Notas sobre as augas termais.

Denomínase auga termal á que emana á superficie cunha temperatura 5°C máis alta que a temperatura da auga do suelo nas que se atopa ou das augas da superficie, por suposto hai outras definicións... Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura; son ricas en diferentes compoñentes minerais, que arrastrou as augas pluviais,  e permiten a súa utilización en tratamentos terapéuticos como: baños, inhalacións, irrigacións…

Xeralmente atópanse ao longo de liñas de fallas pois nelas poden introducirse as augas subterráneas que se quentan ao chegar a certa profundidade e soben despois en forma de vapor (que pode condensarse ao chegar á superficie, formando un géiser) ou en forma de auga quente.

Neste dibuxo enténdese cando se fala das augas que producen as surxencias da infusión e a ebullición. As augas pluviais o filtrarse vai collendo minerais ata llegar o foco térmico, ou sexa unha infusión clara, logo prodúcese, ó quentarse a tope, a ebullición e polo tanto a saída o exterior o que se chama a surxencia, que son as augas quentes que dan lugar as fontes, termas, charcas, etc.

 

As augas termais clasifícanse desde diversos puntos de vista : físico, químico, fisicoquímico, bacteriolóxico e outros. Non hai criterios de clasificación estandarizados. O de maior aceptación a nivel mundial é o baseado na mineralización predominante e especial que poden conter as augas. Así temos augas sulfuradas, cloruradas, sulfatadas, ferruginosas, bicarbonatadas, carbónicas, radioactivas…

 

Clasificación de acordo coa súa temperatura

Considerando a temperatura fisiolóxica do corpo humano, temperatura na cal non se sinte nin frío nin calor, as augas termais poden ser clasificadas en:

  • Augas frias: augas con temperaturas inferiores a 20 ºC.

  • Augas hipotermais: augas con temperaturas entre 20º C. e  35 ºC.

  • Augas mesotermais: augas con temperaturas entre 35 e 45 ºC.

  • Augas hipertermais: augas con temperaturas superiores a 45 ºC.

  • Augas supertermais:  augas superiores a 100 Cº.

 

Clasificación dacordo coa súa mineralización global

Considerando a súa mineralización global, é dicir, o total de sólidos disoltos nas augas termais, estas pódense clasificar en:

 

  • Oligominerais: conteñen sólidos disoltos en concentración inferior a 100 mg/L;

  • De mineralización moi débil: conteñen sólidos disoltos entre 100 e 250 mg/L;

  • De mineralización débil: conteñen sólidos disoltos entre 250 e 500 mg/L;

  • De mineralización media: conteñen sólidos disoltos entre 500 e 1000 mg/L;

  • De mineralización forte: conteñen sólidos disoltos en concentración superior a 1000 mg/L.

 

Clasificación dacordo á súa composición

Cando as augas termais teñen máis dun gramo por litro de mineralización global, a clasificación das augas, segundo a súa composición, faise de acordo ao seu contido aniónico e catiónico predominante. As augas termais considéranse como bicarbonatadas, cloruradas, sulfatadas, sódicas, cálcicas ou magnésicas cando o ión correspondente supera o 20% do contido aniónico ou catiónico. Cando a mineralización non supera o gramo de residuo por litro indícase só como ións predominantes seguindo o criterio anterior.

En España clasifícanse como augas ferruxinosas as que teñen máis de 5 mg/L de ferro total e como augas sulfuradas as que teñen máis de 1mg/L de xofre en forma de H2S (sulfhídrico) ou de HS (bisulfuro).

 

 

Clasificación dacordo ao seu pH

  • Ácidas: cando o pH é inferior a 6,8.
  • Neutras: cando o pH está entre 6,8 e 7,2.
  • Alcalinas: cando o pH é superior a 7,2.

 

Clasificación pola súa orixe xeolóxica

Segundo este criterio poden ser clasificadas como magmáticas ou telúricas.

  • As augas magmáticas. Son primitivas. Xorden dunha directa relación con filóns metálicos ou eruptivos. As súas temperaturas son elevadas, sempre superiores a 50ºC. Teñen un caudal periódico, rítmico e constante e a súa temperatura e composición tamén son constantes.

  • As augas telúricas. Denomínanse tamén augas de “infiltración” e poden xurdir de cualquera tipo de terreo. O seu caudal é variable, segundo os réximes de chuvia e estacións do ano. As temperaturas rara vez chegan aos 50 ºC . O grao de mineralización é de mediano a baixo e a concentración de minerais é inversamente proporcional ao seu caudal.

 

O aproveitamento das augas mineromedicinais en Galicia ten unha antiquísima tradición aínda que, como case todos os balnearios españois, tivese épocas de declive. A súa utilización remóntase, polo menos, á época da dominacion romana como o atestiguan restos arqueolóxicos e lápidas votivas atopadas nas proximidades de balnearios como Acuña, Bande, Cuntis, Lugo ou Mondariz entre outros.

 

Principais indicacións das augas minero-medicinais.

As cloruradas son estimulantes sendo a súa principal aplicación tópica, estimulan a cicatrización e melloran as afeccións óseas e son favorables en procesos respiratorios e cutáneos.

 

As sulfatadas son útiles en dispepsias dixestivas e discinesias biliares.

 

As bicarbonatadas compórtanse como antiácidos e alcalinizantes.

 

As sulfuradas pola súa gran capacidade oxidoreductora utilízanse en procesos dermatolóxicos, reumáticos, respiratorios crónicos e otorrinolaringolóxicos.

 

As ferruxinosas estimulan a hematopoese (renovación da sangue) e as oxidacións titulares, sendo a biodisponibilidade do ferro moi importante.

 

As radioactivas son sedantes e analxésicas, utilízanse en afeccións reumáticas, respiratorias crónicas e trastornos psicolóxicos.

 

As oligometálicas compórtanse como diuréticas, sendo os seus principais usos as litises renais.


 

--o--

Nota:

O texto, que me parece moi interesante para entender  sobre as augas termais de Galicia,  está feito por Ana Sánchez e copiado da páxina web das Termas de Guitiriz. Unicamente cambiei a clasificación en canto a temperatura (así coincide cós datos que teño sobre as augas de Ourense).

Engadín dibuxos, con explicacións moi interesantes,  dun traballo dos nenos do IESASOREY. A súa bibliografía Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta BIBLIOGRAFÍA: “A Auga”: Valeria Martínez Ropero, Julio César Iglesias Feijoo. Ed A Nosa Terra, Vigo, 2002. “Guía de balnearios e fontes de Galicia”: Tomás Ares Güimil, Mª Xesús Vila González. Ed Galaxia, Vigo, 1997.

 

Volver a augas termais do Miño en xeral

 

  Volver a disfruta do Ribeiro.