Visita o río Navea, sete de setembro de 2012. Ourense. Chandrexa de Queixa.

Primeira sorpresa: no río non se pode bañar a xente, por suposto descoñecía a noticia e asusteime...logo comprobei que o río está totalmente na UVI dende fai moitos meses.
Inda por riba varios paisanos da zona, que andaban coas vacas e as ovellas, confirmaron a doble desfeita primeriro dos incendios, ardeu toda a serra e todo foi o río e a segunda que o río fai anos que está abandonado e se fai nel o que se quere. Hoxe hai un tramo de 2 kms de pesca da troita sen morte, dende os pasais de Taboazas a desembocadura do regato de Torneiros na Ferrería. Para arriba ten 14 kms. de río vedado que foi un desfile de pescadores furtivos durante todos estos anos.
O río ten moi pouca troita, en toda a mañán soio tuven unha entrada nos dous kms. de tramo libre sen morte, cando en tempos eran centos as que entraban, troita pequena a maioría, pero moitas de medida...
¡Unha desfeita!

Mismo por riba dos pasais de Taboazas hai esta desfeita de barro e cinzas, en algunhos lugares de ata 50 cms de espesor. O incendio dos montes de Chandrexa (Queixa, San Mamede, etc) debeu ser total. E todo, todo, foi parar o río.

Outra pequena mostra na cabeceira do pozo, nesta zona, parte dereita do río entérrase calquera. O río ademais está totalmente afectado, aparte de levar moi pouca auga.
Esta situación exténdese a todo o río ata a Ferrería, en algúns lugares máis que en outros polo drenaxe do río.
Troitas non vín ningunha, salvo a que me entrou nun currunchiño de río de apenas auga e cun regatiño o lado que debeu ser o que á salvou.
Sabedes que coas cinzas a troita morre inmediatamente por asfixia.
O que non entendo é como a Confederación de Pesca de Ourense organizou dous campeonatos de pesca no lugar, pesca sin morte por suposto...Non pode ser certo?
Descoñezo totalmente o tema, tratarei de enterarme...

Así están moitas zonas do río Navea
Un desastre.
E...que non chova.
¡Non entendo nada!
Neste link, tedes 36 fotografías desta desfeita.
Este é o video que elaborei deste desastre:
Non deixedes de velo, é o meu canto de denuncia a toda esta desfeita.
Pido xustiza có río Navea e con todos os ríos Galegos.