Hoxe sabemos que o río
Miño,
nome que logo veremos ven das raices "*mei", "*moin", "*min"
que significa "o
curso, a corrente de auga"
, concretamente a raiz "*min" ten orixen indoeuropeo,
aportada por Julius Pokorny (1959) como indica Anselmo López
Carreira no seu libro "O Miño un caudal de historia"
, Xerais 2014., e tamén Frutos Fernandez González, no seu
libro "Nomes do Ribeiro", Instituto de Estudios
Carballineses 2007, ó que me leva a decir que o río Miño nace no Pedregal de irimia, no concello de Meira en
Lugo.
Esta fotografía do río Miño está sacada por
baixo do Pedregal de Irimia, concretamente en Meira,
a 2,5 km.e
por riba da Lagoa de Fonmiñá. Nela o río Miño xa é un
regatiño moi interesante e bonito.

Nesta fotografía de E. Seoane vese os
primeiros pasos do río Sil, as Fontes do Sil, por debaixo de
Peña Orniz, na Babia leonesa. Efectivamente o río Minius (río
Sil) dos romanos nace neste lugar.

Tamén sabemos que nos Peares o río Miño
recibe pola esquerda, vese na fotografía, o gran río Sil, sin
dúbida un río con moitísimo máis caudal que o río Miño, como
promedio 184 m3 por segundo, mentras que o río Miño
ten un promedio de 102 m3 por segundo. Por outro lado o río Miño
leva recorrido uns 135 km. mentras que o río Sil leva 228 km.

Na fotografía aérea do Peares, sacada
da revista Natura do nº 25, vese perfectamente o río Miño,
que baixa pola esquerda da fotografía e o río Sil que se
incorpora pola esquerda do río Miño, no medio da fotografía.
Este río os romanos dábanlle o nome de Minius e
Miniun,
que claramente procede do nome minius, remítome a
palabra Miño do libro de Frutos Fernández Glez,
"Nomes do Ribeiro" do I. Estudios Carballineses, 2007, que
dice exactamente "...que é adxectivo que deriva do nome latino
de cinabrio (sulfuro de mercurio), un mineral que destaca pola
súa cor vermella. O minio da forma neutra do adxectivo,
minium, é o nome dun óxido de chumbo que leva ese nome por
presentar esa misma cor vermella. A coloración do río, vermella
polo atoldado, procedería das actividades mineiras que se
realizaban, nesa época romana, sobre todo no contorno do Sil,
especialmente na zona das Médulas...".
Ata aquí unha pequena introdución que
nos leva a un gran artigo publicado por Juan
Ramón Vidal Romaní que é un xeólogo e académico numerario
da Real Academia Galega de Cencias. Un home a quen lle agradezo moitas lecturas, moi importantes sobre Galicia, e
afirmacións sobre os ríos galegos e o futuro deles. Ver algunhas
destas
entrevistas onde expón un resumen sobre ó que ten investigado e
ó que pode ocurrir nos próximos anos en Galicia.
Sobre os ríos e praias no futuro.
Tamén este outro link

Fotografía do xeólogo Juan Ramón Vidal Romani.
O fotógrafo é Xosé Ameixeiras.
Algúns datos.
Juan
Ramón V.R. en Facebook
O artigo, que poño a continuación,
podedes velo integramente neste link:
"Así se cambió la historia del Miño.
El Minius no nacía en Fonmiña, sino en la Babia leonesa,
donde ahora se situa el inicio del Sil" . A Voz de
Galicia 28/08/2022. Escribe Juan Ramón Vidal Romaní.
Sobre este tema tamén remito a un resumen
que poño a continuación e que supón o meu punto de vista
sobre o nacemento do río Miño. Adianto que efectivamente o
río Minius, como chamaban os romanos ao río Sil non
nace nin en Fonmiñá nin no Pedregal de Irimia; pero
tamén adianto que o río Miño si nace no Pedregal de
Irimia como demostrou o catedrático de xeografía da
Escola Universitaria de profesorado de Santiago
1953-1986. Francisco Javier
Río Barja (tamén entre outros Director
del I. Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Real
Academia Galega).
"O Miño nace no Pedregal de Irimia. O
río Minius (que eu creo é o río Sil actual) nace ao pé
de Pena Ortiz en León". Escribe Secundino Lorenzo.