salir.jpg (922 bytes)  ©  S. Lorenzo. 1998       ///    Ríos Ourensáns : río Avia.  ///       email.gif (985 bytes)

O río Avia pola zona de Bieite (Leiro), un gran río que dende esta páxina reivindico. Fotografía Secundino Lorenzo.

As primeiras referencias de Avia e Avión son  do século IX , según di   Frutos Fernández Glez no seu libro "Nomes do Ribeiro".  Etimolóxicamente. Avia e Avión pertencen a un grupo de hidrónimos no que están entre outros Valdavia, Avión, Abiego, Aviño e outros. Na súa base está a "auga en movemento" e as "correntes de auga" entre outras...

Río Avia e ó  fondo Ribadavia. Fotografía de Julio Puente A.

 

DATOS TÉCNICOS do río Avia:

Nacimento : na Serra do  Suido preto de Avión; concretamente en Fonte Avia, parroquia de Abelenda. Vexetación predominante:  incultivo  e subdominante cultivo. (Na parte baixa: viñedos)
Desembocadura: no río Miño, preto de Ribadavia, no Coto do Frade. Material xeológico: micacitas.
Afluentes principais:  pola dereita os regatos de Valdeiras,  Doade, Ferreiro,  Eirexe e  Maquiáns.  Pola esquerda: Couso,  Cardelle,   Viñao,  Arenteiro, e Varón. Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, maiz, viñas...
Lonxitude : 37 km Densidade de gando: 2.6  vacuno/Ha.
Superficie da conca: 643 km2 Densidade explotacións: 13.2  nº expl./km2
Densidade población:  59.3 hab/km2 Precipitacións: 1502 mm.
Diferencia entre cotas:  1000 m. Deficit hídrico: máis de 90 días
Pendente : 4.6º Días non útiles pra verquidos: 232 días
Textura do suelo: areoso. Aceptación choiva: moi alta
Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca: Avión 20%, Beariz 10% , Irixo 20%, Boborás 20% , Carballeda 10%, Leiro 10%, Carballiño 10%. Ribadavia ? %. ( Esta é a ocupación da conca que comprende os Ríos Arenteiro, Avia e Viñao). Risco de contaminación: 2.4/3

 (Fonte: As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López. USC 1993)

      Nota: non poño o gran estudio de caudais que aparece no traballo xa que hoxe o caudal ben marcado única e exclusivamente por Unión Fenosa Generación S.A. que é a dona do encoro e fai o que lle da a gana. Os interesados podédelo ver no libro citado, onde en febreiro era o mes de máximo caudal e en setembro o do mínimo.

    Evidentemente estos datos cambiaron algo nos últimos anos. O río Avia tiña un curso tortuoso, nos primeiros kms., ese curso foi ó que favoreceu a construción do encoro de Albarellos; que cambiou o río completamente.

   No libro Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, no tomo II na páxina 275 dase unha marabillosa explicación sobre o río Avia, sobre as súas características  e sobre o clima da zona que leva a unha pluviosidade especial, co efecto Föhn, provocado polo abrigo exercido polas Serras da Dorsal Galega con respecto aos ventos húmidos do oeste.

 

Mapa onde aparece o río Avia nacendo na Serra do Suido e desembocando no río Miño por debaixo do Encoro de Castrelo. No mapa sitúanse algúns dos principais afluentes como o Valdeiras pola dereita e pola esquerda o Couso, Cardelle, Viñao, Arenteiro e Varón.

No Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, publicado pola Voz de Galicia no 2009 e baixo a dirección de  Fco. Javier Rio Barja pón exactamente, referido a palabra Avia, río:

..." Afluente do río Miño, pola dereita. Nace nas abas da serra do Suído, na parroquia de Abelenda (Santa Mariña, concello de Avión, provincia de Ourense). Segue por este concello con dirección suroeste-nordeste ata a parroquia de Amiudal (Santiago), onde recibe pola esquerda as augas do río Couso e muda de dirección, que pasa a ser irregular, con numerosos meandros, aínda que predomina a dirección  oeste-leste. No límite entre os concellos de Avión, Leiro e Boborás, as súas augas están represadas polo encoro de Albarellos, onde recibe pola esquerda o río Cardelle e pola dereita o río Valdeiras, ademais de augas do río Viñao por un canle..."

Mapa que aparece no libro citado e que aclara o nacemento do río Avia.

