Balneario Villa Termal de Laias

 

Balneario de Laias. Caldaria. A fotografía é de Ribeirao.

Entrada a Vila Termal de Laias.

Foto sacada do libro "Polos Vieiros do vello Miño" de Estro Montaña. Persoalmente gústame moito, as piscinas termais, o río Miño detrás...Unha marabilla.

 

O Balneario está a carón do río Miño, no encoro de Castrelo. Ten uns paseos na beira do río que merecen a pena.

 

 

Como chegar:

 

 

Este Balneario está no Concello de Cenlle na provincia de Ourense. Pola estrada Rías Baixas ou sexa A52 basta desviarse o pasar o desvio de Ribadavia, vindo de Vigo,  ou o reves collendo o desvio que leva o Carballiño e Barbantes estación si vamos dende Ourense. É a salida 241.

 

Coordenadas del Balneario Caldaria Laias:

42,326684   -8,025394

Ver Mapa en Google Maps

 

 

 

Historia:

 

Seica na zona de Laias había unha explotación aurífera romana aparte das augas que foron aproveitadas polo rei Bermudo II, que por certo tiña gota.

O primeiro balneario que houbo na zona que databa de principio do século XX quedou asolagado polo encoro de Castrelo no ano 1968.

Actualmente no 2001 Caldaria, do Grupo San Rosendo de Ourense,  abriu as súas portas  e a súa actividade vai en alza. O Hotel é de catro estrelas.

 

 

 

As augas:

 

Son bicarbonatadas-sódicas, alcalinas e hipertermales, saen a 52º.

Están indicadas para as afeccións dermatolóxicas, respiratorias e reumatismos.

Dicen que son boas para a rehabilitación muscular e para o estrés.

Nota sobre as augas termais

 

 

 

Servicios actuais:

 

Ten programas con bañeiras de hidromasaxe, duchas circulares, baños carbogaseosos, chorros, termas de calor seco e húmido, sauna filandesa, piscinas de contraste, duchas aromáticas baños de esencias, jacuzzi e sillóns térmicos. Ten ademais cabinas para masaxes e piscinas termais enfocadas a relaxión e un ximnasio moi completo.

Si o tratamento é terapéutico dispón dun equipo médico que se encarga de todos os tratamentos para supervisalos  e axustalos durante o tempo que se esté no balneario.

Laias ten de todo dende restaurante, con salóns de banquetes e convencións, sala de xogos e por suposto un amplio aparcamento.

 

 

 

Link para ampliar:

Caldaria Laias.

Tarifas e reservas.

Youtube Balneario Laias (37:17 minutos)

 

 

Bibliografía

Balnearios. Vive Galicia. La Voz de Galicia. 2015

 

 

Volver augas termais Miño en xeral.

 

Volver a disfruta do Ribeiro.