..

Ourense Termal-Capital termal.

 

No dibuxo, estás vendo,  a oferta termal de Ourense xusto á carón do río Miño. Máis de 4 kms (8 kms. indo pola dereita do río e volvendo pola esquerda ou viceversa.)  con posibilidades incribles, tanto públicas como privadas, con zonas de baño gratuitas, as pozas,  e privadas como as Estacións Termais de Outariz e A Estación Termal da  Chavasqueira. Por suposto que Ourense ofrece no mismo centro da cidade outros servicios termais como as famosas Burgas e a súa piscina termal.  Pulsar para ver en grande este dibuxo.

 

Como chegar:

 

 

 

Estamos falando de Ourense cidade. A calquera dos lugares pódese chegar andando, as Burgas están no centro da cidade e as Estacións Termais, a primeira A Chavasqueira,  está preto da Ponte do Milenio e as de Outariz a catro km. aproximadamente. Hai un tren das termas que leva cada pouco tempo as mismas; parte da Praza Maior, con moitas paradas e o horario está nos links de máis abaixo...

Estas son as coordenadas, e mapas, das Estacións Termais de Ourense e as Pozas, os horarios das estacións privadas están nos links propostos:

 

Lugar

Coordenadas

Mapa

As Burgas e piscina das Burgas  42,334665  -7,865060

Chavasqueira  42,346888  -7,878302

Tinteiro  42,352266  -7,885629

Aparcadoiro-1

A 300 m.  das Pozas de A Veiga e

a 600 m. da Estación Termal de Outariz

 42,352389  -7,910042

Poza Muíño A Veiga (Pública)  42,351554  -7,910627

Estación Termal de Outariz (privada)  42,350413  -7,914385

Aparcadoiro-2

a 700 m. das Termas Outariz públicas

 42,348040  -7,912518

Pozas  Outariz e Canedo ( públicas)  42,347771  -7,917249

Fonte de Reza. Paseo das Ninfas  42,351637  -7,885347

 

Centro Termal estilo xaponés. Descoñezo o autor da fotografía.

Estación Termal da Chavasqueira (privada). Ourense.

Atención:

A Chavasqueira ardeu o 24 de abril de 2019.

A fotografía é do día 25 de abril de 2019 e aparece en La Región:  falan de recuperala totalmente  seguindo as mismas liñas e peculiaridades que tiña antes de arder. Esta páxina web estará atenta. Estase a falar de seis meses. Descoñezo o autor da fotografía.

Na miña opinión a oferta termal ourensana queda moi tocada, xa que este centro termal, estilo xaponés,  era unha oferta única. A fotografía é de Xesús Fariña.

 

Estación Termal de Outariz (privada). Ourense.

Centro Termal estilo xaponés. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Pozas de Canedo en Outariz. (Públicas).  Descoñezo o autor da fotografía.

 

 

Historia:

Sobre a historia das augas termais de Ourense cidade e o seu uso, soio decir que quitando as Burgas que teñen máis de 2000 anos de historia, de feito nas excavacións realizadas nos últimos anos apareceron aras de altares como o de Calpurnia Abana Aeboso, e  ata termas romanas;  os galaicos-romanos rendian culto as ninfas das augas...Apareceron, tamén nas Burgas, restos da cidade romana Aquis Aurienses, que era o nome de Ourense na época romana. As Burgas son unha marabilla que hai que ver,  pero ¡ollo!  non son termas que estén a carón do  río Miño...

 As Pozas e Zonas Termais das beiras do río Miño foron usadas dende fai moitísimos anos pero non explotadas como tales. A explotación e posta en valor é máis recente e data de finais do século XX e principios do XXI;  no 2001 a primeira, ou sexa,  onte coma quen dice.... Pola miña banda lembro as augas do Tinteiro, famosas e moi utilizadas, de toda a vida,  para problemas de pel e golpes,  e moitas surxencias de augas termais dende as de Reza ata as pozas de Outariz, as que hoxe se convirtiron en públicas. Lembro, cando era rapaz,  estudando o bacherelato no Colexio dos Salesianos de Ourense,  que moitas veces, os xoves,  que ibamos de paseo,  chegamos ata Outariz,  onde había unhas pozas cunha auga que queimaba  e cheiraba a ovos podres...

 

 

As augas:

Dib. As Burgas

As augas das Burgas saen a 67º C. e son de mineralización media,   hipertermais, alcalinas, litínicas, fluoradas, silicatadas e lixeiramente radiactivas. A piscina que está a carón da fonte é de 37º C. Estas augas, así como unha piscina termal pública,  poden visitarse en plena cidade  de Ourense e non están a carón do río Miño.

 

Marxe dereita do río Miño

 

Dib.Chavasqueira. Estación Termal.

