PEQUENOS RÍOS DA
PROVINCIA DE OURENSE

Existen
moitos ríos na Provincia de Ourense, centos diría eu. En principio enumerarei os que
coñezo dicindo o seu estado, non descartando unha relación moito máis amplia no
futuro, enumerando os seus problemas.( Na foto o río Navea en Chandrexa. Un diamante en
bruto en tempos.)
Decir de tódolos xeitos que Ourense, que
era un paraiso de ríos ata 1980, hoxe vai en picado, os pobos que non
depuran, os puríns que van o río, os envelenamentos nos poucos que tiñan
troitas, están rematando cós ríos da provincia, cando escribo esto no ano
2004.
¿Que quedará nun futuro moi inmediato?.
Sinceramente penso que troita autóctona nada como non sexan os ríos do
Invernadoire. O resto estámolo machacando día sí e día tamén, o parecer
sin que nos importe moito...
Hoxe
está defenestrado.
Ver este video e
fotografías que demuestran ó que estou a dicir.
Realmente sinto pena...
|
RÍO - PECULIARIDADES-ESTADO DO RÍO. |
río BARRA
(Barra de Miño) Pesqueino só nunha ocasión, difícil, mais
sempre sube algunha troita do Miño. Está prevista unha minicentral nefasta.
Nos meus anos de neno, collíamos centos de anguías preto da
desembocadura deste río no río Miño, preto de Barra de Miño.
No único muiño que había nesta zona. A miña madriña Lolita, xunto con
Laura e Eloy, vivían, dáquela (1953-54) neste muiño...que río
sensacional...hoxe ( en abril do 2000) é un desastre, as anguías
xa pasaron a historia.
No 2004 este río está defenestrado...En
2015 está vedado.
|
río BARBANTIÑO
(Punxín)
En tempos un bo río desde fai dez anos un
desastre, por contaminación de vertidos, envelenamentos, etc. Ultimamente estano
rehabilitando . Ánimo. É couto sen morte. Está prevista unha minicentral, xusto na
fervenza, que xa está feita en decembro de 1998,
construe Engasa ( o
dia 11-11-98 deixou seco o río.) . Vivir pra ver..Na zona da Fervenza, por
debaixo, ten un couto sen morte.
En abril do ano 2.000 como se preveía
está feito un auténtico desastre natural.
ENGASA rematou con este río, inda que
intente demostrar o contrario. Ahora inténtase montar unha asociación
para a recuperación deste río. Incríble...os mismos que nono
defenderon, nin abriron a boca cando se fixo a minicentral, intentan
ahora rehabilita-lo imposible...
O malo é que si consiguen cartos, serán
de tódolos galegos... que vergoña...
No ano 2004 este río está
prácticamente morto...
O final en 2015 é couto sen morte dende a ferbenza do
Barbantiño ata a desembocadura.
Gracias Engasa, gracias Concello de
Amoeiro...
|
río BARBAÑA
(Ourense) Rio cloaca da cidade de Ourense. Ata fai
pouco non se podía nin ver incluso cheiraba mal. Están intentando
recuperalo. Veremos como queda. Inda que non o crean, en tempos tiña moita troita.
O dia
27-12-98 sigue feito unha cloaca. Penoso.
En abril do ano 2000 , a Confederación
Hidrográfica parece que o vai rehabilitar. É a gran asignatura pendiente
de Ourense, xunto có río Miño, que vai mal e o río Lonia que vai peor.
Realmente os nosos políticos están a preocuparse de outras cousas...inda
no se decataron, que a auga é a riqueza do futuro...no saben cuidala.....
esperemos que cando se decaten non sexa tarde...
Non 2004 nunca estuvo peor...
Estos anos ata o 2015 envelénase dúas ou tres veces o ano.
|
río BARXA
(A Gudiña) Río moi bonito. Troita moi delicada.
Poucas troitas.
Río moi descuidado e pouco vixiado.
Está prevista unha minicentral.
A minicentral non se fixo.
