¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

Algúns Desastres nos ríos galegos 2013.

 

  

Catro mostras de desfeitas do ano 2012: As fragas do Eume, unha auténtica desgracia para Galicia (ardeu moito terreo e o peor as cinzas e outros vertidos foron o río, o seu PH está desgraciado e a fauna está a pasalo mal, moi mal...) , o río Navea e outros ríos da zona de Queixa en Ourense, toneladas de cinza no río, morreron miles de troitas e non se fixo nada de nada; o río Barbaña en Ourense un exemplo de deixamento e ineficiencia dos nosos gobernantes, leva trinta anos así e cada día peor,  ninguén ten a culpa neste país. E por último o río Viñao no Irixo un máis contaminado e desfeito, que é có que comenzo o ano de desfeitas.

A Xunta dice que os ríos galegos, o 70% están xans. Mentira. En Ourense o 90% dos ríos están tocados e creo que me quedo corto, moi corto. A auga dos nosos ríos é hoxe unha asignatura pendente a pouco que se analice...

En Galicia -costa a maioría dos  ríos tiñan no seu analisis cantidade grande en metais e outros contaminantes, non fai moito nun estudio de augas de Galicia.

A salubridade dos ríos galegos deixa moito que desexar...

Os que andamos os ríos día si e día tamén sabemos perfectamente como están, e cada día van a peor.

O río Miño en Ourense vai calamitoso, levamos anos sin depurar as nosas augas e sin depuradora, inda por riba o río Barbaña leva, últimamente, marzo de 2013, contaminación de todo tipo

¡¡Un desastre!!!.

Seguimos nas mismas cós nosos ríos no ano 2013, día sí e día tamén unha desfeita...

Os nosos ríos están totalmente abandonados a súa sorte.

No que sigue tendes algunhas denuncias,  soio as que aparecen en algúns  medios de comunicación, que son as que se denuncian, normalmente entre un 5 a un 10% (rebaixo a porcentaxe a vista dos datos oficiais de algunhas  zonas...), o resto non se denuncian ou pasan desapercibidas, xa que non se viron...

O listado está feito dende xaneiro de 2013 ata hoxe.

Os resultados son nefastos e irreversibles.

-----------------------------------------

Por suposto que hai tamén denuncias nas que se abren expedientes, por poñer un exemplo:

O ano pasado e dende fai uns anos o río Armada un afluente do río cerves en Melón viña totalmente contaminado, unha canteira que hai na zona, Minera de Rocas S.L.,  era a causante, pois ben, ver o expediente en curso:

Esta era a fotografía do meu compañeiro de andanzas Xulio T. P. Vese o río cerves a dereita e de frente a merda que trae o río Armada que baixa, deste xeito impresentable,  da canteira Minera de Rocas S.L., que está vez si foi denunciada e penalizada pola Confederación hidrográfica, como debe ser.

Ver a incoación:

O anterior é un exemplo dos moitos que se denuncian...

 

-----------------------------------------

Río Viñao en Ourense.

1.- Novos problemas no río Viñao en Irixo, seica a terra acumulada provoca inundacións. A este río que foi envelenado o ano pasado e tamén envelenado pola construción da estrada de Ourense a Santiago cáenlle todas.

Agora pasa o que tiña que pasar:  a terra das escombreiras que deixaron cando fixeron a autopista foi toda o río (onde estaban os inspectores, que responsabilidade ten a empresa constructora?, qué responsabilidades ten a Xunta.  Hai moreas de terra que despois de matar a fauna, cambiaron o leito do río e agora producen inundacións... Ver este link do día 06/01/2013.

Realmente non temos remedio.

Por suposto que hai denuncias que van adiante, por poñer un exemplo a denuncia que se fixo contra unha canteira por contaminar o río Armada un afluente do cerves foi arriba como demostra esta imaxen:

 

 

-----------------------------------------

 

Río Támega en Oimbra. Verín. Ourense.

2.-Moitos problemas tamén no río Támega en Verín, está totalmente contaminado; hai vertedeiros en todo o canle e abondan, ó parecer,  máis en Coimbra. Ver este link tamén do día 06/01/2013.

O río Támega fai máis de 40 anos que está contaminado, sucio e impresentable. Non se mirou para nada para este río. Cheo de herbas, arrabazas e todo tipo de electrodomesticos, rodas, e un longo etc.

 

-----------------------------------------

 

3.- O río Barbaña sigue a estar  contaminado día si e día tamén e sempre sin saber os culpables.

