¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

Algúns Desastres nos ríos galegos 2012.

Seguimos nas mismas cós nosos ríos no ano 2012, día sí e día tamén unha desfeita...

Os nosos ríos están totalmente abandonados a súa sorte.

 

 

 

 

Soio nas provincia da Coruña, Lugo e pontevedra. Que pasará en Ourense?.

No que sigue tendes algunhas denuncias,  soio as que aparecen nos medios de comunicación, que son as que se denuncian, normalmente entre un 20 a un 30%, o resto non se denuncian ou pasan desapercibidas, xa que non se viron...

O listado está feito dende xaneiro de 2012 ata hoxe.

A sequía galopante que temos en Galicia ó que implica un caudal nos ríos moi por debaixo do normal, veñen a sumarse os vertidos día sí e día tamén.

Os resultados son nefastos e irreversibles.

 

1.- Novos vertidos no río Barbaña en Ourense. E xa van centos...   Tres días de vertidos consecutivos en el río Barbaña. 20/01/2012

O vertido repítese o día 29/01/2012 e seguirá...

 

Este es el link: http://youtu.be/ru-fankTxxs

Levan anos decindo que van solucionar o problema pero son auténticas mentiras.

Pese a todo el río Barbaña sigue a ter vida.

Ver este video marabilloso de RadioCat en Youtube:

 

http://youtu.be/TPPpe4U5axA

 

-------------------------------------

 

Río Alvedosa (Redondela), outra desfeita.

 

2.-Un vertido tiñe de gris o río Alvedosa en Redondela 24/02/2012.

 

--------------------

 

----------------------------

 

3.- O río Sar en Santiago na Uvi e morrendo troitas tódolos días 23/02/2012.

------------------------

4.- Río Arenteiro no Carballiño (Ourense) outra vez contaminado con aguas fecais e van...

A contaminación afecta o Couto Intensivo de pesca da troita. 02/03/2012.

--------------------------

Fot. Jesús Fariñas.

5.- A depuradora de Ourense solta o río Miño as augas tal como lle chegan. Vamos, augas fecais a tope para engordar as carpas, troitas, bass, etc. Ver a noticia do 01/03/2012

Decir que o resto do ano a depuración deixa moito que desexar.

Non entendo como non prohiben pescar o encoro de Castrelo de Miño...Debe ser que a auga todo o purifica...

------------------------------

6.- Contaminación en Ourense nos ríos Búbal e Rubín afluentes do río Támega en Verín  e no río Avia en Ribadavia.

Ríos Bubal e Rubín ver a noticia 07/03/2012.

O vertido do río Avia seica é de aceite e provén da parte alta do río?. Páxina 21 La Región 07/03/2012 (sin noticia en edic. dixital).

------------------------------------------

Pesca de basura no río Furelos. Fotografía AEP.

7.- Como chega unha lavadora a un río de Galicia?...

Un bon artigo que aparece do diario "El progreso" do día 08/03/2012. Ver o link.

Hoxe en Galicia está a tirarse de todo o río: dende planchas eléctricas, bides, Waters, lavadoreas, camadas de perror vivos en sacos,, defensas de coches, asientos,... en fin de todo.

O de "vivamos como galegos" deixa moito que desexar, algúns de galegos teñen pouco.

------------------------------------------

8.- O encoro das Conchas parece que xa non terá problemas este ano 2012, según os técnicos de Medio Ambiente. Seica está limpo de algas e que se presenta un verán tranquilo para todo o que hai instalado na zona.

Persoalmente penso que esto é unha mentira máis. O encoro das Conchas é unha auténtica bomba de reloxería, e lembro o Encoro de Caldas que padece o mismo e dende o 2006 cada ano é peor, e está a gastar moitos euros que nos saen a todos dos bolsillos...

Ver o artigo que encabeza este punto. Eduardo Costas non opina o mismo sobre este encoro...

En xulio de 2012 voltan con que a hidrográfica presenta un plan que dice "non definitivo" para as Conchas.

Ver este link da Voz de Galicia onde fala da noticia.

Ver tamén a fotografía, curiosa fotografía:

 

Que recen o que sepan os alcaldes da Limia, sobre todo o de Muíños...

