Inauguración deste apartado da web. Carta aberta ao Concello de O Incio- Nov. 2023 Ampliada en abril do ano 2024 Concello de O Incio. Queremos que este apartado da web sexa una carta aberta para todos os concelleiros do Concello de O Incio: aportaremos opinións, cousas nas que pensar, peticións e curiosidades, por suposto tamén comparativas co que fan outros concellos de Galicia e con bons resultados...
Supoñemos que os 9 concellais que forman e gobernan o Concello (6 do P.P. e 3 do P.S.O.E) están interesados en resolver os problemas que teña o Concello e mellorar en todos os aspectos a potencialidade do mismo.
De momento firmamos a carta Pilar Aira Díaz e Secundino Lorenzo Fernández. Os dous vivimos temporadas longas no pueblo de Calvos, en Vilasouto (O Incio-Lugo); de feito Pilar naceu en Calvos, onde viviu ata os 14 anos e os seus pais toda a vida. A nosa idea básica é aportar ideas que poñan en valor ao Concello de O Incio en Xeral, convencidos de dúas cousas: ó noso potencial en tódolos aspectos e que hai necesariamente que facer moitas cousas que son básicas.
É evidente, esto sobra decilo pero vai para a xente que lle busca os pés ao gato, que estamos interesados que o potencial de O Incio aumente, en tódolos sentidos, e O Incio vaia para arriba, xa que deste xeito tamén se pon en valor ó noso patrimonio e por suposto o dos nosos veciños. Esto sobraba, pero hai xente que non quere velo ou vé outras cousas sin sentido e sin conocementos...
---o---
Carta aberta en novembro de 2023.
Completada en Abril de 2024
En Calvos ( Vilasouto-O Incio-Lugo). C.P. 27345.
A catro de novembro de 2023. Completada o dous de abril de 2024
Estimados Concelleiros de O Incio:
Simplemente queremos facer chegar estas ideas a vostedes e que de algunha forma, nalgunha reunión, se traten e analicen e si procede se faga algo.
A potencialidade turística, entre outras, de O Incio está clara e nesta web, á do Concello e outras está a verse. As posibilidades de O Incio son moitas, moitísimas...
Estos días, primeiros de novembro de 2023, volve a poñerse en marcha a petición de "Patrimonio da Humanidade" para A Ribeira Sacra do Sil e a Ribeira Sacra do Miño. Creemos que O Incio debera tomar nota das posibilidades que se abren.
O Incio debera traballar para entrar nesa Ribeira Sacra, polos seus valores de patrimonio relacionado coa Ribeira Sacra e a súa situación preto dos dous lugares. Inda por riba é a porta do Courel, un lugar único, e ten moito que ver co Camiño de Santiago, sobre todo si se leva a cabo a vertiente ou desvio, ó que xa se chama Camiño Eufrasiano. Outros Concellos xa se foron incorporando, de forma seria, inda que soio sexa aportando un mirador, como o caso de Bóveda por poñer un exemplo.
A posta a punto de esa incorporación e o futuro de O Incio en Xeral, leva a poñer en marcha e por suposto en valor unhas cantas cousas evidentes:
-o-
Que se publique o PGOM é básico.
.-Posta en marcha xa do PGOM e fomentar a construcción de ofertas de establecimientos que permitar pernoctar a xente montando casas rurais ou habilitando simples lugares que se poidan alquilar para pasar uns días. Hai moi pouca oferta en O Incio. Por poñer un exemplo, no entorno do encoro de Vilasouto, un lugar marabilloso, a pouco que se cuide, non hai nada... É navegable sin motor, permite a pesca e outros deportes, pero hai moi pouco oferta turística. A xente ven cada día máis pero non ten onde quedarse, ou onde mercar unha simple cerveza ou unha botella de auga, ou simplemente comer algo. O PGOM permitiría a moita xente saber si pode facer determinadas obras, como por exemplo ese tipo de cabañas da fotografía, tan de moda en moitos lugares de Galicia.
Mapa do corredor coa estrada Lu-P-0909 que sube a serra e permite chegarse a Calvos e o encoro de Vilasouto de forma rápida e doada. Esta estrada está en malas condicións sobre todo a subida ata o cruce de Calvos, estrada de Bóveda, e o tramo ata chegar a Calvos. Parece que botaron un pouco de alquitrán pero moi mal en moitos lugares.