-----------------------------------------

 

4.- O río limia é o río de Ourense máis contaminado según Adega. Según está páxina leva máis de vinte anos pestilento. Ver este link.

Este verán do 2012 quedou completamente seco en Xinzo.

O encoro das Conchas, en tempos co mellor peixe da provincia hoxe convertido nunha balsa de carpas. Inda por riba tentan levar esta balsa a contaminar o pouco que queda do río Salas en Randín e Tourem, outra barbaridade...

Ver tamén este link da Región.

Por outra banda non se fixo nada en absoluto para resolver o problema das cianobacterias. Volverá ocurrir.

Esperemos que as chuvias destos días retrasen o tema.

 

-----------------------------------------

 

Pesca da Lamprea no río Tea dificultada pola merda que baixa polo río.

 

 

5.- Vertidos no río Tea que dificultan a pesca da lamprea .Ver este link-

 

-----------------------------------------

Río Tella. Santiago.

6.-Siguen os vertidos no río Tella. Un desastre. Abril de 2013- Ver este link.

-----------------------------------------

 

 

7.-Siguen os vertidos no río Arenteiro a altura de Arcos en pleno couto. O río Arenteiro está feito un desastre e non atallan os vertidos. Ver este link.

 

 

-----------------------------------------

 

8- O río Barbaña volve a estar contaminado e van... 04/05/2013.

Xustamente un día despois de que anunciaran que se vai facer unha depuradora para paliar o problema de dous contaminacións por mes neste río.

Eu aplaudo a idea pero chega tarde e seguro que está mal planificada e algún se vai levar cartos, vivimos nun país de chourizos e non me estranaría nada....

2015 haberá depuradora?...dificil de crer e moito menos que resolvan o tema dos vertidos; pero tempo o tempo...

Inda non están descubertos os culpables dos anteriores e xa estamos pagando os cidadáns como eu polos vertidos, os contaminadores deberan ser os que pagaran...non estou de acordo con estas cousas...

Por eso digo país de bons chourizos...o tempo.

Nunha depuradora que xa existía outra.

Pagarán:

2,8 millóns de € ou sexa 2.8000.000€, 465.880.000 pts.  a Confederación pero con cartos de Europa. O sea Vostede e máis eu.

910.298 € , ou sexa 151.460.843 pts a Xunta de Galicia. Augas de Galicia

O mantemento será do Polígono e o Concello de San Cibrán que non pon nada de nada.

Por certo este Concello é o responsable da Contaminación.

Estará feita ???? no 2015.

 

 

-----------------------------------------

 

 

9º.- Os ríos de Ourense sufrieron 129 vertidos sancionados en el 2012. Seica foi un informe no Senado a petición a oposición.

 Dícese pronto.

Si temos en conta que soio se denuncia un 25% por cento, como moito, soio nos queda decir.

¡Pobres ríos de Ourense!

Ver este link (25/06/2013)

No traballo fálase de contaminación nos ríos: Barbaña, Avia, Limia, Támega. evidentemente está é unha mínima parte da contaminación o ano pasado.

Tamén se fala de facer un estudio sobre os problemas do encoro das Conchas. Vaiche boa...Si ainda hai que facer un estudio, mal chollo. Polo que decían tiñan o problema solucionado? o cal é unha mentira. Non teñen solucionado nada de nada. Este ano choveu bastante e pensan que esa foi a solución... a famosa "man da chuvia".

Sobre este tema non saben nada e están a botar cohetes este ano, máis que nada, para que os nenos vaian os campamentos que hai na zona. A verdade que estamos gobernados por incompetentes... Esperemos que teñen sorte e que este ano 2013 no teñan microcistina no encoro, cousa que dudo e moito... Si siguen cos estudios malo... Non fixeron nada para solucionar este grave problema.

Sobre o tema das cianobacterias a Xunta está a facer probas en Caldas deReis no encoro do Umia por certo con non bon éxito. Nas Conchas non se está a facer nada de nada.

..."El tratamiento experimental con corteza de eucalipto, medida estrella de las emprendidas por la Xunta para atajar la presencia de la temida cianobacteria microcystis en el embalse del río Umia en Caldas de Reis no acaba de dar los resultados esperados, según admitió ayer el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. “El resultado no fue tan radical como habíamos previsto, pero sabemos que tuvo influencia”, dijo el conselleiro de Medio Ambiente, que confió en que el verano en ciernes "podrá ser menos crítico" que el del pasado año."...

