O río Lonia tocado de morte.

Loitar por uns ríos vivos, non mortos. Está é a razón da páxina.  Non é a primeira vez nin será a última, o río Lonia sufre de todo...

No encoro de Castadón unhas obras incribles e inda por riba ilegais.

Na zona baixa unha tala incrible de árbores, sin pes nin cabeza.

Coñecer a  vida dos ríos é unha forma de amalos.

    O río Lonia, un río maltratado nós últimos anos.

Xaneiro do 2007

 

  Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Denuncia do río Lonia: están a facer o que lles da a gana.

Así estuvo non fai moito o encoro de Castadón.

  

O rio Loña é afluente do Miño pola esquerda e xuntase a íl en Orense.

 

Antecedentes I (Abril 2006):

(Sacado da Páxina web Amigos da Terra que denunciou a desfeita)

(Obras denunciadas por Manuel Fernández Vázquez.)

 

Ata agora abastecía de auga potable a cidade, pero fai unhos anos non tiña caudal suficiente e puxeron un bombeo dende o Miño.

 

Ten unha concesion masima de 150 l/sg. sempre que se respete a ley de pesca fluvial e non se interrumpa a corrente de auga, augas abaixo da presa.  Pois o caso é que non hai un caudalimetro que o controle ,según a C.H.do N. porque :"non é necesario" e o rio pasa mais da mitá do ano sin auga.

 

E agora entre o Concello e mais a empresa concesionaria da auga están a poñer unha tuberia de 700 mm. pra sustituir outra de 500mm. (o doble de seución) "co fin de aumentar a captaciónde auga" segun a memoria do proieuto , pero é que a Confederacion non se da por enterada de isto e contestame "obras que no hacen presuponer un aumento de caudal a extraer". Cando lles pido que me digan cal é o caudal ecoloxico, non me contestan.

 

Levan a obra por unha carballeira clasificada como SF_PF e SF-PEN, e cando lle o comunico a Politica Territorial, contestanme que van abrir unha informacion sobre o tema, pero xa pasou caseque un ano, e ainda non resolveron nada, resultado: a carballeira desfeita e por toda ela unha pista de 8 metros de ancha.

 

No embalse de Castadon destruiron toda a vida que habia, pos leva vacía mais de un ano, e a obra de formigón que vedes feita, non está no proieuto. Por outra banda teñen aprobada outra obra que consiste en bombear auga dende o Miño ata o tramo medio do Barbaña, pero eu sospeito que se vai fager un trasvase encuberto do Loña o Barbaña posto que o desnivel o permite e aforrarian o bombeo.

 

  Ambalas duas obras foron proietadas, concedidas e esplotadas a mesma empresa.

 

----O----

 

A responsabilidade dos feitos parece recaer na empresa Aquagest.
A Confederación Hidrográfica do Norte decidiu por dúas ocasións incoar expediente sancionador contra esta empresa e, recentemente, acordou impor unha sanción por importe de 450 euros así como o requerimento de que en 15 días restitúa o cauce e a zona de servidume do río Loña ó seu estado primitivo e, para que no mesmo prazo, repoña a zona de policía do río, sen que a día de hoxe haxa constancia de que a empresa levara a cabo a imposición legal fixada.

A denuncia foi feita por:

Manuel Fernández Vázquez.

 

 

 


----O----

 

 

Antecedentes II (Xunio 2006):

(Sacado da Páxina web Amigos da Terra)

 

A día de hoxe as obras están paralizadas dende fai mes e medio, xa que a Confederación Hidrográfica do Norte, sita en Oviedo, está facendo unha investigación de todo o que alí se procedeu a facer por Aquagest.

 



E así, todos aqueles que traballaron reivindicando o respecto ao caudal do río Loña e a ilegalidade que supuñan a execución das obras no encoro, ou a lo menos parte delas, conseguiron que, polo momento, volva a haber vida no Loña e que este leve o seu correspondente caudal ecolóxico dende fai un mes.

 

Seguiremos esperando polo envío do Estudo de Impacto Ambiental solicitado á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense.

 

 

 

 

---O----

 

 

 

 

Antecedentes III (Xaneiro 2007):

Datos suministrados Manuel Fernández Vázquez.

 

As obras están rematadas e o colmo das corrupciós:
¡ NON teñen autorización pra quitar mais auga por parte da C.H. do Norte !

Como rematará esto?.

Estaremos o tanto.




Volver a menú.

 

 

  Volver a Ourense natural