En galego decimos río Bibei. Ponte romana. Ponte Bibei.

Fotografía de Álvaro Pérez.

O río Bibei está, casi todo, embalsamado  (Persoalmente digo así, siguindo a Manuel Rivas,  cando casi todo os tramos do río son encoros)

Unha auténtica vergoña de río en casi todos os seus tramos.

 

DATOS TÉCNICOS DO RÍO BIBEI

Nacemento : na Serra Segundeira. Rotación cultivos: cultivada
Afluentes importantes: Pola esquerda o Camba, Couso e Cenza. Pola dereita: o río Xares. Pendente: 8.2º
Superficie : 598 km2 Textura suelo:Arenoso
Diferencia cotas :1430 Dias non útiles vertidos: 188
Longitude: 46 km Acept. choiva invernal:alta
Densidade población: 28 hab/km2 Precipitacións: 1430 mm
Densidade gando: 0.8 vac/Ha Deficit hídrico: 60-90 días.
Densidade explot: nº 8/km2 Risco contam.: 1/3
Material xeolóxico: granito Porcentaxe ocupación: Manzaneda 10%; O Bolo 20%; Trives : 30%, Viana: 40%.

O río Bibei actualmente está ambalsamado por Iberdrola.

Alguén me dixo que no nacemento do río está prevista unha minicentral. O que lle faltaba a este pobre río.

    O  rio Bibei, é  un afluente do río Sil pola esquerda. Nace na Serra Segundeira, entre o pico Moncalvo 2044 m e Pena trevinca 2124 m.  Concretamente a 1840 m. Fai a súa traxectoria como a mitade dunha elipse, primeiro de Norte a Sur e logo do Sur ó Norte. Ver o mapa anterior, marcado con flechas vermellas.

   O seu canle é moi encaixado e vai casi sempre entre  montañas, o fenómeno típico da Antecedencia, a medida que se levantan montañas os ríos aparecen encaixados en  auténticos canóns.

Debido o seu perfil, baixa en  principio casi un 5%, logo baixa á pendiente a 2,7%, para pasar logo ó 1%. Moita auga en decembro ata abril  con un máximo en febreiro para teer no verán unha estiaxe  bastante elevada.

    Comenza encaixado en Porto, ábrese na Veiga, Ourense,  co encoro de San Sebastian,  para volverse a encaixar no encoro de Pías, que forma o límite entre Galicia e Zamora. Logo un longo canón ata  Viana e o encoro do  Bao, onde recibe o río Camba e máis  abaixo o río Conso e o río Cenza. Máis abaixo únese o río Xares para desembocar no río Sil casi enfrente a Montefurado, provincia de Lugo,  donde ten outro encoro, o encoro de Montefuerado.

    En  poucos kms., 46, ten catro encoros, San Sebastián, Pías,  Bao e Montefurado. Casi nada...

    O río Bibei está marcado con flecha vermella. Onde poño caudal ecolóxico quero decir que apenas leva auga. A auga aparece disimulada en pozas profundas que tiña o río, pero nin así...

(Datos históricos. Descripción do Reino de Galicia.Licenciado Molina)

    Foi en tempos un gran río da Provincia de Ourense, a cantidade de encoros da súa conca, moitas veces co canle completamente seco,  así como algúns  vertidos, fixeron que o río non estuvera ben, eu diría que está medio morto.. En algunhas zoas o río queda sin auga noutras como polo Santuarios das Ermitas estuvo prácticamente seco moito tempo e dende setembro de 1999 leva un caudal lamentable (pequenas charcas). Continua sendo lamentable no ano 2002.

Río Bibei en Las Ermitas. Un río masacrado por Iberdrola. Lo siento por el río era fantástico.

Non se ve nin o río.

Na fotografía do  libro " Ourense Natural" o  río Bibei nas Ermitas. Según os autores (un libro fantástico de fotografía) , o río Bibei soio é  rápido e fluido na zona de Zamora. O seu paso polas  Ermitas, un santuario fora de serie, vai pausado, suave, discreto e como dormido...

Evidentemente non estou dacordo cos autores, o seu  paso polas Ermitas vai medio morto, o encoro do Bao non lle deixa vivir, é un río morto  por estos encoros.

