Fotos da Senda Litoral.

 A Guarda desembocadura do río Miño

Escribe Secundino Lorenzo.

Nota: as fotografías que non poñen ao autor

 son propiedade de Secundino L.

 

 

Trociño do folleto que A Guarda dedica a presentar as súas rutas de senderismo e natureza.

Esta senda recorre a Costa de A Guarda dende a desembocadura do río Miño ata o Porto de A Guarda. Son exactamente 3.6 km. marabillosos. A senda é peatonal pero tamén ten un tramo de bicicletas.

Ida e volta supoñen un pouco mais de sete kms.

A dificultade é minima e o final supón un paseo doado de facer e moi agradable.

Mapa da Ruta da Senda Litoral. Ano 2024. Pola nosa banda facemos unha ruta de ida e volta dende a Praia do Muíño ata a Cetarea A Grelo máis ou menos dependendo do día e as forzas...

Recomendo facer a ruta a primeira vez a modiño, disfrutando da paisaxe e do moito que hai que ver  e logo facela cada un ao seu paso, respirando os aires da zona que son únicos;  merece á pena.

A senda está perfectamente construida e presenta este aspecto de madeira na súa primeira mitade; aspecto moi discutible si se descoñece que este paso elevado respeta o "Seixal", topónimo que designa os "seixos" ou cantos rodados que hai na zona con moita abundancia. Estos cantos rodados están acumulados, de forma natural,  en moitas zonas e con esta forma da madeira, elevada, hai continuidade nos mismos. En tempos foron usados como ornamentais, pero hoxe está prohibido a súa sustracción.

Na fotografía van camiñando os meus netos, unha das miñas fillas e a miña dona; conmigo, que son o fotógrafo,  somos cinco namorados desta senda litoral. Hai moitos máis...

Esta fotografía da senda permite ver o detalle dos cantos rodados que se foron acumulando e como a tarima posta permite respetalos. Esa é a razón de que se fixera con madeira elevada sobre o terreno.

 

Outra vista do paseo, neste caso vista de paxaro sacada do libro "Aeroguía del litoral galego", na misma aparece á esquerda A Guarda e á dereita a praia do Muíño en Camposancos.

Nesta gran fotografía pode verse, a vista de paxaro,  a maxestosidade da zona, en primeiro plano o río Miño desembocando no Atlántico, a ínsua do forte, que é portuguesa,  e enfrente o monte  Santa Trega e claramente a praia do Muíño onde se pode comenzar, ou terminar,  a ruta ata A Guarda. Detrás do Monte Santa Trega o Monte Terrón; os seus pés A Guarda. A ruta chámase Senda Litoral por algo...

Descoñezo ao autor da sensacional fotografía.

É tamén impresionante esta fotografía da zona, nela vese perfectamente a praia do Muíño e o comenzo da ruta. Descoñezo ao autor desta fotografía sensacional.

 

Detrás deste Hotel e esta praia do Muíño comenza a Senda litoral. Senda que está perfectamente indicada. Dende este lugar ata A Guarda hai casi 4 km.

Outra vista da praia do Muíño. Fotografía do ano 2022.

 

A ruta parte por detrás do Hotel El Molino.

Este pode ser o inicio da senda, detrás do Hotel El Molino, inda que hai outros. Pulsando no  QR debérades ter os datos da senda.

A praia do Muíño coa marea baixa.

No primeiro tramo hai actualmente, -ano  2020-,  unha zona que chaman "Piñeiral Castrexo" onde hai unha serie de pinturas que  compoñen distintas figuras,  entre varias árbores. Na figura un disco solar. Moi orixinal.

Este é o anuncio do "Piñeiral castrexo", que podedes ver en Facebook.

Buscando unha posición ao unir as pinturas destas catro árbores vese un "Nó de Salomón". Este esvástica "típica do Miño" foi atopada nesta zona miñota, de singular relevancia pola súa temática. Esta fotografía doble está sacada do "facebook Piñeiral Castrexo".

