A IA está de moda.

Intelixencia artificial a tope.

(Secundino Lorenzo Fdez. Xaneiro 2025)

             

    Comentario sobre a IA.

De qué vai?. Como comenzou?. Que ferramentas temos?.

Algúns consellos?.

Oir  unha charla moi interesante de Jurgens Schmidhuber.

 

Vexamos as máis importante ou as que máis nos interesan:

 

   Chatgpt.-IA. Fai probas.

Comenza con esta ferramenta ou coa Deek Seek.

Aconsello nos dous casos empezar coa gratis.

Esta é unha das americanas. A gratis é bastante corrente, está a pararse cada pouco e molesta moito e a de pago resulta moi cara.

Curso máis profundo desta IA pulsa este link, son tres horas.

 

Deep Seek  IA China.

"Búsqueda profunda" é a tradución de "Deep Seek".

O grupo que a fixo é moi curto de persoas e estuvo dirixido por Liang Wenfeng.

Feita en China e moi distinta a outras IA onde gastarón millóns. Esta IA china é de código aberto, ou sexa pode entrarse, mellorarse, cambiala, e polo tanto sirve para programadores, etc. É de baixo coste, feita por un grupo pequeno e moi eficiente. Por exemplo no campo matemático é sorprendente, fai de todo.... É toda unha revolución. Por suposto multi-idioma, etc. O idioma é o primeiro que detecta, de tódolos xeitos en matemáticas pasa rápidamente ao inglés...

A Deep Seek témola gratis e tamén de pago. A de pago moito máis barata que a Chatgpt. A primeira é aproximadamente 50 veces máis barata que a segunda, sempre falando da versión de pago. Si unha vale 20 euros o mes a outra no chega 0s 0.50 euros. ¡Por eso están tan cabreados en EEUU!.  Por eso xa empezan a decir que copio da IAchatgpt...o clásico...

Ademais non desmerece nada, eu o que vexo, de momento é mellor.

Neste link tés unha explicación de como é e como se traballa con ela.

Básicamente ten tres partes, de momento : a xeral que responde de casi todo, outra dedicada a textos e una terceira a imaxes.

Entras na versión gratis tocando no título.

Date de alta, piden pocos datos, email  e pasword, mandan un código e listo. Logo si escribes en español xa pasa a español. Tamén o galego. Incrible.

 

 

    Gemini 2.0 Flash.

  Dicen que é boísima. Veremos.

Sacouna Google a finais de xaneiro de 2025.

Pulsar no link, Gemini 2.0 Flash. para entrar e usar a versión simple, as outras costan  25 € a ilimitadao mes e a versión pro 15 € .

Fixen unha proba con dous problemas de lóxica matemática, un simple, o problema dun caracol que quere subir, dende o chan, á un tellado de 10 m.  e quere facelo en tres días;  sábese que polo día sube 4 m. e pola noite dorme e baixa un. Subirá en 3 días?

E outro cun problema lóxico moito máis cumplicado: o do matemático que ten tres fillas e que pide que adiviñes a edade das tres sabendo que o producto das edades é 36, ademais a suma é o número da súa casa que llo dice nese momento. O final necesitas un dato e dallo decindo que a maior foi alumna do IES de Ribadavia.

Pois ben, o Gemini 2.0 Flash resolveu de forma correcta os dous exercicios.

Non estuvo mal.

Sorprendeume as súas explicacións de cada un dos pasos que fixo.

Seguirei investigando.

É a guerra das IA.

 

  Copilot de Microsoft. 

Este xa ven co navegador Edge. É máis simple e máis ven feito para os americanos;  pero tamén é curiosa.

 

 

Alia IA do goberno español.

Este é o primeiro IA español. Está en castelán, catalán/valenciano, galego, euskera e inglés.

Saíu o día 20/01/2025 a internet da man do Goberno Español. Estarei atento o seu desenrolo. Alia está programada polo Barcelona Supercomputing Center - Centro Nacional Supercomputación. (BSC-CNS).

A idea é excelente xa que sera de código aberto e potenciará os datos de España a tope, comenzando polos idiomas; inda que os temas de idiomas non hai problemas xa que están implimentados perfectamente nas dúas primeiras.

Decir que empezou a formarse no 2023 e polo que poiden ver está un pouco retrasada en como van as cousas.

Tendes un video en Youtube que fala de como entrar aparte de facer xuizos sobre esta ferramenta.

 

 

Por supuesto que estas non son as únicas: en internet tendes Claude e Perplexity entre outras.

 

 

---o---

 

Eu estou vendo a morte dos navegadores actuais...amén de outras cousas.

O cerebro humán é incrible, espero que algún día todo ó que están inventando e facendo sirva para loitar por facer un mundo mellor, un mundo habitable para todos e máis xusto. Sei que si se puxeran ao chollo podríase conseguir...Tamén sei que tal como vamos é un imposible e non temos perdón...

