Tempo atmosférico e conservación da natureza.

Escribe Secundino Lorenzo Fdez.

 

Consultas xerais: axudas para ver

o tempo atmosférico.

 

AEMET: por  prov. /mun.  (Estatal. Púb. xeral,  8 días. Mapas de f.)

Axencia Estatal de Metereologia. Moitos medios.

Ten 38 observ., 1200 empleados.  133 m€ de  presuposto.

 

 

METEOGALICIA. (Tempo en Galicia. Para o Público xeral.)

En Galicia é básica. Depende da Cons. Medio Ambente.

Sobre 30 empleados.Ten poucos medios. Moi bon sitio.

 

 METEORED: varios modelos.  (Mod.: ECMWF, GFS... Técnico).

Ten varios modelos de Predicción Numérica:

entre eles o GFS simula o tempo de 6 en 6 horas. Privada. 70 emp.

 

Blog de AEMET. (Comentarios sobre o tempo).

 

  Beatriz H.  en AEMET. ( Entrevista 2022.

Beatriz H. foi alumna miña no IES As Lagoas de Ourense.

Moi boa profesional. Estuvo tamén en Meteogalicia.

 

Especial: saber un pouco máis

do tempo atmosférico.

 

Axuda especial para ver o tempo metereolóxico   (S. Lorenzo)

 

A.R.U.C. San Diego.  (Crea GFS para o mundo. Ríos Atmosféricos.)

De uso en todo o mundo. Pred. Num. GFS. En inglés.

É a que máis satélites e científicos  ten.

 

 

METEOVIGO. (Utilizan o modelo GFS. Ano creación 2009.)

Web privada que utiliza o GFS.

Moi curiosa e traballada web.

 

Notas sobre a metereoloxía. Unas clases moi sinxelas.

 

Ríos atmosféricos. ( S. Lorenzo)

 

El niño que es y como actua. Traerá calor extremo (Raúl Rejón)

Nos anos  2023-2028 O Neno actuará a tope.

Era ó que nos faltaba...

 

Atención datos sobre las "danas". Un monstruo de tormentas.

Artígo sobre:  as danas, o  "Derecho" e "medicanes".

Tamén "Estudios de atribución" e cambio climático. Ano 2022

 

  Pero que es una dana o goto fría.  Video U. Murcia de 3 m.

  Pero que es una dana.       Video de CNN de  chile de 15 m.

 

Datos de la borrasca Daniel y relación calentamiento y c. climático.

Está claro ó que pasa. Setembre 2023.

15 mortos levaba de momento Daniel. Repetirase...

 

  Los mercaderes de la duda: quienes son y que pretenden.

Un Podcast de El País.  Javier Salas y Silvia Cruz 15/09/2023

Menoscabar os científicos. Esto é o que buscan.

 

Conservacionista: conservemos e

 melloremos ó que temos. Ideas.

 

Video Básico para entender ó que pasa.  5:07

 

  Un video que debéramos ver todos;

Imprescindible os políticos.

 

Cambio climático. Frutos Fernández. 11/06/2017

 

A eutrofización de moitos encoros:  

problema á resolver.

Exemplos todos os días en Galicia. Ver este link do  07/09/2023

A culpa tena a merda que se bota os ríos: augas fecais, limpeza de granxas, purines de todo tipo, pozos negros, etc.  As augas cheiran mal, poden producir cáncer, non se poden beber e engañan a xente.

Valdomiño (As Forcadas), Caldas e o Salnés ( Encoro de Baxe), A Limia (encoro da Conchas), Vilasouto (últimos anos, o 2023 está mellor), Cachamuiña (en Ourense)   e outros moitos que están a punto da eutrofización como pasa todos os anos...

 

Charles Keeling, Gene Likens y Marten Scheffer 

¡Gracias os tres!. 

Resolveron temas únicos como a eutrofización. Outros demostraron claramente que o cambio climático é unha realidade; por exemplo a curva de Keeling; onde mostra claramente o problema do calentamento global, que leva as "danas" e o que está a pasar no Mediterraneo...

 

 

Os incendios hoxe son outra cousa...evidentemente.

 

 

Conservacionista: loita contra incendios

Galicia 2023

 

Xunta 2023: visor de fincas, para limpiar obligadas,  en Galicia

 

 

Pladiga: plan da Xunta de Galicia contra os incendios forestais.

              Maio de 2023. Este ano empezan pronto: eso é positivo.

 

 

 

 

Cousas curiosas: disfruta da natureza.

 

Buscando ao raio verde da posta de sol. ¡Disfrutando da natureza!.

Eu non logro velo, levo anos intentando fotografialo,

Pasa na posta de sol e no amencer. Mellor sacar video.

