Estamos en Galicia e queremos o mellor
 
Non ó feismo e o peligro que supón a uralita.
 
 
 
 
 
 
Estos tellados están por todos os lugares de Galicia.

A Uralita ou amianto está presente nos nosos pueblos. Bota un vistazo e atoparás  uralita por todos os lados.

Temos que resolver este problema xa, pero necesitamos axuda.

 

 

¡Que algúns temos moita uralita nos nosos tellados!: está claro. Non hai máis que darse unha volta polos nosos pueblos  e a cantidade de uralita que vemos é inmensa. Moi poucas casas se salvan.

 

Que temos que poñerlle solución: tamén está claro,  a uralita degrádase entre os 25 e 30 anos da súa fabricación. O facelo é peligrosa.

Algunas xa teran eses anos, xa que conta dende o momento da súa produción. Pensai que dende o ano 2002 non se debera vender euralita, polo tanto a instalada xa supera os 20 anos, polo menos...

 

 

A partir de eses anos a uralita pode producir, aparte de cancro,  a asbestosis ou sexa un problema pulmonar por inhalación das fibras de uralita, que se descompoñen, , e o cabo de poucos anos temos collida unha fibrosis pulmonar (engrosamento e cicatrización do texido pulmonar)  que xa sabedes é  moi grave e que nos vai impedir respirar correctamente.

 

É máis,  a partir deses anos debemos pensar en quitala xa que terminou a súa vida útil, e estamos expostos a todo ó anterior.

Quitala sempre ten que ser por xente especializada- Ó quitala sen permiso pode supoñer multas que van entre 400 € e 819.780 €, xa que estas sancións están tipificadas como leves, graves ou moi graves.

Neste punto tendes a lexislación que se rixe polo Real Decreto 396/2006. Ver este link. Un link que explica todas as dúbidas que podemos ter sobre a retirada do amianto das nosas casas.

 

 

¡Xa!  pero esa uralita téñena que quitar xente especialista e preparada para facelo, ou sexa empresas especializadas para ese labor,  e eso costa moitos cartos.

Hai que pedir presuposto a empresas homologadas, e os presupostos dependerán dende onde veñan e por suposto o lugar e os metros cadrados de retirada. Para ter unha idea do que estou a escribir poño un exemplo:

Retirar sobre 50 m2,  datos sacados de empresas que ponen este servicio en internet,  supón, transporte incluido, entre 1900 e 3400 € . Pensai que o transporte do material é básico xa que ten que depositarse en lugares adecuados e cumplindo esas normativas.

Moito, moitísimo diñeiro.

Logo habera que tapar  o tellado e veña a gastar máis cartos.

Estamos ante un problema social, e o estado,  o noso concello ou quen corresponda ten que botarnos un man xa.

Primeiro dando información e asesorando, segundo ofrecendo compensacións que merezan a pena e que permitan facelo dunha forma fácil, programada e barata.

Xa hai concellos en España que levan tratando ese tema dende fai anos.

Está claro que non temos a culpa de, que no seu día, puxéramos esos materiais,  en calquera caso o Estado foi o responsable en deixar vender esos productos que nos envelenan. Penso que é de xustiza que nos boten unha man xa.

 

 

 

Os que están no poder, os que nos representan,  que se poñan a andar. Para eso foron elixidos, para axudarnos e asesorarnos e tamén tranquilizarnos e que vivamos mellor.

No futuro, que xa estamos hoxe, hai que resolver, a nivel colectivo,  estes problemas e todos os problemas que teñamos de saneamento e de auga.

Os que nos gobernan teñen moito no que pensar e asesorarse e poñerse as pilas; estas cuestións xa deberan ter unha solución fai tempo.

 

 Sair