Como
chegar:

Está no barrio da Ponte, a un km. do centro
histórico de Lugo e xunto ó paseo fluvial e o camiño
Primitivo.
A súas coordenadas son:
43.001870 -7.561187
Ver Mapa en Google Maps

Fotografía sensacional da
cidade de Lugo; vese perfectamente a muralla do
séculos III-IV (a muralla ten 2.140 m., 10 portas e
46 torres) e ó sur, parte superior da
fotografía, o río Miño; pola parte dabaixo da
Ponte Romana, marxen esquerda do Miño está o
Balneario. A fotografía é de Mani Moretón e figura
na páxina 61 do libro "Galicia, terma
bimilenaria" de María G. Souto figueroa. Deputación
de Ourense 2009.

Termas romanas. Fot.
Antonio Costa.
Historia:
O balneario de Lugo foi romano no século I
antes de Cristo, nos tempos de Tiberio-Claudio. Actualmente
ten no baixo as termas romanas nas que se distinguen dúas
zonas: a sala dos vestiarios ou "apodyterium", e a de bóveda
de canón corrido del "caldarium", onde estaban os baños
quentes, e o "Tepidarium" que era a sala de transición entre
os baños quenetese fríos.
Logo fíxose unha capela cristiá..
Naqueles tempos xa se distinguía os
balnea ou balneum dos therma, ou
sexa os balnearios das termas, estás últimas eran públicas
as outras non. Igual que hoxe.
As termas romanas foron de todo, durante
a edade media, según Murguía, as termas serviron para probas
da xustiza. Cos reis católicos estuveron clausuradas. Sempre
procurando evitar escándalos.
Ata o séulo XVIII estuveron
totalmente abandonados.
A modernización faixe entre 1846 e 1876.
Aparte da modernización faise un estudio da auga en 1852 que
corre a cargo de Antonio Casares e fala de "ser
diáfana e incolora de cheiro e sabor non moi intenso a
ovos podres; ao abrollar sae acompañada de burbullas, en
contacto co aires quedan abrancazadas, tanto nos baños e
condutos por onde pasa fórmanse na súa superficie e fondo
unhos teaxes de substancias orgánicas de cor verdosa, de
tacto untuoso e insípidas" . As augas conteñen dende
nitróxeno a sulfato de calcio e sódico, cloruro sódico,
sosa, sílice, fosfato cálcico e bromuro.
No 1904 saen unhas normas no sentido de
haber dúas zonas de baño un para homes e outro para
mulleres. Fala de usar traxe adecuado, e as horas de baño
que serán dende o amencer ata o atardecer.
Ten unha decadencia ata os anos vinte
cunha subida espectacular ata 1931 no que foi declarado
Monumento Histórico Artístico. Pechou en 1960 e a
modernización chegou en 1993. Sendo o ano 2003 o definitivo
da modernización que ten hoxe.
Hoxe o Balneario está totalmente
modernizado e con moitas comodidades.

Memoria de Lugo 1856.
Neste dibuxo vese como quedou coa reforma de
1856 e podemos comparar coas obras de hoxe, ver a
primeira fotografía.
As augas:
A composición da auga é
sulfurada-bicarbonatada-fluorurada sódica de mineralización
media e sae a 44 ºC de temperatura, ten aplicacións
tópicas para reumatismo, artritis, artrosis, así como
atrofias musculares, ciáticas, lumbalxias, estrés, pel e
vías respiratorias. En inxestión son recomendadas para o
tratamento de enfermedades hepáticas, do aparato digestivo,
do riñón e das vías biliares.
Dende logo a principal doencia dos
visitantes do Balneario de Lugo é a artrosis. Un 80% padecen
esta enfermedade. Hai que decir, a estadística non minte si
a mostra é importante como neste caso, que os doentes notan
unha melloría pronta e dende logo reducen o consumo de
fármacos (O progreso 08/08/2016. Ascensión Sánchez experta
hidróloga e directora Médico do Balneario). "O sulfuro
de Hidróxeno é absorbido polo corpo e para elo necesita
tempo. Por eso os balnearios ofrecen un programa longo de
oredor de nove días".
O Balneario de Lugo reune duas
características entre outras moitas que son especiais para a
artrosis, a temperatura sobre 44º C. que se aprobeita para
tratamentos como a terapia de chorros, non así para a
inmersión que fai falta enfriala. A outra é a presencia de
augas mineromedicinais sulfurosas. A Universidade da Coruña
nun estudio recente probou que estas augas poden ter un
efecto beneficioso contra os problemas de artrosis e outras
dolencias reumatolóxicas.
Nota sobre as augas
termais
Servicios actuais:

Balneario de Lugo.
Fotografía Mani Moretón. Páx. 68 libro "Galicia,
Terma Bimilenaria". Editado pola Diputación de
Ourense no ano 2009.Autora do libro María G. Souto
Figueroa.
Hoxe o Balneario de Lugo ten de todo,
dende salas de chorros a presión, baños terapeúticos, de
burbullas e bañeiras de hidromasaxe. Duchas circulares e
Vichy, maniluvius (baño das mans e parte dos brazos) e pediluvios
(baño de pés e parte das pernas), piscinas termais,
tratamentos de fangos (son mesturas hipertermais que levan
un compoñente sólido, predominantemente arxiloso e un
liquido, auga sulforada, sulfatada ou clorurada) e parafangos
(mestura de fangos ou lodos con parafina para aplicación a
42 ºC en partes do corpo, sempre con efecto analxésico) , masaxes manuais e zonas
de estética termal.
Ten tamén zonas para realizar procesos
relacionados coas vías respiratorias, pulverizacións, duchas
nasais e inhalacións de vapor. Ten dúas salas de inhalacións.
Ten ademais un ximnasio para
rehabilitación e mantenemento, circuito termolúdico de
saunas, xacuzzi e sillóns termais.
Os paseos a carón do río Miño son tamén
únicos e unha marabillosa terapia. É posible realizar
travesías fluviais polo río Miño en lanchas de remo ou de
pedis, con embarcadoiro propio no balneario.
Link
para ampliar:
Hotel balneario de Lugo.
Neste link tendes un pouco de todo,
fotografías do hotel, tarifas, etc.
Youtube Balneario
Termas Romanas. (34:51 minutos)
http://elviajero.elpais.com/elviajero/2015/06/25/actualidad/1435228160_184566.html
Aquí tendes un comentario recente sobre
este balneario.
Bibliografía:

Sensacional libro da
profesora María G. Souto Figueroa,
"Galicia, terma bimilenaria",
doctora en Cencias Químicas e licenciada en
Farmacia, libro que pasa revista a todas as
termas de Galicia (antecedentes históricos,
características das súas augas, situación
actual, etc.): balnearios e fontes famosas;
un libro marabilloso publicado no ano 2009 pola
Diputación Provincial de Ourense. As fotografías
son de Mani Moretón.

Historia dos Balnearios de Galicia
1700-1936, "O lecer das augas". Luís
Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar
Rguez. Galaxia. 2011.

Balnearios "Vive Galicia"
de "La Voz de Galicia. 2015