-o-
.-Ter unhas estradas coidadas e que permitan chegar a estos lugares sin atrancos e sin deixar tocada a suspensión do coche en algún burato. Sobre todo as que están preto do corredor Monforte-Lugo que son das máis usadas para chegar a estes lugares; inda por riba, aparta da xente que vai o encoro de Vilasouto á pasar o día, os cazadores e cantidade de camións cargados de madeira e outros cargados de lixo, que debilitan de o estado do firme... A circulación por exemplo da subida pola Lugo- P-0909 e logo pasando por Calvos e Vilasouto é moi deficiente ata Calvos, ademais carece de señalización de velocidade, nos pueblos. Xa sei que parte pertence ao Concello de Bóveda, pero hai que instar a ese Concello para que arranxe debidamente ese trozo, vital e moi usado...así está que da pena.
-o-
Comenzo da eutrofización, nese lugar hai vertidos de augas fecais sin depurar; eso é o que produce ese efecto lamentable. Esto ten solución e hai que utilizala.
.-Acometer dunha vez resolvendo a eutrofización e saneamento de todo o que vai ao río Mao. Este tema require axuda por suposto que se pode aproveitar de Europa, da Xunta, da Deputación e da Confederación hidrográfica. Actualmente hai moitos pueblos aproveitando estas axudas e resolvendo estos problemas, nesta web hai exemplos. O que hai que lograr é que o encoro non se eutrofize, xa que leva a unha situación penosa en todos os sentidos: nin bañarse, nin movemento de barcas, nin pesca e cheirando mal e con peligro para a saúde. Inda por riba dese encoro beben a auga outros...Veleno puro cando se eutrofiza... Este é o maior problema que ten hoxe O Incio. E que debe resolverse xa. Facer un proxecto, presentalo e buscar financiación. É evidente...
A eutrofización hoxe pode resolverse pero saneando integralmente a conca, non o encoro. Non pode haber vertidos ao encoro, ese é o tema.
Neste link desta misma páxina web tendes ó que supón a eutrofización. Tamén os efectos que produce na auga e no entorno.
Neste outro link tendes a solución da man dun científico, Marten Sheller, e como fixo para que desaparecera.
¡Importante! En abril de 2024 incorporo a web unha "Declaración institucional do concello de outes sobre os dereitos do río Tins e os compromisos da súa comunidade ribeirá"; todo un exemplo que se podería implementar para o río Mao e así resolver nuns anos o tema da eutrofización. Ver este link que puxen de axuda na web. No Concello de Outes (A Coruña), un concello situado preto da desembocadura do río Tambre, danse como plazo ata o ano 2033 ou sexa 10 anos, para resolver un conxunto de temas que teñen perfectamente estudiados. Unha gran idea que podería ser moi útil para O Incio. É cuestión de poñerse mans a obra e buscar axudas que as hai . O río Mao ten pouco máis do doble de kms. que o río Tins de Outes...
Queda dito.
-o-
Tellados de Uralita hai moitos no Concello de O Incio
.-Noutro apartado da web falamos do feismo e do peligro para a nosa saude, que supón actualmente o uso da uralita nos nosos pueblos, sabemos que a uralita ou amianto degrádase os 25 anos sendo moi peligrosa. Pedimos o concello de O Incio estudie e suministre una solución a este problema, sin o Concello é imposible resolvelo cumplindo a lei, e se habiliten as medidas para desfacerse dela, ó mismo que noutros lugares de Galicia; o estudio debe levar a unhas axudas para poder resolver ese problema da forma máis axeitada. Outro asunto do que non se ten falado e que representa un problema do futuro bastante grande.
Para ampliar este dato ver este link, desta misma páxina,
-o-
Neste lugar podería facerse o Miradoiro da Santa, un Miradoiro importante da Ribeira Sacra. O lugar pertence O Incio
.-Acometer xa!, que O Incio teña elementos que permitan falar e introducir términos como a Ribeira Sacra e vámonos explicar con exemplos.
Si poñemos en internet, en Google, a búsqueda de "Miradores da Ribeira Sacra" sae por exemplo o Mirador de Bóveda, "...el 14 de febrero de 2022 se inaugura el gran mirador de la Ribeira Sacra en Bóveda, el mirador del Coto, uno de los más espectaculares...", é un exemplo...Efectivamente que se ve a Ribeira Sacra.