Este mapa do concello de Avión axuda moito a situar o nacemento do río Avia

Este é o mapa do Instituto G. Nacional. Ano 1989. Escada 1/25000

Fotografía do río Avia moi preto de Fonte Avia; prácticamente no nacemento. Sacada de wikiloc ruta Rodeiro-Fonte Avia - Chozas do Suído.

 

Comentarios xerales sobre o río Avia:

É o río de Leiro e Ribadavia, precisamente á Ribadavia déulle o nome.

Un río que tamén foi en tempos do mellor da provincia, en canto a pesca, con grandes exemplares de troita,  hai rexistros de ata  8 1/2 kg.

En tempos ( antes do ano 1970 ) subían os salmóns do Miño e por suposto as anguías. Vín pescar salmóns na presa da Veronza (en Ribadavia) e tamén grandes exemplares de troita. Neste río dín os meus primeiros pasos de pescador de troitas. Algúns afluentes, como o río Maquiáns eran auténticos viveiros de troitas; logo foise convertindo nunha pocilga. Nese ano cheguei a ver salmóns neste regato; xusto na finca do Evencio. Incríble.

Río Avia no seu nacemento por terras de Avión. Fot. de J. Antonio López M. Libro  "Ourense Natural". Deputación de Ourense. Ano  1994.

Hoxe, o río Avia está defenestrado ( os verquidos do Carballiño, río Arenteiro e a súa conca, do río Viñao en Irixo e comarca,  de Leiro, Carballeda e outros pobos,  tamén  os de Ribadavia, entre outros;  escoñárono totalmente).

 

O encoro de Albarellos un auténtico monstruo de encoro, que non coñecía e visitei o dia 24-06-99, ve-las fotografías, é unha desfeita para o río Avia. Este encoro non respeta o caudal ecolóxico, como demostrarei con fotos, e Medio Ambente deberá tomar medidas moi serias con Fenosa, hoxe con outro nome Unión Fenosa Generación S.A., que é a responsable. (¡¡ Xa está ben de esnafrar os ríos ourensáns). En tempos tamén unha zona incríble; o encoro de Albarellos aféctanlle moitísimo ó río Avia, lémbrome inda non fai moito a quedarme aillado nunha presa de San Cristobo, xa que o río subió moitísimo, en soio dous minutos subiu un metro e pico o nivel da auga. Tiven que sair a nado.

Encoro de Albarellos,  unha auténtica desgracia para o río Avia. Caudal da morte. Ese día kms. por debaixo, onde sae a auga das turbinas o río Avia iba desbordado. ¿Como se entende?.

Nesta fotografía de Mimiá, vese moito mellor o caudal ecolóxico do encoro de Albarellos; de vergoña.

 

Seguramente o maior pontillón de Ourense. Río Avia en Salón. Hoxe debaixo deste pontillón pasa un minúsculo regatiño, o río Avia. Unha vergoña. A fotografía é de Otero Pedrayo, sacada do seu libro "Os ríos galegos" de edicións Castrelos 1977. O encoro de  Albarellos impide a varios kms. de río que leve o caudal adecuado. Vai seco.

En maio deste ano 2012 fun ata zona ver este pontillón, realmente deume pena. Está en Salón e si o queredes ver basta pasar a Ponte do Viñao e sae un carreiro que vai directo, soio 10 metros o río Avia. Na zona desemboca o río Viñao que ese día lle daba a auga a un gran río como o Avia. Ver as fotografías:

A foto de Otero Pedrayo está sacada de Sur a Norte, esta miña o revés, pero o pontillón é o mismo. 50 metros de largo medidos por mín. Hai algún maior en Galicia?, penso que non. Fotografía Secundino Lorenzo. Maio 2012.

O da talla mínima de 19 cms para arriba, zona que estuvo seica moitos anos, é un insulto a intelixencia de moitos pescadores e outros non pescadores...hai que ter cara...

O pontillón é unha auténtica marabilla, feito de pedras de granito e ben asentado en columnas. O río Avia ese día con un pouco máis de caudal que fai dez anos, que non traía ningún, pero casi morto. Deume pena o río Avia, Salón e este pontillón. Fotografía Secundino Lorenzo. Maio 2012.

 

Vertidos en todo o seu tramo dende Leiro á desembocadura.

En Ribadavia é unha auténtica cloaca.

Non entendo como Ribadavia, có seu potencial turístico indicutible e demostrable, cunha xente que é das mellores da provincia,  ( traballei nove anos en Ribadavia e penso que á coñezo ) non coida o tesouro máis preciado que tén:  o río. Por suposto non é doado, non soio depende de Ribadavia, o Carballiño e outros pobos teñen tamén culpa.