A Estación Termal da Chavasqueira (privadas) saen as augas a 41ºC e trátase dun centro termal basado na cultural balnearia xaponesa. Unha tradición milenaria basada na filosofía Zen que busca a relaxación do corpo e a mente en contacto coa natureza. Os ONSEN (baños termais de orixen volcánico que se fan en Xapón) combina este concepto lúdico-terapéutico da auga termal a altas temperaturas Dispón de varios servicios que van dende o Rotemburo que son tres piscinas exteriores a 41º C,  pasando polo Ofuro que é un baño de pedra a 39º C, un templarium sauna Zen a 40ºC. e 70% de humidade,  un Sudarium sauna xaponesa a 45 ºC e 85% de humidade e o Tsumetai que é unha piscina fría para choque térmico.

Dib.Chavasqueira. Charcas da Chavasqueira.

Estas termas da Chavasqueira son as que se queimaron o 25/04/2019. , inda non se sabe que pasou pero seica se quere recuperarla para mellor; fálase do "shikinen sengu" para impulsar o termalismo en Ourense. Unha ceremonia que se celebra dende o ano 690 en Xapón que seica permite que tres xeneracións de artesán poidan participar nas tareas de carpintería de cada reconstrución. Sexa como sexa seica en pouco tempo  se van volver a poñer en marcha. Esta páxina seguirá o evento...

 As Pozas da Chavasqueira (públicas) saen as augas a 67ºC e son de mineralización débil,   hipertermais, alcalinas, litínicas,  fluoradas,  silicatadas e lixeiramente radiactivas.

Dib. O Tinteiro

Mais adiante O Tinteiro (termas públicas) tamén son augas parecidas as das Burgas pero a 45 ºC. Son de mineralización débil, mesotermais, alcalinas, sulfuradas, fluoradas e lixeiramente radiactivas. Esta son as augas máis famosas de Ourense despois das Burgas. Especiais para os males da pel e problemas dos pés entre outras...

Dib. Charcas do Muíño da Veiga.

Mais adiante as augas do  O Muíño da Veiga (termas públicas) tamén son augas parecidas as das Burgas pero a 72 ºC. Son de mineralización débil, hipertermais, alcalinas,  fluoradas e silicatadas.  A verdade que si non se ten cuidado queiman... Menos mal que se combinan, según onde te poñas,  coas augas do río Miño...

Dib. Estación Termal de Outariz.

Na estación Termal de Outariz (privada) as augas saen a 50º, tamén é un centro termal de estilo xaponés, circuito  basada na filosofía Zen  e hai Ofuros, Sauna Termal, Jacuzzi e Toneles de auga fria. Losas termais a 50º C, 10 rotemburos con zonas cubertas, chorros de gravidade, Spa Termal Activo.  Ten tamén un circuito celta con castro, dolmen e spa baseado nun castro celta. Ten tamén tratamentos de algas, fangos e chocolaterapia.

Dib. Charcas públicas de Canedo e Outariz.

Por último nas Pozas de Outariz e Canedo (públicas) a auga sae a 45º, son augas de mineralización débil, hipertermais, alcalinas, fluoradas e silicatadas.

 

 

 

Marxe esquerda do río Miño.

 

Dib. Fonte de Reza.

A fonte de Reza (pública)  32 ºC. Son de mineralización débil, mesotermais, alcalinas, sulfuradas e fluoradas .

Está na marxe dereita do río Miño, xusto enfrente do Tinteiro.

 

Nota sobre as augas termais

 

 

 

 

Servicios actuais:

Tanto os horarios como os transportes poden verse nos links básicos. A variedade é enorme e os servicios son de primeira calidade. Por certo convén reservar tanto na Chavasqueira ( tfno. 988214821) como en Outariz (tfno. 988364650) para evitar sorpresas.

O tren das Termas que leva as termas dende a Praza Maior de Ourense e ten outras paradas. Consultar horarios. Tren moi demandado. Merece a pena. Descoñezo o autor da fotografía.

Pozas da Chavasqueira . (Públicas).

 Descoñezo o autor da fotografía.

Pozas do Muiño da Veiga. (Públicas).

 Descoñezo o autor da fotografía.

 

O Tinteiro, as augas quentes  máis famosas de Ourense, despois das Burgas.

Descoñezo o autor da fotografía.

 

--o--

Unha petición básica:

Para rematar con esta marabilla que temos en Ourense cidade hai que dicir e reivindicar, inda que creo que farán pouco caso, sempre fixeron ó que queren, que se poidan usar libremente e sin atrancos as nosas termas públicas...

Pedir dende esta páxina web sobre o Pai Miño, en Ourense,  que Gas Natural Fenosa, que controla as augas do encoro de Velle, a tres kms. da Chavasqueira, 6 kms. do Muíño da Veiga e 6,6 kms. das de Outariz e Canedo, todas termas públicas,  que turbine a modo e que pense menos no seu bolsillo e máis en Ourense. Estas termas públicas  están moitas veces asolagadas por un río Miño sin control.

