Un cero en Incendios e outro cero en traballos posteriores.

Despois dos incendios, verán 2025, non se fixo nada en moitos lugares.

E pasou o lóxico, unha chuvia forte e o desastre.

Escribe Secundino Lorenzo Fdez.  (xuño 2026)

Despois dos incendios que arrasaron a provincia de Ourense no 2025, e onde se demostrou que a planificación deixou moito que desexar, non se tomaron medidas científicas e contrastadas e así nos foi e así nos irá no futuro. Simplemente remítome os datos que temos todos e que aparecen, as veces, na prensa; algunhas cousas non se escribe sobre elas...non se ven...Por exemplo as cinzas, despois da queima arrasaron moitos ríos do oriente ourensán e pouco se soupo do tema...

O mal tratamento do monte, despois dos incendios, son según todos os expertos unha causa efecto claro do que pasou fai uns días  tanto en A Bouza, como en Pradocabalos e outros lugares de Viana do Bolo, na Comarca do Barco de Valdeorras, ver algunhas fotografías e un video da desfeita: avalanchas de árbores que se cortaron e deixaron no monte, ramas e demais baixaron do monte arrastrados por a auga e casi levan o pueblo de A Bouza por diante...Unha tormenta de poucos minutos a causante desta desfeita...

Pueblo de A Bouza. Fotografía de Lucila Otero.

 

Pueblo de A Bouza, en Viana do Bolo (Ourense). Fotografía de Lucía Otero.

 

Pradocabalos. Fotografía de Lucila Otero. Observar a cantidade de árbores...

Na fotografía central observar a cantidade de galiñas mortas que tamén foron arrastradas. Fotografía de Cristina Clavería.

 

Pulsar nestes videos:

No primeiro fálase dos incendios como unha causa directa no desastre que pasou en A Bouza e Pradocabalos:

 

Video dos incendios e algunha das súas consecuencias.

 

 

E no segundo un video resumen do que pasou en A Bouza,  Pradocabalos e outros lugares:

 

Video resumen.

Volver