Neste
dibuxo pode verse a D.O. Vinho Verde e as súas
subzonas, a nosoutros interésanos a subzona Melgaço e Monçao que en
vinos blancos utiliza
preferentemente as cepas Alvarinho, Loureiro e
Trajadura (as equivalencias na parte dereita do
Miño son evidentes). Nos tintos utilizan
Alvarelhäo (típica do norte de Portugal,
descoñezo a equivalencia, Borraçal (equivale o
caíño tinto), Pedral (equivale a la dozal) e Vinhao
(típico viño tinto é o que mais se bebe nas
casas, sobre todo con comidas fortes... equivale
o Sousón).
Observar
no dibuxo que na parte esquerda da subzona de
Melgaço e Monçao non pon nome. Nesa zona que colle entre outros pueblos
Valença, Vilanova de Cerveira e
Caminha algunhos viños estan na D.O.C. denominación de
orixen controlada (sin ser vinho verde ten
unhas condicións específicas en canto a cepas e
vendimas), tamén, a maioría, no Viño Rexional do Minho IGP
(con normas menos estrictas que o anterior) ou
finalmente son Vinho de Mesa.
Vou poñer dous
exemplos de bodegas da subzona de Vinho Verde,
Melgaço e Monçao, hai centos delas e todas
moi cuidadas e presentables; o feito de escoller
estas dúas pola miña banda é moi simple de
explicar a primeira ten en internet unhas
fotografías marabillosas e está a carón do río
Miño en Melgaço. Sei que fai un alvarinho fora
de serie, seino por oidas... Non coñezo a
bodega e non descarto visitala.
A segunda é
unha bodega moi coñecida polo que escribe,
trátase do Palacio de Brejoeira, está situada en
Monçao e tamén fai un Alvarinho fora de serie,
seino xa que sempre que visito esta bodega traio
un par delas de alvarinho e unha de augardente
vella...sensacionais..

Fotografía sacada dunha
finca da Bodega Viño Alvarinho da Quinta do Louridal,
coa marca
Poema,
en Monçao Melgaço Portugal.
Descoñezo o autor da fotografía. O tipo de
fotografía que busco é precisamente este, que se
vexa a relación deste viño e o río Miño e non descarto ir a zona e
sacar as miñas fotos.
A situación
desta bodega, en Melgaço, está indicada no mapa, pódese chegar de forma doada:

Mapa de situación da bodega.
Ver norte de Portugal a carón do río Minho.

Fotografía sacada dunha
viña da Bodega Viño Alvariño da Quinta do Louridal, coa marca
de viño Poema,
en Monçao Melgaço Portugal.
Descoñezo o autor da fotografía.

Otra fotografía
da viña anterior. Descoñezo o autor da
fotografía.

Uva blanca.
Notas sobre
os vinhos verdes:
(Resume sacada
da páxina web Dos Vinhos de Portugal. Por qué
vinhos portugueses? )
Os
vinhos portugueses en xeral:
Na páxina
fala en xeral dos viños portugueses seguindo
a Rui Falcäo, que é o autor da
principal publicación sobre os viños
portugueses, del é a frase "os viños do
meu pais teñen unha coisa de diferente do
restante do mundo: tudo".
Efectivamente son distintos: a herencia
xenética, mais de 250 variedades de uva;
a súa especialización nas mezclas,
sacando o mellor de cada viño, de forma que
a mezcla é mellor que o viños monovarietais
e finalmente una característica son as
prácticas de viñas misturadas de varias
castas e tamén a pisa a pé das uvas. O
anterior hai que unir a xeografía,
oceano Atlántico por un lado coa chuvia e un
clima mais variable e a influencia
continental que trae o oposto. Según Rui
Falcäo "quizais Portugal sexa o pais coa
maior diversidade de vinhos por metro
cuadrado do mundo".
Vou aquí
contar unha pequena anécdota, un detalle que
me pasou nunha das miñas viaxes ao norte de
Portugal, do que teño que decir que estou
namorado dende os primeiros anos da miña
vida. Foi en Caminha onde visitei entre
outras cousas un restaurante marabilloso,
Casa Amandio, dos
moitos que hai e que sorprende xa que,
aparte de comer fora de serie, ten
unha decoración con moitas lembranzas en
forma de cadros, fotografías e libros,
moitos deles dedicados ao vinho. Poño unhas
fotografías e unha estrofa que ven a conto,
falando de viños:

Este é a
portada do libro; nada menos que do gran
poeta Fernando Pessoa, O libro
leva por título "Cançoes de
beber"