 

Fotografía de xullo de 2021 do "Nó de Salomón", aquí habería que poñerse un pouco a dereita. Tamén na tarima da senda dibuxaron unha posición onde si un se situa nela vese moito mellor o dibuxo.

Fotografía de xullo de 2022, o "trisquel". Este ano retocaron varios dos dibuxos ó que é de agredecer. Feliz idea.

Fotografía dunha "espiral". Xullo 2022.

Fotografía dun "Axedrezado xogo". Xullo 2022

As figuras que aparecen  son:  trisqueis, laberintos, esvásticas, nós  de Salomón,  discos solares e espirais. Tamén hai un mural explicativo de todos os dibuxos.

Unha forma máis de potenciar a ruta. Sorprende. ¡Enhoraboa os autores!, visitai en Facebook os datos do traballo.

 

Este ano 2024 está incorporado á Senda Litoral este cartel onde aparecen as especies de flora exótica que representan unha amenaza os ecosistemas dunares. Unha información básica para manter as dunas en perfectas condicións no futuro.

 

A senda permite ollar paisaxes da desembocadura do Miño como este.

Neste lugar, pero en distintos momentos pode verse un auténtico espectáculo: si a marea está baixa vese o río Miño como entra no mar. Si a marea está alta o río Miño desaparece, vai por baixo. ¡Incrible misterio!.

Outra vistas ao río fan estas acumulacións, neste caso de  conchas de mexilóns... Fotografía de xuño de 2021; a anterior e as seguintes son do 2020.

Outra fotografía da foz do río Miño entrando no mar nesa franxa entre as rocas de Camposancos e a fortaleza portuguesa da Ínsua. Por certo nesta fortaleza seica hai previsto facer un hotel de primeira, e por suposto unha ponte que leve a praia de Moledo. Todo ó que sexa potenciar esta zona única sexa benvido...De tódolos xeitos costa crer o dato...

Outra fotografía do "Forte da Insua", espectacular fortaleza, pertence a Portugal, ubicada a 500 m. de Moledo e 1 km. de Camposancos e que preside a desembocadura do río Miño, de feito é básica para delimitar a raia mollada (fronteira no río Miño entre España e Portugal, ver ese artigo nesta misma páxina web). A súa construción, como se ve hoxe,  data de 1649. A primeira construción data de 1392 e nela vivian monxes franciscanos. Xusto nese treito.

Dende a praia O Muíño pódese ir en barca ata o Forte da Insua, preguntar no tfno. 986614546; tamén tendes ese datos e outros neste link.

Fotografía sensacional do Forte da Insua. Descoñezo ao autor da fotografía.

 

Outra imaxen da desembocadura, neste caso de xuño de 2021. Eu a esa pedra chámolle a "Señora do Miño". Así a bautizamos os meu netos e máis eu, xa fai uns cantos anos.

Por certo que todos os anos saúdo a esta "Señora do Miño"; este ano, xullo 2021,  atopeina moito máis morena...xa lle dixen que non se puxera tanto ao sol...pero é moi teimuda.

Dende a Senda Litoral e despois de pasar O Puntal, onde está a cruz hai unhas vistas marabillosas da desembocadura do río Miño. Neste lugar é posible entender como o río Miño ten moitos problemas para entrar no Océano Atlántico. Na misma desembocadura unhas veces vese o río,  sobre todo coa marea baixa,  e outras veces é o mar que está claramente de dominador.

No video que poño a continuación está claro quen pode. É todo un espectáculo único. Dicen que o río Miño ten medo, cando chega ata este lugar; noutro lugar analizo este medo...Eu penso que o río entra valente no mar xa que sabe que se converte en algo superior...É unha opinión.

 

Outra vista da ruta. Dende este lugar poden verse unhas postas de sol únicas, máis adiante poño algunha... Tamén decir que hai murais explicativos moi pensados, algúns xa presentan un aspecto deplorable, por no decir outra cousa. A verdade que é imposible entender como actua algunha xente co patrimonio de todos... ¡Hai moito vándalo solto!...

