañas que se ven son de Portugal, Melgaço e Monçao.

Outra vista dende o alto de San Fins. Estas rochas que máis ben semellan seres de fai millóns de anos, macho e femia, parecen contemplar e con moito gusto esta paisaxe singular e marabillosa.

Fotografía do río Miño en Arbo. De frente pola marxen dereita desemboca o río Deva o que nace en terras da Cañiza. Neste lugar o río fai uns meandros espectaculares.

Este día fixeron a baixada, dende Frieira,  alumnos do Ies As Lagoas de Ourense e tuven a sorte de sacar esta fotografía.

Na fotografía hai varias pesqueiras.

Outra vista con pesqueiras en Arbo.  A man esquerda Portugal, a man dereita España.

Fotografía sacada polo autor da web onde se ven os poios, neste caso catro,  entre os cales se pon o viturón (vutrón ou voitirón) que será o que pesque os peixes. Nos dous da esquerda está posto.

Río abaixo, fotografía dende o tren. 2018. Unha mágoa que non se poida sacar mellor, as paisaxes que hai entre Frieira e preto de Tui, onde se desvía para Porriño, son espectaculares; merece a pena facer o traxecto.

Outra imaxen, tamén feita dende o tren, Ourense-Vigo...nótase ben...

Ese día 0 07/02/2018 saquei moitas fotografías pero non tuven sorte, aparte do doble luna do tren estaba chovendo. As fotografías que eu vía eran acuarelas pero o resultado moi malo...

Fotografía do río Miño sacada en Salvaterra do Miño o 20/02/2018. O fondo a ponte que cruza a Monçao en Portugal.

Salvaterra de Miño ten un entorno a beira do río marabilloso e moi cuidado: xardíns, paseo fluvial e as beiras do Miño moi cuidadas.

Outra fotografía (13/02/2014) do río Miño dende a Comandancia de Marina de Tui. O río estaba un pouco subido. Na fotografía vese o patrullero "Cabo Fradera", que é o que se encarga da vixianza desta zona, controlando a fronteira con Portugal

Outra fotografía,  ano 2015,  do río Miño dende a Fortaleza, en Valença (Portugal) Na fotografía vese Tui ó fondo e a ponte vella internacional Valença - Tui que foi inaugurada o 25 de marzo de 1886, pero que xa en 1884 estaba operativa, obra do rioxano Pelayo Mancebo y Ágreda. Ten unha lonxitude de 399 m.

Durante cen anos tuvo que soportar todo o tráfico de fronteira tanto por estrada como por tren; era a única ponte na zona que unía a España e Portugal.

A ponte que foi realizada pola empresa belga "Braine de Compte" por 205.766.000 reais, que pagaron entre os gobernos de España e Portugal.  facía o mismo tempo de ferroviaria, na parte de arriba, viaria na parte de abaixo e peatonal nas beiras da parte de abaixo.

Os inxeneiros foron o principio Eugenio e Ernesto Rolín, e logo Augusto Cazaux.

O único que se cambiou do proxecto de Pelayo Mancebo foron os pilares que estaban previstos metálicos e remataron sendo de pedra.

Nesta fotografía, vese unha maqueta desta ponte así como fotografías da súa inauguración;  está feita na  Fortaleza, en Valença (Portugal), onde hai unha sala dedicada a lembrar a importancia que tuvo esta Ponte na  comunicación no Baixo Miño de España e Portugal.

Observar que o tren vai por riba e os autos e os peatóns por baixo.

Nesta fotografía, tamén feita na exposición, figura  a lembranza da conmemoración da Inauguración que foi  o vintecinco de marzo de 1886. A esquerda figura a fotografía da misma e a dereita o texto do periodista Gullherme da Silva que escribiu o evento para o diario  "O Valenciano", no II aniversario. Seica as autoridades de España e Portugal chegaron ata o medio da ponte en dous trens distintos, a locomotora española tiña por nombre "Alfonso XII" e a portuguesa "Valença", alí fixeron as presentacións os inxeneiros representantes das dúas liñas ferreas e logo pasarían a estación de Valença, onde se rematou o acto, no que non faltou nada, concertos, bandas de música, comida, etc.. Asistiron máis de oito mil persoas.

Fotografía do evento o 25 de marzo de 1886, descoñezo o autor da misma. Ese día a xente, máis de oito mil personas,  aglutinouse no comenzo da Ponte en terras Tui (España), na Ponte en si como pode verse, e na parte final da Ponte, xa en terras de Valença (Portugal). Finalmente  na Estación de Valença, onde tuveron lugar parte dos actos programados.

Fotografía, dende o mirador de Vilanova de Cerveira,  das ínsuas Boega e  Dos Amores, as dúas de Portugal. O fondo á dereita o monte Tegra e no medio a desembocadura do río Miño.

Fotografía, dende o paseo de Vilanova de Cerveira; paseo onde está entre outras cousas o Parque Castelinho e o Aquamuseo do río Minho, unha marabilla que hai que visitar.  O fondo á Ponte da Amizade que une Vilanova de Cerveira e o Rosal.

 

Vista panorámica: a esquerda Vilanova de Cerveira e a dereita a Ponte da Amizade,  que comunica Portugal con España; Vilanova de Cerveira e o Rosal.

        Volver á río Miño                     Volver a  río Miño