Como
chegar:
O Balneario de Caldelas de Tui está
situado na marxe dereita do río Miño, no seu último
recorrido na parte que fai fronteira con Portugal, na
raia mollada que se chama.
Está a 9 km. de Tui.

Coordenadas 42,055127
-8,566880
Mapa Google Maps.
Historia:
Os primeiros relatos científicos
escritos sobre as augas remotánse a mediados do século
XVIII, cando foron redescubertas de maneira casual tras
quedaren anegadas durante un tempo polas crecidas do río
Miño. Daquelas o Capitán Xeral de Galicia Leopoldo
Adriano José de Riffont, escoitara que as augas eran moi
boas para o reumatismo, a súa muller estaba doente.
Pidiu un informe os médicos de Tui e tuvo resposta do
Doutor Silva, un dos especialistas máis reputado.
Por suposto que o informe foi moi bon, inda que do lugar
non falara ben.
As súas augas foron utilizadas dende
1859 data en que se fixo este Balneario. En 1869 foron
recoñecidas as aguas como mineromedicinais e declarados
de utilidade pública. O mismo pasou no ano 1928.
Foi renovado en 1972. Consta de dous
edificios un no límite urbano para o tratamento con
baños, duchas, chorros, pulverizacións, onde se atopa o
Hotel. O outro edificio está a carón do río Miño. É
realmente onde están as augas termais. Neste hai unha
sala para inhalacións entre outros elementos.
As
augas:
As augas son sulfuradas-cloradas, fluoruradas sódicas,
azoadas, radiactivas, con 47 ºC, y están recomendadas
para tratamientos de reuma, artrosis, traumatología, vías respiratorias, pel
e
aparato dixestivo entre outras.
Azoadas
son aquelas augas que teñen máis nitrógeno (ázoe)
do normal), son augas especiais sobre todo para as vias
respiratorias e o estómago; favorecen a dixestión en
moitas persoas; por suposto entre outras propiedades.

Na fotografía usuarios nun tratamento respiratorio.
Nota sobre as augas
termais
Servicios actuais:
PROGRAMAS
- inhalaciones
- aerosoles
- duchas nasales
- chorro
- baño de burbujas
- hidromasaje
- ducha filiforme
- pediluvios
- masajes
- fisioterapia
- electroterapia
Teñen salas especiais para
moitas doencia de nenos sobre todo a rinitis, a
asma infantil e a bronquitis;
ver este link.
Links
para ampliar:
Balneario de Caldelas.
Youtube
Caldelas Tui.
(t. en minutos 37:05)
Servicios do Balneario de Caldas.
Bibliografía:

Historia dos Balnearios de Galicia
1700-1936, "O lecer das augas". Luís
Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita
Vilar Rguez. Galaxia. 2011

Balnearios "Vive Galicia" de
"La Voz de Galicia. 2015
Volver