
O ENTROIDO EN VILARIÑO.
UN
ENTROIDO ÚNICO.
Saír.
ENTROIDO
DE VILARIÑO - APUNTES

Boteiro . A Persoaxe máis popular do
entroido tanto de Vilariño de Conso como de Viana.
( O Boteiro é sin dúbida o máis
popular. A máscara que leva, está feita de madeira de
bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de
fitas de cores formando distintas figuras xeométricas (dá
traballo a dúas mulleres durante 25 días o facer a camisa). O
pantalón, xeralmente encarnado, con flecos nos laterais.
Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que o
moverse producen un tintineo. Tamén leva un báculo, símbolo
do poder, xeralmente con dibuxos helicoidales, e no remate ponse
a cola da raposa. Hai xente que dí que o traxe de boteiro ten
reminiscencias en terras Mexicanas de Oaxaca, Chiapas, lembrando
ós da "Danza da pluma", inda que tamén penso que
podera pasar o revés ).
Últimamente
Salvador Alonso, con 80 anos é un dos artesanos que
elaboran inda o traxe de boteiro e as máscaras propias.
O
entroido en Vilariño é moi sonado.
|
....
|
|

|
Comenza o xoves de
compadres co lardeiro, no que as mozas, despois de
roubárlle a roupa os mozos, fan o lardeiro colocándoo
nunha árbore, poste ou balcón pechado, o máis
inaccesible que se poida. Esta caricatura dos mozos
será obxecto de mofa e bulra ata que sexan quen de
baixalo.
Nota 1: No
fondo trátase dunha simbólica loita de sexos moi do
gusto da sexista sociedade rural
O xoves seguinte, o de
comadres ou lardeira, é a inversa: os mozos fan a
lardeira con roupa roubada ás mozas e encargaranse de
que permaneza en lugar ben visible ata que eles mesmos a
baixen para paseala no folión.
Nota 2: O
moneco recibía distintas denominacións, segundo as
zonas. En Vilariño está claro que é Lardeiro e
Lardeira , por certo o máis usado noutros sitios. Pero
tamén se chama Coresma en Bande , e reco.
O folión
"córrese" todas as noites nun pasarrúas
pautado, ritual, no que se entrevén ou adiviñan
ocultos significados, e no que os actuantes, enervados
polo rítmico son dos descomunais bombos do que sobresae,
acompasada, a aguda voz das gadañas e o ronco sopro do
corno, incansables, reconfortados de cando en vez, nun
intervalo de viriles aturuxos, polas tradicionais tentos
a xerra ( viño novo), son capaces de desfilar ata o
día, en singular procesión que pode chegar ata os
pobos veciños.
Nota 3: Os
foliós pódense definir como embaixadas
músico-carnavalescas que se envian reciprocamente unhas
parroquias a outras durante o tempo de entroido, dentro
da máis xenuína tradición de afirmación da
identidade colectiva ( da parroquia neste caso) e de
boas relacións coa vila ou a parroquía veciña coa que
se manteñen as máis estreitas relacións.
" A tamborrada é
incríble, os tambores son artesanais, con peles de
cordeiro ou ovella, a madeira é de concheiro
xeralmente."
Os días grandes son,
lóxicamente , os tres últimos, nos que é frecuente a
FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes
típicas como os boteiros ( equivalente dos peliqueiros), as "señoritas", os
"vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros,
follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican
esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un
repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces
cáustico, a toda a sociedade.
Xeralmente íase coa
foliada a unha aldea veciña, a cal tiña a obriga de
"volve-la volta" ó ano seguinte.
O día grande é o
domingo de Entroido no que, coincidindo coa Festa do
Cabrito, se celebra un desfile dos Folións polas rúas
de Vilariño.
Nota 4: O
día grande na zona está presidido pola gastronomía,
así por exemplo A Androlla que se celebra en Viana, en
Vilariño está sustituido polo Cabrito. Calquera dos
duos teñen todo o sabor pantagruélico da máis
xenuína raíz carnavalesca.
|
Algunhas fotografías:
Nota 5: Os
comentarios engadidos o texto do folletiño do entroido de
Vilariño, editado polo Concello ,están sacados do libro "
O Carnaval en Galicia " de Federico Cocho , un limian que
sabe moito de carnavais.
Nota 6 :Engadido do autor da www
. O día 7 de marzo do 2000, estuven moi atento a un programa que
deron na Tv2 sobre o carnaval de Vilariño de Conso,
marabilloso. Saquei unha conclusión, o carnaval de Vilariño de
Conso e fora de serie. Gustoume todo: o artesano que prepara as
caretas e as pantallas, o que fai os tambores, as moncas, os
folións, as foliadas, os boteiros, todo......a miña
enhoraboa....
Gustoume o careo
"poético " entre o Lardeiro e a Lardeira",
sensacional, lástima non ter para grabar, a miña retentiva xa
non sirve de moito. Soio me quedei con este trociño corto, que
me fixo moita gracia, e que nos da unha idea deste carnaval
único en Ourense e quizais no mundo enteiro:
| A algunhos mozos de
este pueblo, téñolles que decir
hai que tocar as lardeiras
e deixarse de dormir... |
Importante: o verso é dunha lardeira, por certo boa moza.
Os
Carnavais en Ourense. Un anaquillo de outra folla www que se vai
completando ano a ano de datos sobre o carnaval en Ourense.
Para
ver datos sobre o entroido - 2001 en Vilariño pulsar este link ( aquí
estan os datos deste entroido no ano 2001).
Outras fotografías sensacionais deste
entroido están nestes links ( recollidos polo autor da www):
Boto un vistazo a este texto, xa no
ano 2024, pasaron soio 23 anos e comprobo que o entroido de Vilariño
sigue a ter pulo e ser considerado como sempre. Outros cambiaron,
fíxeronse máis populares, pero o de Vilariño sigue a ter a esa esencia
que tiña. Os fulións son a base.
Ver este link, repito do entroido de 2024. La Región de Ourense.
Saír.
© S.L.F.
28-02-2002
O
BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO RESISTESE A MORRER.
(Artículo publicado en La Región
de Ourense el día 24-02-2001 y que firma José Cruz, por su interés
lo reproduzco exactamente.).