A luz da posta de sol permite sacar fotografías espectaculares como esta e outras que veredes ao final.

Outra fotografía da posta do sol enfocando as rochas. Fotografía de 2025.

 

Este mural, un de moitos, fala do río Miño. Feito con moito detalle, ata ten un trozo en braille, pero a fotografía é do ano 2015, hoxe está en moi mal estado, lembrar o tema dos vándalos...

No 2024 xa non existe este mural e xa puxeron outro.

Este é o actual, na parte esquerda trae unhas fotografías da zona da desembocadura e uns textos falando sobre os seres míticos dos contos do río Miño. Suprimiron o texto en Braille.

Deixaron a poesía de Celso Emilio.

Este é o anaco de poesía que Celso Emilio Ferreiro Míguez, o gran poeta de Celanova (Ourense)  1912-1979,  dedicou ao río Miño e que figuraba nese cartel da Senda Litoral; cartel que hoxe agosto de 2024 non existe xa que foi sustituido por outro, que mantén a poesía e quitaron o trozo da dereita, que era unha explicación do río Miño para cegos. Estaba feito en braille e que boto de menos no segundo cartel.

Celso Emilio Ferreiro Míguez  (1912-1979) foi  periodista, escritor e  un gran poeta galego. Engado o final do poema "Loubanza do pai Miño", que poño como complemento ao anterior. Os dous trozos son do mismo poema.

Este trozo, na miña opinión,  é unha gozada auténtica.

Esta claro que escolleron o trozo do poema anterior xa que fala do tramo final do Miño, "...en busca das gamelas e as gueivotas..." e fala da canción que canta o Miño   "...a mesma sempre, da Fonmiñá á Guardia...". Daquelas o río decían que nacía en Fonmiñá e eso era ó que sabíamos todos dende a escola...pero hoxe sabemos que nace no Pedregal de Irimia.

 

Moitas cousas curiosas podedes atopar nesta Senda do Litoral como esta pequena salina, unha salina rupestre, unha rocha devastada sutilmente e que permitía, mediante unos bordes feitos na misma,  obter sal, simplemente botando na súa superficie auga de mar. Ao  evaporarse quedaba o sal. No 2024 observo pouco limpa a zona.

Nesta rochas vense os restos de sal e hai tamén varias salinas máis rudimentarias. Fai uns días estaban cheas de sal (ano 2025). Tódolos anos procuro poñer máis cousas interesantes.

 

Nesta parte onde estamos hai que ter moito cuidado xa que hai zonas delimitadas, vese claramente   onde non se debe pisar. Trátase nada menos de lugares onde anida a Pillara papuda, que pon os ovos a partir de maio e o cabo de 25 días xa voan os paxaros. Téñense atopado ovos de Pillara no mes de xullo, dunha segunda rolada. (Fonte Guía das aves de Galicia, Guía da natureza Baia. Autores Mena, Pedreira e Silvar).

A Pillara papuda ten este aspecto. Ten sobre 15 cm. O macho ten unha mancha na testa e nos ollos e a femia non.

Convén non molestar a estos paxaros e a outros moitos que hai na zona.

Agradecer  a Asoc. Ecoloxista Anabam os seus traballos no Baixo Miño e a súa loita, xa van 35 anos,  para que esta especie e outras aniden nesta zona. Ver este video con algún dos traballos que fan.

 

 

Parella poñendo a secar o argazo (na zona chamábanlle arjazo) ou algas que o mar deixa nas rochas sobre todo nas mareas baixas. Este argazo é único para estercar as leiras.  De feito aportaba a terra sales, iodo e outros microelementos. Da "coba do Arjazo"  onde se enterraba e fermentaba antes de botalo as leiras fala  Praxíteles Glez, Martínez no seu libro "Ribeiras del "Baixo Miño", sus gentes usos y costumbres. San Miguel de Tabagón"  1997.