O que eu digo: esperemos que o verán sexa bon para Caldas e para Muiños...

 

-----------------------------------------

O Concello de Ourense leva multas pola contaminación do río Barbaña, sancións de 3.211 € por tres vertidos:

 

Por suposto tamén o Concello de San Cibrao das Viñas leva as súas multas, neste caso 6.240 € por vertidos o río Barbaña. Tan o de Ourense como o de San Cibrao son culpables dende fai anos de que o río Miño e o río Barbaña sexan dúas cloacas...

O malo de todo esto...que pagamos os cidadáns. Non hai dereito, deberan pagar os políticos que están nestes concellos. Son os culpables de gastar mal os cartos, de tirar cos cartos cando os había e non defender estos ríos...

 

---------------------------------------------------------------------------------------

10.- Comenzan en Galicia, se leva moitos anos esnafrando ríos, as contaminacións polo tema das minas. Así por exemplo a mina autorizada en Corcoesto para obter ouro...

Neste caso o afectado vai ser o río Anllóns. Ver este link onde a Xunta autoriza a explotación para obtención de Ouro.

Mal momento para os ríos galegos en xeral.

..."El río Anllóns, Lugar de Interés Comunitario, Zona de Especial Protección para las Aves, paraíso ibérico para ornitólogos que buscan especies exóticas en pleno viaje a países cálidos, arroja al menos 850 kilos de arsénico a su estuario; más veneno, en proporción, que el que vierten ríos industrializados como el Támesis, el Sena, el Loira o el Ródano. La mayor parte de esta sustancia procede de las arsenopiritas trituradas que dejó como consecuencia la anterior empresa, hace un siglo. Se llevó 2.363 onzas, y a pesar de practicar una minería menos invasiva que la que ahora se pretende, la lluvia, los arroyos y el Anllóns siguen lamiendo veneno al pasar por Corcoesto...."

 

 

-----------------------------------------

 

Gafos en Pontevedra contaminado unha vez máis en xullo de 2013.

11.-Outra vez vertidos no río Gafos en Pontevedra. Ver este link. Realmente é unha mágoa ver como este río, tan coidado últimamente sufre estos desmán.

Parece  ser que o saneamento integral do río Gafos vai para rato.

 

 

-----------------------------------------

 

 

Vertidos no río Gallo xuño 2013.

12.- Outra vez vertidos no río Gallo. Ver este link de xuño (16 e 28)  de 2013.

 

-----------------------------------------

 

13.- Vertidos incontrolados o río Sar por baixo da depuradora y que afectan o río ata a súa desembocadura no río Ulla. Ver este link.

-----------------------------------------

 

 

 

14.- Vertidos o río Sil no seu paso polo Barco de Valdeorras. O Sil é un río altamente contaminado entre os vertidos, as pizarreiras, etc. Ver este link.

Seis vertidos xa habían sido denunciados.   Ver este link

 

-----------------------------------------

 

 

Fotografía do río Con . Vilagarcía.

 

 

 

15.- Río Con en Vilagarcia de Arousa contaminado unha vez máis. Non ten remedia a pesares de ser un río corto. Xullo de 2013.

 

-----------------------------------------

 

 

A fotografía é  do encoro de Vilasouto, O Incio (Lugo). 07/07/2013.

 

16.- Outra vez o encoro do Mao en Vilasouto O incio- Lugo empeza a estar eutrofizado con microcistina nas beiras e un cheiro repugnante.  07/07/2013

Deste encoro beben moitos veciños da comarca. As autoridades de momento pouco fan ou nada por paliar este fenómeno, que repito produce un cheiro na zona moi grande. O entorno está os domingos e días festivos cheos de xente, xa que é un lugar espectacular si non fora por este evento. Como mínimo debera haber un cartel que dixera que non se deben bañar a xente nestas augas podres.

Este encoro foi feito para regar o Val de Lemos pero realmente nunca o fixo. Ahora suministra auga a varios pobos da comarca como: Vilasouto, Calvos  e a zona de  Bóveda, En Calvos os veciños están francamente incomodados xa que a auga ben impresentable e non sirve para dar o gando nin para bañarse...moito menos para beber ou facer a comida... As súas protestas xa se fixeron no Concello e este parece que está a facer unha toma do río en Goo para abastecer a este pobo e a Vilasouto. Deste fai tempo estos veciños, que se viron cun encoro encima, recibían,  a cambio das perdas que supoña o encoro, a auga sin coste; así estaba pactado coa Confederación Hidrográfica. Agora estase a facer outra traída, producida polo eutrofizamento do encoro, e que debera ser gratis, refirome a traída. Fálase dunha cantidade a pagar que non é xusta. Dende estas liñas quero reivindicar que as cousas hai que facelas con xustiza, e a xustiza é que estos veciños non teñen culpa de que as cousas se fagan mal e o encoro esté impresentable pola contaminación e o mal facer río arriba e no propio encoro.