Creo na ciencia.

 

---o---

 

 

Outras curiosidades:

 

 

     Lee este artigo de elDiario.es "De los nativos digitales a la generación ChatGPT". 12/12/2024.

O paso dos "nativos dixitais" e dos "inmigrantes dixitais" de principio de século XXI ao de hoxe onde os alumnos entre 14 e 19 nun 82%  xa utilizan o chatGPT e dicen que os profes no se enteran?. Bueno... soame os anos 90 do século XX, nesa época eu fun "inmigrante dixitais e profe"...

 

  Estar o día en IA. Cursos e máis.

 

      volver2.gif (3482 bytes) Volver a volar en internet-1997.

volver2.gif (3482 bytes)Volver a Exaprin Ribadavia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pequeno comentario sobre a IA.

 

Como sabedes, esta de moda, a IA ou Intelixencia artificial. Naceu polos anos oitenta da man de dous físicos Jhon J. Hopfield e Geoffrey E. Hinton e os seus descubrementos no campo das redes neuronais, aplicadas a programación fixo moito pola IA. Por aquelas xa levaban os ordenadores unha boa chea de anos funcionando, gracias sobre todo a Jhon Von Neumann (1903-1957)., o mellor matemático do século XX e probablemente da historia.  A España inda non chegaran os PC. Lembro, por aquelas xa estaba eu e máis un compañeiro, Alfonso Amorín Gómez,  facendo programas de ordenador, comenzamos en 1983, e non había nin disco duro e o sistema operativo era o CPM. Por certo Alfonso Amorín é hoxe un gran empresario e a súa empresa Edisa, con mais de 250 traballadores,  ten software en todo o mundo.

Foron premios nóbel no 2024, uns científicos nº 1, fora de serie que por certo xa están preocupados coa IA e os derroteiros polos que vai. Están asustados. Un deles ata deixou de traballar en Google e dedícase a pedir que se lexisle e que non se desmadre  a IA. Están convencidos de que a IA superará a calquer human. O uso debera limitarse e lexislarse...Pero xa sabemos a frase "Para el progreso no hay cura". A frase é de Von Neumann. El vió que se estaban sobrepasando os límites.

Decir,  xa que é de xustiza,  que en Europa destacou e destaca inda un científico que fixo moito pola IA, o que pasa que soa menos que os anteriores que son americanos, este é Jürgen Schemidhuber. Un home que hai que escoitar e que fixo moito. Dende esta humilde páxina, xa digo, fágolle un pouco de xustiza.

Jürgen Schmidhuber (1963-)

No apartado de ampliación poño unha charla maxistral divulgativa que deu non fai moito en España. Non deixedes de oíla os que estedes interesados neste tema. Sempre se aprenden cousas, máximo nun campo no que hai moito descoñecemento.

 

O caso é que hoxe estamos xa na IA e que calquera de nosoutros pode facer probas xa con algúns programas, por exemplo co chatGPT que de momento ten unha versión gratis e que podedes localizar neste link chat.openai.com simplemente dádevos de alta, meter un email e un password, algúns datos de nombre e estado e a facer preguntas.

Tamén coa IA publicada por Microsoft, a copilot que ven sendo unha cousa parecida. Copilot vai asociada ao navegador de microsoft  edge.

A esta éntrase con https://copilot.microsoft.com

Levamos uns cantos anos e cada vez será máis potente. De momento, facer probas, veredes como vos sorprende, sin lugar a dúbidas.

Pois contar unha pequena anécdota de por onde van os tiros actualmente. Sempre me gustaron estos temas, pola miña condición de matemático tiña certa facilidade e por outra banda estuven moi relacionado durante 17 anos co mundo da programación. No fondo a IA é programación pero cuns algoritmos incribles que se ensinan a si mismos. Pensai soio un exemplo,  hoxe un ordenador gaña a calquer campeón de Xadrez; inda que é certo que non gaña a algúns campeón do xogo GO, de momento. Pero si interesa todo se pode andar...

 

Debedes probar a ChatGPT e tamén o copilot

 

Algunhas ideas sobre a  ChatGPT-IA

 

 

Tendes que probar o chatGPT é moi doado, basta seguir estos pasos.

Por certo GPT son as siglas de "Generative Pretrained Transformer" (algo así como un tranformador que xenera cousas, como textos, preentrenado previamente).

Comentario sobre o chatGPT e outros sistemas de IA:

Seica está desenrolado por Open AI e evidentemente está cargado de textos de páxinas de internet e os seus algoritmos, a partir das páxinas, xeneran frases e respostas. Eso é todo. Ven a ser ó que eu lle dixen a un amigo xa fai un ano ou así...é programación pura e dura. A clave está nos algoritmos de xeneración a partir dos input ou datos que lle metas. Chegará a buscar cousas novas a partir delas? Ese é o seu obxectivo...o que pode chegar seguramente usando, ordenadores moi potentes, e  a teoría de probabilidades e polo tanto as matemáticas...