Reivindico o río Bibei, xa que era dos máis caudalosos da provincia de Ourense, forte, con moita agua no inverno e na primavera y moi  rumuroso...

Los paisajes que tiene en general son impresionantes.

Ver demostración evidente e fotografías históricas ( fotografías comparativas).

   O río Bibei foi máis cun río, recolle moitos ríos con moita auga como os do Invernadeiro, o río Camba,  o Conso e o río Cenza, e tamén o propio Bibei.

    Era o máis caudaloso da provincia, solo superado polo río Sil e o  río Miño. Levaba moita auga tanto no inverno como na primavera.

Hoxe está medio morto.

Ver fotografía histórica deste río sensacional.

Río Bibei. Sensacional fai 60 anos. Hoxe non é un río como se ve na fotografía. ( Foto de Santa María del Villar).

O santuario das Ermitas é un lugar da provincia de Ourense que require ser visitado con calma, de momento enlazo cun video sensacional que nos permite vela zona e o santuario dende un dron. Este é o link que merece moitísimo a pena velo. "As Ermitas a vista de dron". Autor Andrés González Castro.

Fotografía sacada dende o Dron de Andrés Glez. Dron orixinal e con música propia. Sensacional

Outra imaxen.

 

     Dos encoros nada se pode decir. Unha mágoa. Construccións  salvaxes e que ata fai pouco tempo  ni tan siquiera tiñan o caudal ecolóxico. As escadas de subida de peixses non existen, non se fixeron en ningún encoro da provincia, eran os amos e donos dos ríos.

    Ata no fai moito o encoro do  Bao non deixaba caudal ecolóxico, hoxe o que deixan é un reguiño insuficiente a todas luces.

Fotografía do autor da WWW. Encoro do  Bao en Viana.

    Esta é unha fotografía do encoro do Bao, o caudal ecolóxico é un engano como o demostro na seguinte  fotografía sacada o mismo día. Trátase dunha una auténtica vergoña que non ten nome (Trátase dun pequeno caño de auga,  con un difusor... realmente de vergoña).

Fotografía autor de la WWW. Observar no medio a esquerda; un reguiño de auga, inda por riba onde cae a auga do difusor desemboca un regato que mantén unha minicentrar a 1 km. río arriba. As consecuencias son claras...o difusor é un engano.

   Xa o ven a auga do  río  Bibei é a dun regato no estiaxe. Este caudal non chega ó  0.01 do caudal medio dos ríos que van a este encoro. Iberdrola, na zona, mexa por nós ( os galegos) e temos que decir , á vista de que vemos, que xhove. ¿ Ata cando...?. Realmente, como galego, síntome enganado e roubado.

 

Vexan os resultados:

 

     Un auténtico engano basado en que se trata de pozas ( sempre queda auga nelas), entre elas, observar, casí non hai caudal. Observar a parte das penas que se ven máis lonxe, non corre a auga, non hai  caudal, non hai río, non hai dereito... Realmente lamentable e de país tercermundista. Fotografía de Tomás Vega.

    Non entendo e nunca me cansarei de repetilo como a Consellería de Medio Ambiente galega, nesta caso,  permite a Iberdrola e a outras compañías eléctricas,  ter o río desgraciado. Un río que a algunos kilómetros desta imaxen, e o mismo día, iba como se ve:

Imaxen do río Bibei despois de saír a auga por un túnel, xusto nas curvas de Larouco.

Realmente unha vergoña auténtica. Moitas veces aquí vai seco.

     Outra cousa que non entendo, a zona é marabillosa e dun  gran potencial turístico e sin embargo está media abandonada. O río está lastimoso.

Estado de conservación:

Tramo nacemento - Encoro San Sebastián:

Presa de San Sebastían.

O río por riba do encoro e francamente bonito pero en moi pouco tramo, logo xa sabemos o dos caudais:

O río Bibei por Porto. Un regato pero con auga.

Tramo Encoro de Pias-Couto de Viana:

 

Encoro de Pias. Cerca de Porto.

     Do pouco que queda na Provincia, polo seu difícil acceso. O río é sensacional, estou a falar do canón de vai entre este encoro e Viana, hoxe en día en setembro de 1999 e con moita troita. Si no o creen, pódolle presentar algúns pescadores de Ourense que ano  tras ano van a esta zona, como Xurxo, un bon amigo que me descubriu o río. Moitas variacións de nivel. Peligroso. Dificil entrada e peor salida. Un cañón que ten poucas áídas e non é recomendable facelo solos.