O río cada vez ten menos troita.
|
río BUBAL
(A Peroxa) Este río transcurre a mayor parte do seu
cauce por terras de Lugo, pero tamén fai fronteira con Ourense en moitos
dos seus tramos, Peares, A Peroxa, A Barrela (Lugo), etc.
Foi en tempos un río sensacional, cheo
de troitas en todo o seu recorrido.
Hoxe está esquilmado. O furtivismo, a
porquería e as minicentrais. Recentemente unha
minicentral de Fenosa
está deixando este río para o arrastre en sete kilómetros de río,
realmente facía tempo que no veía tal desastre. A minicentral está
situada en terras de Vilaquinte, tamén da Peroxa. Un auténtico
desastre.
Por certo a estas actuacións
chámanselle "Enerxías limpas" e tamén "desarrollo sostenible". Realmente
están de coña...
|
río CADÓS
(Bande) En tempos foi un bon río, con moi boa
troita, hoxe moi queimado.
Tén prevista unha
minicentral, que fará a empresa San Miguel ( adeus río ). .Ten
un couto nunha das súas zonas. Concretamente no
medio vai a minicentral. País...
En abril do ano 2.000 está tocado e
ameazado por dúas minicentrais que están actualmente en construcción. O
pobo de Bande que se despida deste río...
As minicentrais, sin esaxerar, son a
morte deste río. O tempo demostrará o que estou a decir...
Sinto moito por Bande, en vez da "Festa
do Peixe" ten que ir preparando "A festa do desenrolo sosteñible" o algo
similar... O Cadós e o Limia están moi mal e morrendo...
Efectivamente demostrado, no ano 2004
este río está desfeito, prácticamente non ten troitas e a minicentral é
impresentable, en pleno couto de troitas, vivir para ver como medran os
bolsillos de esta xente que non ten nome...
|
río CAMBA
(Viana) Moi irregular, como tódolos ríos no que o
nivel varía a cotío. Inda ten algunha troita.
Realmente este río está en mans de
Iberdrola, a dona dos ríos da zona. Unha multinacional que pasa dos B de
billón na súa facturación pero que non se preocupa por esta zona, que a
trata de tercermundista.
¡¡ Unha mal dona!!
Presume de ecoloxista, no sentido de
conservar a natureza, gasta millóns neso, pero esta zona tena explotada
incríblemente. O río Camba a partir do encoro das Portas vai ruinoso.
¡¡¡ No hai dereito !!!.
Hoxe o río Camba antes do encoro das Portas está tocado pola
construcción do AVE. Un desastre.
|
río CENZA
(Vilariño) Era unha auténtica xoia de río,
espectacular, precioso nas súas paisaxes e cun valle glaciar na
súa cabeceira, para min único en Galicia. Con moita troita.. Hoxe está
desgraciado por un encoro irracional, que afectou moitísimo ó canle.
Non me estraña que o vedaran. Da pena. Non
entendo ou si o entendo, como os paisanos se deixan meter estos goles
pola escuadra. Algún beneficio sacarán, gustaríame sabelo.
Sinceramente o que está debaixo do encoro era o lugar máis
bonito da Provincia ( na miña opinión). O río era precioso,
mais só queda na lembranza...Ten
dous coutos.
No ano 2.002 soio queda o couto sen
morte. Penoso. O río está desgraciado totalmente.
Culpables: en primeiro lugar Iberdrola
, a multinacional que explota este río , en segundo lugar o
Concello de Vilariño de Conso, que non se entera ou non se quere
enterar, e que permite esta explotación...¿ por qué? ...
Probablemente sexa o Concello de España que máis diñeiro recibe dunha
compañía hidroeléctrica, pero eu penso que é unha equivocación para o
futuro. O encoro do Cenza nunca debeu de facerse...
Actualmente é couto sen morte.
|
río CERVEIRA
(Pradoalbar) Algunha troita ten. As beiras están
un pouco sucias. Sería recuperable, na miña opinión.
