Volver a  ríos. ESPA.jpg (1396 bytes)
Volver os ríos GALICIA.jpg (1311 bytes)
Volver a prensa. salir.jpg (989 bytes)
GUIA PRA PILLA-LAS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS

Un libro de Juan José Moralejo Álvarez, editado por edicións xerais de Galicia S.a. en 1981.

Un libro que debe ser o único adicado a pesca da troita en Galicia.

Non ten desperdicio.

Do libro destaco todo desde o prólogo donde Carlos Casares dí " Gústalle pescar e gústalle as troitas " ata o seu saber do río, a súa coña increible e o seu amor o río "Bos pescantíns, hainos; bos escritores, tamén. Pero pra atopardes home tan troitófilo e tan namorado dos ríos coma min tendes que buscar moito, e non sei se con pouco ou ningún éxito".

Pois xa somos dous. Gracias Juan José polo teu libro.

Sinto que o teu Deva do que falas moito no libro, non sexa o de hoxe. " Andados teño moitos ríos, e nadado, somentes ún, o meu Deva en Ourense: levo anos no vezo e non cain na auga senón unha vez, que foi en Agosto e non importou moito, pero molleime o tabaco e mailos mistos e tiña o estanco a mais de catro kilometros, como método para deixar de fumar non o recomendo".


Portada do Libro

O libro é marabilloso e Internet permíteme decilo e quizais manteñer un e-mail co autor. Decirlle únicamente, que pasei un rato moi agradable leendo o libro e darlle as gracias ( con dazaceis anos de retraso) . Non ten desperdicio.