 

Dous métodos portugueses para ver o tempo. Acertan sempre.

Son métodos curiosos. Acertan sempre...

Un pouco de humor neste tema moi preocupante.

 

Estudiando el tiempo de Jorge Rey  JR. Curiosa forma de Pron. o Tempo.

Acerta moito cua súa lóxica basada na natureza:

abellas, abellóns, formigas voladoras, golondrinas, etc.

 

 

 

Esta web sobre metereoloxía forma parte de varias das miñas páxinas web. Para sair ao lugar correspondente da web que estades a usar pulsa o lugar adecuado:

 

 

  Volver á Calvos

 

  Volver á Links

 

  Volver á Exaprin Ribadavia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Axuda especial-recomendacións

Neste apartado da web de Calvos tendes distintos sistemas para ver o tempo cunha precisión practicamente do 95% para catro días. As ferramentas que aporto son producto das miñas investigacións nas webs de internet dende fai uns cantos anos.

É bastante simple.

1.- En forma rápida podedes ver a web de AEMET ou ben a Meteogalicia. Simplemente debedes configurar para ver O Incio. É bastante doado.

Aparece esta información , o exemplo é para O Incio e da dende o mércoles dia 01 de febreiro ata o luns 06 de febreiro de 2023 aporta moitos datos interesantes: chuvia, temperaturas, de onde ven o aire e a intesidade, o índice ultravioletaalertas, etc. Está moi ben e para o público en xeral é sensacional. O mismo podo decir de meteogalicia.

Os cálculos para chegar a estos resultados están basados no satélite europeo meteosat e nos satélites de San Diego co GFS entre outros?

 

2.- Especial e distinto. Aquí ben o meu aporte especial a esta web e os meus veciños que queredes investigar.

Tendes unha web que é a de San Diego, Universidad de San Diego,  que aporta o sistema GFS de onde copian practicamente todo o mundo, sin lugar a dúbidas teñen os mellores medios, satélites a esgalla e moitos cientificos traballando. Cada seis horas corrixen a web. Utilizan os chamados ríos atmosféricos (tendes un artigo meu explicando o que son, en forma simple:  nubes que veñen do atlántico cargadas de vapor de auga).

Aparece esta pantalla. En GFS IVT tendes as horas, que podedes mover tamén co ratón,  e no cuadro o día, este exemplo é do 02/01/2023 que sería o día 01 do mes 02 ou sexa febreiro e do ano 2023.

Xa vedes que ese día o río atmosférico vai a Inglaterra e nos temos un anticiclón.

Co dedo de dereita a esquerda pasades as horas e podedes ver ata oito días o que pasa. Como se moven os ríos atmosféricos e como veñen de cargados de vapor. Tamén movendo as horas que vedes que van dende 0 a 180, ou sexa unha semán.

Repito en catro días son datos son casi totalmente correctos, ou sexa probabilidade altísima.

Nesa web ao entrar mostra os ríos atmosféricos e como se moven según as horas. Si estades cunha tablet co dedo de dereita a esquerda vades pasando según os días, tamén co espaciador ou o ratón. Si estades co móvil co dedo, movendo de dereita a esquerda. podedes ir mirando a hora e o día. En catro días acertan o 95%, ademais como cambia cada 6 horas é moi exacto. É cuestion de que fagades probas. Ten as horas en dúas partes a de arriba é vapor de auga que logo o chegar a terra pode ser chuvia. A de abaixo é presión atmosférica a nivel do mar,  que xa é máis cumplicado, pero son datos básicos por exemplo para os pescadores.

Ollo a data que á da en forma americana mes/día/ano.

Este sistema GFS utilizao tamén meteored e teno explicitado si o escolledes na parte esquerda. Utilizano todos realmente son os cálculos (algoritmos numéricos) que utiliza todo o mundo para predecir o tempo.

Probai, é doado,  tan pronto collades practica veredes que teredes unha información do tempo incrible.

En Galicia os ríos atmosféricos sempre foron básicos e polo tanto os que marcan o tempo, sobre todo cando ven do Atlántico ; por suposto que as correntes frías que veñen do norte marcan tamén. As danas e desfeitas do mediterraneo son outra cousa, as veces tamén lles chegan estos ríos, por suposto.

Nada máis espero que estos datos sexan de utilidade.

Apertas a todos.

S. Lorenzo.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un video que debéramos ver todos; imprecindible os políticos.

Textos básicos que me gusta compartir e divulgar sempre buscando solucións lóxicas os problemas que ten hoxe a nosa natureza.

