Datos Históricos de Calvos
en Vilasouto-O Incio
 
 
 
Mapa de O Incio. Fonte (3) da bibliografía.
 
 
Fotografía de Calvos. Fonte Google Earth
 
 

O primeiro dato é saber de onde ben o nome de Calvos.

 

Toponimia da palabra Calvos.

 

 

Calvos é un pueblo da freguesía de San Mamede de Vilasouto, no concello de O Incio en Lugo.  O seu nome está dentro dos topónimos que derivan do latín calvus  ´calvo´. Son numerosos en Galicia así que eu coñeza Calvos de Randín (Ourense), Calvos en Lobios e Ramirás, en Lugo en Castroverde o pueblo de  San Cellán de Calvos e outros.

 Trátase sempre segundo Navaza de lugares onde é característica  a falta de vexetación e abundan as grandes pedras.

Luis López Pombo dice que xeralmente este topónimo fai alusión a elevacións xeográficas rocosas e desprovistas do correspondente manto vexetal. Cercanos a estos lugares existen xacementos arqueolóxicos do periodo rupestre ou castrexo. Efectivamente así é neste caso.

Efectivamente por riba de Calvos, ver o mapa,  está a Serra de Trasmonte entre outras

 

Historía de Calvos:

 

A historia de Calvos vai paralela á de Vilasouto, e por suposto paralela á do Incio; tanto un como outro están a poucos kms. non chega a tres Vilasouto, a misma felegrexía e veciños todos,  polo tanto repito,  en forma resumida,  ó que puxen no caso de Vilasouto:

Vilasouto xa se menciona no ano 982, no "Corpus medieval" de Samos. Durante a edade Media pertenceu ó Mosteiro de Samos. Terminan sendo do Conde de Lemos ata ben entrado o século XIX.

Copio literalmente o traballo sencional de Luís López Pombo que cito na bibliografía (1):

"...Son estas terra sumamente ricas en yacimientos arqueológicos, algunos con más de cinco mil años de antiguedad, pues los primeros habitantes dejaron aquí su impronta cultural como es la estación de petroglifos de "Agro do Pepe", la cual por circunstancias de un mejor regadío en la comarca monfortina fue necesario hacer la presa de Vilasouto, y sus aguas mantienen anegadosd la mayor parte del año estas importantes muestras de Cultura Rupestre, no obstante no es la única manifestación cultural de aquellas lejanas centurias, sino que han llegado a nosostros otras muestras de la misma, en este caso en el lugar denominado  "trasmonte en O Penedo da Ferradura", quedan un nutrido grupo de grabados y cazoletas que obedecen al mismo período histórico.

Los habitantes de los castros no estuvieron ausentes en esta zona y de los mismos restan un buen número de yacimientos castrexos, algunos relativamente bien conservados, otros en peor estado y la mayoría de los mismos fueron romanizados, es este el caso de Belesar, cuya acrópolis mide 70x42 cm.

Con la caída del imperio romano en el año 476 surge aquí un largo período de más de quinientos años en que apenas sabemos nada de quienes habitaron la actual feligresía, quienes eran, de donde procedían, hasta que en el 982 aparece la primera referencia documental recogida en el libro Becerro de Samos y en el 1075 era dueño del lugar de Vilasouto, Dª Ermesenda que había heredado de sus padres los Condes Nuño Nuñez y Onega Peláez estas posesiones, dejadas en donación a los monjes de Samos, si bien treinta y dos años despues vuelven a ser tierras objeto de otra nueva donación a dicho cenobio, por parte de Ermesenda Rodríguez, cuyas posesiones llegaron a recaer en los condes de Lemos de quienes dependieron sus habitantes hasta bien entrado el siglo XIX, en que pasaron a formar parte del incipiente municipio de Rendar..."

 

---o---

 

Ata aquí o resume da historia, contada por Luís López Pombo . Historia que é tamén a de Calvos e a de Belesar, así como dos pueblos que quedaron debaixo do encoro de Vilasouto.

Si queredes profundizar tanto na historia de Calvos, como na de Belear ou Vilasouto, tendes unha historia moito máis completa na ficha de O Incio, onde Luis López Pombo ten un estudio resumido pero moi ben feito e que reproduzo completo.

Para investigar máis tendes dúas xoias: en primeiro lugar o Catastro do Marqués de Ensenada, feito entre 1750 e 1754, moi interesante xa que fala de onde se vivía, cómo, qué se cultivaba e moitas máis cousas. Sabemos que consistía en entrevistas baixo xuramento, algo moi ben feito

En segundo lugar tendes outra xoia, probablemente en Lugo na Diócesis de Lugo onde se gardarán os Libro Parroquiais. Son básicos e digo xa que eu os teño utilizado, doutro pueblo, e non é dificil a partir deles facer árbores xenealóxicos e un longo etc. Basta partit dun acta de bautizo para tirar para atrás ó que se queira. Neste caso ata o século XVIII.

Poño unha referencia dos libros parroquiais de San Mamede de Vilasouto, unha auténtica xoia:

 

Nova igrexa de Vilasouto

 

Libros Parroquiais de San Mamede de Vilasouto

 

Estos son os libros parroquiais que existen actualmente. Nótese que hai libros dende 1714, polo tanto é moi doado facer investigacións, aparte hai libros de todo: nacementos, bautizos, matrimonios, defuncións e outros.