   Recentemente o alcalde de Viana falou de facer, nesa zona, una ou  varias minicentrais, para dar luz eléctrica  a 52 pueblos da comarca. Increible a idea deste mandatario.  A todas luces non sabe o que trae entre man. Esta zona é do pouco virxen da provincia e quéreno embalsamar...

   Dende estas liñas direille que non sabe o que vai facer...é unha insensatez non explotalo doutra forma...

En canto á fauna do río Bibei: decir que a base sempre foi a troita, pero queda pouca debido á cantidade de encoros e poucos caudais.

     De cando en vez sae algún exemplar por otro lado típico de ese tipo de augas. Vexamos algúns exemplos.

Troita pescada no río Bibei en maio do 2001. Soio pesou 6 1/2 kg. e medía  85 cms.

O río Bibei tiña moitas troitas de este estilo, morreron a centos cando se fixo o encoro do Bao, contado por un amigo que traballou no muro da presa e que inda vive e pode contalo.

É o tercer río, en importancia, de Ourense, pero unha empresa hidroeléctrica, Iberdrola hoxe teno "machacado", unha auténtica pena. Para chorar... E a  Consellería de Medio Ambiente de Galicia non se entera de nada ou non quere enterarse , que é peor.

Esta troita, pescada no encoro do Bao o  20 de marzo de 2002 pesou 11,250 kg. todo un record. Máxime cando únicamente midiu 60 cms, observar a troita anterior con 85 cms. ey únicamente 6,500 Kg. Nos encoros poden darse estas troitas atípicas.

Na  fotografía José Pérez, un veciño de Verín que non salía do susto.

O que ya sabíamos é que o río Bibei sempre tivo exemplares de troita  espectaculares.

En canto ós mamíferos, na conca do Bibei  o típico: zorro, xabarín, lobos e corzos.

Das aves destacar a perdiz pardilla.

Remítovos a miña páxina sobre os "ríos galegos" para ver  o que vos podedes atopar en canto a vexetación, árbores e  demáis seres vivos.

Couto de Viana:

     Lastimoso. Unha burla para o pescador de troitas e  para o turista que se achegue a pescar neste couto. En plena cabeceira do couto ten un estercoleiro. Atopei ata restos de lavadoras no  propio couto, dentro do rio por suposto ( fai dous anos tan soio). Observo que no ano  1997 non foi couto. Tampouco no 2000 e no l 2001. Non me extrana. Aumentará o estercoleiro, eso é o que tiña que arranxar ó  alcalde citado e non meter minicentrais.

Por certo, deixou de ser couto. Non me extrana.

Encoro do Bao-desembocadura no río Sil:

 

Ecoro do Bao.

     Está o río en moi mal estado. En algúns lugares a auga vai por un túnel. Por exemplo nas curvas de Larouco, un lugar marabilloso, é normal ver ó río sin auga, en charcos,  a pesar de que nesa zona  xúntanse o río Xares e o  Bibei, dous ríos que xuntos podrian sumar un caudal incrible.

Río Bibei hace muchos años en los codos de Larouco. Fotografía de Pacheco.

Ó fondo Puente Bibei.

Zona de Larouco, moi pouca auga. O caudal ecolóxico é mínimo.

Esta é a zona anterior. Aquí tamén desemboca o río Xares que vai seco.

Repito os datos técnicos:

DATOS TÉCNICOS DO RÍO BIBEI

Nacemento : na Serra Segundeira. Rotación cultivos: cultivada
Afluentes importantes: Pola esquerda o Camba, Couso e Cenza. Pola dereita: o río Xares. Pendente: 8.2º
Superficie : 598 km2 Textura suelo:Arenoso
Diferencia cotas :1430 Dias non útiles vertidos: 188
Longitude: 46 km Acept. choiva invernal:alta
Densidade población: 28 hab/km2 Precipitacións: 1430 mm
Densidade gando: 0.8 vac/Ha Deficit hídrico: 60-90 días.
Densidade explot: nº 8/km2 Risco contam.: 1/3
Material xeolóxico: granito Porcentaxe ocupación: Manzaneda 10%; O Bolo 20%; Trives : 30%, Viana: 40%.

