CARNAVALES OURENSE - 2004

EIROÁS RECUPERA A PITA.

(Según Enrique Bande un auténtico robo)

(Aclaracións de Lois Pardo)

 

 

 

Recuperan unha máscara tradicional do Entroido. 

Foto da Pita no desfile do entroido 2001. Fotografía do autor da www. Obervar que non ten nada que ver coa pita actual.

                  No carnaval do 2004 a Pita está totalmente recuperada según versión oficial; o problema de tódolos xeitos non é este. Realmente a pita representa a Ourense?. Eu penso que non, penso que a pita nunca representou a Ourense. O entroido de Ourense é outra cousa. De tódolos xeitos resulta interesante coñecer A Pita:

                                        

ANO 2001

O barrio de As Eiroás en Ourense presentou a máscara propia e tradicional deste barrio, a Pita. Recupérase así, unha anterga tradición do Entroido na cidade ourensá. A Asociación de Veciños do barrio traballou nos últimos anos para dar pulo á vella tradición. 


A Pita é a primeira máscara do concello de Ourense, así como xa existen as pantallas, os cigarróns e os peliqueiros no resto da provincia. O seu nacemento prodúcese no barrio de As Eiroás por iniciativa da súa asociación de veciños que quere recuperar a tradicional Festa da Pita, o entroido singular deste núcleo de poboación. 

A presentación oficial tivo lugar no local da asociacion veciñal de As Eiroás. Lois Pardo; presidente da asociación estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e a directora do obradoiro no que se elaboran estas máscaras. 

Trátase dunha peza estructurada en dúas partes. Por un lado está o casco, feito a medida e adaptado á cabeza. É a máscara en sí, a careta individual e persoal. De feito, cada veciño diseña a súa propia tendo en conta que por diante será arlequinada en blanco e negro, e por detrás levará un debuxo representativo da natureza ou ben de algo que teña que ver co matrimonio. Cabe lembrar que a Festa da Pita xurdiu como consecuencia da unión de Gumersinda Benavides, alias a Pita, e Antonio Guimarey, que a finais dos anos 50 resolveron casar. Existía daquela a tradición nas Eiroás de "facer cinzarrada" ao viudo ou viúva que se casaba, pero ao non teren os contraentes o mesmo estado civil, a xente reclamoulles unha contía económica para facer a festa. Perante a negativa de ambos os dous noivos, a xente deu en facerlles mofa e comenzaron a tocarlle cornos e toda caste de instrumentos caseiros para advertir co rebumbio aos veciños dos arredores. O que non aclara a tradición é se o señor Antonio e dona Gumersinda chegaron a pagar a contía da festa, máis daquela quedou institucionalizada unha celebración que chegou ata os 70. En 1999 a Asociación de veciños recuperou unha tradición que, segundo Lois Pardo, cada ano vai a máis. (Trozo collido de O Sil, especial entroido 2004)

Lois Pardo recalca que a máscara da Pita é individual: "está feita a medida do portador e por iso cada unha ten un único dono, ademáis, é o propietario o que elixe ou deseña o debuxo que a careta leva pola parte de atrás". 

Sobre o casco érguese o pescozo que terá unha medida estándar e as cores das plumas as elixe o dono da máscara. No remate perfílase a cabeza da Pita, a cresta da ave, que será de cor bermello. 

A máscara enteira, apunta Pardo, "require entre 30 e 40 horas de traballo e máis cartos dos que pensabamos". 

A primeira aparición pública das Pitas terá lugar este domingo no barrio con motivo da celebración do Oleiro. Nesta ocasión sairán so tres ou catro exemplares, si ben no desfile de Ourense, o domingo 25, pasearán polas rúas da capital as 14 máscaras que se elaborarán este ano. 

O día grande da Festa da Pita é o martes do Entroido. En As Eiroás se representa a Voda da Pita, a unión de Gumersinda Benavides e Antonio Guimarey que deu lugar ó nacemento desta tradición, na década dos cincuenta. 