Seguirei o proceso para ver en que remata, xa que me afecta directamente. A miña dona é de Calvos. Repito:  os veciños non teñen culpa e coido que teñen dereito a beber unha auga en condicións con un coste da traída de precio cero, cousa que xa  tiñan. Outra cousa é que se cobre no futuro a auga.

No tema  da eutrofización sábese moi pouco a forma de meterlle man. O exemplo está no río Umia,  onde seica este ano seguirán coas cortezas de eucalipto que parece está a dar pequenos resultados positivos pero que non dan atallado o problema de ese encoro, do que bebe todo o Salnés.

O encoro das Conchas en Ourense pásalle o mismo e dicen que está resolto. Hai que ter cara...Apouco que aprete o calor volverá a repetirse a eutrofización xa que as autoridades da zona , as de Ourense e as da Xunta non fixeron nada de nada. Non saben...¡Mentiráns!

En opinión do que escribe a única solución é que a Xunta rescate a concesión a Cortizo Hidroeléctricas,  da producción eléctrica,  por contaminadora, xa que foi a causa de que se fixera, neste caso o encoro; e deixe correr a auga. Aparte de sanear a zona. Ver  este link sobre este tema. O que están a facer é gastar diñero público para tratar de resolver o problema.

 

Fotografía dun tronco de castaño que está a beira do encoro de Vilasouto, semella unha persoa,  e parece asustada polo que está a ver. Dunhas augas cristalinas e limpas como tiña o río Mao, non fai moito,  pasamos a esta podedumbre cheirenta e impresentable.

Ver como ten estado este encoro noutros anos. Terrible.

-----------------------------------------

Río Cabe en MOnforte, Barreiras para reteñer o gasoil.

 

17.- Gasoil no río Cabe en Monforte. Este río a partir de Puebla de Brollón (por riba non ó  coñezo últimamente) está de capa caida. Vertidos por todas partes, puríns e un longo etc. Ten pouca vida. Inda por riba recibe afluentes como o Mao totalmente contaminados. É couto nunha gran parte antes de chegar a Monforte. Un timo...

O tema do Gasoil foi resolto rápidamente. Menos mal...Ver este link

 

-----------------------------------------

 

18.- Vertido no río Ulla o 13/07/2013. Ver este link.

 

-----------------------------------------

 

 

18.- Vertidos varios o río Zamáns. Recollen unha tonelada de lixo soio en 200 m. Incrible. Ver este link.

-----------------------------------------

O río desviado, De cor das canteiras, dado que a pizarra o extraela lávase e todo vai o río. Unha desfeita auténtica e denunciable.

Hoxe as empresas de pizarra están mal, como a construcción. Pero en tempos que ganaban millóns, nunca fixeron nada por paliar estas desfeitas...

 

 

19.-No Barco de Valdeorras en Ourense as explotacións de pizarra siguen a destrozar os ríos da zona. É unha auténtica desfeita que levan máis de 25 anos facendo estas barbaridades cos ríos da comarca. Por poñer un exemplo o río Casaio que é masacrado, desviado, está morto totalmente e por suposto contamina o Sil. Un entre moitos.

Esta política de todo vale por a minería e polos postos de traballo non é válida actualmente. En moitos paises civilizados e solidarios coa natureza este tipo de apropiación non se consinten e a explotación non se abre si non hai un estudio previo de que non se vai alterar o medio.

Aquí, cós ríos, todo vale dende fai tempo ...e todo sigue igual...

Ver este link de denuncia. Xullo 2013.

 

 

-----------------------------------------

Nota importante:

A Xunta en particular Augas de Galicia seica ten un plan de análisis dos puntos de contaminación afectando a zona do arco ártabro e a mariña lucense. Leva funcionando dende o 2009.

Dende logo non creo que actue este plan na Galicia interior.