 

Neste  último tramo e antes de desembocar no río Sil ten outro encoro, o de Montefurado.

Presa de Montefurado, visto augas arriba. Cando o río da a volta a dereita xa se atopa co río Sil. Este encoro aproveita as augas do río Bibei e tamén  do río Sil que as manda densde a presa de San Martin a 4 km.

 

Revisando esta ficha, despois de 20 anos, estamos casi no 2018, soio podo engadir tres cousas positivas: en primeiro lugar que nas súas ladeiras, nos socalcos que había fai moito tempo,  vólvese a cultivar viño, bos mencías, godellos etc.

A segunda cuestión é que a zona está empezando a ter bons resultados turísticos: realmente teno todo paixase espectacular, moita historia con a Via Nova romana, a mellor ponte romana de toda Galicia, o santuario de As Ermitas, unhas minas moi interesantes, así como levadas ou agoladas espectaculares e moitas máis cousas...

A outra cousa  positiva é que Iberdrola respeta máis o caudal ecolóxico.

Queda dito.

flecha.jpg (1051 bytes) Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DATOS HISTÓRICOS.

Fotografía de Tomás Vega.

También asentemos en esta bandera

al río Bibéi, que algo es nombrado,

que va por Viana, también por Sobrado.

La sierra do nace se diz Segundera,

y así prosiguiendo su vía y carrera

le viene el Morisco del monte Laroco,

más dúrale a entrambos su nombre muy poco,

que el Sil se les muestra la parca tercera.

 

Así escribe o Licenciado Bartolomé Sagrario de Molina na Descripción del Reino de Galicia,  de este sensacional río ( hoxe defenestrado).

"Este río del Bibéi es de los buenos de Galicia. Nace en la sierra que llaman Segundera, y luego viene a dar por Viana do Bolo. Esta es tierra fértil que abunda de mantenimientos, en especial de ganados, puesto que por la mayor parte toda Galicia está abastada de esto, que no se gasta la mitad en ella, proque gran parte se lleva a Castilla. De allí viene por Manzaneda, y luego por el coto de Sobrado, que nace en la sierra del Bolo, y viene por su puente del Morisco a dar al Bivéi, y luego de aquí va a dar en el Sil, cuando este Sil sale del Monte Furado, como arriba dije".

NOTA :  esta é a reseña, deducir dela que o río Bibei era un río sensacional,  é evidente.

 

 

Fotografía do encoro do Bao, río Bibei,  crecida do 2001. Descoñezo o  autor da Fotografía. Póñoa xa que con ela o río Bibei reclama o seu caudal, e demostra que foi un gran río, sin lugar a dúbidas.

O río Bibei debera volver a ser un gran río.

  Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O RÍO BIBEI NAS ERMITAS.

Foto do río Bibei antes de facer o encoro do  Bao. A Fotografía é de Santa María del Villar e está sacada do libro Fisonomía e alma de Galicia" de Dr. A. Rodriguez.

Unha foto histórica  que demostra como era o RÍO BIBEI: UN RÍO BRAVO, UN RÍO CAUDALOSO, UN RÍO SENSACIONAL.

HOXE  ESTÁ MORTO.

Creo que a demostración é evidente.

 

Río Bibei en Las Ermitas. Un río masacrado por Iberdrola. Lo siento por el río era fantástico.

O río Bibei no Santuario das Ermitas, fotografía reciente.

Observar o que queda, simples pozas de agua, nada máis, o caudal ecolóxico que deixa Iberdrola, tanto no verán como no inverno é lamentable.

Realmente non se entende como se pode ter un río neste estado lastimoso.

O feito foi  denunciado moitas veces, pero a Xunta non quere enterarse.

Ver fotografía históricas deste río sensacional.

Río Bibei actual.

Río Bibei. Fotografía miña do mismo día da anterior.

 

Hoxe esta zona está debaixo do encoro, embalse do Bao,  de Viana.

Río Bibei en Viana.  Estaban a construir o encoro e polo tanto sustituindo a ponte.

Sin dúbida estas fotografías son históricas.

 

O río Bibei en tempos. Ponte romana. Ponte Bibei,

Unha das pontes romanas máis  bonitos de España.

  Volver.