 

Fotografía das Salinas do Seixal que están no medio da ruta da que estou a falar, de feito observar como están preto do mar, para que lles chegue a auga e se poida realizar o proceso de recollida do sal.

Compre decir a importancia que tiñan estas salinas, no só  polo que supón o sal como codimento si non tamén como ó seu uso na salazón e conservación de moitos alimentos como os relativos a pesca, que abundaban nesta zona.

Fotografía da Salina do Seixal. Xunto a ela hai un panel explicando perfectamente ó que supón a salina e como actuaba. Criticar dende esta páxina, os  que fixeron unha pintada para tapar o escrito do mural, seguramente por estar en galego. ¡Vándalos que pensan soio cos pés, non coa cabeza!

Esta é a salina e o mural.

Desglose do mural, neste trozo fala das pasarelas para traballar nos distintos lugares. Tamén unhas pías de decantación que seguramente usaban para separar os refugallos para que non se mezclasen co sal.

Fago unha copia da explicación e agradezco ó que limpiou como poido a pintada.

" Salinas do Seixal constrúense na primeira metade dos s.I.d.C. e abandónanse a partir do s. IV. d.C. Están formadas por unha serie de compartimentos de forma rectangular: os tallos salineiros. A auga do mar conducíase ata aquí pola axuda das mareas. Coa acción do vento a auga ía aumentando a concentracción salina ata chegar ao punto no que o sal podía ser recollido. As salinas foron traballadas polas poboacións locais, os habitantes do castro do monte Trega, que seguía habitado o s. I d.C. foron probablemente os encargados das tarefas de mantemento e explotación das salinas: limpar e reparar os tanques, arranxar os pavimentos que recubrían os lousados, controlar a entrada de auga do mar, e por último cando comenza a temporada de recollida durante o verán sacar o sal con pas e acumulalo en pequenas moreas dentro da salina".

No mural aparecen os elementos de recollida da salmoira  así como un rolo co que se alisaba o pavimento. Tamén explica que lle botaban unha especie de arxila para preparar o pavimento.

Plano da salina onde seguramente había un conxunto delas, aparta da que está excabada.

Dende o mismo mural pode irse directamente a páxina web que explica o "Mar de Sal". Simplemente escaneando a QR.

Por si non tendes a app para escanear a QR: O link é este.

A zona ten moitos lugares onde queda o sal tan pronto se evapora a auga que entrou coa marea, ver na fotografía esos bordes blancos son sal.

Polo medio da ruta está "O Petón de Páxaro", un poste onde está atada unha caña de pescar co seu carrete e unha historia...curiosa forma de lembrar a un pescador amigo da zona: José Rebollar Vicente "O Páxaro".

Os amigos de "O Páxaro" puxeron en homenaxe este cartel no que explican que foi un veciño de Camposancos, amante deste mar,  que gustaba de pescar, sobre todo róbalo ou robaliza nesta zona exactamente. Morreu o catro de decembro de 2020. Conta que nunha ocasión foi tanta a pesca que fixo de róbalos que tuvo que buscar a axuda dunha campesina que veu cun burro e cargou a pesca. A zona efectivamente ten moitas e boas posturas para pescar este peixe, que é unha delicia que nos trae este mar a estes lugares.

No texto aparece a explicación daquela gran pesca de róbalos, sobre 40 kg., e a axuda que pediu. Tamén figura un escrito onde aparecen unhas frases típicas de O Páxaro.

Sensacional detalle dos seus amigos.

Por certo no 2024 xa está medio desfeito.

 

A partir da mitade, ou si se vai cara A Guarda, na segunda mitade a senda ten esta forma con doble carril para peóns e para bicicletas, patíns, etc.

A fotografía, do ano 2021,  ten un engadido curioso, xa que nunha finca que se ve a dereita da senda o dono meteu o seu barco "bonito" nela, sen dúbida un xesto de amor ao  seu barco...Na realidad é simplemente a cabina do barco.

Fotografía incorporada o ano 2024...O barco sigue no seu lugar...

