¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

Río Barbaña, afluente do río Miño en Ourense, día si e día tamén con vertidos de todo tipo, un exemplo dos moitos que pasan, hoxe,  cos nosos ríos en Galicia.

Ninguén é responsable neste país.

Así estaba o río Barbaña un día do 2011. Este río cada quince días ten unha desfeita destas...e seguirá... No 2012 este río tuvo cada mes unha desfeita.

O ano pasado, o 2012,  esta páxina anotou máis de 40 casos de ríos defenestrados en Galicia.

Este ano 2013 esta páxina non espera máis que desfeitas, a pouco que se torzan as cousas. A Xunta non fai nada, os ríos e encoros están entregados a casualidade metereolóxica, non se fai prevención de ningún tipo... Os problemas de eutrofización dicen que os teñen controlados pero realmente non saben nada ou saben pouco, paos de cego que a pouco que se complique o ano, quero decir que chova pouco verán que volven e máis virulentos: as Conchas, o de Caldas de Reis, Cachamuiña e moitos encoros con microcisitina tóxica e peligrosa.

Dos ríos cero patatero, que os parta un raio, limpa Adega un río aquí e outro alá e pouco máis. Os coutos están da man de Deus,  e realmente para chorar.

Denuncias un caso para que fagan algo como o río Navea e nin caso, pero ninguén, nin contestan incluidas as Asociación ecoloxistas, que fan unha labor importante pero vailles pasar como os Sindicatos que últimamente a xente pensa que soio son funcionarios...Eu non opino o mesmo pero ollo, hai que traballar e non soio mirar os cartos...

Denuncias o estado dun río como o Arnoia en Rubillós e Outomuro e nin caso.

O ano 2012 fun a coutos de pesca que habería que poñelos de sombreiro os responsables da pesca en Galicia dende o Conselleiro ata o último Xefe, canto chupóptero temos en Galicia e vamos a máis.

Exemplo de couto impresentable: o Sardiñeira en Lugo e hai moitos máis...

Non se fai nada.

A Xunta de Galicia, que leva varios anos postrada e sin saber que existen os ríos,  seguirá peor xa que non hai un duro para o medio ambiente e o que é peor non se ve vontade de facer nada...soio tirar para adiante.

Os problemas están a volta da esquina:

Non se fixo nada no encoro das Conchas. Deixar chegar as choivas.

A verdade é que tampouco saben que facer...

No encoro de Caldas dicen que teñen atallado o problema ? dende logo hai que ter cara e contar mentiras.

Ver este link, que precisamente escribo eu,  con todos os pormenores do que ocurre neste encoro onde cada día se gasta máis cartos nosos,  de todos os galegos, sin facer caso da solución inmediata e trivial: deixar correr a auga, simplemente... Este encoro, ilegal totalmente, dito por tribunais de España e da U.E, soio se fixo para producir electricidade Hidroeléctricas Cortizo S.A. e co conto de dar de beber o Salnés e parar as enchentas. Dende o 2005, todos os veráns,  a auga está envelenada con microcistina tóxica. O das enchentas, que seica resolvía,  está demostrado que non sirve para nada...Unha vergoña...

O mismo nas Conchas. O problema está na contaminación, na merda que chega dende Xinzo e toda a comarca, mentras eso non se resolva, soio se dan paus de cego.

Como pasarlle agora o problema o encoro de Salas en Randín e Calvos. Hai que ter cara.

A contaminación nos nosos ríos é galopante nos últimos 20 anos, pero demencial nos anos 2011 e 2012: morreron troitas a miles. Non se respetou nada. Eu penso que Medio Ambiente galego tirou a toalla dunha forma lamentable para os nosos ríos. Inda por riba non hai un can, e por suposto ganas de facer nada por un tema que da poucos votos. Priman as empresas hidroeléctricas e o tirar para adiante a calquer precio...

Este é un resumen de desfeitas do ano pasado, 2011, dende xullo.

Ver un resumen de desfeitas do ano 2012. Cada vez máis desastres.

Este é outro resumen do ano 2012 un ano de desastre total para moitos ríos de Galicia, moitos incluso Parques Naturais como o Eume, desgraciado.