Pero,
vamos os Vinhos Verdes:
Ollo
con pensar que o vinho verde débese a cor
verde dos campos e leiras do norte;
nada de eso, de feito dentro do vinho
verde hai blancos, tintos, rosados e
espumosos, queda claro...o nome de verde
ven do século XIX e débese a conxunción do
clima e das antiguas técnicas de facer viño
das viticulturas locais...técnicas que
condicionaban a maduración das uvas. Ou sexa,
eses viños chamáronse Vinhos Verdes xa que
efectivamente eran feitos de uvas verdes.
As
características principais destos viños
son de moita acidez, levemente
efervescente o que se di viños de agulla, e
xeralmente baixos en grado de alcohol (as
veces baixan do 10%). Aroma de
mazá verde ou pera. Son viños que baixan moi
ben.
A
maioría dos viños verdes son blancos. En
todas as subzonas que hai que son 9 (Monçao
e Melgaço, Lima, Cávado, Ave, Basto, Sousa,
Amarante, Baiao e Paiva) permítense 32 variedades de uva blanca para
a DOC, as mais comúns Loureiro,
Arinto (coñecida como Pedernä), Trajadura,
Avesso, Azal e Alvarinho. As mezclas
máis comúns son Arinto/Loureiro/trajadura e
Alvarinho/Trajadura, esta sobre todo na
subregión Monçao e Melgaço, onde o viño
acostuma a ter característica mais maduras,
con grado alcohólico de 12%, mais seco, con
menos agulla e aromas de pésego e nectarina.
Son viños para consumir no ano.
Hai tamén
o viño verde Adamado cun grado de
azúcar residual, azúcar da misma uva,
ou sexa son clasificados de semi-secos
importante.
O viño
máis nobre desta DOC é o Vinho Verde
alvarinho, da viños moi bons con certa
duración.
Tamén
hai por suposto Vinhos Verdes Tintos. A
disminución deste viño é ano a ano, ou sexa
cada vez faixe menos, a xente demanda os
blancos , son secos e con bastante acidez,
taninos e agulla. Hai 22 variedades
permitidas na DOC.
Tamén
Vinhos verdes rosés. Aquí a variedade
preferida é o Espadeiro Normalmente tira o
sabor a frutas como morango e frambuesa.
Tamén
Vinho Verde Espumante Feito polo
método tradicional cun mínimo de 9 meses en
garrafa. A categoría reserva ten un mínimo
de 15 meses.

Uva tinta.
Fotografía de Secundino Lorenzo.
Outra bodega da zona, e tamén moi
singular pero non está exactamente a carón do
río Minho, soio a 4 km., recomendo visitar esta bodega e ver o
Palacio de Brejoeira e tamén as bodegas
antiguas, as novas non se poden ver, ou polo
menos non as enseñan na visita normal ao público. Pola miña
banda xa fixen bastantes visitas a ela e non
descarto algunha máis, merece a pena. Bon viño
Verde nesta caso Alvarinho, e boa, eu diría
excelente, aguardente
vella.

Palacio de
Brejoeira onde está situada a Bodega deste viño
verde. Fotografía Secundino Lorenzo.
O Palacio de
Brejoeira está situado na freguesía de Pinheiros,
no municipio de Monçao, apenas a 4 km. de Monçao.
A data de construcción é 1834 e no 1910 foi
declarado Monumento Nacional. O arquitecto foi
Carlos Amarante. En principio o dono foi Luis
Pereira Velho de Moscoso. Foi vendido varias
veces ata que en 1937 comprouno o Comendador
Francisco de Oliveira Paes para ofrecerllo a su
filla Maria Hermínia Silva
d’Oliveira Paes, nacida em 1918. Foi
esta quen reestruturou a propiedade e procedeu
à plantación e comercialización do prestigiado
viño Alvarinho, “PALÁCIO DA BREJOEIRA”. Fue en
1976 cando se lanza a marca "PALÁCIO DA
BREJOEIRA”.
Em 1964 a Señora Dona Maria
Hermínia d’Oliveira Paes aconsellouse do
enxeneiro Simões de Vasconcelos,
iniciando nese ano, coa asesoría deste na
vinicultura, a plantación das primeiras
hectáreas de viño Alvarinho. Contou mais tarde
có apoio do Enxeneiro Agrónomo Amândio Galhano,
na enoloxía.
Xa en 1974 a Señora Dona
María Hermínia d’Oliveira Paes construe unha
adega con todas as condicións necesárias para a
produción de viño Alvarinho e dous anos mais
tarde, en 1976, o seu soño vese realizado o
lanzar “PALÁCIO DA BREJOEIRA” Alvarinho,
embotellado en orixen. A casa xa tiña bodega,
pero ela sin desfacer a vella bodega fixo unha
nova.

O interior do Palacio é espectacular: dende a
entrada que se ve na fotografía, pasando pola
biblioteca, os dormitorios, o comedor, o
salonciño de espectáculos... etc.Merece a pena
velo. Fot. Secundino Lorenzo.
Maria Hermínia d’Oliveira Paes
viviu na área privada do Palácio ata o seu
falecemento que ocurriu en decembro de 2015.
Lembro a visitar este Palacio algúns anos antes
desta data e ensinaban as dependencias onde ela
non vivía, lóxicamente.
Este palacio pode visitarse en
días dende a 4ª feira (o noso mércores) ata o
domingo e horarios das 9:00 , as 12:30 , as
14:00 e as 18:30. Merece moito a pena, é
espectacular todo, a casa, os xardíns, a bodega,
o lugar...
Equivalencia de Portugal
a Galicia dos días da semán:
1. Domingo
o domingo en galego
2. Segunda-feira o luns.
3. Terça-feira
o martes
4. Quarta-feira
o mércores
5. Quinta-feira
o xoves
6. Sexta-feira
o venres
7. Sábado
o sábado

Palacio de Brejoeira. Fai anos
podíase dar unha volta a finca montado nesta
carrilana de cabalos. Observar nas fotografías,
de máis abaixo, que hai un camiño ao redor
da finca Breijoeira. Fot.
Secundino Lorenzo.