Noticias de boa tinta dinme que está
totalmente esquilmado no ano 2004. Os puríns, os velenos e a pouca
vixianza fixeron deste río un morto máis na provincia de Ourense...
Confirmado.
|
río CERVES
(Melón) Moi castigado en tódolos sentidos. Un rio
moi curto e con grandes desniveis, pero recuperable. ( Nova de última
hora: fan dúas minicentrais no rio.Por certo os veciños fanlle a
cambio unha cafetería e invitaronos a pulpo o día da festa do pobo.
Adeus). A minicentral xa está feita.
O río Cerves, en setembro do 2004 está
totalmente defenestrado. Prácticamente non ten troitas, polo menos dende
a minicentral
ata a desembocadura no río Miño. Culpable: os donos da
minicentral e os responsables políticos de zona e da Xunta.
Na miña opinión non teñen perdón...O
río Cerves e dende o seu nacemento debería ser declarado zona Natural a conservar...pero non foi
así...
|
río COUSO
(Vilariño) A derradeira vez que o pesquei viña moi
sucio e penso que tén pouca troita. .Nunha
das zonas é couto.
Este río está prácticamente
defenestrado. Os caudais ecolóxicos da zona son nefastos. Logo o
furtivismo, puríns, envelenamentos e un longo etc. fan que nesa zona
Vilariño de Conso, esté quedandonse sin ríos troiteiros, cando era unha
zona especial.
Realmente haberá que preguntarse no
futuro quenes foron os culpables, eu pola miña banda teño moi claro.
Pouco coidado e malísimo de andar. Non merece a pena...
|
río DEVA
(Puentedeva) As derradeiras veces que estiven
neste río, deume pena. En tempos tiña moita troita. Eso si moi delicada.
(
O Deva é un río do que falaba moi ben Juan Jose Moralejo, nun libro moi
bonito, sobre a pesca da troita.). Ultimamente está moi deteriorado e
non é nin a sombra do que foi,
a
minicentral de San Miguel afundeo, queda un tramo practicamente sin
auga. .É
couto nunha das súas zonas.
Non é nin a sombra do que foi. O encoro
de Frieira e a minicentral da Empresa San Miguel ( pomposamente
inagurada por Fraga e o Sr. Vitorino como a Panacea da obtención de
enerxía) , xunto cós vertidos que teñen os Concellos da zona, deixaron
un río de augas cristaliñas, un río dunha troita delicada e exquisita,
un río sensacional...nun río penososo e agonizante...
Confirmada a agonía no ano 2004. RIP a
este gran río...
|
río GROU
(Herdadiña)
Moi castigado, fai uns anos tivo uns
vertidos que o atacaron de morte. Penoso. Non se recuperou. Tamén
fixeron unha
minicentral para acabar de rematalo.
|
ríos Grande e Pequeno
(Invernadeiro) O reducto natural da
provincia, regatos que se conservan en bon estado xa que estiveron
vixiados e vedados todo estos anos. Se non pomos remedio, serán os
lugares a onde terán que ir os nosos netos para coñecer como eran as
troitas auténticas e como eran os nosos ríos en tempos... A Salmo Trutta fario, estilizada e de pintas
vermellas. Unha preciosidade. ( Ver manuais).
Na miña opinión é do pouco que queda en
Ourense que se conserva autóctono e ben conservado. Por suposto é Parque
Natural e non está permitida a pesca da troita nin de ningunha outra
especie.
No 2014 fixen dúas visitas, é do pouco que queda na provincia
de Ourense en boas condicións. Os dos ríos o río Grande e o río Pequeno
están en excelentes condicións.
|
río LOÑA
(Ourense)
Desemboca na cidade de Ourense, un pouco
por debaixo de Velle. Foi en tempos un río incrible. Hoxe está
defenestrado. E un río altamente contaminado polos vertidos. Unha pena.
Por certo a súa auga é a que bebemos os ourensáns. Tamén ten unha
minicentral construida, que lle afecta bastante.
