Como
chegar:
Dende a
A-52 bastaría chegarse a Salvaterra do Miño, cruzar o río e
xa en Monçao, coller a Avda. das Caldas ó final do pobo.
Pódese ir tamén por Arbo.

As coordenadas son 42,078438 -8,475042
Mapa Google Maps.

Antiguas termas de Monçao
Historia:
Texto copiado do libro "Polos vieiros
do vello Miño" de Astro Montana.
..."As Termas de Monção xa aparecen
citadas en 1706 polo padre Carvalho da Costa na súa
Corografía portuguesa. Tamén o doutor Francisco de
Fonseca Henriques, no primeiro inventario hidrolóxico do
país veciño, considera as súas augas dunha gran calidade.
Seica en 1801 un enfermo de Trás-os-Montes,
agradecido polos efectos benéficos que provocaron nel os
mananciais de Monção, deu unha importante suma para
construir a primeira estación.
O Faro de Vigo en 1927, e un ano
despois O Pobo Galego eloxiaron o poder místico desta
auga para calmar as irritacións, lubricar as
articulacións e volver fermosa a pel.
En 1995, o Concello de Monção iniciou
a construción de novas instalacións, cun concepto
moderno e funcional. O viaxeiro atopará aqui saúdade
e lecer, recunchos proustianos, actividades como a pesca
e o remo e a posibilidade de realizar numerosos
tratamentos apoiados na fisioterapia, a kinesiterapia,
recuperación en piscinas, duchas, inmersións,
inhalacións e pulverización."...
Actualmente, 2016, o Balneario
de Monção está administrado por Tesal
Explotación S.L., que é unha empresa especializada
no turismo de saúde e ocio e especialista na xestión e
explotación de Balnearios.
As augas:
Saen a 49,5 Cº. Son hipertermais,
bicarbonatadas, sódica, hiposalinas, nitroxenadas e fluoradas.
O PH é de 7,4.
Indicacións Terapéuticas: Patoloxías dermatolóxicas,
afeccións do aparello locomotor, enfermedades do fígado
e afeccións de vías respiratorias entre outras.
Nota sobre as augas
termais
Servicios actuais:
Link
para ampliar:
Termas de MonÇao
Hotel Bienestar Termas de MonÇao
Spanatura
Plan B.
Tesal Explotación S.L..
Balnearios e talasos.
Bibliografía

Polos vieiros do vello Miño.
O autor é Estro Montaña
Editado por Nigratrea no 2005.
Tamén ten unha boas
fotografías, neste caso de
Tono
Arias.
|
Volver