 

 

Estado de conservación:

Tramo Nacemento - Albarellos:

Do pouco que queda en Ourense, un pouco virxen, polo menos os ríos están limpos, realmente da gusto. O encoro de Albarellos recolle cantidade de ríos e regatos marabillosos: o Avia o Couso, Cardelle, Folós, Valdeiras e outros... Todos eles marabillosos e inda no 2002 en bastante bon estado.

Vexamos unha pequena mostra fotográfica:

 

As fotografías están sacadas preto do pobo de Beresmo, tanto no río Avia como no río  que ten a praia fluvial que é o Valdeiras. Son ríos moi limpos, cuns pozos que se lles ve o fondo de 1 a 3 metros, unha auténtica marabilla a conservar. Fotografía S. Lorenzo.

 

Tramo Albarellos-Ribadavia:

Río Avia  por debaixo de onde sae a auga das turbinas.

Pazos de Arenteiro. Fotografía S. Lorenzo

 

Neste tramo, entre outros, recibo ó río Viñao e o seu afluente máis importante o río Arenteiro.

En moi mal estado. Moi afectado polos verquidos e polas continuas subidas e baixadas de  nivel provocadas polo encoro de Albarellos. Por debaixo deste encoro, no mes de maio o río queda sin auga nun tramo de 4 kms. Para chorar.

É unha burla que Medio Ambiente  teña catalogado como couto troiteiro desde Leiro a Ribadavia no ano 1998. Total 8 km.

Posteriormente mellorou moito.

Río Avia. Ponte de San Clodio. Fotografía Secundino Lorenzo.

Ver fotografías do couto.

O couto de Ribadavia enfrente o Bar "O Campeón". Fot. Secundino L.

 

O Couto de Ribadavia na Ponte de San Clodio. Fot. Secundino L.

O couto era en tempos, opinión personal, dos mellores da provincia de Ourense en todo. Hoxe é un máis da mediocridade xeral. Malas políticas de repoboacións, e moita contaminación.

Por si fora pouco,  e demostrando todo o dito,  a UE ( ver Voz de Galicia do 25-05-98) da A Leiro como un lugar onde non se deben bañar as persoas. Incríble que esto ocurra nun couto. ¿ Que fai Medio Ambiente? . ¿Que fan as autoridades da zona?. É demencial...

Parece ser que en 1999 están os problemas solucionados e a xente pódese bañar ( xa veremos ata cando...).

En Leiro no 2002 pode bañarse a xente. Confirmado. Río Avia. Foto S. lorenzo.

 

As  repoboacións dos derradeiros anos, sen pé nin cabeza, un engano para o río e un engano para os pescos de troitas. Case sempre se limitaron a botar o rio as famosas "pachangas", troitas moi grandes, para que se divirtan os pescos?  os primeiros dias de abrir a veda. O ano 1998 soltaron 114 troitas de 38 cm e 600 de 28 cm. Un engana pescadores...

En 1999 volven coa misma táctica e soltan: 100 truchas de 27 cms. , 286 de 36 cms e 100 de 35 cms. , aparte de alevíns 60.000. A repoboación é moi forte e eso non se lle pode negar a Medio Ambiente, pero o problema é a CONTAMINACIÓN e eso non se arregla con estas soltas.

O tempo demostrou que estas repoboacións estaban feitas cós pes, sin ningún aval científico. Realmente estamos gobernados, con pequenas excepcións,  por xente "analfabeta funcional" en moitos temas...O malo é que o final están convencidos de que saben e así nos luce o pelo. Inda por riba pagamos...

Un pouco penoso.

Unha vergoña.

O bosque de ribera da parte intermedia do río Avia é de amieiros e algún salgueiro. As plantas máis comúns son as cerudas, que en castelán chámanse celidonias. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Tramo Ribadavia-Desembocadura:

 

A Veronza en Ribadavia. Río Avia. Fotografía de Julio Puentes.

 

 

Lastimoso, foi sempre unha pocilga, polo menos dende 1968 ano a partir do cal o pescaba moitas veces. Non sei si se tomarían medidas, penso que algunhas si. De tódolos xeitos o encoro de Frieira e o de Albarellos afectoulle moitísimo.

Hoxe estánse a tomar algunhas medidas,  pero segue en estado lastimoso. O Concello de Ribadavia recentemente bótalle as culpas da contaminación o Concello do Carballiño ( este último dice que é mentira,  que vexan en Leiro como está o río que vai limpo). Todo mentiras...o río xa ben do Carballiño e de máis arriba feito unha pocilga auténtica...logo esa pocilga vaise incrementando...