Este é un pequeno balance que da mostra da contaminación que existe hoxe nos ríos galegos, soio referido a mariña lucense e a zona marítima do arco ártabro, comarca de Bergantiños e Soneira:

"

Balance desde 2009

Desde el año 2009 Augas de Galicia lleva ejecutado un control riguroso para la eliminación de los vertidos contaminantes en la demarcación hidrográfica de Galicia Costa.

En total se realizaron 8.609 inspecciones desde ese año que se complementan con las cerca de 5.038 muestras recogidas en las cuales se analizó una totalidad de 32.970 parámetros. El trabajo se intensificó a lo largo de la pasada legislatura y sólo en el año 2012 se realizaron más de 3.000 inspecciones, segundo muestra el gráfico inferior, lo que supone un 34% más que en 2011.

Como consecuencia de este intenso trabajo de inventariado y seguimiento de los puntos de vertido Augas de Galicia emendó en esta legislatura que termina 970 vertidos contaminantes gracias a las actuaciones administrativas de supervisión, asesoramiento y presión sobre los titulares de estos puntos de vertido. Esta presión se materializa en los más de 1.248 expedientes sancionadores que la Administración hidráulica de Galicia incoó nos últimos 5 años."

Este é o link desta páxina

 

-----------------------------------------

 

 

Auga recollida no encoro das Conchas en Ourense. Agosto 2013

20.-O encoro das Conchas outra vez de pena, a auga analizada non vale para bañarse. A toxicidade da auga triplica o permitido. Estaba visto.

Ver a noticia no Faro de Vigo:

 

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/09/05/toxicidad-embalse-as-conchas-triplica/872281.html

Ver este link

Os veciños das Conchas denuncian que a situación é alarmante, ver este link:

http://www.dendealimia.com/web/?p=1195

Para o alcalde de Muíños estas medicións non son creibles:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/09/15/dicen-as-conchas-apta-bano/878148.html

-------------------------------------------------------------------------

Nesta fotografía vense como todo vai o río. Son tuberías que veñen das obras do ave.

Así van os ríos, unha auténtica pena...

 

21.- Castrelo do Val denuncia a  Seprona as obras do ave xa que están deixando os ríos da zona desfeitos.

En efecto os ríos Foxo Vello, Valcovo  e Camba cando non van lodados van cheos de aceite. Xa fai tempo que as tropitas pasaron a mellor vida... Una auténtica desfeita nestos ríos do oriente ourensán, ríos que en tempos eran do mellor de Ourense.

Ver este link coa noticia.

http://www.laregion.es/noticia/264805/castrelo/denuncia/seprona/vertidos/obras/

Ver tamén

http://www.laregion.es/noticia/264600/castrelo/contrapartidas/danos/

 

---------------------------------------------

 

 

Montañas de cinza que viñeron río abaixo no río Navea. Por supostp non deixa unha troita viva, morren por afogadas.

 

22.- Nin que dicir ten a desfeitas que vai haber cando chova e as cinzas dos lumes vaian todas os ríos. Volverá a pasar como na fotografía co río Navea o ano pasado.

Ourense ardeu por tódolos sitios, e Galicia o mismo, ata o Pindo volveu arder. As consecuencias nos ríos son impensables.

 

Viñeta de Carrabouxo polo lume na ferbenza de Ezaro no río Sallas. Ardeu en setembro do 2013 ata o mar.

Esto dos lumes, en Galica non teñen solución: hai moita improvisación, pouca limpeza e preparación do monte, pouca vixilancia e un desgoberno que clama o ceo. Consecuencia:  os nosos montes están a desaparecer do mapa e os nosos ríos afogados e mortos. Pra chorar...

O final como decía Carrabouxo a esperar as choivas:

O malo é que todos son triunfalismos...que poñen a pel de punta; veña a dicir nos medios, pagados polo goberno,  que se apagan os lumes, que hai medios suficientes, veña a comparar, a dar cifras de outros anos, veña a mentir de moitas maneiras e a nosa terra, a arder e repito os nosos ríos esnafrados.

Non se poñen os medios para que as cousas non se repitan e o resultado é media Galicia queimada, damos pena. Calquera ruta que fagas, atopas o monte queimado.

Da pena, claro que da pena. Facendo esta ruta entre a Ferrería e a Edreira en Chandrexa de Queixa atopamos este trozo da Serra de Queixa queimado, unha reserva de Ourense, uns montes con capudres, laureis, carballos, pradairos e un longo etc. E o peor as cinzas van os regatiños que hai neas zonas e logo o río neste caso o Queixa.