No tema dos incendios o 2011 foi un ano de auténtico fracaso en Galicia e demencial en Ourense, o mismo o 2012, inda que houbo sorte co principio do verán e as choivas....  Veremos que pasa no 2013, pero cada vez son menos os efectivos.

 

Canda razón ten o Carrabouxo...A C.H.O.I.V.A. foi a que salvou algúns lugares de Ourense-provincia. Moi mal, moi mal...

¿Non é para indignarse xa?

Eu estou super-cabreado.

 

 

Unha auténtica vergoña o que está a pasar cós nosos ríos e a nosa natureza.

¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

Non é romanticismo trasnoitado pretender que convivamos en harmonía coa nosa Terra. Quen non respeta Galicia non debería vivir nela."

María Xosé Pampín Quintana. ( Arquitecta).

 

                                

 

Realmente,  podemos facer algo polos nosos ríos?.

Repito o que escribía no 2011 e no 2012:

Según Fernando Cobo si que se poden e deben facer cousas que axuden a ter mellores ríos en Galicia.

Fernando Cobo é entre outras cousas un especialista no tema dos ríos. Profesor titular do Departamento de Bioloxía animal  da Universidade de Santiago e actualmente dirixe a Estación de Hidrobioloxía  de dita Universidade, no encoro de Con en Vilagarcía .

Por si fora pouco é pescador de troitas e autor de moitos libros sobre os nosos ríos

De Fernando Cobo é esta frase que para mín é a clave: Soio se actúa se ocurre algo,  cando realmente debera facerse antes".

Fernando Cobo é optimista  e cree que inda podemos concienciarnos e cambiar as cousas...

Ver esta entrevista do 22/08/2011

 

Según Secundino Lorenzo, autor da web:

Persoalmente penso que non se fai o suficiente polos nosos ríos, levamos máis de vinte anos en Galicia que os nosos gobernos miran para outro lado. Hai problemas de educación da población galega, dende a base. No se respeta a natureza. Todo se tira, todo se emporcalla...

Hai problemas cos políticos que a maioría soio miran o seus bolsillos. Aparte non están preparados no tema de medio ambiente, pensan que sí,  e todo lles vale... Pero en xeral non saben nada, estamos gobernados por analfabetos funcionais.

Hai problemas económicos serios, moi serios. Non hai un can. As depuradoras e o limpar os ríos  seica non da votos neste país e si, inda por riba,  non hai un can, os resultados que podemos esperar son ben poucos...

Gastáronse os cartos en facer sendeiros, as veces estropendo as ribeiras, empedrando leitos dos ríos e outras falcatruadas;  e poucos, moi poucos en depuración.

Non son optimista. Seguirei denunciando todo o malo que lles pase os ríos galegos e que eu me entere.

 Doulle as gracias a Fernando Cobo,  e a outros moitos como el,  pola súa loita en favor dos ríos e en xeral da natureza de Galicia.

 Son pesimista,  pero estou con eles...

 

-------------------------------------------------------------------------

 

Hai xente que está a facer moitas cousas polos ríos de Galicia, por exemplo Adega, que en outubro de 2011, e tamén no 2012,   fixo a súa IV Limpeza simultanea de ríos en Galicia. Unha forma  de loitar polos nosos ríos que aplaudo dende esta páxina web.

O que non estou de acordo é que a Xunta se ampare soio na súa actuación e na de outros grupos amantes dos ríos,  para decir que os ríos nunca estuveron mellor, que se están analizando os problemas e un longo etc...

Realmente non fan nada...Deixar morrer os ríos.

No tema non é limpar dez ríos. O tema é outro.

¿Onde están archivados os estudios feitos fai tres ou catro anos de tódolos ríos galegos?. Onde morreron esos expedientes?.

¿Por qué agora se volve a empezar?

Neste link tes información do programa "móllate".

Dentro de pouco publicarán o que fixeron no 2012

Supoño que este ano 2013 farán o mismo.

--------------------------------------------------------------------------------

Ver un resumen de desfeitas do ano 2012. Cada vez máis desastres.

  Salir Ourense N.         /   Saír a Ourense N.