Para poñer paz entre eles diréilles a miña opinión : " tan bon e Xán coma Perillán". O Concello de Carballiño ten o río aparte de envelenado ( dúas veces este ano)  feito unha pocilga, as augas que eu saiba sempre van río abaixo. Ahora ben, os de Ribadavia non se quedan atrás. O Concello de Ribadavia mira pouco polo río, polo menos nos últimos 30 anos.

O de Ribadavia por si fora pouco está a gastar unha fortuna en " arreglar as beiras", eu diría en rematar o río para sempre, si non, ó tempo.

Teño que decir que o paseo quedou moi digno e moito mellor do que pensaba. O río non lle noto moita melloría.

Río Avia en Ribadavia.  Foto de Mimia.

 

Resaltar o labor feito pola Asociación " Ridimoas" de Ribadavia pola recuperación das graveiras de San Cristobo e outras moitas cousas.

Resalta-la loita emprendida na comarca de Ribadavia pola Asociación Coto do Frade, dende estas lineas estou a súa disposición, son socio dende fai anos, xa que vexo que traballan con cabeza e están o loro de moitas falcatruadas que se fan na zona.... Recentemente, en marzo, con motivo do día contra os encoros recolleron 900 kg. de lixo entre a Veronza e a desembocadura do Avia. Unha máis.

Decir, cando releo esta ficha no ano 2017,  que a Asociación Coto do Frade xa non existe. Podedes supoñer o disgusto do que escribe; fixeron moito polos ríos do Ribeiro, moitísimo e dende logo é unha gran perda. Para mín eran fundamentais na comarca. Hoxe estos temas están esquecidos por non decir outra cousa...

Gracias polo anguieiro. Gracias polo voso traballo...¡Moitas gracias!.

Río Avia, na Foz, xusto por debaixo da Ponte de ferrocarril. Este día levaba auga, dos ríos Arenteiro e Viñao entre outros. A central de albarellos non turbinaba pero o río Avia non levaba apenas auga en Salón, por riba de Pazos de Arenteiro. Maio de 2012. Fotografía Secundino Lorenzo.

O río merece outro trato. Perdón. Esquecíame que estamos en Galicia e os saneamentos dos ríos non interesan... non dan votos que é o importante para moitos dos nosos políticos...

 

NOTAS :

    (*) O dia 22 de novembre de 1998, La Región de Ourense trae unha noticia que merece a pena resaltar: " Os Municipios bañados polo Arenteiro e o Avia buscarán unidos fórmulas para sanear estos ríos".

        O parecer o día 27 de novembro porase en marcha unha plataforma ciudadán, por iniciativa de ADEGA, que conta có apoio do grupo Outeiro, Asociación de veciños Camiño, Asociación Comarcal de Empresarios e do Concello Municipal de Salud para buscar solucións de saneamiento á contaminación do Arenteiro e do Avia.

¡¡¡ A MIÑA MÁIS CORDIAL ENHORABOA.- ESTE SIN DUDA É O CAMIÑO !!!

Por certo en abril do 2002 inda non fixeron nada.

Posteriormente nada de nada. Quedou todo en "augas de fregar", como casi todo neste país en temas de Medio Ambiente...

--o--

(**) Sobre o nacemento de río Avia creo que está clara e decantada a polémica. Simplemente ver a ficha o principio.

--o--

    (***)  Nota Final : é de lei, ó falar do río Avia lembrar os meus mestres ná arte da pesca, mestres que usaron este río para as súas clases. Os meus mellores recordos para Manuel Portela, o mellor pescador que coñecín na miña vida de pescador de troitas, un maestro. Gerardo Alvárez  Vidal ( gran amigo xa falecido) outro mestre coa cucharilla; Braulio Soto (gran amigo xa falecido) e os seus fillos, auténticos fenómenos como pescos.    Pedro Gómez outro gran amigo ( que perdín a pista , si algún día lee estos textos non lle perdonaría que non mandase un e-mail). Para todos eles e outros grandes pescadores que había en Ribadavia e no contorno,  o  mellor dos  meus cariños e o máis grato recordo.

      Lembrar a outros grandes pescadores, algúns alumnos: como Manel Santamaria, Amando Canitrot, os fillos de Braulio, Quico e outros...