Os percebeiros de A Guarda aproveitan a marea baixa de finais de agosto para coller os famosos e sabrosos percebes nas rochas da zona. Un percebe marabilloso como corresponde a un mar batido único.

Por si ó anterior fora pouco na zona hai moitas máis cousas que ver según se faga o paseo. Así mirando ao mar pode verse moita vida: unha flora abondosa, ver algunha a continuación,  onde só sobran "As uñas de gato", Carpobrotus edulis, pero onde prolifera unha vida autóctona única. Así nesta fotografía os liques das rochas falan desa vida.

Nesta fotografía na senda do litoral vese a proliferación das uñas de gato. Xullo de 2021. Habería que atallalas, poden cubrir todo o litoral da senda e sería unha mágoa. Observo en xullo de 2022 que foron a máis e gañaron polo menos 50 m. Siguen gañando no ano 2025.

A "Uña de gato", Carpobrotus edulis é abondosa na senda litoral. A fotografía está sacada de Internet do Blog de Ferpas. A foto  permite ter unha idea do que estou a falar. esta planta abonda no litoral galego desgraciadamente. É bonita pero é moi basta e acaba coas demais, ó que se chama unha especie invasora.

Estes liquéns son a Coloplata marina que dende logo está moi presente na zona. Estos liques demostran que a zona ten un alto valor ecolóxico. Valor que se ve, que se palpa e que se respira...

Efectivamente, os liques das rochas son espectaculares...

Efectivamente, os liques das rochas e tamén das árbores espectaculares...Está claro que esta fotografía non tiña ollos nin nariz, si a boca (sería moita casualidade). Xullo de 2022. Espero que me perdoe o liquen.

A continuación poño algunha mostra do que podedes atopar, aparte das típicas silveiras con amoras, toxos, fentos macho e femia, herbas mouras, algúns cardos, e moitos carex ou buños ou carrizos, entre outras e outros.

Poño as flores que máis abundan:

 

A dereita da senda o Monte Trega. Unha antigua cerámica, cos fornos e as chimeneas apropiadas,  e un campo cheo da flor Maravilla silvestre, Calendula arvensis, a fotografía ata ten un  cabalo blanco a dereita  pastando...

Na zona hai moitas Viboreiras, Echinum vulgare. Na fotografía a esquerda. A dereita son dentes de León ou mexacán en galego.

Na fotografía vese con máis detalle a Viboreira, neste caso nunha fotografía miña sacada a carón do río Miño. É unha planta moi bonita, o nome de viboreira, como planta que se aplicaba cando mordía unha vibora, pero direivos que non é moi efectiva.

Na fotografía a Colleja de Mar, esta flor é do xénero dos Silene e da que hai varios tipos. Esta flor abunda moito nesta senda do litoral.  

Detalle da flor da Colleja de mar, é o seu nome castelán. En galego chámanse Cabaciñas.

Esta flor tamén se ve en moitos lugares, trátase do famoso trevo en galego. É do xénero dos Trifolium.

Estas flores son os famosos dentes de León, en galego chámase mexacán e son do xénero dos Taraxacum. Unha flor moi curiosa...

Nesta outra hai tamén dentes de León mezclados coa típica flor. manzanilla

 

Son tamén moi abondosas estas flores en capullos de outras moitas, do xenero dos Ammi, ó que en galego se chama ameos.

Na zona vense moitas chuchameles, esas plantas que aparecen entre outras é que de nenos chupábamos o seu néctar, por eso do nome. Neste caso sae dunha silveira con amoras que tamén hai na zona. Pertence o xénero das Loniceras. En castelán chámanse madreselvas. Na zona onde están cheira moi ben, da gusto...

Outra fotografía dos chuchameles. Xullo de 2022.

Na fotografía vense os chuchameles en primeiro plano. Son plantas gabeadoras, e aparecen entre  outras. Cheiran moi ben.

Na fotografía vese outra gabeadora,  a correola menor, tamen corriola ou capelo. que moita xente lle di campaniñas, neste caso moi abundante na zona.

