MINICENTRAL no río UMIA e van...

SIGUEN AS MINICENTRALES EN GALICIA,  en Abril do 2007.

Non a central Laxe -Ermida.

A central Laxe-Ermida en construcción actualmente, abril do 2007 afecta os concellos de Cuntis e Moraña que nin tan siquera presentaron alegacións...e son do PSOE. A central foi concedida polo goberno Fraga nos últimos suspiros... Dende logo o río Umia ten que estar agradecido e moito o goberno do P.P. que tanto defendeu a Cortizo Hiudroeléctricas no encoro de Caldas e inda por riba habilitou esta central de Laxe-Ermida.

O río Umia é unha auténtica vergoña. Está maldito dende 1995.

Non fai moito, era o único río galego (dun certo caudal) que estaba limpo de presas e minicentrais dende o seu nacemento ata o mar.

Hoxe ten:

O encoro irracional, non necesario, mal construido, con moitos informes en contra e que dará máis dun disgusto no futuro: o encoro de Caldas de Reis, que naceo como a panacea de resolver todos os males,  e o final  que soi vale para encher as arcas de Cortizo Hidroeléctricas. Nin vale para parar as enchentas de Caldas nin vale para dar auga a zona. Unha cacicada auténtica.

A central de Arca-Sevil feita no 2003. Seica é de Hidroeléctricas Engasa, a misma que deixou o río Barbantiño sin auga e morrendo as troitas o 11/11/1998.

E agora esta que están a facer,  a central de Laxe-Ermida que lle da a puntilla. Seica a fai TAGSA Hidroeléctricas. Outra máis...

Realmente esto non é normal, e menos nunha Galicia onde se fala de acondicionar e respetar os ríos o máximo.

Confeso que non sabía nada, e moito menos que a Empresa Hidroeléctrica Tagsa estaba a desfacer unha parte do río que é sin dúbida a mellor do río Umia.

Non se entende como os Concellos da Zona non fixeron alegacións e se puxeron en contra impidendo esta desfeita. Efectivamente debe ser das poucas en Galicia que van para adiante.

Tampouco entendo a calada de moita xente que dice que traballa polos ríos galegos, e consinte estas desfeitas, realmente é para chorar.

 

Outra información básica desta desfeita:

 

Umiavivo. (pps  de 4.367 Kb)   Mira ou baixa este PowerPoint, con información do que pasa no río Umia.

Mira tamén esta carta, a favor do río,  de Fran Ameixeiras

 

Fotografías marabillosas da zona.

 

...............

Nota: as fotografías son todas da zona onde se está a facer a central. Unha zona cunha riqueza ambiental e etnográfica fora de serie e que quedará arrasada por camiños, carreteras, desmontes o río, canles, pouco caudal, subidas e baixadas de nivel e todo o que leva consigo una minicentral nun río deste estilo. Moitos kms. desfeitos e ningunha rentabilidade para a zona que por certo presume de ter Uns ríos sensacionais, e unha marca de calidade basada nos ríos...

..................

... En calquera outro lugar cunha mínima cultura ambiental, este entorno moi ben podera haber sido –tras unha posta en valor axeitada-, un gran parque natural fluvial da comarca. Os própios valores do Umia sí serían a verdadeira “marca de calidade" dun territorio que “presume” de ter os ríos como bandeira. Un entorno ecolóxico que aínda é fogar dunha das últimas colonias europeas de mexillón de río (“margartífera margaritífera”), da troita, da londra, do martiño peixeiro, do merlo rieiro, da garza real, de miñatos, de mouchos...
Todos eles compoñen un entorno natural irrepetibel que xunto cos seus singulares elementos etnográficos conformarían unha pequena mostra do que hai apenas 10 anos era o hábitat inalterado do derradeiro río galego que aínda baixaba ceibo cara o mar ...

Fran Ameixeiras.
 

--------------------------------------------------------------------------------------

Última hora: 26/04/2007

 

Fotografía do 26/04/2007. Ver como vai o río Umia, non quero nin pensar como vai ir si se fai a central. Quedará para o arrastre...

Sei que o día 27/04/2006 había unha reunión da Asociación O Arrieiro para tratar temas relacionados con esta central, estarei atento ó que pasa.

Por certo si alguén se quere dirixir a esta asociación para mostrar a súa solidaridade có río Umia, e en contra desta central irracional e sin pes nin cabeza,  este é o correo oarrieiro@gmail.com

Estas eran as obras o 26/04/2007. Os desmontes siguen a gran ritmo, desfacendo a zona.

