|
O ENTROIDO DE VILARIÑO - ÚNICO.
(Algunhas
fotografías.)

Fotografías sacadas do video exposto por TVE
-2. Artesano facendo os boteiros. Na man ten a monca, pao que lle
sirve o boteiro para meter medo entre outras cousas.

Detalle dos boteiros. O pantalón é
xeralmente bermello, con flocos de coores nos laterais. Leva unha
faixa ou faca con picos e borlas, un cinto con esquilas ou campaniñas
e unhas polainas negras.

Carnaval único. Boteiro presidindo o folión.
A camisa do boteiro é incrible, vai bordada de moitos anacos de fitas
de coores formando distintas figuras xeométricas. Un entendido
precisa que dá traballo a dúas mulleres durante 25 días. ( Federico
Cocho, no libro O Carnaval en Galicia ).

A careta tallada en madeira e cun aberto
sorriso, adórnase con flores feitos de papel, cun colorido
sensacional. A pantalla chega a ter case un metro.
Volver al Carnaval.
Seguir vendo fotografías.
|