Fai tempo que en España temos tres problemas graves, gravísimos coa nosa natureza: a sequía galopante,  os incendios. e as choivas torrenciais. Tres problemas que veñen de lonxe, polo menos os dous primeiros,  e que todo o mundo ve, non sabemos actuar, non sabemos facer nada, soio nos acordamos do problema cando pasa, logo a tirar para adiante; actuamos como si o futuro non importara  e os que veñas de atrás xa se arranxarán.... ¡Lamentable actuación!.

Estamos en marzo de 2023 e xa está media España ardendo, non se actua cando non arde e así nos vai,  as veces penso que non estamos gobernados por ninguén ou que a incompetencia é total, e non estou a falar deste goberno de hoxe, esto está a pasar dende fai 30 anos en toda España e con todos os gobernos e comunidades, a maioría dispoñen elas as formas de actuación, e así nos vai... Hai provincias como Ourense que casi están todas queimadas...

Cando chove non se aproveita a auga, toda os ríos e toda ao mar e ningunha a terra. É evidente que unha gran parte do que chove debera quedar na terra ó cal sería bon en contra da sequía,  e bon xunto con desbroces e outras preparacións dos montes contra os incendios. Pero non se fai nada ou non se actua con lóxica e científicamente.

Por si o anterior foxe pouco o cambio climático, o terceiro problema grave,  cada día nos sorprende máis e máis, con choivas torrenciais, que non soio non se aproveitan si non que inda por riba traen a desgracias a moitos lugares.

É remato: simplemente poño un video que é unha xoia e que demostra claramente que se poden e se deben facer cousas, pero dende un punto de vista científico, xente que leva anos estudiando estos temas; eu non entendo como non se actua neste sentido e desa forma. Na miña opinión faixe moi pouca ou mala prevención e repito así pasa o que pasa que todo se desborda...no soio os ríos, regatos e regatiños si non tamén os incendios e a sequía galopante...


 

O estudio científico e a toma de medidas acordes a ese estudio,  coste ó que coste, é unha prioridade, para evitar no futuro estos tres grandes problemas: a sequía, os incendios e as catástrofes que vai supoñer e supón o cambio climático que o temos encima e actuando a tope...

Corenta minutos para aprender cousas. Un video imprescindible para todos, en especial os que xa, e digo xa...deberan estar a traballar en prevención dende fai moitos anos...

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Método portugués para ver o tempo

Este apartado é un pouco especial. Gústame moito Portugal, o norte, as terras do Miño e Trás Os Montes, realmente gústame todo  Caminha, Viana, Oporto, Braga, Coimbra, Lisboa, Busaco, Montsanto e o Algarve por poñer uns exemplos.

Todos os anos visito Portugal, e pesco nos seus ríos, sobre todo en Trás Os Montes (ríos Mente, Rabaçal e outros). Gústame como os coidan e limpan; Que temos neste tema moito que imitar.

O servicio de Metereoloxía é similar ao de España. Utilizan os mesmos satélites.

Que quede claro ó anterior, xa que vou poñer ou falar de dous sistemas para saber o tempo que se utilizan no norte de portugal, métodos que tamén temos en Galicia e que son similares, sistemas que non son científicos, sobre todo o segundo método,  e polo tanto podíase pensar,  o que faga esta lectura,  que me estou a meter cunha xente que respecto e admiro.

Os dúas sistemas son:

1.- O galo portugués.

 O galo do tempo ou galinho do tempo. A súa base científica podedes vela neste link.

Resumindo moito: este sistema ten parte científica xa que o galo púñase en días húmidos de cor rosa e en días quentes de cor  azul. Realmente o galo faixe cunha composición química con cloruro de cobalto hexahidratado, e así mollado púñase rosa  e deshidratado,  coa calor,  ponse azul. Evidentemente funciona,  dando o tempo atmosférico  nese momento.

Este é o galo do tempo. Típico de Portugal. A cor azul e tempo seco e a rosa tempo húmido.

 

 

2.- Método da pedra. A Pedra Metereolóxica de previsâo do tempo.

Método portugués, pero tamén ó teño visto en Galicia e noutros lugares.

Este método é moito máis preciso e da moitas solucións, a súa base científica non vou explicala, penso que os seus algoritmos, vivimos nun mundo cheo deles,  vanse entender perfectamente. Confio que así sexa.

Mirar con atención.

Evidentemente o método é puntual, e sirve  no momento...vamos... que eu sepa non fai suposicións ou previsións nin tan siquera para o día seguinte...

 

Responde perfectamente ata oito condicións  distintos do tempo, facendo a súa previsión de forma axeitada.

Só discrepo da última previsión, se a pedra non está será por un tornado, eu engadiría que tamén podemos estar  nalgúns lugares de Galicia onde  non se respecta nada.

Volver