Balneario do Prexigueiro ou

Baños de Cerves.

Río Cerves por riba do antigo balneario. Fotografía de Maio de 2021. A zona está penosa, máis abaixo un muíño abandonado, a antiga casa de baños abandonada e ruinosa e o pozo do Cerves cheo de maleza. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Antiguo Balneario do Cerves. O chamado Baños do Cerves. Está situado a esquerda do río Cerves.

Fotografía de Secundino Lorenzo. Maio 2021.

Sabía deste balneario, xa que polo ano 1968-70 pescaba este río, que tiña por certo moi boa troita neste tramo, dende a estrada onde está a Ponte do Cerves ata a desembocadura. que non chega a 1 km. O balneario tiña e sigue tendo fonte tamén na parte dereita, ver a seguinte fotografía de Mani Moretón.

Parte dereita do río,  fonte do Balneario do Prexigueiro, onde se ve a fonte de Prexigueiro, onde a auga ten unha temperatura de 50,4 ºC.  A fotografía é de Mani Moretón.

Así está en maio de 2021, unha selva. Intentei chegar pero non puden, realmente da pena o lugar. Coa historia que ten e abandonado. Fotografía Secundino Lorenzo.

Antiga  poza de auga dos baños de Prexigueiro.  Nesta poza a auga ten unha temperatura de 28,5 ºC

Fotografía de María G. Souto Figueroa.

Fotografía do antiguo balneario por dentro, aquí lembro que sempre había algunha xente tomando as augas e bañándose. Co paso dos anos quedou desfeito e hoxe no 2021 está feito un desastre, ver a fotografía. Polos anos sesenta que foi cando eu coñecín estas termas estaban como se ve na fotografía. No ano 1697 describía o Dr. Limón Monteteiro A. detalladamente este lugar e o parecer todo estaba como el o describiu no famoso libro Espejo cristalino de las aguas de España.

Ata 1998 esto é o que había e os baños consistían nun pequeno galpón dunha planta coa cantería que se ve na fotografía. Foto Secundino Lorenzo maio de 2021.

Edificio actual, construído en 1998 e posta en marcha en 2010. A empresa é a misma que ten en Ourense cidade o balneario de Outariz.

Balneario actual. Fotografía de Mani Moretón. Posteriormente levantouse o Balneario de Prexegueiro totalmente novo.

Balneario actual de Prexigueiro. Descoñezo o autor da fotografía.

Fotografía do Kumano Kodo do balneario. Sacada dun video de Vimeo que aparece abaixo na relación de links.

Este é o Kumano Kodo. A fotografía está sacada do folleto do balneario. Trátase como pode verse de cinco pozas de augas quentes e dúas de augas frias que se explican máis abaixo.

 

 

Como chegar:

O Balneario de Prexigueiro está a 5 km. de Ribadavia pola estrada OU-801 que leva dende Ribadavia a Filgueira e Arbo  e  tamén a Cortegada.

 

No mapa de Google Earth vese o pueblo de Prexigueiro ao que se chega dende Ribadavia, soio son 5 km. tomando a estrada PO-801 pón o rótul Filgueira 11 km. , Cortegada 15 km, que hai a esquerda despois da Iglesia de Santo Domingo; a estrada pasa por  Francelos, parte dereita do río Miño,  e logo se chega a Prexigueiro. Ir atentos,  pero o Balneario está perfectamente indicado.

 

Coordenadas   42,2467311     -8,1752127

 

Mapa Google Maps.

 

 

Historia:

Chama a atención a cantidade de documentación que aparece en Libros de 1696, 1853, e 1877 onde figura esta auga descrita como de "calidade excelente con gran cantidade de ións sulfuro", e como dice María G. Souto Figueroa no libro "Galicia Terma bimilenaria" non se fixera nada ata o ano 1998.

O parecer cando a desamortización os baños pasaron a pertencerlles aos veciños de Prexigueiro, que seguro non tiñan cartos para poñer en valor esta xoia.

As primeiras noticias deste Balneario son que se chamaba Granxa de Varcielas e estaba dentro do coto e realengo de Melón, no Tumbo Dourado indícase que en 1501 este lugar xa estaba anexionado ao mosteiro de Melón.

Efectivamente había unha casa con bodega e corte de cabalos, panadería e cociña cunha eira enlousada, onde se reunían os caseiros para pagar os arrendos ao mordomo do cistercienses do mosteiro de Melón, en castañas, viño e gran, reuníanse o día de san Xoán (24 de xuño).

A tradición fala que polos anos 81-96 d.C. padeceron martirio no lugar dos baños san Xulián, san Dativo e san Vicencio e outros vinte e sete compañeiros, en tempos do emperador Domiciano, reliquias que foron levadas ao monte Aloia, na cidade de Tui onde logo se fixo a capela de san Xulián.

Copio o texto resumido que aparece no libro citado e que se debe a Olga Gallego Domínguez do Libro Los baños termales de Cerves en Prexigueiro, no ano 1982:

Destes datos hai constancia en libros que se poden ler o mirar perfectamente, por exemplo no arquivo histórico.

Olga Gallego resume a historia do Balneario do Cerves dende o ano 1640 ata a 1836 que coa desamortización pasou a mans dos veciños.

Os textos orixinais podedes velos no libro que poño na bibliografía.

Hoxe no ano 2021 o Balneario está en mans dun grupo. O mismo grupo que ten o Balneario de Outariz en Ourense cidade. Información solicitada na miña visita en maio de 2021.

 

As augas:

 As augas son bicarbonatadas sódicas, fluoruradas, litínicas y sulforadas de mineralización media. Sobre 41º.

Son augas apreciadas para o tratamento do reuma, artritis e afeccións da pel, así como para trastornos hepatodixestivos do metabolismo e para as vías urinarias.

 

Nota sobre as augas termais

 

Servicios actuais:

Circuito termal o aire libre de cinco pozas de auga quente e dúas de auga fría que se chaman "Kumano Kodo", aparte ten Spa, yacuzzi , duchas, vestiario, cafetería e aparcamento.

 

As termas contan cunha ruta termal o aire libre con cinco pozas de auga quente e dúas de auga fría e que se chama "Kumano Kodo", o nome fai mención o camiño de peregrinación xaponés, cada poza chámase Rotenburo, que é o nome dos templos xaponeses que teñen ese camiño.

 

PROGRAMAS

  • Tratamentos de beleza
  • Relaxación
  • Masaxes
  • Peelings
  • Envoltorio en algas.
  • E. Chocolate. Chocolaterapia.
  • E. Arcilla

Tfno: 988470950

 

Links para ampliar:

Balneario de Prexigueiro. Web oficial.

Balneario de Prexigueiro. Turismo Ourense.

Video interesante de Vimeo.

 

 

Bibliografía:

Notas tomadas do libro "Galicia, Terma bimilenaria" de María G. Souto Figueroa, con fotografías de Mani Moretón. Deputación de Ourense. 2007.

Outros datos máis actuais están tomados das web de internet.

 

Volver aguas termais Miño

 

Volver a disfruta do Ribeiro.