Ver este link actualmente día 06 de abril de 2024 e darse conta do que estou a decir. Chapeau para Bóveda, xa figuraran entre os miradores básicos da Ribeira Sacra....Ver que xa o poñen de primeiro, en fin...
É un exemplo, podería poñer máis.
Si xa sei as risas dalgúns, pero é un exemplo moi significativo e no fondo está ben. No Incio bótase de menos estas referencias e tamén se usan pero moi mal usadas.
Porei un exemplo sacado da "Voz de Galicia" de fai poucos días:
A Fotografía é de Carlos Rueda, aparece na Voz de Galicia en outubro do 2023 e efectivamente trátase do observatorio de Aves de Vilasouto.
É importante ler o texto da esquerda, pero con calma. Eu penso que este trociño de diario demostra claramente ó que estamos a escribir, ou non?
Vouno poñer en letra grande por si algún inda non se enterou:
"...El cuidado de los recursos turísticos es en muchas ocasiones el punto débil de la Ribeira Sacra..."
Creo que está claro.
Póñanse as pilas e fagan algo. Nosoutros facémoslle unha proposta que a poden resolver con poucos cartos.
Facer o mirador da Santa e convertilo nun dos mellores miradores da Ribeira Sacra, xa que permitirá ver as dúas Ribeiras Sacras: a do Sil e a do Miño e ademais O Courel.
Pode facerse por menos de 10.000 €
Ver este link explicando un pouco máis como sería este mirador.
Aproveito para felicitar o concello do Incio pola recente inauguración do Mirador do petroglifo da Pena do Chao, na Ruta do Ferro; que por certo costou 30.000 pagados pola Axencia de Turismo de Galicia. Seica están a facer outro miradoiro o "Miradoiro do Foxo dos lobos"; estarei atento.
O Mirador da Santa de O Incio podería facerse pola terceira parte, e sería un Mirador da Ribeira Sacra de O Incio, xa que mira as dúas Ribeira Sacras e inda por riba O Courel...
E nada máis por hoxe. Esperando que estas ideas sexan de utilidade enviamos un saúdo a toda a Corporación de O Incio.
Nota básica (1) engadida en abril de 2024:
Falta un ano para que a Ribeira Sacra sexa nombrada Patrimonio da Humanidade, penso que co enfoque actual que sae hoxe sábado 06/04/2024 na Prensa de Galicia pode resultar que a Unesco lle dé para adiante, co enfoque da súa importancia a auga e os seus derivados, ver este link.
O Incio non pode perder ese tren e estao perdendo, na miña opinión xa levan un par de anos de retraso.
¡Póñanse as pilas xa!
¡O Incio ten que empezar a verse xa, en moitas cousas!
En maio do 2023 puxen eu o tema do Miradoiro da Santa nesta web...
Pilar Aira e Secundino Lorenzo
Calvos-Vilasouto
O Incio
Email slorenf@gmail.com
Nota (2): esta carta foi enviada os grupos de concelleiros do Concello de O Incio, o Grupo Popular e o Grupo do PSOE. o mismo tempo que lles farei chegar a web, que sin ningunha duda pon en valor O Incio, e no que poden engandir calquera cousa que persiga esa posta en valor ou correxir o que queiran.
Nota (3): En maio de 2024 non teño ningunha noticia ni por parte do P.P. nin por parte do PSOE de que recibiran esta carta e moito menos de calquera comentario; farei outras xestións para saber as razóns deste silencio...
O Mirador da Ribeira Sacra no Incio
O Mirador da Santa.
Texto escrito por Secundino Lorenzo. Lugar Calvos (Vilasouto).
Data: Maio 2023.
Sería importante facer un miradoiro no Alto da Santa en Calvos -Vilasouto
:
Mirador do Alto do Coto en Bóveda. Descoñezo o autor da fotografia.
Antecedentes:
Someto a análisis este pequeno texto que saco deste link.
"...El municipio de Bóveda acaba de inaugurar uno de los miradores más espectaculares de la Ribeira Sacra. Con una forma que recuerda a una catapulta, se trata de una plataforma elevada construida en madera de roble y que se levanta diez metros sobre el suelo en uno de los promontorios de la Serra de Penas. Desde lo alto del mirador se divisa un amplio territorio que incluye las montañas de O Incio, el valle de Lemos o las estribaciones montañosas que cierran el lado sur del cañón del Sil..."
