salir.jpg (922 bytes) Saír. ©  S. Lorenzo Fdez .1998

Ríos Ourensáns : río Támega.

 

Río Tamega por Laza.

 

DATOS TÉCNICOS:

Nacimento : na Alberguería preto de Prado. Vexetación predominante:  árbores e cultivo.
Desembocadura: no Douro, xa moi entrado en Portugal. Material xeológico: micacitas.
Afluentes principais:  Dereita:  río Bubal. Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito.
Longitude : 38.5 km Densidade de gando: 0.8  vacuno/Ha.
Superficie conca: 669 km2 Densidade explotacións: 6.7  nº expl./km2
Densidade población:  32 hab/km2 Precipitacións: 1157 mm.
Diferencia entre cotas:  1000 m. Deficit hídrico: máis de 90 días
Pendente : 2.26º Días non útiles verquidos: 193 días
Textura do suelo: arenoso. Aceptación choiva: moi alta
Porcentaxe de Ayuntamientos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo 10% , Verín 10% , Monterrei 30%, Oimbra 10%. Risco de contaminación: 2.4/3

( Fonte : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez e Eugenio López.)

 

 

Consideracións sobre o río Támega:

 

  • Foi un gran río ata non fai moito, sobre todo pola zona de Laza.

    A partir de Verin, fai xa moitos anos que é un desastre. Moitas arrabazas, debido sen dúbida os vertedeiros incontrolados e os deterxentes que se botan o río en Verin.

  • En Verin oín que iban limpalo. Trataremos de confirmalo.

    Para que se fagan unha idea o día 15-03-98 realizouse unha limpeza de 3 km. de río e sacáronse 5 Tm. de basura. Vivir para ver.

    Este río está pedindo a gritos unha limpeza integral de toda a súa conca. Penso que é perfectamente recuperable e debe recuperarse. O río Támega é como un Dios para o Valle que leva ese nome.

    Felicitar dende estas lineas a labor do colectivo "Senda Verde". Gustaríame que me tuveran enterado das súas actividades. O fin e o cabo defendemos o mismo. Un saudo.

     

  • A CEE ( ver Voz de Galicia do dia 25-05-98) puso á zona de Verin como non apta para bañarse. É incríble. Seguro que a xente de Verin non se enterou naquela data.

  • ¿ Que fai medio ambiente para recuperar este río ? . ¿ Por que non se informou á  población deste peligro ?. Incríble.

  • Recentemente, xunio de 1999, parece que entrou en funcionamento a depuradora. Dende logo o río ó día 10-06-99 viña coas augas limpas, esperemos no sexa un espexismo producto das eleccións locais.

  • Río Támega en Verin.

 

 

  • Estado de conservación:

O río fai anos que está cheo de arrabazas. Moito deterxente se debe usar na zona.

Arrabazas no Támega.

  • Tramo Nacimiento-Verin:

O río Tamega no couto de Laza. Matamá.

Moi pouca troita. Moi esquilmado o río en todo o tramo. O decir esquilmado non me refiro polo pescador, refírome os verquidos, na provincia de Ourense tense o costume de tirar todo o río de tal xeito que podemos atopar no río de todo, desde lavadores ata cociñas, etc..

Esquilman tamén o río os envelenamentos masivos de zonas ( o último o dia 17-07-98 con morte masiva de troitas e peixes) , con todo tipo de "artes", os ríos están cheos de botellas de lexía, ¿ por que será ? . Nesta zona tén un couto.

 

Río Tamega. Tierras cercanas al pueblo de Castro de Laza.

Río Támega no seu primeiro tramo, preto do pueblo Castro de Laza. Un río encantador pero moi descuidado. A fotografía está sacada dun libro de Antonio-Augusto Diéguez Añel titulado Támega, un libro que rezuma en tódalas súas páxinas un amor incríble a un val tamén incríble. " El río -el Támega-siempre presente como un Dios que lo anima todo, lo atraviesa silenciosamnete - su paso entre pequeñas cascadas y mansos remansos, es como un arrullo continuo en medio de la colina- para mezclarse con las aguas del gran Duero y alimentar la inmensidad del mar". Trozo do libro antes citado e que merece a pena.

Este ano 1999, foi repoboado con troita común, en total 18.000 troitas pequenas, un máximo de 14 cm. Si se limpa o río, poden ir arriba.

Río Támega en Chaves. Unha auténtica pocilga.

Nota de febreiro do 2000 : aparece o río Tamega en Verin contaminado nun tramo. Pode se-la depuradora que non funcionou ben...sin comentarios.

  • Tramo Verin-Frontera Portuguesa:

Río Támega en Verín. Está pedindo unha limpieza integral.

  Lastimoso.  É sin lugar a dúbidas o tramo que peor está.

De tódolos xeitos non entendo como non se aproveita este río, é unha maravilla e turísticamente podía ser moi rentable, xa que Verin é maravilloso e pode ofrecer moitas cousas os novos turistas das riquezas verdes, que van en aumento ( goza de tres manantiais de augas termais que son os mellores da Provincia de Ourense. Aparte hai que decilo o Val de Verín, o Val do Támega é do mellor da Provincia.

Recentemente os Portugueses de Chaves protestaron xa que o río chegaba infame ( verán de 1998) , contaminado completamente. Non me estrana xa que ningún pobo depura e o índice de contaminación é moi elevado.

¡¡ Os pobos do Val do Támega teñen que cuidar máis o seu río é a súa vida !!.

 

-------------------------------------

En el 2017 se confirma todo lo anterior, este río ha desaparecido de muchos lugares, va seco completamente con el desastre que ello supone.

Foto del 07/12/2017. Miguel Villar. Seco completamente en

Castrelo del Val.

 

¡Adios río Támega!

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.