 

----------------------------------------

 

 

Cada vez que chove en Ourense, dende fai moitos anos,  estas augas fecais van o  río Miño. E seguirán.

Descoñezo o autor da fotografía.

Outra vista, neste caso dende a Ponte do Milenio en Ourense. O río Miño aguanta o que lle boten, así están as troitas e demais peixes con metais pesados e totalmente contaminados tres veces máis  do normal. E a xente sigue pescando...

Descoñezo o autor da fotografía.

 

 

9.- En Ourense non gañamos para disgustos. A depuradora sigue a soltar merda o Miño tal cual, día si e día tamén. Os poucos regatos que temos na ciudade veñen cubertos de augas fecais que van tamén o Miño, algúns xunto a Ponte Novísima como o que vaixa de Vista Hermosa, que leva anos soltando de todo e cheirando moitísimo.

Do Barbaña é mellor non falar, casí sempre contaminado, ata 27 avisos recibiu a Hidrográfica de vertidos o Barbaña no 2011. As multas, por exemplo 4.000 € que pagará o Concello de San Cibrao, para mín total responsable dos vertidos o Barbaña, eu penso que lles da igual. É máis dudo moito que as paguen...

Este Concello non da ningunha solución cando está claro que é o responsable por autorizar empresas que non cumplen as máis mínimas normas ecolóxicas.

Non temos remedio de momento.

---------------------------------------------------

O río Avia, nesta fotografía de Santi Amil, cun vertido de desastre. Observar a espuma...

10.- Os ríos Avia (20/03/2012) e Arenteiro con problemas de contaminación.

O río Avia non gaña para disgustos, estos días de marzo ven contaminado, cunha espuma rara. O problema destes vertidos é que nunca se atopa os responsables. O río cada día peor. De ser un río troiteiro con fama en Galicia, paou a ser unha magoa de río...

O río Arenteiro, máis do mismo, non logran depurar completamente as augas que chegan os coutos de pesca do Arenteiro, cando no é o Marañao é a depuradora ou outros regatos da zona.

Troitas mortas e espuma no río Avia en Leiro.

11.- Aparecen máis de trinta troitas mortas en Leiro no río Avia. Marzo 2012. Ver este link.

 

------------------------------------------------

 

Desastre nas fragas do Eume un Parque Natural que non volverá a selo o mismo en moitos anos. Un desastre...

O lume chegou ata o encoro do Eume, ou sexa o dibuxo non é exacto.

 

Outra imaxen deste desastre, o fondo o río Eume e o Mosteiro de Caaveiro. O daño foi moi grande xa que ardeu unha zona básica do Parque Natural, contra o que afirma a Consellería de Medio Ambiente. Coñezo a zona. A fotografía é de Gustavo Rivas.

12.- Por si fora pouco arden as Fragas do Eume en marzo de 2012. Unha desfeita sin precedentes. Van queimadas 750 Ha, ou sexa, 750 campos de futbol.

As cinzas, tan pronto chova contaminarán, outra vez,  o río Eume, hoxe xa defenestrado polo encoro do Eume, os vertidos de aceite, as minas e os velenos. En días chegarán estos velenos o río...

Que pouca previsión hai en Galicia coa nosa natureza, ningunha cós lumes, non teñen en conta nada, nin a seca que existe, nin como está actualmente o noso monte, nin nada. Prevención cero.

Logo todo son mentiras.

Un souto queimado, unha carballeira que se queima tarda cen anos en recuperarse. Un río que se contamina tarda máis de dez anos e volver a levantar cabeza, supoñendo que se recupere...

Claro que o Sr. Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente e outros, é capaz de recuperala en meses... Hai que ter cara...

Nesta fotografía  de Gustavo Rivas vese que o lume llegou a ladeira do Encoro.

Realmente foi un desastre para a zona e un desastre para Galicia:

 

Ver este video.

Ver tamen este video:



 



 

 

-----------------------------------------------------------

 

Cloacas no río Miño en Ourense 10/04/2012

13.- Cloacas no río Miño en Ourense, directamente o río.

A verdade que levan anos que cando chove  o río Miño a altura da Ponte do Milenio se enche de auténtica porquería. Augas fecais.

