Río Xallas. Así era a Fervenza do Xallas fai 40
anos. Única en Europa, sensacional. O río Xallas desemboca en Ézaro
na costa da Morte. Sin lugar a dúbidas do mellor de Galicia.
Ata que Ferroatlántica fixo un encoro xusto por
riba da fervenza a 1.5 km. aproximadamente, deixando como se ve na
fotografía o río xallas sin auga e a fervenza seca. A foto é do ano
1998. Esta empresa incumple a lei fluvial galega totalmente.
Ata que se produce o milagro:
A Xunta actua e Ferroatlántica fai o milagre ( seguramente a
cambio de pedir máis uso da auga e montar sabe Deus o qué...)
Calquera día distes volverá a inaugurar o nacemento do río
Xallas.
Realmente esperpéntico.
Aproveito a ocasión para darlle as gracias a
empresa Ferroatlántica e pedirlle no nome dos galegos que cumpla a lei
non soio os domingos de 12 a 2 sinon todo o ano. A
zona penso que é do mellor que temos en Galicia.