Así que xa sabedes:  si queredes investigar de onde se ven, certificados de bautismo e tirar para atrás que é moi fácil. No bautismo xa veñen os pais e os testigos. Logo pedir as dos pais e así sucesivamente. En Calvos pode resultar moi curioso dende logo…

O problema é onde están esos libros e como se ten acceso.

Seguro que os libros están en Lugo na Archidiócesis. Non creo que estén na igrexa en Vilasouto.

Ollo poño estos datos:

Tfno para enterarse: 982 231143

Email para llamar e ver que pasa: diocesisdelugo@diocesisdelugo.org

Sei que hai xente en Calvos que lle gustaría facer esa investigación, que sepa este camiño que ademais da resultado, eu fíxeno cun pobo Alberguería (A Veiga- Ourense), que quedou debaixo dun encoro en 1958, do que eu non teño nada que ver, pero son fillo adoptivo,  e conseguín cousas incribles. De feito teño unha https:// www.albergueria.es  coa historia dese pueblo.  Lembro por exemplo que gracias ao derradeiro bautismo conseguín a madriña dun amigo e fíxolle este amigo unha visita en Arxentina, incrible dato. Alí conocéronse e hoxe disfrutan deso. ¡Marabilloso entre outras cousas!.

 

Xa sei onde están os archivos de Vilasouto:

Aquí tendes o comenzo da investigación.

Pulsando no link de archivo da parroquia de San Mamede de Vilasouto:

Aqui teneis digitalizados los de Lugo.

Aquí teneis unha web dedicada a este tema. Aquí explican como debemos facer.

En calquera caso podedes ir directamente e preguntar no teléfono 982231143 ou    982231143.

 

 

--O--

Calvos guarda moitas sorpresas, algunha histórica, como a casa palacio que se remonta, polo menos os datos,  ao ano 1572 e polo tanto ten unha longa secuencia xenealóxica, por certo moi ben descrita por Luís López Pombo, no seu libro que cito na bibliografía.

Poño ó que escribe Luís López ao pé da letra:

 

Casa Palacio de Calvos

 

Fotografía de Luis López (polo menos é a que está no seu libro) do interior do patio da casa:

 

Fot. Luís López. Patio interior da Casa Palacio de Calvos.

 

Este é o escudo da casa Palacio, que non está no seu lugar e non se entende:

 

Este escudo seica foi levado polos caseiros de esa casa a unha vivienda da súa propiedade ubicada na estrada que vai de Sarria a Monforte, moi preto de Rubián, actualmente seica está moi deteriorado polo paso dos anos.

Hai un traballo que realizou Manuel Julio Platero Campo precisamente para que o puxera no libro de Luís López.

Según ese traballo poño a explicación do escudo, copio o pé da letra:

"...Esta timbrado con visera vuelta a diestra. Sostenido por figuras vegetales.

Cuartelado en cruz; en el primer cuartel, los dados con la flor de lis en medio de los Somoza; segundo cuartel, las cinco correas con las hebillas de los Saco. En el tercer cuartel, perro atado a un árbol, divisa de los Quiroga de la Puebla e Incio; en cuarto cuartel, parece una sirena sobre ondas, divisa de los Goyanes.

 

Para rematar no libro de Luís López  citado na bibliografía (1) tendes en catro páxinas a xenealoxia desta casa, que parte do ano 1572 con don Alonso López de Somoza que fai testamento na súa casa de Calvos e deixa a casa ao seu fillo maior barón don Lopo Díaz de Gutián. A casa dende polo menos o catastro do Marqués de Ensenada estaba atendida por caseiros é curioso que no catastro de M. Ensenada figura D. Juan de Losada como habitante de Calvos, que declara poseer trece parcelas de extensión 28,92 ferrados, polo que pagaba a D. Carlos de Oca, señor del palacio de Bóveda, unha renta de 24 ferrados de centeno e 2 galiñas en concepto de foro das propiedades de Calvos...

Vou poñer, pola súa importancia a xenealoxía completa:

 

Ata aquí o traballo que presenta Luís López Pombo no seu libro O Incio: Paisaje Historia y Patrimonio acerca da xenealoxía dos donos do Palacio de Calvos.

 

Ver unhas fotografías do Palacio de Calvos sacadas en maio de 2023.

 

--0--

 

Para rematar estos datos poño uns teléfonos de taxis que poden ser moi útiles; estos teléfonos están actualizados a 24 de Maio de 2023 xa que falei directamente cós taxistas.

Tamén datos básicos de O Incio como farmacias, centro de saúde, bombeiros, Garda Civíl, etc.

Tendes ademais outros datos básicos:

Farmacias da zona:

Farmacia en Rubián.

 

Farmacia do Incio e outros datos importantes, neste link.

 

 

----o----

 

 

Fontes dos datos, bibliografía:

(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

(2) Internet.  Google Earth. E datos conseguidos polo que escribe preguntando a xente do lugar.

 

 

(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado por Xeogal baixo a dirección de  Fco. Javier Río Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.

Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Calvos.