Ver o link.

----------------------------------------------

 

 

 

14.- Docenas de anguías mortas nos ríos Sar  e Liñares 17/04/2012.

E van ...

Ver este link con máis fotografías e texto.

Troitas mortas no río Gafos... Abril 2012.

15.- Moitas troitas mortas no río Gafos en Pontevedra en Abril. Ver este link.

 

---------------------------------------------

 

16.- A Xunta levaba o ano pasado once denuncias por vertidos a ría de Pontecedra, este ano xa van uns cantos. Esta vez no río Valdecorvos. 17 de abril de 2012. Outras veces o río Gafos, etc. Un auténtico problema para os ríos e por suposto para a ría.

Ver este link coa noticia.

 

 

---------------------------------------------------

 

 

O colector está situado a carón da Ponte de Ervedelo, xusto onde está o Xerdín Aviés de Taramancos, que quedou moi ben hai que decilo, pero con estos desastres desdice bastante...

 

17.- Siguen os vertidos no río Barbaña en Ourense e van... 22 de abril de 2012.

A verdade é unha vergoña para Ourense ciudade, trátase do n-esimo vertido no que vai de ano, prácticamente tódolos días. Unas veces o Polígono de San Ciprián xa multado?, outras o Polígono Barreiros, outras Carrefour, outras o Concello de ourense e así suma e sigue...

Co título "Otro vertido  arroja aguas sin depurar al Barbaña" aparece hoxe 23/04/2012 este artigo na Región.

Sinto vergoña...

 

--------------------------------------------------------------

 

           

O río Barbaña viña desta cor chocolate, seica a construcción da nova estrada de Ourense a Celanova é a culpable,; o río Barbaña chegoulle por medio do río Barbañica, na fotografía a dereita. Aquí todo vale...

 

18.- Siguen os vertidos no río Barbaña en Ourense e van... 30 de abril de 2012.

Lodos da obra da autovía Ourense-Celanova os culpables da contaminación. Outra desfeita (30/04/2012).

E van por riba de 50,  os casos denunciados, entre o río Miño en Ourense e o río Barbaña,  dende o ano 2001. Esto é unha auténtica deixar facer de todos os gobernos que tuvemos ata agora, sin distinción, os ríos  impórtalles tres pitos...Por suposto falo dos gobernos do Concello de Ourense, falo da Xunta de Galicia e falo da Confederación hidrográfica.

Dame vergonza escribir esto...

Non fan absolutamente nada.

Así vai todo o ano o regato de Vistahermosa, unha vergoña...

Así vai todo o ano o regato de Vistahermosa, unha vergoña...

Este regato está a soltar augas fecais polo menos nos doce últimos anos. Está situado en pleno paseo das Ninfas.Derrame recurrente, dice a Confederación?...Eu dende logo non o vexo así, para mín sempre solta "merda" e cheira que apesta dende fai moitos anos A min dame vergoña o tema...

 

19.- Siguen os vertidos no río Miño  en Ourense e van... 18 de maio de 2012.

Esta vez o río Miño sufre outro vertido de augas residuais na ciudade.

A Confederación Hidrográfica indica que é un "derrame recurrente" do que xa tomaron mostras.

A cousa ven de Vistahermosa e son augas negras e lodos.

Unha desfeita máis.

Ver este link.

Troitas mortas no río de Bertamirans.

Río contaminado en Bertamirans.

 

20.- O río  de Bertamirans, río dos Pasos, completamente contaminados por non se sabe qué?. Aceites ou similares. Moitas decenas de troitas mortas.

Ver a noticia. 04/06/2012.

 

Presa de Belesar. Comenza a verse deste xeito.

21.- Xa empezamos. Esta vez é o encoro de Belesar, casi nada...empeza a eutrofizarse. Pronto empezamos este ano, a pesares das choivas. Belesar é o maior encoro de Galicia...mal asunto.

Ver este link.

-----------------------------------------------

 

  

Vidóns que soltaron xa o veleno.

 

Este é o líquido que hai na zona. Que por certo é de especial protección.

22.- Moi grave o que está a pasar en Sarreaus (ourense) con  seis bidóns,  totalmente tóxicos,  que están a contaminar a zona de forma moi peligrosa.