     Manuel Portela, o meu mestre, pescaba troitas ata de traxe...Fora coñas era un "fora de serie"...Por certo en xuño de 2017 estuven comendo con el en Monforte; aquela mañán tuvera lugar o Campeonato de troita con Cebo da Sociedade de Pesca de Monforte. Quedou campeón, e no eran poucos os pescos que se presentaron. Está feito un chaval con 86 anos enriba...Viñen feliz...

    Soio catro mostras de troitas do río Avia, que non se incomoden outros pescos, os dous primeiros foron grandes amigos meus, sobre todo Braulio e os dous segundos alumnos. Así que está plenamente xustificada esta mostra. non poño outras troitas, sobre todo a que se colleu en Bieite que botou 8,5 kg. xa que a fotografía que teño ´´e trucada:

Quico cunha gran troita. Un bon amigo en tempos.

Quico deixounos fai uns anos.

Un gran amigo e compañeiro de traballo cunha troita incrible de longa. Braulio deixounos fai un ano.

Manel,  casi neno,  cunha boa troita. Hoxe é un pesco que hai que sacarlle o sombreiro...

Amando Canitrot cunha troita bastante boa e unha satisfación fora de toda dúbida...

¡¡¡¡ Tempos aqueles no que ó Avia era un gran río !!!!

¿Volverá a ser un gran río? Moitas cousas teñen que cambiar...

--0--

¡Por un río Avia saneado e limpo!, os demais atributos xa o ten o río de sobra. ¡Polos seus anos troiteiros!, do mellor de Galicia.

Esta sensacional fotografía de Mimiá,  reivindica un río Avia marabilloso...

 

Pasaron 14 anos  -    Estamos no 2012-    Como está o río Avia?.

Río Avia. Couto de troitas 8 kms. Leiro-Ribadavia. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Decir como curiosidades que:

.-O río Avia salva en 37 km. de recorrido 800 m. cunha pendiente de 4,6%. O principio é un río tortuoso, con fortes contrastes entre os sectores achaiados ou levemente ondulados e os fondos encaixados.

Por eso se fixo o encoro nesa zona de Albarellos.

Encoro de Albarellos. Río Avia. 1972. Ten  90 metros de alto e 285 m de ancho. Embalsa 90,7 Hm3, xa que tamén colle o Viñao por medio dunha canaleta dende Cameixa /Boborás). De tódolos xeitos ten instalada pouca potencia  59 MW para o grande que é e o moito que estropeou. O ano é de 114 GWh é a súa producción. Empresa dueña: Unión Fenosa Generación S.A.

Así era a zona onde se fixo o encoro, moi encaixada e estreita. Por eso se fixo...

 

Xusto por riba desta ponte medieval, a Ponte da Cruz,  hoxe medio desfeita,  desemboca o río Arenteiro no Avia. Foto de  Secundino Lorenzo. maio de 2012. A auga que leva dalla os ríos  Arenteiro e o Viñao, ese día o río Avia tiñao durmindo Fenosa-Gas Natural. Unha vergoña.

 

Río Arenteiro o que se ve a dereita da fotografía. De frente o río Avia, apenas sin auga ese día salvo a que lle daba o río Viñao a dos kms. máis arriba desta fotografía. Foto Secundino Lorenzo. maio 2012.

 

.- A partires da desembocadura do río Arenteiro a cousa cambia moito e faise máis chan, aparte que toma a dirección norte-sur. este feito permite os asentamentos humáns que hai actualmente.

Observar as voltas e reviravoltas que da o río Avia.  Esto é hoxe o encoro de Albarellos sacado do Google Earth. Pero a fotografía permite intuir como era o río na zona de Albarellos...

No mapa do Inst. G. Nacional de 1989, escada 1/25000 vese moito mellor, sin dúbida unha sinuosidade fora de serie.

O río Avia ten o índice de sinuosidade máis grande dos ríos galegos. Cousa curiosa.

Eu penso que deberan decir tiña...

.- O solo ten textura areosa capaz de absorver gran cantidade de auga no inverno. A zona pola que pasa presenta gran cantidade de paisaxes, como bosques de salgueiros ou salgueirais como un que hai en Leiro. Tamén bosques de amieiros ou samoeiros como se chaman en San Andrés: por eso o meu amigo e antiguo alumno do I.T.E.M. de Ribadavia,  Antonio Cajide, colleiteiro de viño do Ribeiro chama o seu viño  Sameiras,  en honor a estos bosques de ribeira convertidos en fincas de boas cepas que dan un viño dunha  gran categoría.

