O
río Miño, Minho en portugal, é o gran protagonista da
desembocadura deste río en Camposancos (A Guarda-España). A
fotografía está feita dende a Praia do
Muíño, en España, e tendo enfrente o pueblo
portugués de Camiña, Caminha (en
portugués).

O lugar é
incomparable, e con moitos misterios?: que hai que
ver in situ.
¿Por qué o río Miño non forma ría,
sendo o río máis grande de Galicia?.

¿ Por qué neste lugar, as veces, non se
ve o río e outras veces si?. Cando non se ve, ¿por
onde vai o río?
Todas estas preguntas teñen resposta
na miña páxina sobre o Pai Miño; na que podedes
entrar simplemente escribindo:
paimiño.es
en
calquer navegador.

Nesta fotografía, un trociño de video
que se pode ver a continuación, o río Miño
parece que non existe, xa que non se ve...

Nesta outra que
podedes ver, no video vese perfectamente, o río Miño desplazándose cara o mar. Evidentemente as
mareas teñen moito que ver con estos fenómenos
misteriosos?
Podedes
ver este video, onde explico ó que pasa nun e
noutro caso, tamén o tema de por qué non formou
ría.

Esta é a desembocadura
do río Miño, en frente Moledo e o Forte da Insua que é de Portugal.
Fálase da raia
mollada. Por onde vai esa raia?.
Por que as ondas rompen polo
medio da fotografía?.
Ver a seguinte fotografía.

Nesta fotografía vese perfectamente
as ondas rompendo na zona, hai ondas no medio, e non hai rochas no medio, si nas beiras.
Cal é o misterio?...

Probablemente esta zona teña as
postas de sol máis bonitas de Galicia.
Soio me falta
ver un ano destos o raio verde, sei que ó verei...Tendes
na miña páxina sobre o Pai miño un artigo
falando deste tema e poñendo fotografías, pero
as do raio verde non son miñas...Ando detrás
dese raio verde e neste lugar penso que un día
poderei fotografialo.

Si miramos que fai o sol ao poñerse,
pero nas rochas do outro lado, vemos esta
marabilla. A desembocadura do noso Pai Miño entre
Portugal, enfrente a praia de Caminha e a
dereita Moledo e o Forte da Ínsua, e deste
lado o coiñal de "O Puntal", que
está en Camposancos (A Guarda-España).

Por si todo ó anterior fora pouco
xunto a praia do Muíño sae unha senda sensacional, a
Ruta da desembocadura do Miño, que permite ir ata A Guarda, aproximadamente 4 km,
onde aparte de contemplar ao mar, hai un montón de
cousas marabillosas:
Un piñeiral castrexo, multitude
de salinas (algunhas romanas), zonas antiguas de pesca (cercados de pedras, pesqueiras naturais), por suposto posturas de pesca de lubina e
outros peixes a dar e tomar, Tamén unha zona
de moito percebe, muíños de vento, zonas de
cabalos, o xeisal (conxunto de seixos (pedras) cantos
rolados con moita historia e misterios), antigas
cetáreas, como a do Grelo, unha
vexetación de litoral única, cantidades de aves e moitas máis cousas. Todo un entorno para disfrutar
camiñando e mirando as cousas con placer e de
momento respirando un aire único.
Para a miña
familia á mellor senda litoral de Galicia e mira
que temos moitas e fora de serie.
Todas estas cousas podédelas ver
nesta páxina, onde
escribo sobre a Senda Litoral.
Esta senda pertence a Ruta da desembocadura do
Miño.
Si a
todo ó anterior lle sumamos, a tardiña, a
degustación dunha queimada, nun lugar que permita
falar, recordar e pensar en todo ó anterior, temos
completo o día; aparte de chegar a conclusión de que
fan falta moitos días para degustar e ver
todo ó dito pero de vagar, sin correr e
disfrutando...

Na fotografía os meus amigos, Juan,
Juan Andrés Conde Ferreira, facendo a queimada con moito estilo, e facendo o duo
con outro gran amigo Julio, Julio Ortega Pérez,,
facendo o conxuro da queimada, un home que leva anos,
moitos anos, disfrutando de todas as marabillas
desta zona e destos lugares, un namorado de Galicia. A verdade é que non
falla a súa visita a este lugar todos os anos, normalmente xullo, e vese que disfruta dabondo...Inda por riba é
capaz de facer, con sobresaínte, esta interpretación do conxuro da
queimada con todo tipo de detalles e nun perfecto galego. É de
agradecer e admirar. Este home, que non é galego,
sinte esta terra e nótase.
Julio dice que "Galicia é o
amor" e así está todo dito do que sinte pola
nosa terra.

Ver
o video completo
...
Pequeno anaquiño do conxuro da
queimada:
...E cando esta brebaxe baixe polas
nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,
a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean
fóra,
participen con nós desta queimada...
...
¡Grazas os dous! e ¡Noraboa amigos!
--o--
Nota tristemente engadida a todo o anterior,
en Ourense a mes de xaneiro de 2026:
Sentimos de verdade, esto escribou
no nome da miña muller Pilar Aira e da miña filla
María Lorenzo e mais eu, que o día 11 de xaneiro do ano 2026, nos deixara de forma totalmente
imprevista, o noso amigo Juan,
Juan
Andrés Conde Ferreira, D.E.P.
; sabemos pola súa muller, outra gran amiga
Nati, Natalia Martinez
Fajar, que nos deixou sin avisar, dunha forma
como si se quedara dormido, pero non...A sorpresa
foi maiúscula e estamos moi
apenados...Unha gran persoa, xoven, moi vivaz sempre,
servicial, amigo dos amigos, un gran profesional que
sempre nos atendeu moi ben e con cariño no Hotel El
Molino de Camposancos na Garda, na desembocadura do
río Miño...
Sempre ó botaremos de menos.
Donde estés amigo recibe unha gran
aperta e o noso maior dos aprecios e cariño.
Para a súa muller e a súa
familia un gran abrazo e o noso mais sentido pésame.
Hoxe, dia 12 de xaneiro de 2026, estaremos con
ela na Guarda, despedindo ao noso amigo Juan
que sempre estará no noso corazón...

Amigo Juan, onde estés,
estarás sempre no noso corazón.
¡¡¡Grazas amigo!!!