Con esto dos lumes fai moitos anos que estou francamente cabreado, e non digamos cós tratamentos e cuidado dos ríos, que cada vez se fai peor. Dicen que non hai un can pero os mismos que o dicen non fan nada por o tema, siguen a cobrar soldos que lles deberan dar vergoña, siguen a reducir o máis importante como é a Sanidade, a Educación, a Administración básica, a Xustiza, e pola contra: siguen sobrando concellos a esgalla en Galicia, sobran Diputacións, sobran políticos de un partido e de outros, sobran festas onde se gasta o que non hai, sobra tirar os cartos en facer "cousas inútiles solo para gañar votos", sobran moitas cousas...

O final soio temos chourizos e pelotazos, xente que se montou na moneda nestos quince últimos anos de democracia, que non rascou nin abriu a boca todo este tempo, e o peor que siguen montados no "machiño" e o país, en xeral, en picado...

Moito triunfalismo e resultados nefastos para a nosa natureza e en xeral para a nosa vida...

-------------------------------------------------------------------

Así está o río Bubal en Verín. SECO. SIN AUGA. E non soio pola sequía...

23.- Na provincia de Ourense está empezando a ser un feito común que queden ríos secos, como o río Bubal en Verín e moitos outros. A fotografía está sacada en Medeiros pero hai moitos regatos, algúns básicos para suministrar auga potable os pobos, que xa non teñen auga. O uso indiscriminado nas regas, os incendios e o deixar facer o que se queira con estos ríos son as causas deste desastre.

Neste caso os veciños de Medeiros (Monterrei) quedaron sin auga. Había unha bomba que sacaba a auga do río Bubal ata unh depósito situado na parte alta. Un máis...

Esto soio se pode resolver coa choiva.

A auga será ouro no futuro e tamén en Galicia. Conviña formar a población neste senso e economizar en todo, por suposto eliminar moitas "regas" indiscriminadas de fincas. A auga gratis e un tema que non entende moita xente. O final é tamén un tema de formación...

Ver este link coa noticia.

 

----------------------------------------------------------------------

Río Sil no Barco de Valdeorras (Ourense)

24.- Protesta no Barco de Valdeorras, 24 de setembro 2013,  polos caudais ecoloxicos dos ríos da comarca. As empresas hidroeléctricas siguen a facer o que lles peta. Moito presumir de ecoloxía, de electricidade verde, de cuidados da natureza e son impresentables como obteñen ese enerxía sin importarlle o río e a súa fauna.

As empresas dicen que siguen a facer o de sempre...hai que ter cara...

Link da noticia.

 

---------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Esta é unha das depuradoras instaladas. Como esta dos Peares foron 107.

 

25.- Agora resulta que se defraudou a comunidade europea máis de 10 millóns de euros en depuradoras, eso é o informe que presentou OLAF (Europea da loita contra o fraude) en contra da Diputación de Ourense. Por certo depuradoras que non funcionan a maioría. O parecer o coste enerxético ( seica entre 8000 € e 12000 o ano,  máis por suposto o mantemento en caso de avería) é moi elevado e os concellos non ven maneira de pagalo... Ver este link da Región.

En principio choca que en Galicia non se detecten estos fraudes e outros moitos...

Por suposto a actual Diputación de Ourense dice que as cousas non son así que funcionan casi todas, concretamente 99 e en todo caso eso xa foi, anos 2003-2004.

Que ten que ver esto cós ríos?. Eu penso que todo,  si as depuradoras non funcionan dedúcese directamente que a merda toda vai os regatos e ríos, ó demais está claro...

Esto de Ourense é incrible. Que conste que eu xa sabía desta desfeita, vas pola provincia e observas as depuradoras sin funcionar e toda a merda os regatos e os ríos, incluso en algúns pobos está á vista e polo medio do pobo.

Ver este artigo de Cristina Huete sobre estas 107 depuradoras que actualmente non funcionan a maioría. Estaban diseñadas para poblacións entre 250 e 500 habitantes pero repito hoxe non funcionan e as augas fecais van tal cual, moitas delas o río Limia por poñer un exemplo. Ver o link.

Por certo as depuradoras son STP, cun principio basado na depuración biolóxica mediante aireación prolongada con recirculación de lodos activados. Ver si vos interesa este link co funcionamento e as características. Seica son efectivas en pobos pequenos. Estas depuradoradores estaban diseñadas para funcionar en barcos de Noruega, así como soa,  e logo foron adaptadas a este fin. O cal non quero dicir que non sexan efectivas...