 

Vamos coa versión gratis:

 

1.- Abrir a web

chat.openai.com

 

 

2.- Date de alta.

      Pedirache a túa  conte de email e un password de 12 caracteres.

       Confirma a túa conta de correo.

 

3.-Entra e vai aprendo pouco a pouco.

Podes usar moitos idiomas, dende logo o español, o galego, inglés, francés e outros.

     Podes entrar calquera pregunta, ó que a IA chama un prompt.

Eu metinlle un díficil:

           ¿Qué sabes de palabras dun dicionario fluvial?.

            Deixoume coa boca aberta, fun con palabras complicadas e defendeuse moi ben. Incluso fixo frases bastante inxeniosas. Por suposto tamén escribiu tonterías , trivialidades e estereotipos (tan de moda hoxe).

             E todo no idioma galego.

Pregunteille tamén sobre Alberguería e A Veiga, en Ourense claro,  e sabe cousas. tamén inventa e as veces mal...

 

Ponllo dificil, busca un tema que domines, ou creas que dominas e pregúntalle.

Cumple unas condiciones lógicas:

      .-Pón as cousas claras, precisas e con poucas palabras

          Sempre podrás decirlle que amplie ou clarifique ou simplifique.

        .- Tamén lle podes indicar o tamaño das respostas, por exemplo "dime 10 cousas de Alberguería na Veiga".

       .-Non seas ambiguo.

.- Os novos "nativos dixitais" encántalles escribir:

"Explícame de que vai xxx para tontos"

A versión que aparece gratis é a 3.5 en decembro de 2024. Esto vai como un tiro, seica están xa na 4.0 na de pago.

Normalmente ao levar uns cantos datos párase. Avisate para que compres a versión de pago... dille "se ha cortado" e  seguro que te deixa seguir.

Xa saliu a  versión 4, como dixen.

Está claro o que están a facer, a pouco que se coñeza un pouco a programación e se pense...simplemente"

A versión de pago, que é infinitamente mellor vale 20 € ao mes.

Si queres ampliar estos datos escoita este youtube.

E ponte a investigar.

Microsoft xa sacou a súa versión similar, chámase  Copilot de Microsoft.  Non me gusta tanto, vese que non estaba por ela e non lle quedou máis remedio que meterse. Google peligra e outros buscadores tamén.

 

Oir una charla moi interesante de Jurgen Schmidhuber.

Jürgen Schmidhuber (1963-)

Jürgen Schmidhuber , naceu en Munich en xaneiro de 1963, é un informático alemán. Actualmente é o director científico de IDSIA, que é un instituto de IA en Suiza.

Traballou no campo da IA en AP, aprendizaxe profundo e con redes neuronais artificais. Moitas veces fálase del como o "pai da IA europeo" ou "pai do aprendizaxe profundo".

Fórmouse en Alemania.

A súa charla resulta moi interesante sobre todo pola resposta a preguntas  sobre ó que está a pasar actualmente coa IA.

Aquí podemos enterarnos por onde vai o uso da IA sobre todo en Mediciña, medio ambiente e outros. Tamén polo que falou da LSTM ou Memoria larga a corto plazo, dando ferramentas para saber por onde van os tiros con preguntas como " Diabetes e LSTM" que se poden facer en Google, facer a proba e podedes ver a cantidade de traballos que hai sobre este tema; é un exemplo. Uso e posibilidades dos robots, a sustitución de robots por xente que perderá o empleo, neste punto é optimista xa que opina que haberá moitos traballos que os robots nunca poderán facer, puxo o exemplo das mans, as nosas mans, que nunca serán superadas e outras moitas cousas curiosas. Merece a pena escoitalo.

Un neno de dez anos preguntoulle por onde irán os tiros da ensinanza no futuro, que lle aconsella que estude; por suposto ter una información científica da física e das matemáticas e todo aquelo que implique o uso das mans e determinadas habilidades relacionadas con elas. Unha frase moi interesante: " ningún robot pode ter un mellor mecanismo que as nosas mans"

A charla é moi recomendable. Nótase as tablas que ten, como coñecemento e como profesor.

Pulsar este link para escoitar a charla. Ollo que  dura unha hora, pero merece a pena e lévase ben pola importancia que ten.

Neste link tendes un artigo de Eldiario.es sobre Jürgen e a controversía que hai sobre a aportación europea na IA deste científico e a aportación americana. Xa sabemos o que pasa.

 

 volver2.gif (3482 bytes) Volver.