O problema deste río é a depuración das
súas auguas xa que a gran población que se asenta nas súas beiras non
depura en absoluto, e fai vertidos directos.
O río Lonia, hoxe, no ano 2004 é unha
auténtica cloaca impresentable...
|
río NAVEA
(Chandrexa) Outro reducto natural de troitas. Un río
moi machacado e non polos pescadores, xa que o pescador nunca
pesca o alevin é imposible. Machácano os envelenamentos, as baterías que
eletrocutan, fai dous anos atopei un cable eléctrico en catro
sitios por riba da Ferrería. Unha pena. Hoxe está vedado. Para min
é un dos sitios da provincia, con mellor troita e mellor recuperación,
outro dos lugares que si se coida, poderán ir os nosos netos
a ver algún exemplar de troita.
Fai uns anos construiron unha estrada a carón do río, sen ningún
sentido, non facía falta, machacando tres km. do río. Unha pena.
Por debaixo do encoro, penoso,
estivo anos sen auga. Hoxe ten, dín, o caudal ecolóxico ( un tubiño que
da risa). Penoso.
Este río inda se conserva dende o
nacemento ata a Ferrería en bastante bon estado no ano 2004. Está
vedado, inda que a sú vixianza deixa moito que desexar. Os ríos non
interesan en Ourense...
Actualmente. 2014, é couto sen morte ata a Ferrería, por
certo o canle está cheo de cinza e en moi malas condicións polos
incendios destos anos. Por riba da Ferrería está vedado ata o
nacemento pero vese moi pescado... Hoxe,
xaneiro de 2021
está defenestrado.
Ver este video e
fotografías que demuestran ó que estou a dicir.
|
río OLELAS
(Entrimo) Río incrible, hoxe machacado nun bo tramo
polo encoro de Lindoso. Tardará en recuperarse, máximo cando está
prevista unha
minicentral, que fará ( como non) Hidroeléctrica SanMiguel.
Esta empresa está a cubrir de mortos a Provincia.
O Olelas no ano 2004 está
defenestrado...
Non se fixo a minicentral pero este río ten moi pouca troita.
O encoro de Lindoso vhega ata Olelas, anegou os mellores
lugares do río.
|
río MAQUIÁNS
(Ribadavia) Un auténtico viveiro do Avia en tempos.
Fai uns anos que é unha auténtica cloaca, dende Carballeda. Non sei como
estará hoxe, mais imaxínome que perdido. Unha pena. Era un río con
magníficos exemplares de troita.
No ano 2004 era unha auténtica cloaca,
os purins e a merda dos pobos polos que pasa fan deste regato unha
cloaca...
Sigue sendo unha cloaca no 2015, ademais está vedado e non
ten unha troita polo menos na zona de Ribadavia, onde fai uns anos
estaba cheo...
|
río MAO
(Montederramo) Un río con moita troita, pero bastante
contaminado, os vertidos en Montederramo seguen sen solucionarse. Unha
pena. É un río que enseguida se enche de arrabazas debido ó anterior. De
tódolos xeitos é incrible, dado que sempre ten moita troita.
Por debaixo do encoro, penoso, estivo
perante moitos anos valeiro de auga. O río era fantástico. Hoxe ten un
pequeno caudal gracias ás loitas dunhas cantas persoas, ás que teremos
que estar agradecidos. Penoso. .En
Montederramo é couto.
Nos anos 2003 e 2004 desapareceron as troitas autóctonas, seica están a
investigar o que ocurriu. Para min está claro os puríns remataron coa
especie e co río. Por suposto ten
troitas, pero son das que botaron...
Para chorar...
|
río MENTE
(A Gudiña) Un magnífico río, pero moi castigado.
Pouca troita.
Foi totalmente envelenado cando se fixo
o viaducto das Rias Baixas o chamado Viaducto do Mente.
Logo repoblaron pero o río xa non é o
mismo.
|
ORILLE
(Celanova)
Unha marabilla en tempos. Hoxe un desastre
en vida. Inda que trátano de recuperar. O mal que fixeron os vertidos
será difícil de recuperar. Hoxe está vedado. .É
couto nunha zona.