Campaniñas, a flor da correola.

Verbasco ou gordolobo, outra planta da Senda Litoral.

 

Na senda litoral non hai practicamente arbustos, non é lugar. Chama a atención varios azareros, Pitosporum tobira, azahar da China, que se ve  ao comenzo, aparte do pinar xa comentado.

O azarero non é un arbusto da zona, de feito o orixen é chino, alguén o plantao e foille ben. A árbore vese ben na zona e cando florece ten un cheiro especial.

Este é o detalle do azarero. Agradecer a Elias,  que a beira da senda ten un terreno onde plantou varios,   que me dixo o seu nome. Sin dudalo é unha arbore moi decorativa e de bon cheiro. Ten unha altura entre 2 e 5 m. Ten unhas follas especiais moi carnosas.

 

Nesta fotografía vense as rochas cheas de gaivotas e de cormoráns (Corvo mariño real e o cristado). Os cormoráns están descansando e acicálanse e sécanse todo o corpo, en especial as ás,   mentras non actuan.

Nesta fotografía, vense a esquerda grupos de gaivotas e a dereita cormoráns descansando. a foto está sacada a carón do Seixal.

Na desembocadura do río Miño é normal atopar Parrulos de varios tipos, Garzas reais e outras, Pirlos, Mazaricos, Andarrios,  Gaivotas, Corvos mariños e Pillaras entre outras moitas aves. Por certo unha zona especial para ver estas e outras aves. Nos pinares abonda o corvo normal (Corvus corax) e vense tamén moitos gorrións. O estuario do río Miño está considerado Patrimonio Natural.

En canto a mamíferos este ano 2024 vimos unha  donicela ou donosiña, trátase dunha Mustela nivalis e que vimos saltando entre as rochas, seguramente en busca de ratóns. Tiña o pelaxe de verán marrón claro. Foi toda unha experiencia.

Por suposto na zona hai moitos cabalos mansos e o que impera este ano é que  a partir do covid, están de moda os cans de tódalas razas. A correlación aumento dos cans e o covid para mín é trivial.

 

Muíño de  vento.

Restos de muíños de vento do século XVIII. Hai varios pero ningún completo. Unha mágoa.

Pesqueira de rochas.

  Hai varias na ruta.

Descoñezo ao autor destas duas fotografías sacadas de internet.

Un dos muíños que hai na ruta, soio lle faltan as aspas.

 

Dibuxos sacados de "Os bolechas" Guías, neste caso adicadas A Guarda, na desembocadura do Miño. Escrito por Pepe Carreiro. Neste caso co feito de dibuxar un mazarico resulta unha pequena guia do principio da Senda Litoral.

Dibuxo dunha pesqueira natural. Na senda litoral hai varias,  unha delas na Praia do Muíño.

Fotografía dunha das dúas pesqueiras que hai preto da praia do Muíño. A outra que está no dibuxo está na punta. A marea xa estaba un pouco subida e a outra xa estaba cuberta. Desembocadura do río Miño. O fondo a praia de Caminha e a dereita Moledo.

Outro detalle da pesqueira que hai na misma punta. Fotografía sacada coa marea baixa. Xullo de 2021.

Cetaria de A Grelo, situada na Senda Litoral, moi preto xa de A Guarda.

Cetaria A Crelo. Fotografía de  xuño 2021.

Mais adiante, moi preto de A Guarda, comenza unha ruta das Cetarias. As cetarias son viveiros para manter ao marisco vivo, hoxe xa non se utilizan pero queda o rexistro histórico. Nesta ruta, a carón de A Guarda, nos primeiros 500 m.,  está a Cetaria de A Grelo. As  que se ven mellor son a Redonda e a Altiña, que están noutra ruta despois de A Guarda

A dereita da ruta e mirando ao monte Trega vense varios muiños de vento que tamén son típicos da zona así como fornos cerámicos. Tamén, como xa estaba comentado,  pesqueiras naturais, que son construcións semicirculares onde nas mareas entraba a auga do mar con moita pesca, xa que se puña cebo dentro para atraer os peixes,  que logo non podía saír do lugar pola disposición das rochas.