A sus 80 años,
Salvador Alonso García es uno de los pocos artesanos que elaboran los
tradicionales trajes de los boteiros y las máscaras propias del
tiempo de Entroido. Después de una vida viajera, este vecino de
Vilariño de Conso, se estableció definitivamente en esta
población, dedicándose a confeccionar las vestimentas populares del
carnaval.
Los conocimientos
necesarios para elaborar las máscaras los adquirió "antes de
marchar polo mundo ", como el dice. "Eu os vin facer cando
era un crio", señala. Aquellas nociones permanecieron con el
durante muchos años, recurriendo a ellas cuando se instalo en Vilariño.
Aunque el
proceso de elaboración no sufrió grandes modificaciones sí lo
hicieron los materiales empleados en ellas. "Agora o cartón non
é como o de antes". "Era duro, moi bon", comenta.
Actualmente este artesano utiliza un plástico muy fino que se utiliza
en las cajas de calzado. Este material es colocado en la cara exterior
de la máscara, que por dentro lleva cartón y espuma.
Pero de las manos de
Salvador Alonso salen completos los trajes de "boteiro". La
dificultad de los trajes de tela ava a depender de los adornos que le
sean colocados. "En Vilariño levan rosas", indicó refiriéndose
a las flores eelaboradas con papel rizado.
Este vecino de
Vilariño confeccionó unas 30 indumentarias de boteiro, incluidas
caretas. Estas piezas son las que más tiempo le consumen, pues la
creación de una máscara precisa de 5 días de dedicación. El traje
es más sencillo y para prepararlo necesita sólo de un día.
En todo caso, este
artesano confiesa que no es excesivamente difícil preparar una
indumentaria de "boteiro". "Hai que ter a
ferramenta", asegura.
De todos modos,
Salvador Alonso comenta que el entroido de la zona ya no es como el de
antes. "Cada vez vai a menos. A xuventude non quere. Os pobos van
a menos", dice. Pese a ello, su obra podrá contemplarse durante
muchos años, pues él mismo apuntó su propósito de donar un traje
que conserva en casa al Ayuntamiento de Vilariño. Curiosamente otro
de ellos fue solicitado desde Japón.

|