Será pois o martes do Entroido cando as Pitas percorran as rúas de As Eiroás. Nembargantes, e dado que esta é unha figura de nova creación, a máscara aínda non ten un traxe propio como soporte.

ANO 2004

No ano 2004 o traxe recupera cintas de cores longas que saen do ombreiro e indican a antiguedade do traxe.

Definitivamente queda con unha chaqueta e un calzón corto negro sobre unha camisa e unhas medias de encaixe blancas, cunhas polaninas negras. Dos brazos da chaqueta colgan sendas capas cheas de plumas de vivos cores.

Tamén leva un cinturón, unha bolsa de coiro, cinco pequenas campaniñas, 18 pequenas esferas metálicas con boliñas no seu interior que emiten sonidos o axitalas.

Máscara da pita, entregada co diario La Región.

A máscara ten dúas partes: o casco, feito de vendas de estuque e o pescozo, realizado en papél-maché. A parte traseira está decorada polo que a leva. Eso sí no remate ten a cabeza da Pita, a cresta da ave, e ten que ser de cor bermello.

A mascara da Pita foi adaptada polo Concello de Ourense.

 

Nota aclaratoria suministrada por Lois Pardo de Amigos@da pita.

Penso que ven a conto...

Con relación á pita e á festa da pita, que conforman un mesmo bloco, mais non son exactamente o mesmo. há 3 anos, puiden ver a túa páxina (de arrakis) con información  sobre o entroido ourensán e máis concretamente sobre as pitas que se estreaban naquel ano; tentei localizar ao autor daquela web (a ti) sen éxito entre distintos meios de difusión para aclarar algúns dados que non se axustaban á realidade; dados que, tambén temos que dizer, foron repetidos en distintos meios (aos cuales se lles informou do erro que cometían). recentemente, un compañeiro dunha asociación da que son membro -foula cultural- comentou-me o estado da páxina, a información introducida neste ano e posteriormente o teu correio-e; por isto che estou escrebindo.

Ben, indo ao grao, e sen entrar demasiado na matéria (que poderiamos fazé-lo en cualquer momento se estiveses interesado), dizer que O QUE SE RECUPEROU FOI A FESTA da pita, que nascera nos anos 50 e deixara de celebrar-se coa chegada da democracia, pasando a celebrar-se a 1ª edición desa RECUPERACIÓN no ano 1999. nos anos seguintes, e pretendendo introducir elementos que asentasen esta FESTA, decidimos CREAR UNHA MÁSCADA, que foi apresentada no ano 2001 (primeiro ano do século) de deseño e creación próprios. no ano 2002 ENGADIMOS-LLE O TRAXE Á MÁSCADA. de feito, como se pode apreciar na foto tomada no pavillón e que aparecia nesta web o "traxe" empregado para o primeiro ano ( o da creación) era unha casca de ovo rota, que simbolizaba o nacimento da máscada e o nacimento do século.

Haberia muitas mais cousas que matizar, mais só con empregar os verbos adecuados en cada situación (pasando de sensacionalismos), mudarían bastantes cousas.

Outra cousa: doe-nos ouvir que a máscada foi promovida polo concello, xá que esta festa foi durante vários anos A MENOS APOIADA E SUBVENCIONADA DE TODA A CIDADE, e aínda hoxe é unha das peor tratadas. e en cuanto á oficialidade... Ourense non ten máscada oficial. iso non o deciden nen os políticos, nen os xornalistas, senón a cidadanía. en cualquer caso, a pita, nascendo no ano 2001, e que se saiba, é a primeira máscada que tenta representar algo (a festa da pita) que se crea na cidade de ourense.

Se mo permites, achego-che também a resposta que se publicou no diario "La Región" en resposta ao artigo de E. Bande.

Agradecendo-che a atención e pedindo-che desculpas por este "atraco" do teu tempo, fico ao teu dispor para o que gostes.

Un saúdo 

Lois Pardo
 

 

 

 

 

Nota importante: Según Enrique Bande, esto da Pita, é un roubo o Entroido Ourensán.