Un dos muíños de vento  reconstruidos da zona.

 

-o-

 

Nas rochas da costa hai exemplos de abondo que nos permiten pensar moitos cousas, pola miña banda todos semellan ver ( falo dos seres pétreos) ó que eu vexo, unha paisaxe marabillosa e unha contemplación asombrosa:

 

Nada máis sair, atopo esta rocha que semella, sempre é o meu pensamento e a miña imaxinación,  unha dama mirando como o río Miño entra no mar. Todo un espectáculo. Imaxen do verán 2020.

 

Fotografía moi preto de onde desemboca o río Miño. Eu vexo o mismo río Miño descansando, mantinando as falcatruadas que lle fan en todo o seu canle. O descanso é merecido.

Seguro que o río Miño está dormindo xa que dicen, e penso que é certo,  que aquí o río Miño faise inmortal...

 

Moi próximo á fotografía anterior vexo este home asombrado coas marabillas que está a ver. Parece que pon esa expresión incrédula   xa que estaba vendo como o río Miño entra no mar e de súpeto non ve o río Miño...

As cousa cambian moito dun ano para outro. Aquí xullo 2022 xa non está asombrado está asustado de como vai o "cambio climático no mundo". Ou facemos algo ou esto estase pondo moi mal.

Tamén esta muller mostra a misma admiración. ¡Non é para menos!.

 

Seica no medio da fotografía está un gato vixiando a zona... A ver si nos avisa dos vándalos que non pensan nos demais...

"Miróns" na zona hai moitos, algunhos con moita cabeza...

Máis xente descansando e mostrando admiración pola zona. A flora do litoral é moi variada...Esta parece un Polycarpon tetraphyllum, probablemente a subespecie diphyllum, as flores teñen pétalos brancos e aparecen preto do mar, neste caso nas rochas...

Teñen unha cor púrpura e as flores son pequena, 2,5 mm. e blancas.

Outro vixiante da zona, neste caso da familía de Pinocho...

Aquí neste conxunto de rochas pode verse o que se queira;  da moito xogo este pedregal...Un dos meus netos ve un cocodrilo...

Podería ser tamén un rinoceronte sin corno, dice a neta...

Tartaruga descansando na rocha e mirando a paisaxe, dice o meu xenro...

Aquí, no centro vese unha galiña, seguramente unha galiña coa que dormía a miña filla María, cando era moi pequena,  e que logo perdeu. Non me estranaría que fóra caer ao río Miño en Ourense e logo río abaixo aparecera neste lugar...

Aquí tamén no medio da fotografía pode verse unha vaca deitada nas rochas, soio lle falta o rabo...

Poderíamos seguir, xa que todos os anos aparecen rochas novas, en realidade son as mismas do ano pasado pero a mai natureza fai milagros e as augas do mar co seuj movemento diario contribue a facer estas figuras...

Pero é unha gozada buscalas. Si sabedes de algunha moi clara e que non figure non tendes máis que mandala para poñer neste texto...

 

-o-

Para rematar tamén decir que esta senda é un lugar especial de pesca, tanto fluvial como de mar. Na fotografía un dos moitos pescadores que poden verse diariamente, sobre todo si as mareas axudan, na zona, ver na parte esquerda da fotografía. Está nada menos que pescando "a pluma, con cola de rata" onde desemboca o río Miño, onde veñen peixes como o reo, o salmón, a zamborca e o sábalo, entre outros  peixes anádromos (que viven no mar e no río)  e veñen a desovar ao río. Neste lugar pode tamén pescarse algunha robaliza ou muxo dependendo do tipo de pesca. Veso que moitos pescadores utilizan de cebo peixes artificiais, algo parecido o que utilizazab eu nos ríos, en pozos grandes para coller algunha troita de bon tamaño...Ó quieto e a fondo por suposto anguías e tamén sollas entre outros.