Cando se presentaron todo eran ventaxas:

O de que Ourense recupera a conca do río Miño da unha mostra de como se presentan estas cousas cara o gran público.

Dicir que os ríos MIño, Támega e Limia son hoxe, setembro de 2013 os máis contaminados da provincia.

Dende logo os alcaldes de moitos concellos cuestion estas depuradoras polo gasto que supoñen. Tamén pola precipitación ca que están montadas, non distinguindo augas pluviais das augas a depurar e outras cousas. Ver este link.

En que quedará todo este lío...vaia vostede a saber seguramente en nada...Os paganos somos vostede e máis eu e por suposto os nosos ríos que non aguantan estas desfeitas e así van hoxe. algúns eutrofizados, por exemplo o río Limia e tamén o río Arnoia ( en Pontegrande vai verde...)

 

Nota: a empresa que instalou as depuradoras por suposto dice que son rentables que teñen moitas ventaxas e que gastan pouco. Falan de que tratan os lodos, de que non hai que transportalos e de que gastan pouco máis de 1000€ o mes. Todo son ventaxas. Además seica funcionan 99 das 107 depuradoras instaladas. Incluso en algunhas delas seica poñen ata placas solares que manteñen o gasto en electricidade moi baixo?. En fin é normal todo esto.

O caso certo é que seguramente funcionen todas ou casi todas pero pouco, eu as que teño visto estaban casi todas paradas. Fun a mala hora estarían dormindo...

---------------------------------------------------------------------------

Río Arnoia, en negro polo lumes.

25.- Está a chover e os ríos están a sufrir. Neste caso é o río Arnoia que vai como se ve na fotografía, a fotografía é da Merca onde fai pouco houbo un incendio incrible, unha auténtico asesinato a nosa natureza, como son todas as queimas, aquí arderon ata casas.

 Está claro que as cinzas por onde van matan.

Esto é o que queda o monte inservible, botan palla pero é querer e non poder pero as augas chegan os ríos e matan.

A Merca (Ourense) un terror...¡Malditos os que queiman a nosa terra!.

 

 

-----------------------------------------------------------

 

Fotografía  de Miguel Ángel. Vertido o río Miño en Ourense cidade.

 

26.- Outra vez o río Miño en Ourense  con vertidos fecais e de todo tipo. Fai oito días  foi a carón da Ponte Vella unha tubería que seica se rompeu e que verte o río Miño tal cual.

Hoxe os oito  días, 15 de outubro,  outra esta vez no lado esquerdo e a día de hoxe non se sabe que tipo de vertido é. Seica a Confederación está a investigar?

Esto é habitual no río... que pobriño?.

 

Ver este link coa noticia do vertido.

 

O final o Concello de Ourense a pagar. Non saben poñer solución...A última multa foi de 43.444 € non fai moito 27/06/2013. Ver este link. Hai cousas difíciles de entender...

------------------------------------------------------------

O río Támega leva dende 1990, soio 23 aqnos aguantando todo o que lle botan. Claro que vida, o que se dice vida piscícola ten pouca por non decir cero patatero...

27.- Permiso para facer un vertido no río Támega en Verín, autores as obras do AVE e as empresas que fan o camiñó do AVE, que teñen dereito a todo así sae máis barato...

O río Tamega recibirá outro vertido procedente das obras do ave.

Noticia esperpéntica.

Xa non se produce o vertido a priori, pídese permiso para facelo.

Eso si cun seguimento grande por si hai problemas.

Por suposto que teñen permiso...

Ver este link.

 

 

-----------------------------------------------------------------------------

28.- Consulten o punto catro destas desfeitas.

Estaba anunciado volvería a ocurrir a eutrofización do encoro das Conchas.

Agora parece que teñen unha solución que se somete a información pública.

Costará un millón de euros.

A eutrofización do encoro das Conchas non se resolve tirando estos cartos sin acometer un plan integral de depuración de todos os municipios de verten basura, augas fecais, puríns e elementos de todo tipo o río Limia.

Seino xa que é a misma desfeita que en Caldas de Reis, tema que coñezo a fondo, e que non dan solucionado. Ver o link do encoro do Umia do que son autor curiosamente...

O dito.

Volverá pasar pero esta vez tirando pola borda nada menos que 1.114.631 € inicialmente. Diñeiro do fondo europeo. Vamos de todos os galegos...

Persoalmente síntome roubado e mal gobernado.