Según Enrique Bande un auténtico robo

Pongo esta carta aparecida en La Región el 14/03/2004:

 

El entroido en nuestra ciudad, tal como hoy lo tenemos, es una fiesta  de reciente creación, dado que fue en el año 1901 cuando la Sociedad Recreo Ourensana hace la primera carroza para participar en la fiesta  del entroido por lo cual no tíene máscara propia, ni personaje que identifique esta fiesta. Varíos han sido los intentos hechos en este sentido  pero no cuajaron. Cuando Balbino Álvarez  fue concejal de cultura, época en la que nuestras fiestas tuvieron su máxima pujanza, se recurrió al Rey dei Entroido encarnado en diversos personajes como El Trangallán, Casiano, Huete y Carlitos, el diseñador de trajes y de carrozas, pero  aquellas propuestas no tuvieron el éxito deseado. El segundo intento,  mimético, fue cuando se intentó hacer de un pleno municipal lo característico de nuestro entroido cosa que tampoco arraigó. Este segundo intento data también de los años de la concejalía de Balbino Alvarez. 'En los años siguientes siendo concejal de Cultura Aurelio Villar, se hizo otro intento queriendo poner como personaje típico la Pita de las Eiroás. En este intento hasta la, prensa llega a afirmar que la Pita es la máscara típica del entroido de nuestra ciudad.       •      .

        La Pita no fue nunca un personaje típico de nuestro entroido. Es sólo un episodio grotesco que se originó en dicha localidad, perteneciente en la .actualidad a la parroquia de Santa Teresita del Veintiuno. En dicha localidad, lo mismo que en todas las parroquias y pueblos de la geografía ourensana, cuando un viejo se casa  con una joven o cuando uno de otra parroquia se casaba con una chica de parroquia  distinta a otras o cuando un vecino no quería pagar para la fiesta, se le hacía cencerrada. Por ello, cuando una Joven apodada la Pita se casa con un viejo de Eiroás, hace ahora unos 50 años,  tuvo lugar una cencerrada, aporreándole la puerta, tirándole piedras a las ventanas y recitándole coplas satíricas y lascivas. Este y solo éste es el episodio. Pero hace  unos años en tiempos de la concejalía de Balbino Álvarez,  vinieron  a la ciudad de Ourense para potenciar nuestra los Gallos y las Gallinas de la parroquia de San Pedro de la Mezquita en tierras de la Merca Los jóvenes vienen con disfraces muy vistosos y con un sombrero que simboliza un gallo y las mujeres con otro que simboliza una gallina poniendo el huevo, fue en tiempos de la concejalía de Aurelio Villar cuando a algún iluminado se le ocurrió la peregrina idea de poner la Pita de las Eiroas como el personaje típico de nuestro entroido y la idea aún sigue en el ambiente. Yo denuncio públicamente que esto es un robo, una apropiación indebida y una adulteración de nuestras más sanas tradiciones dado que la Pita de las Eiroás no es más que un plagio de las Gallinas y los Gallos de la Mezquita.

      Les pido a los máximos responsables que no permitan que sigamos adulterando nuestras tradiciones. Todos los ourensanos saben que el escudo de nuestra ciudad es un león sobre el puente con una espada en la mano y encima de la espada la corona real. Pero un día el investigador ourensano don Manuel Blanco Guerra, a quien Dios tenga en su seno, se le ocurrió la peregrina idea de ponerle el  león encima de la espada en vez de la corona real una llave, que decía haber encontrado en el Castro de SantoTomé, cosa que yo también dudo y si fue así dudo que sea de la época  romana o castrexa, y esto de acuerdo con el concejal de Cultura sin consultar con nadie se plasmó en el escudo diseñado en los setos de los jardinillos de las fuentes de las Burgas. Podía seguir enumerando adulteraciones pero prefiero callar por si alguien pudiera decirme:"Medice, cura te ipsum". Sólo le pido a los responsables de la cultura dé nuestra ciudad que no permitan que en adelante se adulteren nuestra historia, nuestras tradiciones y nuestro patrimonio  cultural y científico.

 

Saír.