O longo do litoral e ata a Guarda, poden pescarse  calquera peixe de rocha,  como un sargo, o pargo e outros moitos. Teñen tamén moita fama os róbalos ou robalizas.

Estuven observando como pescaba e tiña moi boas formas, o momento era oportuno. Seguro que tuvo moitas entradas. En calquera caso sei  que disfrutou de forma marabillosa. Un día de  finais de xullo de 2021.

 

-o-

 

Tendo sorte,  cara a tardiña: hai unha posta de sol espectacular, ver esta pequena mostra:

 

Ao luscofusco, pode verse esta posta do sol que  é espectacular. Ao fondo a Ínsua e o Forte da Ínsua e o pobo portugués de Moledo.

 

Todas as fotografías están sacadas dende a Senda Litoral  polo autor deste traballo.

 

Todos os anos un par de días vou pola noitiña, no lusquefusque  a sacar algunha posta de sol pero vou sobre todo buscando o raio verde, sei que o conseguirei un ano destos. Xa sei como se fai, dura moi pouco sobre 20 seg. e aparece sempre quese pón o sol. A única forma de piñalo é sacando video cando o sol casi se mete no horizonte.

Este ano, 2025,  non tuven sorte...

 

Pero seguro que o conseguirei...Podedes ver nesta misma páxina fotografías, non miñas por suposto, do raio verde...

Ano 2025.

 

 

O chegar,  paseando ata A Guarda,  é posible ver estas postas de sol que semellan acuarelas...¡que as disfrutes tanto coma min!...

Calquera día vexo o "raio verde" do que falaba Julio Verne na súa famosa novela. Raio verde  ao que lle dedico un pequeno traballo nesta web dedicada ao río Miño. Si algún día sacades unha fotografía dese raio nesta zona da desembocadura do río Miño mandaime a fotografía e o nome a este email. Que non sabedes o que é?. Pois ver este texto meu...

Estas postas de sol compartidas coa familia e os amigos, cun viño do Rosal ben frío (dos que levan albariño, caíño blanco e loureira)  e uns percebes de A Guarda convértense nunha festa e unhas imaxes  dificiles de esquecer...Levamos anos repetindo e seguiremos...

No 2022 comenzo a buscar o "raio verde" xustamente na desembocadura do río Miño ou nesta gran senda do litoral, de momento non houbo sorte pero si algunhas fotografías curiosas:

Xullo de 2022 dende cerca de A Guarda.

Posta de sol dende Camposancos. Ese día non tuven sorte na miña búsqueda do "raio verde", deixei que o sol se metera no horizonte pero non houbo sorte. Outra vez será... Ano 2024.

Ver este video onde se ve o meu intento pero sin o resultado do raio verde; o raio é un reflexo que parece amarelo...

Sobre o raio verde tendes moitas información nesta misma páxina sobre o río Miño.

 

Remato este pequeno traballo, poñendo unhas fotografías da Senda Litoral en determinados momentos importantes e oportunos. As fotografías deixan ver que a Senda Litoral é un marco marabilloso para á fotografía:

Así, a Senda Litoral ao amencer:

 

A fotografía é do meu neto Aldán Cid de Lorenzo que gosta de correr por esta senda á mañanciña e pola fresca. A verdade é que apunta moitas cualidades a fotografía.

 

Senda Litoral á tardiña:

Fotografía a media tarde, na Guarda tomando un marisco e unhas cañas nunha terraza da parte final da Senda Litoral. Foto de Aldán Cid de Lorenzo.

 

Senda Litoral na posta do sol:

 

Fotografía de Aldán Cid de Lorenzo, buscando ao raio verde dende a Senda Litoral, na posta do sol. Ese día non houbo sorte, pero seguro que á teremos outro día calquera...

 

Senda Litoral pola noite:

 

A Senda Litoral a noitiña, coa lúa chea no ceo.

 

  Volver galego.               Volver español.