FERVENZA DO XALLAS  (S. Lorenzo F.)

Foto sacada do libro "Guía das Fervenzas da Coruña" de Ramón Muñiz de las Cuevas. Ver comentario

As fotografías seguintes son do autor da www.  24 de agosto de 2003.

Pulsando nas fotografías, e tendo moita paciencia, poden verse a toda pantalla.

......

......   ......

De camiño a Fervenza de Ézaro. Posta de Sol no Sonras

Posta de sol. A fervenza sin auga. Domingo 24 de agosto do 2003. Unha vergoña.
Outra imaxen triste da zona. A empresa eléctrica ten a zona lamentable. Pondo algo natural na zona.
Empeza a chegar a xente. Entre eles  Benito e Eliana a quen mando un saúdo. Comenza o triste espectáculo, pero non por elo fermoso. A Fervenza  coa súa auga máxima, e todo o que concede a Empresa eléctrica.
Fotografía da caída da auga. Realmente unha pena. Outra imaxen
A zona podría ser sensacional. Moita xente vendo a sesión Outra imaxen, ese domingo había máis de cen personas vendo a Fervenza.

Realmente a miña muller e máis eu voltamos tristes, no ano 1964 víramos a fervenza e non se parecía en nada. A zona por outra banda está desgraciada, unas tuberías impresentables e poco cuidado.

Pareceunos unha tomadura de pelo e por suposto un desprecio auténtico.

Por suposto a xente que non sabía dela gustoulle en xeral, é lóxico.

O mellor da maña (24-08-2003), foi atopar a uns colegas do Carballiño: Benito e Iliana a quen mando dende esta páxina un saúdo. Eles tamén opinan o mesmo desta parafernalía.

Estas fotografías son o meu pequeno tributo a esta Fervenza que vai acompañado dun berro grande:

¡¡QUEREMOS UNHA FERVENZAS LIBRE!!.

¡¡PEDIMOS QUE SE CUMPLA A LEI FLUVIAL!

CAUDAL ECOLÓXICO DIGNO XA.

                

Na fotografía da esquerda a fervenza nos anos cincuenta do século pasado. Na fotografía da dereita caudal ecolóxico da morte ata o 12/04/2011

Engadido no ano 2012:

Revisando este apartado vexo, con gran ledicia,  que:

"Depois de 19 anos a 12 de abril de 2011 a empresa Ferroatlántica , abríu as comportas do encoro de Santa Uxía, por mandato  xudicial, para devolver o caudal comprendido entre o encoro e a Fervenza a Fervenza no último treito de 1,4  km do río Xallas."

Pola miña parte sinto unha ledicia especial xa que esta páxina leva dende 1997 reivindicando o caudal ecolóxico para esos 1,4 km. e denunciando con fotografías ese desastre...

Enhoraboa a Galicia e enhoraboa pola parte que me toca. Fareille unha visita.

salir.jpg (922 bytes) Ver fotografías antiguas da fervenza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    COMENTARIO SOBRE ESTA FERVENZA.

Ramón Muñiz de las Cuevas

A FERVENZA DE ÉZARO no río Xallas cerra o sensacional libro sobre Guía das Fervenzas da Coruña, da editorial do Cumio e do autor Ramón Muñiz de las Cuevas, a quen felicito dende esta www polo seu traballo.

Suscribo plenamente os seus comentarios sobre esta Fervenza, comentarios que reproduzco a continuación:

Pechamos esta baixada en cascada rememorando a fenecida fervenza de Ézaro, o parecer o único cadoiro de Europa con caída ó mar, agora soamente visible cando as pertinaces chuvias obrigan a aliviar a carga acuosa dos encoros: entón a fervenza xorde con toda a súa forza, como reclamando o que é seu, ata que volve amainar o tempo e torna a recluírse na cadea de cemento que a retén e a encauza a traves duns espantosos tubos que, profanando a montaña, rematan na central eléctrica erguida ó seu pé.

Non obstante, dende o verán do 2000 e pola insistente presión da Asociación Neria e de intelectuais de Soneira, a empresa condescendeo a abrir as comportas da presa un par de horas os domingos, para que os cidadáns poidan deleitarse coa baixada dun escaso caudal.

Tal favor motivou que o Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, aproveitase a ocasión para, nun alarde de orixinalidade, inaugurar esta fervenza, único elemento da natureza que se coñece que fose obxecto de tal honra. Haberá quen se conforme con esto. Nós expoñémola aquí, como homenaxe póstuma a esta maravilla da natureza que no seu día completaba o encanto desta vila mariñeira xunto o impoñente Pindo e unímonos ás voces que continúyan reclamando : "LIBERTADE PARA A FERVENZA DO ÉZARO!"

 

salir.jpg (922 bytes) SUBIR.