Beade. No fondo o río Avia. Fotografía de Mimiá. Na parte baixa predomina o viñedo. Enfrente Exposende e San Andrés.

Na fotografía panorámica de Enrique Rguez. "Qique" vese o viñedo e a igrexa de Beade. Espectacular,  como todo o que fai Qique.

Unha marabilla que non está lonxe do canle do río Avia.

.- No curso baixo predominan os viñedos e no alto árbores de tipo caducifolias, piñeiros e mato. O redor de Albarellos eucaliptos e piñeiros.

.- As súas augas foron moi ricas en troitas e tamén en salmóns. Hoxe moito menos. Por suposto o salmón xa non sube por culpa do encoro de Frieira, que na miña opinión foi un paso atrás xa que é o culpable de que non suba nin o salmón , nin as anguías, nin a lamprea e un longo etc.

.-O reximen é pluvial atlántico con certa degradación mediterranea, acusando un forte descenso  do caudal no verán a causa da estiaxe, o que da lugar a un reximen moi irregular. Esta degración ten o nome de efecto Föhn e está explicado perfectamente no libro de xeografía que poño na bibliografía.

Río Avia cun aspecto penoso. Fotografía de Xesús Fariñas 21/0972011. Unha entre moitas...

 

Desembocadura do río Avia no río Miño. Fotografía que aparece, completa,  no Dicionario Xeográfico, DX, editado por Xeogal  Publicaciones S.L. Poño dúas fotografías xa que o punto medio, da fotografía, coincidía co cosido do libro.

.- Hoxe o río Avia sigue cunha forte contaminación sin resolver. Moitas augas fecais van o río. Aparecen vertidos cada pouco.

 

Nesta fotografía sacada en maio de 2012 na Ponte da Cruz vese perfectamente ata que altura sube o río cando traballan as turbinas. Ver  a humidade do tronco da árbore ata onde chega. Metro e medio por riba da canle do río. Esto é un peligro auténtico...

.- O río sigue a subir e baixar continuamente, ademais de forma peligrosa. Fai pouco quedou illado un pescador en Leiro. Eu mismo quedei illado en San Cristobo e saín espido coa roupa, cana e cesta nunha man e chegándome a auga por riba dos ombreiros.

 

Río Avia en San Cristobo. Nese lugar hai unha insula no río que o divide en dúas partes. Pode verse na fotografía. Pois ben un día pescando do outro lado estaba tan baixo o río que estuven pescando dende ela o que é o cachón que sempre son posturas de primeira. O río que vedes subiu máis de un metro. En fin non quero nin pensalo... Salín espido e pensando que no peor dos casos nadaría e me salvaría...pero que mal o pasei!.  Ese é un problema grave que ten hoxe este río, entre outros. Fotografía Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Moitas veces o río Avia vai fora da súa canle. Neste caso na Quinza, xusto por riba da presa da fotografía anterior. Descoñezo o autor da fotografía.

.- Fixeron un couto libre sen morte dende Pazos de Arenteiro a Leiro.

Decir para rematar que o río Avia está pedindo a gritos  que se eliminen os vertidos e que se faga unha limpeza integral dende o encoro de Albarellos (que debe deixar un caudal moito máis grande e non o fío que sigue a deixar) ata a desembocadura no río Miño.

Evidentemente hai que facer o mismo cós ríos: Viñao e sobre todo o Arenteiro que é unha pocilga.

Logo facer unha repoboación con troitas autóctonas en lugares de fresas; a estudiar.

Controlar de outra forma as subidas e baixadas de caudal.

O problema da morte dos amieiros no río Avia é moi grande e grave, vín cantidade deles mortos dende San Cristobo ata Salón; algún xa caídos o río...

Resolver científicamente e non da forma que se está a facer o tema da morte de centos de amieiros.

Finalmente que ...¿como está o río Avia en maio de 2012?: a vista do anterior mal.

Bibliografía:

  "As concas fluviais de Galicia". Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López. Col. Patrimonio Ecolóxico 1995.

  "Os ríos galegos". Otero pedrayo . Ediccións  Castrelos. 1977

  Dicionario xeográfico ilustrado de galicia. Tomo II, Pax. 275.  Xeogal Publicaciones S.L. 2009.

Moi bon traballo sobre o río Avia de Adela Leiro e Mon Laporta en SidleShare. Merece a pena velo.

 

  Saír a Ourense Natural.                    Saír a Exaprin Ribadavia   

   

          O meu e-mail.