No ano 2000 volve a estar habilitado
para a pesca. Esperemos as noticias...
Son os pescadores que van a este río
trátase dunha auténtica cloaca en moitos puntos...
Seica deixa moito que desexar.
No 2015 é couto, pero non gusta a ninguén...
|
río OUTEIRO
(Barcia) Imaxínome que hoxe estará esquilmado e
prácticamente sen vida. En tempos foi un auténtico viveiro para os
pescadores de Ribadavia, lémbrome de Manuel
Portela, Braulio, Pedro e Xerardo Alvarez, inchábanse a coller
troitas , sobre todo o Portela, a veces pasaba das 50 ou 60 troitas ( de
medida), pescando cunha soa mosca o tralleo e como el decía,
e era certo , cada ano tiña máis. Troita exquisita. A última vez
que estíven por alí estaba de pena. Insisto, xa que o vivín o
pescador auténtico non remata coa pesca. Hoxe está prevista unha
minicentral, que fará Engasa, a empresa que fixo a do Barbantiño ( adeus
río ).
No ano 2000 este sensacional regato
está ameazado cunha minicentral, a minicentral do río Brull, que así lle
chaman a este río.
¡¡¡¡¡Adeus!!!!.
Non se fixo a minicentral, menos mal, pero o río está moi
tocado...
|
río PENTES
(A Gudiña) Sitio precioso, onde se xuntan tres
rios.Últimamente moi esquilmado e sucio. En Galicia tíranse moitas
cousas o río.
|
río SALAS
(Randín) Certifico que este río era incrible, cheo
de troitas e peixes, era una auténtica plaga, no bo sentido. Hoxe está
moi afectado polo encoro de Salas, pero non é o que era.
Os lugares por onde pescaba,
entraba pola Malonga ata os pozo do Boticario, etc...Toda a
Veiga de Calvos dende a ponte da estrada a Randín , preto da hermita de
San Antonio, ata o lugar citado do Pozo do Boticario...unha maravilla
que queda na lembranza, miña e dos nenos e xentes de Randín...hoxe está
baixo as aguas...de outro encoro irracional e non necesario...
Os encoros rematan con
todo, a troita quere augas batidas e son moi poucas as que
sobreviven, de cando en vez dará algún exemplar e pare Vd. de contar,
logo desovan no río, pero o río quedouselles corto e teñen moitos
depredadores. Un desastre. A misma teoría pódese aplicar o encoro de
Lindoso. Tamén estaba prevista unha minicentral.
A minicentral non se fixo pero o Salas está defenestrado, nin
os peixes que tiña aparecen por ningún lado. Afluentes increiblemente
troiteiros como o que baixa de Vilariño hoxe non ten unha troita. Unha
auténtica pena.
Hoxe por debaixo do encoro de Salas
inténtase recuperar o río Salas, unha pena...
|
río TUÑO
(Celanova) Un caos, era un río
extraordinario e cheo de troitas un ano e outro ano.
As
tres minicentrais, da empresa H. SanMiguel, rematan co río.
Puden comprobar
persoalmente e así consta nesta folla www, noutro lugar, que
estas minicentrais remataron cun río sensacional, que nunca tuven a
sorte de pescar , pero que aqueles compàñeiros que o fixeron falan de el
como un río mítico e sensacional. Un río dos mellores da Provincia da
Provincia de Ourense.
Hoxe non é un
río. ¡¡¡ É unha vergoña!!!, que non me explico como Medio Ambiente, como
a Confederación hidrográfica e como os Ourensáns permitimos que sexa
explotado desta forma...
Ollo as subidas de
nivel, calquera día pode haber unha desgracia, as subidas nótanse ata no
río Arnoia, en Outomuro.
Seica ten troitas das minicentrais para
abaixo; serán das que botaron...
|
Escribe
sobre o teu
río.
Volver.
Volver o principio .
|