Gustaríame que se pensara un pouco e sacaran conclusións os nosos gobernantes do Incio e se puxeran as pilas a continuación.
O mirador do alto do Coto en Bóveda está nun bon lugar e cunha vista espectacular, esta a 679,7 m.s.n.m., poñen que está na Ribeira Sacra e dende logo a xente acude a velo. Ten uns accesos que houbo que facer, dous km. de pista de terra (ata o lugar dende Bóveda hai tres km. que xa estaban feitos) e un aparcadoiro e costou 30.000 €. Ten 10 m. de altura.
No aparcadoiro hai estos indicadores xa que pódese ir a un ou outro miradoiro. A pista é mala e está pensada para ir camiñando.
Ata aquí os antecedentes.
É probable que non se saque ningunha conclusión interesante deste texto...
Dende logo o mirador está metendo a Bóveda na Ribeira Sacra, eso é evidente. O Coste do mirador eu vexo un pouco elevado, pagouse o diseño e os accesos. Parece que o precio é un standar...
Vexamos o posible mirador da Santa en Vilasouto, que é a nosa proposta, e fagamos unha comparación:
En principio podería estar situados perfectamente nese alto, podo dar as coordenadas exactas xa que o lugar está como si fora preparado para ese menester.
Aquí tendes onde tería que estar o futuro Miradoiro do Alto da Santa en Vilasouto. O Incio
Os accesos están feitos. Eso si a estrada é das peores da zona e ten moito tráfico: xente da zona, a que vai a Bermún, Goó, etc. A que vai a Calvos e Vilasouto (co tema da navegación na primavera e no verán é incrible), os cazadores, os grandes camións con árbores (un deles botoume fora da pista a mín nunha ocasión), etc. É hoxe, abril de 2024 está impresentable. Xa sei que é de Bóveda, pero somos todos a pedir...A Calvos ata a Casa da Bica, na fonte, tamén está de pena...non entendo ese final xa que foi arranxadafai pouco...
Sigo co futuro Mirador da Santa:
Simplemente limpar os 100 m. que hai dende a estrada Lu-P-0909 e ampliar un pouquiño o aparcadoiro.
Cortar unhas xestas e toxos que hai ó redor do futuro mirador para ver perfectamente O Incio e o Courel e pouco máis.
O alto marca exactamente 577 m. ten os accesos feitos como se pode ver no seguinte mapa sacado de Google Earth.
As súas coordenadas son: 42.669172 , -7.449835
As súas vistas son non espectaculares, son un pouco máis.
Vese en 360º, de dereita a esquerda os altos da Ribeira Sacra do río Miño, ata Monforte e máis lonxe sobre todo de noite chégase as luces de Ourense, seguindo o Monte Meda, máis adiante a Ribeira Sacra do Miño, con Sober e Doade, máis a esquerda O Rodicio e a Serra de Queixa, pasando por Castro Caldelas e por suposto nun día pouco nublado chegamos a ver Peña Trevinca, seguimos a esquerda temos o Courel, por suposto o Incio por diante do Courel, e podemos chegar os Ancares; pola parte norte temos os altos do Oural e dependendo da altura podemos chegar moi lonxe. Nas beiras deste miradoiro vemos todos os pueblos de Rubián de Cima, Noceda, Remesar, Penacoba, Vilarbuxán, Teilán, Rubián, Bóveda, etc.
Marabilloso e único.
Sería, ¡¡Ollo o dato!! un dos miradores máis importantes da Ribeira Sacra e dende logo o mellor situado fora da beira dos canles dos ríos Sil e Miño, de doado acceso, e unha característica fora de serie: un mirador estelar increible. Ten unha luminosidade moi pequena xa que os pueblos están todos moi lonxe. A vista da vía láctea é marabillosa, como se pode ver nesta fotografía de José Camilo López.
O miradoiro do Alto da Santa de O Incio, ou de Vilasouto, ou de Calvos, que de momento non existe, como se queira chamalo é un lugar doblemente especial: ten unha vista 360º espectacular e de noite e do mellor da zona, anos luz, e nunca mellor dito...
Vía Láctea dende O Oural. Fotografía de José Camilo López Pérez.