Piscifactoría que tamén se verá afectada pola central, augas abaixo. Sei de vou tinta que recurriron pero non houbo nada que facer. Teño constancia de que a piscifactoria non afecta en absoluto o río e cumple as normas.

Decir que este recuncho está aberta a toda aquela xente que mostre a súa disconformidade con esta central que repito, non ten pes nin cabeza a facela no río Umia,  nin en ningún río de Galicia.

¡Xa está ben de fastidiar os ríos galegos,   que son un patrimonio de todos, con empresas privadas que enchen o bolsillo de unhos poucos, non crean postos de traballo, no supoñen nada de aforro enerxético e inda por riba as subvencionamos, e por último estropean de forma irreversible o futuro turístico dunha zona marabillosa!.

saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carta de Fran Ameixeiras reivindicando o río

Por un Umia vivo

 

Unha vez máis parece estar a piques de consumarse unha nova desfeita ambiental no Umia. Aínda que semellaban correr novos tempos en canto a conservación e sensibilización social cara os nosos ríos: paralización de proxectos de encoros e minicentrais, esixencia de contraprestacións pola perda de valores ambientais, lei dos ríos… En moitos lugares de Galicia as cousas semellan ir igual ca antes, é decir, a pior. Primeiro foi o desastre causado polo infame encoro de Caldas (2001), no que as supostas augas que ían abastecer o Salnés choquean hoxe putrefactas e cheirentas en tons verdosos namentras no Grove seguen aturando fallas no suministro por non ter feito aínda as obras que de verdade se precisaban (estacións de bombeo e depuración, depósitos de almacenaxe), despois veu a desfeita causada pola central de Arca-Sevil (2003), nun tramo do río entre a Estrada e Cuntis. Neste caso o río morre non tanto polo asulagamento da presa –máis baixa- como pola desecación case total sufrida polo desvío do caudal ó longo de varios kilómetros. O primeiro tramo desaparecido non era suficiente para os especuladores, quizais porque había que dar algún “premio de consolación” a aqueles que quedaron fora da adxudicación a dedo do “salto grande”… así que, despois do salto de Caldas e o de Arca-Sevil, veñen agora polo salto de A Ermida-Laxe, por parte dos denominados “Técnicos Asociados Gallegos”, que rematarán de comerse o pastel, e dicir, o noso “Río Grande”, que supostamente debía ser de todos… A adxudicación na última hora do goberno en funcións da anterior Xunta engadido ó insólito silencio nos concellos afectados de Cuntis e Moraña,- que non presentaron recurso ningún ante a desfeita que se aveciña-, fixeron o resto, a pesar do novo tempo político e dos informes de impacto ambiental fraudulentos que nunca recolleron o impacto real de dita obra. A longa e reciente historia veciñal na defensa do Umia non pareceu influir moito para evitar a fonda vontade de non facer nada ante a consumación deste novo crime ambiental - do que xa se perpetrou o levantamento de actas-, e que remataría co último recuncho ceibo do río entre a cola do encoro e a central de Sevil, un tramo, que de existir unha mínima sensiblidade ambiental por parte da clase política local e autonómica que corresponda, podería ser moi ben un auténtico parque natural intermunicipal… polos seus valores ambientais (fauna “protexida” coma a londra e o mexillón de río aínda contan con poboacións na zona), paisaxísticos ( pozas  e fervenzas coma as do “O Pozo Negro” ou recunchos coma “O Tombello”, entre Laxe e A Ermida), etnográficos (muíños do Castelo, da Cadela, da Ermida, a ponte das Xurreiras,…), arqueolóxicos (A Torre dos Mouros de Sevil) e mesmo os recursos piscícolas  (piscifactoría morañesa de “Troigasa” e cotos troiteiros). Un entorno natural que, ben coidado e xestionado, podería ser o motor dun desenvolvemento sostible no plano ecolóxico e cultural nos nosos concellos. A cambio, temos que aturar o último e definitivo “tiro de gracia” ó noso río, que únicamente servirá unha vez máis para aumentar as contas correntes duns poucos. De non facerse nada para frear esta desfeita, esta comarca que dín do Ulla-Umia e que ten a auga coma bandeira, vai quedar definitivamente orfa de ríos e de augas limpas e cantareiras.

Francisco Ameixeiras Sánchez. DNI 36112987-C

 

Volver.