Ríos limpos remata de denunciar no Juzgado de Xinzo de Limia a existencia de contenedores de ácido fluorhidrico (1.200 litros en total) abandonados nunha explotación de feldespatos xunto a Pedra Alta (lagoa de Antela) no polígono de Sarreaus.

Un desastre.

Ver este link.

Ver este outro link de El País.

-------------------------------------

Esta é unha das tuberías que van o río. Foto Martiño Pinal.

23.- O río Támega en verín día si e día tamén contaminado e sin remedio.

Fai dous días, o 18/06/2012,  que se descubriron dúas escombreiras no río. Ver este link.

Xa fai anos que o río Támega está cheo de algas que van a máis, non me estrana coas augas fecais e de todo tipo que van o río na zona...

Agora fálase de tuberías que botan porquería o río e non soio en Verín, tamén en Vilaza, Albarellos, Infesta e un longo etc.

O río Támega fai máis de vinte anos que está totalmente contaminado, defenestrado e non sei cantas cousas máis.

Agora falan de pedir diñeiro a U.E. para arranxar a desfeita...

Un desastre.

Ver este link.

Como esta troita apareceron varias mortas. Un atentado máis...E van...

-------------------------------------------------

24.-Troitas mortas no río Asma a altura da depuradora. 08/07/2012

O típico. Ver este link.

Recollendo troitas mortas no río Ulla. E van...

25.-Centenares de troitas mortas no río Ulla en Monterroso. Un ano máis. Esta vez non se saben as causas...

Ver este link.

Río Alvedosa. Peixes mortos.

 

26.- Cantidade de peixes mortos no río Alvedosa en Ponteareas 10/06/2012. Ver este link.

Un ano máis e van...O río Cabe enlodado...

27.- O río Cabe enlodado e sin culpables. Como sempre...14/06/2012. Ver este link.

 

Seica a raíz desta desfeita do ano pasado repoboaron. Pois ben un bárbaro envelenou o río, seguramente para coller unhas troitas para o día de Santiago 25/07/2012. matou todo nun km. de río.

28.- Troitas mortas no Irixo, río  Viñao , en máis dun km. de río Foron envelenadas o parecer con lexía. Outra desfeita. en Xuño de 2012. A prensa non se fixo eco.

Cantas destas se comenten en ríos de Ourense?.

O análisis das augas do Encoro das Conchas non deixa lugar a dúbidas.

Nin para o baño sirve a auga...

29.- Desfeita nas Conchas o encoro contaminado aparecen augas fecais. metais e un pouco de todo. A eutrofización pode chegar inda xa que inda quedan temperaturas altas opor chegar e dende logo ata de agora non se fixo nada, como era de esperar.

Moita foto e pouco máis.

Ver este link de agosto de 2012.

Afluente do río Cerves en Melón a altura do pobo de As Mestas. O que se ve é máis que merda, é unha porcallada que ocurre cada pouco. A canteira, unha granxa, o Concello de Melón sabe moi ben que fai estos vertidos. Pois ben que lles metan man, ou ben que se dediquen a outra cousa xa que si non coidan o pouco patrimonio que teñen en bon estado non merecen gobernar... Fotografía de agosto de 2012.

30.- O río Cerves contaminado en pleno verán cando máis xente se baña nas pozas de Melón. Ano si e ano tamén ocurren estas salvaxadas. Responsable o regato que baixa das canteiras de Melón e que converte o río nunha pocilga.

Supoño neste momento enterado Seprona e dende logo as fotos foron enviadas a Coto do Frade en Ribadavia.

Pero esto é o de sempre ...

15 Agosto 2012

Esta é a zona contaminada. Río Arzoá.

31.- O río Arzoá en Vilardevós leva contaminado máis de catro anos con augas fecais.

Os veciños están aburridos de solicitar que se solucione este tema.

Ver este link da Región.

 

Río Navea. Observar a cinza. Todo o río ten cinza e as troitas morreron a maioría.

31.- Desfeita no río Navea, o río está na UVI polo menos nos dous kms. de pesca sen morte libre, o río está cheo de cinza e as troitas desapareceron prácticamente.