Na miña opinión e na de moitos, o Concello de Ourense e outros organismos,  que tiñan que mirar  pola nosa cidade,  deberán esixir,  que si non hai alerta nin riadas,  as augas do río Miño non anegarán as pozas termais...Así non vamos a ningunha parte...

 

Ver este video sensacional, cun proxecto único, que convirtiría a Ourense na  "Cidadetermal por excelencia en España". Soñar non costa cartos...o proxecto sí, pero merecería a pena...

 

--o--

 

Links básicos:

 

Ourense pórtico do paraiso termal.

Ourense. Termas información.

Pdf  coas rutas das termas de Ourense. Toda a información.

Termas de Outariz.

Termas Chavasqueira.

Youtube Ourense Termal.

Youtube Termalismo en Ourense.

Youtube Circuito termal.

Youtube Ourense destino Termal.

Ourense fuentes termales y piscinas naturales.

Un río de auga quente circula debaixo do Miño en Ourense.

Ourense, la ciudad donde el agua derrota al oro.

 

Especial: Ver este video sensacional, cun proxecto único,

 

 

 

Bibliografía:

Sensacional libro da profesora María G. Souto Figueroa, "Galicia, terma bimilenaria", doctora en Cencias Químicas e licenciada en Farmacia,  libro que pasa revista a todas as termas de Galicia: balnearios e fontes famosas; un libro marabilloso publicado no ano 2009 pola Diputación Provincial de Ourense. As fotografías son de Mani Moretón.

 

 

Balnearios "Vive Galicia" de "La Voz de Galicia". 2015

 

 

 

Folleto do Concello de Ourense. Oficina turismo. (Rúa Cruz Vermella, a carón dos Xardíns do Padre Feijóo. Ver mapa Google_Maps)

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aparcadoiro Pozas do Muiño da Veiga.

Neste mapa vese o aparcadeiro. en vermello. Para entrar vaise pola N-120 e despois do desvio a autovia Rías-Baixas A-52 a poucos metros, 100 m.,  a esquerda sae un camiño que se chama Camiño Pista da Via Vella Tar, que a 400 m. leva ó aparcadoiro.

Podédelo ver en Google Maps, pero acudindo a Google Earth.

Pulsando aquí vai a Google Maps e Google Earth.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte de Reza

 

Marxen esquerda do río, enfrente casi o Tinteiro

Pulsar para ver Mapa.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cultura Onsen. Filosofía Zen

Tanto a Chavasqueira  como as Termas de Outariz (privadas) teñen os seus fundamentos  (a primeira sería mellor decir tiña, xa que cando escribo esta aclaración está queimada)  na cultura Onsen, basada na filosofía Zen. Segundo esta doctrina, a verdade transmítese á marxe dos libros sagrados, o obxecto exclusivo de toda meditación é a alma e mediante aquela alcánzase o estado de iluminación. Por considerar que a beleza favorece a meditación, esta doutrina impulsou as artes no Xapón.

Copio, do libro "Galicia, terma bimiliaria", páx. 207,   ó pe da letra un poema Zen, que dí así:

"O camiño perfecto carece de dificultades excepto a de negarse a admitir preferencias, só cando un se liberou do odio e do amor se revela plenamente sen disfraces; unha diferencia dun décimo de polgada é o que separa ao ceo da terra. Se queres velo cos teus propios ollos, non debes ter pensamentos fixos, nin a favor nin en contra. Todo é adecuado e á vez nada é adecuado".

 

Ata aguí o poema, también copio o que sigue:

"A antiga relixión de Xapón, o xintoísmo, é precisamente unha práctica ceremonial chea de rituais, entre eles, o baño que para os xaponeses non é só cuestión de hixiene, senón unha purificación do corpo e do espírito.

Os Onsen son baños de augas termais  procedentes do subsolo volcánico das illas xaponesas. Hai Onsen por todo o país. Son para os xaponeses o que para nós os balneasrios de augas mineromedicinais, aínda que cunha diferenza, para eles forma parte da súa cultura.

Nos Onsen a auga chega a unha altura de 80 a 90 cm, os mais curiosos son os que se encontran nas montañas, rodeados dunha densa vexetación. A auga acostuma estar a 40º C e procede do interior da terra; teñen forma variada, case sempre están rodeados de pedras de gran tamaño".

Termas Outariz (privadas). Fotografía Mani Moretón.

"O ritual do ofuro, ou baño interior de pedra, é un ritual de purificación e relaxación, a auga quente axuda a eliminar toxinas, a relaxar os músculos, a estimular a circulación e purificar o corpo e a alma".

Volver