Prácticamente a pouco kms. do futuro Miradoiro da Santa.
Por certo xa era hora de que no Incio se falara dun dato da Ribeira Sacra, o de poñerse as pilas...Si señores...poñerse as pilas. Este miradoiro xa debera estar feita fai tempo...
Irei poñendo fotografías para demostrar ó que estou a decir.
Aquí, previa limpeza da xestas e os toxos iría o Mirador da Santa, un mirador único xa que permiter ver o lonxe A Ribeira sacra do Miño, a do Sil e O Courel. Esta fotografía mira ao norte, a montaña que se ve é O Oural
Falo deste lugar, que levaría unha pequena plataforma ou planchada de poucos metros de altura.
Haberá que poñer unha pequena escaleira nesa planchada e sería interesante poñer un acceso dunha silla de rodas ou similar, así poderíamos subir todos e ver o espectaculo. O resto con poñer o redor pés de pedra e pedra por riba xa chega e queda ben.
Dous asentos ben situados sería suficiente. Un deles para ver as estrelas. E listo.
A fotografía anterior mira ao norte.
Esta mira ao sur. Aquí é donde habería que facer o miradoiro.
Podería ser unha cousa así pero o asiento non me gusta tan pegado a beira.
Finalmente falaremos de presupuesto, esto Srs. concelleiros do Incio, novos concelleiros, vale catro duros e faise nun visto e non visto.
Ese diñeiro non pode ser moito, e merece a pena.
Un mirador na Ribeira Sacra, neste caso en Vilasouto é máis que suficiente.
Que hai xente que non vé esta pequena inversión, é o seu problema...
O futuro está a volta da esquina e cantas máis cousas se teñan mellor. Esto pón en valor os pueblos...
Mellor dous asentos, un deles con respaldo polo tema de mirar as estrelas ou descansar, pero o mirador pode ser moi simple e seguro. Pode ser circular como os castros da zona e de pedra que é o que hai ó redor. No fai falta utilizar materiais sofísticados e facer un macroproxecto nin encargalo a un arquitecto de fama mundial.... Buscar seguridade, que as inclemencias do tempo non lle afecten e que sexa seguro
Aquí queda esta idea. O presupuesto non chega a 10.000 €, a terceira parte do de Bóveda e da Pena do Chao.
Ver algúns das paisaxes que se ven actualmente dende o Alto da Santa:
A paisaxe é impresionante, como pode verse. Vamos seguindo de esquerda a dereita.
Vamos seguindo de esquerda a dereita.
Vamos seguindo de esquerda a dereita. O fondo Bóveda. Por detrás a Ribeira Sacra do río Miño.
Vamos seguindo de esquerda a dereita.
Parte este do lugar. Enfrente O Incio e o Courel. O lugar do posible miradoiro está máis alto que a estrada, hai sete metros de diferencia. Si se fai unha planchada por exemplo de 2 metros estamos a falar de 9 m. máis. A paisaxe é marabillosa. Hai que limpar a zona.
Esta é a parte do Courel. Hai que limpiar esta zona e xa se ganan os 9 m. Son xestas e toxos que se limpian nun día.
Esta é a parte norte. Que hai que limpiar como xa está dito. O miradoiro da Santa no Incio é un 360º incrible.
Mellor, xa está dito, dous asentos, un asento con respaldo polo tema de mirar as estrelas ou descansar, pero o mirador pode ser moi simple e seguro. Pode ser circular como os castros da zona e de pedra que é o que hai o redor. No fai falta utilizar materiais sofísticados e facer un macroproxecto. Buscar seguridade, que as inclemencias do tempo non lle afecten e que sexa seguro
O presupuesto pode ser espectacular de barato si o fan canteiros e constructores da zona da zona que os hai e son moi bons.
Aquí queda esta idea.
Moitas veces as cousas sencillas son as máis bonitas. Pensai que ese alto chámaríase "Alto da Santa" xa que nese lugar seica apareceu a Santa Cruz, que está en Vilasouto; fai moitos anos, e que está hoxe na igrexa de Vilasouto. Esta historia esta recollida por unha veciña de Calvos, Carme Aira, nun libro que publicou non fai moito e que referencio no apartado "Calvos especial" o falar da "Búsqueda da vía láctea en Calvos".
Este detalle histórico podería referenciarse no cartel que pode figurar a carón do miradoiro.