Un auténtico desastre ecolóxico. 07/09/2012

Ver estos datos neste link elaborado por mín. Tanto as fotografías como o video son miñas.

A fotografía é de LR está feita en Leiro. Un desastre...

32.- O río Avia volve ir mal, con moita espuma que non se sabe de onde ven.

A noticia é do 01/10/2012 na Región.

Presa de Gudín Xinzo de Limia.

 

33.- Morte de peixes na presa de Gudín en Xinzo. Esta presa situada no río Foramontaos afluente de o río Limia é a que da de beber a Xinzo.

Ver este link. 09/10/2012

Resultado final: 5.000 peixes entre troitas e peixes. Moitos alevíns. Seguro que é o doble.

Responsable: Aguagest que culpa o caudal ecolóxico e a estiaxe do río, hai que ter cara... Dice que salía o caudal ecolóxico e que non entraba ese caudal polo tanto secouse e así a mortandade. Eu non creo esta versión toda vez que o caudal ecolóxico é super-minimo...E a súa vixianza?

Desta presa tómase a auga para Xinzo de Limia pero xa facía meses que non.

 

 

Río Barbaña. A vergonza da ciudade de Ourense. Outra máis...

 

 

34.- Outra vez o río Barbaña contaminado. E van...

Esto é unha vergonza total para Ourense. Ver este link. 09/10/2012

Encoro de Portodemouros.

35.- O encoro de Portodemouros eutrofizado.

Sigue a misma lóxica que As Conchas, Cachamuiña, Caldas e un longo etc.

Que pasa?. Exceso de puríns e augas fecais. Ausencia de depuración. Unha auténtica mágoa. Esto leva a un exceso de Fósforo  e Nitroxeno que xunto coas augas lentas o casi paradas forma a Microcistina que é altamente tóxica.

No futuro moitos pobos da zona terán problemas coa auga si non se pon remedio a esta desfeita.

Estamos a falar do río Ulla nada menos. Un dos graqndes ríos salmoeiros e troiteiros. Esto cada día vai a peor.

Ver este link.

Río LImia o seu paso por Xinzo de LImia. Seco. Novembro 2012. Fotografía de Marcos Atrio.

36.- O río Limia seco o seu paso por Xinzo de Limia en novembro de 2012. Seica esto será o habitual no futuro según a UE e debido o cambio Climático. Ver este link.

Dende logo o cambio climático no Limia está provocado polas granxas e os puríns de todo tipo que van o río xunto a utilización  sin ton nin son da súa auga para rega. Así está o encoro das Conchas. Ver este link.

Como non poñan solución será o río Limia,  o que xa é,  unha cloaca. Ver este link.

Incrible imaxen do río Navea e acumulación de cinza dos incendios do 2012. Por suposto as troitas desapareceron do río

Outra imaxen. Río Navea, para mín do pouco que quedaba san en Ourense.

 

37.- Hoxe día 28/11/2012 trae a La  Región unha reportaxe sobre o río Navea dicindo que o río Navea está cheo de cinza e poñendo aparte deste link dúas fotografías escalofriantes que encabezan este punto 37.

Decir que o día 07/09/2012 xa esta páxina detectou o desastre que se había producido pero na primaveira cando houbo os incendios na zona do nacemento do río.

Engadir ademais que a fauna, troitas etc. está desaparecida en combate, sin dúbida afogadas polas cinzas.

Este feito foi comunicado polo que escribe a Consellería de Medio Ambiente que non contestou e ademáis enviei un video denuncia  tamén a dúas Asociación Ecoloxistas como son Adega e Coto do Frade, por certo tamén sin contestación.

Pola miña banda os datos están recollidos na páxina web  que titulo o río Navea na Uvi e onde tendes fotografías terribles de como quedou este río.

Outro vertido máis o río Barbaña e por suposto o río Miño en Ourense.

Levamos así cincuenta anos, pero nos últimos catorce todos os anos se envelena unha media de dez veces, moitos non denunciados.

38.- Outra máis do río Barbaña. Esto non ten arreglo. E van este ano...

Ver este link no que Adega denuncia esta desfeita 08/12/2012.

 

Saír a  indignaos -2012.          Salir a Ourense N.             Saír a Ourense N.