Este é o plan:

Este é o link do encoro do Umia onde hai o mismo problema de eutrofización e non se da atallado con nada...

Castro, Baltar, Pérez, Marín, Juárez -de espaldas- y Martínez en el Concello de Xinzo. (Foto: MARCOS ATRIO)

 

Ollo: o día 29 de outubro de 2013 anuncian 837.347 € para limpar as beiras do río Limia, cortas as especies invasoras e pouco máis.

Habera que facer un seguimento de estas cousas. O río Limia seica estará listo dentro dun ano.

Costa creelo...

El presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, Francisco Marín, y el alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, firmaron ayer el convenio de colaboración, en un acto celebrado en el Concello de Xinzo, y que contó con la presencia del delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez; el subdelegado del Gobierno en Ourense, Roberto Castro; el presidente de la Diputación Provincial, Jose Manuel Baltar, y el delegado territorial de la Xunta, Rogelio Martínez, entre otras autoridades. 

Los trabajos de restauración y mejora de las condiciones hidráulicas del cauce del río Limia consistirán en la limpieza y desbroce selectivo de la vegetación de ribera, eliminando las especies con un mal estado fitosanitario así como las especies invasoras. Por otra parte, se llevarán a cabo labores de restauración de márgenes y de taludes debilitados, empleando para ello técnicas de bio-ingeniería y revegetación.

Teniendo en cuenta que la zona de actuación comprende desde la pasarela peatonal de acceso a las piscinas municipales hasta el puente de la pista de O Bouzo, el proyecto contempla la construcción de una nueva pasarela peatonal, de metal -de 2,50 metros de ancho y 45 metros de longitud-, ya que la existente se encuentra en muy mal estado y supone un riesgo importante para los viandantes.

Se realizarán, además, actuaciones de ampliación del puente de O Bouzo, con una sección final de calzada de seis metros que permita el paso simultáneo de dos vehículos, así como dos aceras peatonales laterales de 1,25 metros de ancho, lo que supone una mejora importante de la seguridad vial. También hay obras de mejora en el entorno de la depuradora municipal, y en la zona de O Mato.

El plazo de ejecución de las obras es de 12 meses.

Ver este link coa noticia.

-------------------------------------------------------------------

 

 

 

28.- Cinco millóns de euros para frenar os vertidos os ríos. Así dice a noticia e vou deixar constancia dela como algo positivo.

Trátase de frenar os vertidos dos ríos: Barbaña e Lonia que pasan por Ourense cidade.

Sabemos en Ourense que o río Barbaña e o río Lonia son dúas pocilgas. Por certo do río Lonia as súas augas debían usarse para beber en Ourense, digo debían, hoxe son veleno auténtico...

O caso é que o Barbaña inda hoxe 23 de outubro presentaba unha contaminación por espuma, que movilizou a Confederación Hidrográfica e o río Lonia en Cachamuiña iba eutrofizado estos días. Este extremo é lóxico xa que a ese río botan "merda" todos,  dende a Cárcel do Pereiro ata o mismo polígono do Pereiro,  que agora me entero que ten depuradora pero aparte de non funcionar hai moitos núcleos do polígono non conectados...país...

O demais xa se poden imaxinar.

Por certo según este proxecto inda tardará 18 meses en porse en funcionamento. Vamos,  ano e medio máis contaminando... E van corenta anos...

No polígono de San Cibrao gastarase 3,5 millóns para tratar a auga antes de llegar a depuradora actual e no caso do Pereiro 1,5 millóns para canalizar todos os vertidos que  non estaban conectados a rede.

Paga o estado e a Xunta de Galicia e na foto están todos para saír nela  e presentando  as cousas como si xa estuveran feitas...

E os ríos a recibir merda.

Ver este link coa noticia.

Farei un seguimento de este proxecto,  que na miña opinión é básico.

A plana maior que resolverá o problema das cianobacterias no encoro das Conchas.

 

29.- Pagará Europa ó tratar de correxir as cianobacterias que se producen no encoro das Conchas.  1.144.000 de euros para resolver o problema. Actuarán sobre dúas praias e pouco máis.

A mín lémbrame o tema do Umia e do encoro de Baxe que non está  resolto.

Como non actuen na conca do río Limia non resolverán o problema.

O peor ´´e que pagamos todos...

O tempo. Este é o link que fala da noticia.

 

 

 

 

Saír a  indignaos -2013.          Salir a Ourense N.             Saír a Ourense